FORTALEZA CASTRO DE AMARANTE
ANTAS DE ULLA
ULLOA
LUGO
Fortaleza fundada pola familia Noguerol, condes de Amarante, no século XIII sobre un antigo castro.
Caracterízase por ser de arquitectura ruda, destacan as solainas situadas nas esquinas do edificio, con balaústres graníticos. Este pazo experimentou diversos derrubes e reconstrucións ao longo da súa historia.
Ao igual cás outras fortalezas medievais galegas, sufriu os ataques das revoltas irmandiñas, o que fai que da construción orixinal tan só queden algúns restos.
Concretamente, do castelo orixinal consérvanse unha grande estrutura de planta oval, que puido ser unha torre ou un reducto central.
A esta accédese a través dunha porta oxival que se supón que data do século XIV o XV.
Polo lado sur engadiuse un torreón, na actualidade desmoucado, e polo leste outro corpo rectangular, que polos balcóns que conserva sobre ménsulas escalonadas nas esquinas posibles restos dun matacán parece de finais do século XV.
Pertenceu ao linaxe dos Noguerol. Algúns dos seus membros pasaron a Castilla entrando nas ordes militares nas que tiveron encomendas.
En tempo de Enrique II (1369-1379), era comendador de Belvis, na orde de Calatrava, frei Alonso Gutiérrez Noguerol, e do de Magdalena de Salamanca, na de Alcántara, frei Gutiérrez Noguerol, cuxo solar era a torre de Amarante.
Frei Gil Rodríguez de Noguerol foi comendador de Caravaca en 1387, na orde de Santiago.
A Casa de Amarante está relacionada co mosterio de Vilar de Donas, onde teñen os seus enterramentos.
MAPA
Fuente: Patrimonio Galego
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901