martes, 17 de octubre de 2023

PETROGLIFO DE PENA DE CHAOS - SAN FIZ - SAN FIZ DE AMARANTE - ANTAS DE ULLA

 PETROGLIFO DE PENA DE CHAOS

SAN FIZ

SAN FIZ DE AMARANTE

ANTAS DE ULLA

San Fiz
        San Fiz é un lugar da parroquia de San Fiz de Amarante no concello lugués de Antas de Ulla na comarca da Ulloa.

       Segundo o IGE, en 2011 tiña 30 habitantes (14 homes e 16 mulleres).

San Fiz de Amarante
       San Fiz de Amarante é unha parroquia que se localiza no concello de Antas de Ulla.

      Segundo o IGE en 2014 tiña 87 habitantes (40 homes e 47 mulleres), o que supón unha diminución con respecto ao ano 1999 cando tiña 142 habitantes.

Lugares de San Fiz de Amarante 
      Bellós, Chorente, Ermide, Nugallás, San Fiz, O Seixo, Vilasión

Antas de Ulla
      Antas de Ulla é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Ulloa. Segundo o IGE, en 2014 tiña 2 152 habitantes. O seu xentilicio é seoanés, ullán ou ullao.

Xeografía
     O concello limita ao norte con Palas de Rei, ao sur con Taboada, ao oeste con Agolada e Rodeiro e ao leste con Monterroso. A capital municipal, do mesmo nome, dista 45 km da capital provincial, Lugo.

       Do seu relevo, tendente á horizontalidade, destaca o monte Farelo, con 951 m de altura, e da súa hidrografía o río Ulla, que nace na parroquia de Olveda e conta con afluentes coma o Estanco, o Fadal, o Peizal, o Medeiros, o Peibás ou o Pequeno.

Comarca da Ulloa
        A comarca da Ulloa é unha comarca galega situada na provincia de Lugo cuxa capital é Monterroso.

       A esta comarca pertencen os concellos de Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei. No ano 2020 tiña 8.879 habitantes, 4.430 homes e 4.449 mulleres.

        O seu nome procede do río Ulla, que nace na comarca.

Parroquias de Antas de Ulla    
      Agüela (San Mamede), Alvidrón (Santa María), Amoexa (Santiago), Antas de Ulla (San Xoán), Árbol (Santalla), Arcos (Santa María), Areas (Santa Cristina), Barreiro (San Cibrao), Casa de Naia (Santa María), A Cervela (San Miguel), Cibreiro (San Miguel), Cutián (San Xoán), Dorra (Santiago), Facha (San Xiao), Olveda (Santa María), Peibás (San Lourenzo), Queixeiro (San Pedro), Reboredo (Santiago), O Rial (Santo André), San Fiz de Amarante (San Fiz), San Martiño de Amarante (San Martiño), Santa Mariña do Castro de Amarante (Santa Mariña), Santiso (Santalla), Santo Estevo do Castro de Amarante (Santo Estevo), Senande (San Miguel), Terra Chá (San Xurxo), Vilanuñe (San Salvador), Vilapoupre (San Martiño) 

VIDEO

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

lunes, 16 de octubre de 2023

IGREXA DE SANTO ANDRÉ DE ABELENDA - ABELENDA DAS PENAS - CARBALLEDA DE AVIA

 IGREXA DE SANTO ANDRÉ DE ABELENDA

ABELENDA DAS PENAS

CARBALLEDA DE AVIA

 Abelenda das Penas
      Santo André de Abelenda das Penas é unha parroquia do concello de Carballeda de Avia, na provincia de Ourense.

      No ano 2007 tiña 355 habitantes, deles 173 eran homes e 182 eran mulleres.

      Está comunicada pola estrada OU-0306. Por ela discorre o rego de Bullón. A igrexa parroquial é de arquitectura románica. Hai canteiras de granito e industria madeireira.

Lugares de Abelenda das Penas
      Abelenda, Casares, Fornelos, Sariñás

Carballeda de Avia
       Carballeda de Avia é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro.

     Segundo o padrón municipal, en 2014 tiña 1390 habitantes (1596 en 2003).O seu xentilicio  é carballedés ou aviao.

Xeografía
     O concello ten 46 km² e abrangue oito parroquias. Está situado entre as serras do Faro e do Suído.

Historia
     Consérvanse restos da cultura castrexa no poboado de Coto da Moura. Durante a idade media e o antigo réxime a zona pertenceu aos condes de Ribadavia, Lemos e Monterrei., así como ós mosteiros de Celanova, Melón e Oseira.

Patrimonio
      A igrexa de Abelenda das Penas é de orixe románica, e estivo relacionada coa Orde do Temple. Preto dela hai un cruceiro do século XVII e restos romanos. No adro da igrexa de San Pedro de Beiro hai un cruceiro con pousadoiro. En Beiro destaca tamén a casa do Priorato.

      A igrexa de Muimenta é románica, e nesta parroquia hai unha eira con numerosos canastros. 

     A ermida da Nosa Señora do Lodairo é de estilo románico de transición a gótico, cun peto de ánimas próximo. A igrexa de San Miguel en Carballeda de Avia é barroca.

Patrimonio natural
       Salienta Pena Corneira, un espazo declarado monumento natural, onde atopamos formacións rochosas senlleiras e un importante patimonio natural.

Heráldica
      O escudo heráldico do concello é partido e cortado, timbrado con coroa real. En campo de prata, unha carballeira de cor natural. En campo de azul, unha torre redonda de pedra superada dunha aguia voante de sable, picada e membrada de goles. En campo de ouro, unha serra de cor natural (pedra).

Parroquias de Carballeda de Avia
       Abelenda das Penas (Santo André), Balde (San Martiño), Beiro (San Pedro), Carballeda (San Miguel), Faramontaos (San Cosmede), Muimenta (San Xiao), Santo Estevo de Nóvoa (Santo Estevo), Vilar de Condes (Santa María)

Comarca do Ribeiro
         A comarca do Ribeiro é unha comarca galega situada na provincia de Ourense no curso medio do río Miño, que a percorre de nordeste a suroeste.

     A súa capital é Ribadavia, e a ela pertencen os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. Dálle nome ao viño do Ribeiro.

     Ocupa unha superficie de 406,92 km², nos que viven 15.571 habitantes (2020).

      Por ela transcorren tamén os ríos Arnoia e Avia. O Miño está represado nos encoros de Castrelo de Miño e da Frieira.

     Existen varios balnearios que aproveitan as augas. Desde a Serra do Suído e Faro de Avión, ao oeste, onde se chega ao 1.000 m de altitude, o relevo descende até só 97 m en Ribadavia e Arnoia.

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

PETO DA RÚA DE BAIXO ´- CUBALHAO - MONÇAO

PETO DA RÚA DE BAIXO

CUBALHAO

 MONÇAO

   Peto de ánimas
   Chámanse petos de ánimas a unha das manifestacións materiais do culto aos mortos e son, xeneralmente, sinxelos monumentos de piedade popular asociados á idea do purgatorio.

    En Galicia é frecuente atopalos en camiños, encrucilladas, atrios de igrexas, etc.

     Os historiadores e etnógrafos sitúan a súa aparición a partir da Contrarreforma, datándose os máis antigos no século XVII, aínda que non sería ata o século XVIII cando se constrúan con máis profusión.

     A súa finalidade é a de ofrecer esmolas de todo tipo ás ánimas do Purgatorio, sendo o seu castigo temporal e podendo así alcanzar o Ceo.

    En compensación, unha vez liberadas intercederán por quenes realizaron as ofrendas.

     As esmolas non eran de carácter estrictamente monetarias, tamén podía tratarse de produtos agrícolas.

     Os petos de ánimas adoitan estar construídos en pedra cunha cruz no alto, polo xeral con imaxes das ánimas no lume do purgatorio e unha figura que as vela (santo, rei ou bispo).

     Na parte frontal aparece un peto para depositar a esmola e protexido cunha reixa ou un cristal.

Algúns levan lendas do tipo:
     Un alma tes e non máis, si a pérdes que farás...  

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA


 

domingo, 15 de octubre de 2023

MOSTERIO ABANDONADO DE LORDELO - LORDELO - MONÇAO

 MOSTERIO ABANDONADO DE LORDELO

LORDELO

MONÇAO

  Lordelo
     Lordelo e unha fegresia portuguesa do municipio de Monção, distrito de Viana do Castelo.

Historia
     Foi suprimida o 28 de Xaneiro do 2013, en aplicación de unha resolución da Asamblea da República portuguesa promulgada o 16 de Xaneiro do 2013 o xuntarse coa fegresias de Parada e Sago, formando a nova fegresia de Sago, Lordelo e Parada.

Monção
     Monção é unha vila raiana portuguesa no Distrito de Viana do Castelo, rexión Norte e subrexión do Minho-Lima, con cerca de 2.600 habitantes.

Xeografía
     Monção é a sede dun municipio que ten unha superficie de 211,51 km², e unha poboación, no ano 2001, de 19.957 habitantes.

     Limita ao norte con Galiza (Salvaterra de Miño), ao leste co municipio de Melgaço, ao sur con Arcos de Valdevez, ao suroeste con Paredes de Coura e ao oeste con Valença.

O concello está subdividido en 33 freguesías:
    Abedim
    Anhões
    Badim
    Barbeita
    Barroças e Taias
    Bela
    Cambeses
    Ceivães
    Cortes
    Lapela
    Lara

    Longos Vales
    Lordelo
    Luzio
    Mazedo
    Merufe
    Messegães
    Monção
    Moreira
    Parada
    Pias
    Pinheiros

    Podame
    Portela
    Riba de Mouro
    Sá
    Sago
    Segude
    Tangil
    Troporiz
    Troviscoso
    Trute
    Valadares

     O punto máis alto é o Alto de Santo António, a 1.114 metros sobre o nivel do mar, na freguesía de Riba de Mouro.

Historia
     Monção recibiu un foro do rei Afonso III o 12 de marzo de 1261.

     A vila fíxose célebre no curso das guerras fernandinas debido á enérxica acción de Deu-la-Deu Martins, esposa do alcalde local, que atacou ás tropas castelás que asediaban a vila bombardeándoas cos últimos víveres que lles quedaban.

     Iso é o motivo polo cal, aínda hoxe, aparece no escudo de armas desta vila unha muller sobre unha torre sostendo un pan en cada man. 

      Ao seu redor obsérvase, nunha bordadura, a divisa da vila, facendo referencia ao nome daquela heroína: Deus o deu. Deus o há dado.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA