martes, 5 de septiembre de 2023

MUIÑO DE MANUEL LAMAS - REGO DE PONTE PEDRIÑA - BEARIZ

 MUIÑO DE MANUEL LAMAS

REGO DE PONTE PEDRIÑA

BEARIZ

  Beariz
      Beariz é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Carballiño.

     Segundo o Padrón municipal de habitantes a súa poboación en 2018 era de 973 persoas (1477 en 2003).

     Limita cos concellos de Forcarei e A Lama na provincia de Pontevedra e Boborás, O Irixo e Avión na provincia de Ourense. O seu xentilicio é bearizao ou bearicense.

Xeografía
     O concello limita ao norte co concello de Forcarei (provincia de Pontevedra), ao leste co Irixo e Boborás, ao sur con Avión e ao oeste coa Lama (provincia de Pontevedra).

     Ten unha altitude media de 610 m, e as súas augas verten no río Avia, afluente do Miño, sendo os seus vales abertos e orientados cara ao sur, con máis horas de Sol.

     Os seus cumios máis altos son Marcofán (940 m), o alto da Ruza (868 m) e a cima de Santo Domingo (848 m, lindando con Trasdomonte, en Forcarei). Todos eles pertencen á serra do Suído.

Arqueoloxía
     No concello consérvanse máis dunha ducia de mámoas, monumentos neolíticos tamén chamados antas. Destes restos provén o nome do lugar das Antas, lindante co concello do Irixo. Con menos de 20 casas, chegou a formar parte de tres parroquias (Lebozán, O Regueiro e O Regueiro) tres dioceses e tres concellos distintos (Beariz, Boborás e O Irixo).

      Da idade de bronce non hai vestixios, pero puido ser moi rica e florecente, dada a cantidade de metal que existe nos montes de Beariz. Da Idade de Ferro salienta o castro de Magros, onde se encontraron restos de cerámica e pedras de moer gran. Da romanización consérvase parte dunha calzada romana e unha ponte sobre o río Verdugo.

     Na idade media, Beariz, ao igual que toda a Terra de Montes, foi gobernada polos arcebispos composteláns a través dos Xuíces-Meriños, nomeados por eles, e que tiñan a súa sede e residencia no castro de Montes, en San Miguel de Presqueiras, onde había unha fortaleza e unha torre, das que hoxe só quedan ruínas.

     Na Serra do Suído atópanse os singulares chozos.

     Na actualidade o concello sofre un proceso de retorno de emigrantes, especialmente de México.

      Moitos deles regresan con grandes capitais, tratándose este dun dos concellos coa renda per-capita máis alta de Galicia.

Parroquias de Beariz     
     Beariz (Santa María), Lebozán (Santa Cruz), Xirazga (San Salvador) 

VIDEO

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

lunes, 4 de septiembre de 2023

MUIÑO DE ANTONIO - REGO DE PONTE PEDRIÑA - BEARIZ

 MUIÑO DE ANTONIO

REGO DE PONTE PEDRIÑA

BEARIZ

 Beariz
      Beariz é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Carballiño. Segundo o Padrón municipal de habitantes a súa poboación en 2018 era de 973 persoas (1477 en 2003). 


     Limita cos concellos de Forcarei e A Lama na provincia de Pontevedra e Boborás, O Irixo e Avión na provincia de Ourense. O seu xentilicio é bearizao ou bearicense.

Xeografía
     O concello limita ao norte co concello de Forcarei (provincia de Pontevedra), ao leste co Irixo e Boborás, ao sur con Avión e ao oeste coa Lama (provincia de Pontevedra).

     Ten unha altitude media de 610 m, e as súas augas verten no río Avia, afluente do Miño, sendo os seus vales abertos e orientados cara ao sur, con máis horas de Sol.

     Os seus cumios máis altos son Marcofán (940 m), o alto da Ruza (868 m) e a cima de Santo Domingo (848 m, lindando con Trasdomonte, en Forcarei). Todos eles pertencen á serra do Suído.

Arqueoloxía
     No concello consérvanse máis dunha ducia de mámoas, monumentos neolíticos tamén chamados antas. Destes restos provén o nome do lugar das Antas, lindante co concello do Irixo. Con menos de 20 casas, chegou a formar parte de tres parroquias (Lebozán, O Regueiro e O Regueiro) tres dioceses e tres concellos distintos (Beariz, Boborás e O Irixo).

      Da idade de bronce non hai vestixios, pero puido ser moi rica e florecente, dada a cantidade de metal que existe nos montes de Beariz. Da Idade de Ferro salienta o castro de Magros, onde se encontraron restos de cerámica e pedras de moer gran. Da romanización consérvase parte dunha calzada romana e unha ponte sobre o río Verdugo.

     Na idade media, Beariz, ao igual que toda a Terra de Montes, foi gobernada polos arcebispos composteláns a través dos Xuíces-Meriños, nomeados por eles, e que tiñan a súa sede e residencia no castro de Montes, en San Miguel de Presqueiras, onde había unha fortaleza e unha torre, das que hoxe só quedan ruínas.

     Na Serra do Suído atópanse os singulares chozos.

     Na actualidade o concello sofre un proceso de retorno de emigrantes, especialmente de México. 

      Moitos deles regresan con grandes capitais, tratándose este dun dos concellos coa renda per-capita máis alta de Galicia.

Parroquias de Beariz     
     Beariz (Santa María), Lebozán (Santa Cruz), Xirazga (San Salvador)

VIDEO

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

CABANA NA BRANDA DE ARIEIRO - LORDELO - ARCOS DE VALDEVEZ

 CABANA NA BRANDA DE ARIEIRO

BRANDA DE ARIEIRO

LORDELO

ARCOS DE VALDEVEZ

 Brandas
     Brandas son zonas dos montes altos, onde o gando atopa pastos frescos polo verán.

     O veceiro (pastor que tiña a quenda) levaba o gañdo ao monte durante os meses de xuño a setembro.

     É un termo empregado nas montañas de Ourense (Serra do Xurés) e na parte Portuguesa (Serra do Gerês e Serra do Soajo).

     O mesmo que ocorre cos chozos do Suído galegos, nestas zonas os pastores necesitan de construcións de acubillo para o gañdo e para eles mesmos, polo que no norte de Portugal, especialmente das Serra do Gerês chámanlle brandas aos núcleos habitados temporarais de verán, cuxa orixe se insire nun proceso de transhumancia no que as poboacións se trasladan das súas aldeas de inverno para as zonas máis altas da serra, onde abundan pastos fértiles para alimentar o gado.

     As brandas son típicas do complexo sistema antigo da transhumanciada das Serras do Soajo e da Peneda-Gerês (e da serra do Xurés ourensá), hoxe integrado no Parque Nacional de Peneda-Gerês.

     A aldea onde a familia pasa o inverno chámase inverneira, localizada nun val, en zonas máis baixas.

     No fin do verán ou principio do outono, as persoas deixan as brandas e baixan á inverneira, onde permanecen até marzo, cando volven subir para as brandas para faceren as sementeiras do centeo e deixar o gado a pastar. 

     Hoxe en día, nas poucas aldeas que manteñen a tradición, as persoas só levan os animais e algúns haberes, ao contrario de antigamente, cando levabam até a moblaxe.

     As brandas están formadas polos pastos, valados, curros, cortellos para gando e algunha choza de paredes e cuberta de cachotaría de granito (normalmente con sollado), para as persoas

VIDEO

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

TUMBAS DO PREGUNTOIRO - CIBRISQUEIROS - POMBEIRO - PANTÓN

 TUMBAS DO PREGUNTOIRO

CIBRISQUEIROS

POMBEIRO

PANTÓN

 Pombeiro
     San Vicente de Pombeiro é unha parroquia do concello de Pantón na comarca da Terra de Lemos, na provincia de Lugo. 

     Pertence á diocese de Lugo e ó arciprestado de Ferreira de Pantón. 

     No ano 2007 tiña 186 habitantes, deles 91 eran homes e 95 eran mulleres, o que supón unha diminución de 11 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

 Historia
     En 1891 creouse a parroquia eclesiástica de Santa María do Regueiro cos seguintes lugares de Pombeiro: A Pena, A Torre, Bazal, Cascaxide, O Moredo, O Rigueiro, O Torrón e Vilamirón.

Xeografía
     Limita ao norte coas parroquias pantonesas de Atán, Següín e San Fiz de Cangas; ao leste coas de Cangas e Frontón; ao sur coas de Nogueira de Ramuín de Santo Estevo de Ribas de Sil e Moura, e ao oeste coa dos Peares (A Peroxa), Oleiros e A Cova polo oeste.

       Parte da parroquia de Pombeiro atópase dentro do LIC "Canón do Sil", 4,6 km² das ribeiras de Pombeiro están protexidas.

Patrimonio
    Mosteiro de San Vicenzo de Pombeiro, da que se conserva o templo. Nel destacan as súas pinturas murais.

Lugares de Pombeiro
      Amandi. Barreiro, O Barrio, Bazal, O Cancelo, Cascaxide, Cascortés, Cibrisqueiros, Mación, Moredo, Outeiro, Penaveada, A Piúca, A Presa, O Priorato, O Regueiro, Ribas de Sil, San Cosmede, San Pedro, O Souto, Telleiros, A Torre de Vilamirón, O Torrón, A Touza, Vilamirón

Comarca da Terra de Lemos
      A Terra de Lemos é unha comarca galega situada ó sur da provincia de Lugo cuxa capital é Monforte de Lemos, que tamén é o concello máis poboado da comarca.

       A maioría da superficie (toda agás o concello de Bóveda) forma parte da Ribeira Sacra, da que Monforte tamén é a súa capital.

     Pertencen á comarca da Terra de Lemos os seguintes concellos: Bóveda, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, O Saviñao e Sober.

     A comarca linda ó norte coa comarca de Sarria, ó oeste coa comarca de Chantada, ó leste coa comarca de Quiroga e, ó sur coas comarcas ourensás de Ourense e Terra de Caldelas.

VIDEO

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

domingo, 3 de septiembre de 2023

TUMBAS DE FORMAS - FORNAS - CHANTADA

 TUMBAS DE FORNAS

FORMAS

CHANTADA

Fornas
     San Cristovo de Fornas é unha parroquia do concello de Chantada na provincia de Lugo.

     Tiña 94 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 47 homes e 47 mulleres.

      O que supón unha diminución de 12 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 106 habitantes (48 homes e 58 mulleres).

Topónimo
     O máis probable é que as tumbas antropomorfas desen o nome a toda a parroquia.

      Etimoloxicamente, o topónimo Fornas pode derivar da palabra latina "furnus" (concavidade ou forno).

Patrimonio
    Igrexa de San Cristovo de Fornas, da segunda metade do século XII, con numerosas reformas posteriores.
    Cruceiro de Fornas ou Ansoar.
    Tumbas antropomorfas escavadas en pedra.

Lugares de Fornas
       Ansoar, Fornas de Abaixo, Fornas de Arriba, Sobreira de Abaixo, Sobreira de Arriba

Comarca de Chantada
     A comarca de Chantada, coñecida historicamente como Terra de Asma, é unha comarca galega situada na provincia de Lugo cuxa capital é Chantada. 

       Pertencen a ela os concellos de Carballedo, Chantada e Taboada.  

VIDEO

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA