miércoles, 17 de mayo de 2023

IGREXA DE SANTA MARÍA DE PEXEIROS - PiXEIROS - VIANA DO BOLO

 IGREXA DE SANTA MARÍA DE PIXEIROS

PIXEIROS

VIANA DO BOLO

Igrexa de Santa María de PIxeiros
     O templo parroquial, de estilo barroco popular, loce planta en forma de cruz latina e a clásica orientación Leste-Oeste.

     Erguida nun adro situado no centro da aldea, presenta nave única de chan encostado (algo moi infrecuente) e unha ábsida sobreelevada protexida por unha cuberta a catro augas.

     Unha escaleira exterior, labrada en fina cantaría, dá acceso á espadana, de aspecto robusto e sólido. O seu corpo principal acolle dous sinos baixo un par de arcos de medio punto separados das xambas por medio de impostas. 

     Coroa o conxunto un sólido frontón triangular flanqueado por pináculos piramidais rematados en bóla que aínda conserva dous mechinais (vans situados na parede que serviron para introducir vigas de madeira para formar parte dun andamio ou cimbra).

     O interior do templo está protexido por un magnífico artesoado de madeira que acolle no interior da ábsida un magnífico retablo barroco dividido en tres rúas por medio de columnas salomónicas decoradas con pámpanos e acios.

     No centro da composición unha imaxe contemporánea da coroación da Virxe tallada segundo o gusto da época: xesto diagonal para imprimir dinamismo e teatralidade á escena, roupas voadas para xogar co claro-escuro, coroa metálica real para enfatizar o realismo da imaxe, etc.

     No ático do retablo a representación da crucifixión –con Xerusalén amurallado ao fondo– e, coroando o conxunto escultórico, o Espírito Santo en forma de pomba rodeado dun nimbo fulxente.

     No conxunto do edificio destaca o valor decorativo de determinados elementos (a varanda da escalinata exterior, algunha ventá seteira...), pero sobre todo o da porta de acceso principal. 

     Esta destaca polas súas xambas e arco de medio punto estriados, pero sobre todo polos círculos decorativos (flores e motivos serpenteantes inseridos nun círculo) que adornan o espazo situado entre o arco e a chambrana (a moldura que perfila o exterior do arco).

Viana do Bolo
      Viana do Bolo é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Viana.

     Segundo o padrón municipal de habitantes a súa poboación en 2019 era de 2.886 persoas. O seu xentilicio é «vianés».

      Algúns estudosos consideran que o nome de Viana lle foi dado nunha carta foral arredor de 1206 e faría referencia á cidade francesa de Vienne (en occitano Viana), localidade que aparece na Historia Turpini, do Códice Calixtino.

     Ese mesmo nome foille concedido despois ás localidades de Viana en 1219 e Viana do Castelo en 1262. O segundo elemento do nome: Bolo (do latín bullum 'outeiro' ou indicando a proximidade ao veciño concello do Bolo), consolídase na documentación escrita no século XVIII.

Xeografía
     Limita ao norte cos concellos da Veiga e O Bolo, ao sur coa Gudiña e A Mezquita, ao leste coa provincia de Zamora e ao oeste con Vilariño de Conso. Ten 271,51 km², e é o segundo concello máis extenso da provincia tras A Veiga.

Comarca de Viana
      A comarca de Viana é unha comarca galega situada na provincia de Ourense, á cal pertencen os concellos da Gudiña, A Mezquita, Viana do Bolo e Vilariño de Conso.

       Os dous primeiros forman parte da comarca natural das Frieiras e os dous últimos da Terra do Bolo.

      A comarca está atravesada polo río Bibei no seu curso alto. A principal vía de comunicación é a estrada OU-533, que vai de Freixido (Petín) á Gudiña. 

     Polo Naciente achase o dialeuto frieirés, podendo pór as lindes por Barxa, Gudiña, Bouza, Pixeiros, Solveira e Dradelo. 


     Os pobos de Cepedelo e Pradorramisquedo están mui infruenciados polo frieirés, i os demais, lindantes con Castela, tein algunhas cousas do sanabrés

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

martes, 16 de mayo de 2023

IGREXA DE SANTA MARÍA DE CANDEDO - CANDEDO - CHANDREXA DE QUEIXA

 IGREXA DE SANTA MARÍA

CANDEDO

CHANDREXA DE QUEIXA

  O Candedo
     Santa María do Candedo é unha parroquia do concello de Chandrexa de Queixa na comarca da Terra de Trives, na provincia de Ourense.

     No ano 2007 tiña trece habitantes (nove homes e catro mulleres), un menos ca no ano anterior.

Lugares da parroquia do Candedo
     O Candedo

Chandrexa de Queixa
     Chandrexa de Queixa é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Trives e que forma parte do Macizo Central.

     Segundo o padrón municipal, no ano 2019 tiña 456 habitantes (854 en 2003).

     É un concello eminentemente gandeiro e agrícola que, a día de hoxe, está moi despoboado e en franco retroceso demográfico.

      Un acontecemento que veu a marcar drasticamente a vida e o porvir deste concello, foi a construción do encoro de Chandrexa de Queixa alá polo final da década do 1940 e principios do 1950.

Patrimonio
     Entre a arquitectura relixiosa, ademais das igrexas parroquiais, destaca a capela e o cruceiro de Parafita.

     Entre a arquitectura popular destacan os fornos de leña, como o das Forcadas, ou o Casal de Drados.

     En Celeiros destaca o Museo Etnográfico. Respecto ao patrimonio natural está a fervenza de Dorelle, a fonte da Previsa, a área recreativa de Cardiego e mais a área recreativa de Santa Cruz.

Comarca da Terra de Trives
     A comarca da Terra de Trives é unha comarca galega situada na provincia de Ourense, na zona leste da Ribeira Sacra.

     A súa capital é A Pobra de Trives, e pertencen a ela os concellos de Chandrexa de Queixa, Manzaneda, A Pobra de Trives e San Xoán de Río.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

lunes, 15 de mayo de 2023

SAN FIZ - CADELIÑA - CANDREXA DE QUEIXA

 SAN FIZ

CADELIÑA

CHANDREXA DE QUEIXA

San Fiz
      San Fiz é un lugar da parroquia de Cadeliña no concello ourensán de Chandrexa de Queixa na comarca da Terra de Trives.

     Tiña 8 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 3 eran homes e 5 eran mulleres.


Lugares de Cadeliña

     Cadeliña, San Fiz

Cadeliña
       San Pedro de Cadeliña é unha parroquia do concello de Chandrexa de Queixa na comarca da Terra de Trives, na provincia de Ourense. 

      No ano 2007 tiña 12 habitantes, deles 6 eran homes e 6 eran mulleres, o que supón unha diminución de 1 habitante en relación ao ano anterior, 2006.

Chandrexa de Queixa
     Chandrexa de Queixa é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Trives e que forma parte do Macizo Central. 

     Segundo o padrón municipal, no ano 2019 tiña 456 habitantes (854 en 2003).

     É un concello eminentemente gandeiro e agrícola que, a día de hoxe, está moi despoboado e en franco retroceso demográfico.

     Un acontecemento que veu a marcar drasticamente a vida e o porvir diste concello, foi a construción do encoro de Chandrexa de Queixa alá polo final da década do 1940 e principios do 1950.

Comarca da Terra de Trives
      A comarca da Terra de Trives é unha comarca galega situada na provincia de Ourense, na zona leste da Ribeira Sacra. A súa capital é A Pobra de Trives, e pertencen a ela os concellos de Chandrexa de Queixa, Manzaneda, A Pobra de Trives e San Xoán de Río.

Xeografía
     A comarca está bañada polo leste polo río Bibei.

     Un dos seus accidentes xeográficos máis importantes é o pico Cabeza de Manzaneda, con máis de 1.750 metros. 

     A extensión é de 431,71 quilómetros cadrados, un 1,46% da superficie total de Galicia. 

 MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

IGREXA DE SAN LOURENZO - TORO - LAZA

 IGREXA DE SAN LOURENZO

TORO

LAZA

 Toro
     San Lourenzo de Toro é unha parroquia do concello ourensán de Laza na comarca de Verín.

      No ano 2007 tiña 83 habitantes (39 homes e 44 mulleres) nunha soa entidade de poboación, o que supón unha diminución de 8 habitantes en relación ao ano 2000.

Lugares de Toro
 
     Toro

Laza
      Laza é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Verín. 

      Segundo o padrón municipal en 2018 tiña 1.287 habitantes (1.826 en 2003).

Comarca de Verín
     A comarca de Verín é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Verín.

     Pertencen á comarca os concellos de Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín e Vilardevós. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA