viernes, 21 de abril de 2023

CAPELA DE PENATALLADA - CERDEDELO - LAZA

 CAPELA DE PENATALLADA

CERDEDELO

LAZA

     Capela de nave rectangular con cuberta de lousa a dúas augas sobre muros de cachotería de xisto.

      A fachada complétase cun campanario simple para dúas campás, frontón triangular con oco e arco e cruz latina simple. Ten pequenos pináculos aos lados.

     Aínda que o templo é do século XIX, a tradición da Pena Tallada pénsase que vén dende hai séculos por ser un lugar no que frecuentemente paraban os segadores galegos que ían e viñan de Castela para a sega.

     O nome de Pena Tallada vén precisamente do lugar onde está a imaxe da Virxe, nunha pena tallada a uns vinte metros da capela.

Cerdedelo
     Santa María de Cerdedelo é unha parroquia do concello ourensán de Laza na comarca de Verín.

     No ano 2007 tiña 86 habitantes (43 homes e 43 mulleres), vinte menos ca en 2000. Ten dúas entidades de poboación.

Comarca de Verín
     A comarca de Verín é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Verín.

     Pertencen á comarca os concellos de Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín e Vilardevós.  

MAPA 

 

Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA

 

martes, 18 de abril de 2023

ADEGAS COVA DE SEADUR - SEADUR - LAROUCO

 ADEGAS COVA DE SEADUR

SEADUR

LAROUCO

 Seadur
     Santa Mariña de Seadur é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Larouco.

     Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 91 habitantes (41 homes e 50 mulleres), nunha soa entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 121 habitantes.


Historia
     Seadur está habitado cando menos dende a época castrexa, consérvase o asentamento de Castro Cabanelas a 700 metros da poboación de Seadur.

Festas
     As festas patronais de Santa Mariña celébranse o 18 de xullo.

Lugares de Seadur
     Seadur

Larouco
     Larouco é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca de Valdeorras. Segundo o IGE en 2018 tiña 455 habitantes (570 en 2003).

Xeografía
      O concello ten 23,7 km², e está dividido en catro parroquias. Está situado nun macizo montañoso, entre os concellos da Rúa, Petín, O Bolo e Manzaneda (tamén da provincia de Ourense) e o concello lucense de Quiroga.

     A vexetación está formada principalmente por soutos de castiñeiros.

Parroquias de Larouco    
     Freixido (Sagrado Corazón de Xesús), Larouco (Santa María), Portomourisco (San Víctor), Seadur (Santa Mariña)

Comarca de Valdeorras
     A comarca de Valdeorras é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é O Barco de Valdeorras. 

     Pertencen á comarca os concellos de O Barco de Valdeorras, O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Larouco, Petín, A Rúa, Rubiá, A Veiga e Vilamartín de Valdeorras. 

     En total abrangue 968,90 km², e caracterízase pola súa elevación pois nela está o maior cumio de Galicia, a Pena Trevinca (2127 m). O seu xentilicio é valdeorrés/valdeorresa. 


VIDEO

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

MUIÑO EN ARNUIDE - ARNUIDE - RÍO ARNOIA - VILAR DE BARRIO

 MUIÑO EN ARNUIDE

ARNUIDE

RÍO ARNOIA

VILAR DE BARRIO

Río Arnoia
     O río Arnoia é un afluente do Miño pola banda esquerda. A súa lonxitude é de 84,5 quilómetros, o que o converte no río máis longo da provincia de Ourense.

      Un seu homónimo é o portugués río Arnoia, de feito o nome de Arnoia é un hidronímico común en Europa, en linguas prerromanas.

Toponimia
      Coa mesma raíz que o río Arnego, procede dunha raíz hidronímica celto-indoeuropea er-, or- co significado de excitar, pór en movemento.

Curso
     Nace no concello de Vilar de Barrio, a partir da confluencia de varios regos da serra de San Mamede.

Percorrido
      Baña os concellos de Vilar de Barrio, Baños de Molgas, Xunqueira de Ambía, Allariz, A Merca e Celanova.

       Logo segue marcando o límite entre os concellos de Ramirás e Gomesende (no norte) e Cartelle e Cortegada (no sur) a través dun canón que antes de chegar ó concello da Arnoia forma un canón cunha pendente de 300 metros durante sete quilómetros, entre penedías e fragas.

      Finalmente, chega ao concello da Arnoia onde desemboca no Río Miño no lugar de Portocarreiro fronte a un pequeno illote granítico.

      No concello da Arnoia o río conforma dous vales unidos, o val de San Vicente (O Rial, O Outeiro, Remuiño, O Pomar, A Ponte, Carnós) e o val de San Amaro (Os Chaos, A Laxa, Quinteiros, A Paixón, Bacelo e Outeiro Cruz).

Afluentes
     Os principais tributarios do Arnoia son o Maceda, o Ambía e o Ourille e outros pequenos regatos ao longo do camiño.   

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

lunes, 17 de abril de 2023

CASTELO DE PEDRAZA - PEDRAZA - SEGOVIA

 CASTELO DE PEDRAZA

PEDRAZA

SEGOVIA

      O castelo de Pedraza foi construído no s. XIII sobre os restos de fortificacións anteriores, de orixe romana e árabe.

     Foi reedificado no s. XV pola familia dos Herrera, época da que data a torre da homenaxe.

     No s. XVI o castelo pertencerá aos Fernández de Velasco, duques de Frías e Condestables de Castela, quen o reformará outorgando á fortaleza o aspecto e estrutura que conserva nos nosos días. 

      Situado nunha zona defensiva clave, no borde do cerro no que se asenta localidade, o edificio queda rodeado por un precipicio e un foso.

     No seu exterior destaca a torre da homenaxe situada tras unha muralla con torreóns circulares, o muro con cañoneras, a porta de álamo negro con picos de ferro e o escudo do Señorío de Velasco na fachada.

      No seu interior pódense contemplar arquerías románicas de medio punto comunicando os patios e, na escaleira que conduce ao alxibe, o escudo dos Herrera.

     O castelo foi escenario de lendas e testemuña de momentos históricos como a prisión dos fillos do rei Francisco I de Francia que foron entregados como reféns para asegurar o cumprimento do pactado co rei Carlos I no Tratado de Madrid, sendo liberados en 1530.

      Unha das lendas do castelo narra que sendo señor do castelo o nobre Sancho de Ridaura casou con Elvira, unha plebella de gran beleza, namorada de Roberto, un mozo labrador que desconsolado tras a voda ingresou nun convento. Pasados os anos, tras a morte do capelán do castelo, o antigo labrador e amante da señora ocupou o seu posto.

      Durante unha ausencia do nobre, chamado por Alfonso VIII para participar na defensa de Castela da invasión dos almohades, os mozos amantes recobraron o seu amor. Á súa volta, don Sancho foi informado da infidelidade da súa esposa castigando ao párroco mandando colocarlle unha coroa de púas arroibadas ao lume, falecendo no momento. 

     Dona Elvira esposa escapou os seus aposentos, cravouse unha daga no corazón e incendiou a torre. Contan que algunhas noites de verán vese pasear os amantes baixo unha aureola de lume.

     No ano 1926 o pintor Ignacio Zuloaga comprou o castelo nun estado ruinoso e tras arranxar unha das súas torres montou nela o seu taller. Foron os seus herdeiros quenes rehabilitaron unha segunda torre instalando nela o Museo Ignacio Zuloaga, nel poden contemplarse obras do artista así xunto bodegóns flamencos do s. XVII, un Cristo do Greco e mesmo un cadro de Goya no que retrata á condesa de Baena.  

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA


domingo, 16 de abril de 2023

ESTACIÓN DE TABOADELA - TABOADELA

 ESTACIÓN DE TABOADELA

TABOADELA

 Estación de Taboadela
     Taboadela é unha estación de tren de Adif, situada en Veredo, nas proximidades da vila de Taboadela, provincia de Ourense.

     Dende o peche da liña Ourense-Pobra de Seabra nos recortes do sector ferroviario producidos polo Goberno en xuño de 2013, esta estación non ten servizos ferroviarios.

Situación ferroviaria
     A estación atópase no punto quilométrico 234,5 da liña férrea de ancho ibérico que une Zamora e A Coruña a 312 metros de altitude, entre as estacións de Paderne-Cantoña e Ourense-San Francisco. O tramo é de vía única e está sen electrificar.

Historia
     A vontade de unir Madrid vía Medina del Campo con Vigo polo camiño máis curto posible é antiga e apareceu plasmada nalgúns anteproxectos como o de 1864. Con todo, o mesmo descartaba dita posibilidade ao considerar que supoñía "dificultades enormísimas" que superaban mesmo "os da baixada do porto de Pajares no ferrocarril de Asturias".

      É por iso, que a estación non foi inaugurada ata o 1 de xullo de 1957 coa posta en marcha do tramo Ourense-Puebla de Sanabria da liña entre Zamora e A Coruña. A súa explotación inicial quedou a cargo de Renfe cuxo nacemento se produciu en 1941.

     Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

     Debido aos recortes no sector ferroviario levados a cabo polo Goberno en xuño de 2013, a estación de Taboadela quedou sen os servizos de Media Distancia entre Ourense e Puebla de Sanabria.

A estación
     O edificio de viaxeiros é unha estrutura de dous pisos adornada con dous arcos no seu parte baixa. Conta con dúas plataformas laterais ás que acceden dúas vías.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA