miércoles, 1 de marzo de 2023

ESTACIÓN DE SAN PEDRO DA TORRE - SAN PEDRO DA TORRE - VALENÇA DO MINHO

 ESTACIÓN DE SAN PEDRO DA TORRE

SAN PEDRO DA TORRE

VALENÇA DO MINHO

Estación de San Pedro dá Torre
       A Estación Ferroviaria de San Pedro dá Torre, igualmente coñecida como Estación de San Pedro dá Torre ou Apeadeiro de San Pedro dá Torre, é unha infraestrutura para pasaxeiros da Liña do Miño, que serve a localidade de San Pedro dá Torre, no Concello de Valença, en Portugal.

Características
     Posue 2 vías de circulación, ambas as con 254 metros de lonxitude; as dúas plataformas presentaban, respectivamente, 96 metros de extensión e 25 centímetros de altura, e 106 metros de lonxitude e 20 centímetros de altura.

      Esta plataforma er utilizada por servizos Rexionais da Liña do Miño, operada pola empresa Comboios de Portugal

San Pedro dá Torre
     San Pedro dá Torre é unha freguesia portuguesa do concelho (municipio) de Valença de Miño, no distrito de Viana do Castelo, con 4,29 km² de superficie e 1.267 habitantes (2011).

     A súa densidade de poboación é de 295,3 hab/km².


     Situada no extremo occidental do municipio e na ribeira esquerda do río Miño (que separa á freguesia de España), no patrimonio histórico-artístico de San Pedro destacan a igrexa parroquial, a capela de San Jorge, o forte de San Luís e o acueduto.

Historia
     Debido á súa boa localización na marxe esquerda do río Miño, as súas terras teñen un gran valor agrícola e esa foi unha das razóns do asentamento inicial. 

     A antiga calzada romana por toda marxen maritima, que comunicaba Braga con Vigo, tiña en San Pedro o seu final.

     Así o testemuñan a existencia de dúas pontes romanas. Tamén o fito romano situado en Chamosinhos, dedicado ao fillo de Constantini Maximi, confirma este feito.

      A existencia dunha fonte termal e aquela inscrición suxiren que aquí se situaba o lugar chamado Aquis Celenis mencionado no Itinerario XXI de Antonino. 


     S. Pedro dá Torre foi fundada en 1125, sendo máis adiante un enclave estratéxico durante a guerra de restauración contra Castela.

      Os casteláns construíron aquí unha fortaleza en 1657, cuxos restos aínda perduran así como outras manifestacións da resistencia desta parroquia. 


     O 14 de decembro de 1900, o lugar de Chamosinhos, pertencente á parroquia de Vila Meã, foi incluído na parroquia de S. Pedro dá Torre.

      Moitos dos habitantes deste pequeno pobo foron traballar ao estranxeiro durante a década de 1970 en busca dunha vida mellor, principalmente a Estados Unidos, Canadá e Francia. 

      Aqueles que regresaron construíron boas casas ("vilas") que actualmente lle dan o seu actual aspecto á parroquia. 

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

IGREXA DE SANTA MARIÑA DE RUBIÁ - RUBIÁ

 IGREXA DE SANTA MARIÑA DE RUBIÁ

RUBIÁ

Rubiá
     Santa Mariña de Rubiá é unha parroquia que se localiza no suroeste do concello de Rubiá.

     Segundo o padrón municipal en 2013 tiña 912 habitantes (456 mulleres e 456 homes) distribuídos en 4 entidades de poboación, 97 menos ca en 1999.

Lugares de Rubiá
     Rubiá, Trambasaugas, O Val

Comarca de Valdeorras
     A comarca de Valdeorras é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é O Barco de Valdeorras.

     Pertencen á comarca os concellos de O Barco de Valdeorras, O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Larouco, Petín, A Rúa, Rubiá, A Veiga e Vilamartín de Valdeorras.

     En total abrangue 968,90 km², e caracterízase pola súa elevación pois nela está o maior cumio de Galicia, a Pena Trevinca (2127 m). O seu xentilicio é valdeorrés/valdeorresa.

Xeografía
     O río Sil conforma a comarca en tres áreas, o propio val e as serras que se sitúan ao seu norte e sur. O val do Sil contén numerosos sedimentos terciarios, nas serras do sur, Serra do Eixe, Serra Calva e Serra Segundeira atópanse as maiores altitudes de Galicia, dominando os relevos abruptos con abondosas formas periglaciais.

     O relevo montañoso do norte fórmano a Serra de Cereixedo, Serra dos Cabalos e Serra da Enciña da Lastra.

     O sistema fluvial da comarca céntrase no Sil, que é o principal curso de auga e todos os outros ríos son afluentes del.

     Os tributarios da dereita son ríos curtos, xa que os cumios están próximos ao val, destacando o río Éntoma, e o Leira, os tributarios da esquerda son máis longos, destaca entre eles o Casaio. 

     O clima da comarca é oceánico de montaña nas áreas máis elevadas e oceánico de matiz mediterráneo no Val do Sil. Valdeorras conta con espazos protexidos, o parque natural da Serra da Enciña da Lastra, o Macizo Central e o Pena Trevinca.

MAPA

 

Fotos: C.P.C.

XOAN ARCO DA VELLA

lunes, 27 de febrero de 2023

EXPOSICIÓN "O CAMIÑO DOCE" - 4 DE MARZO - PONTE DE LIMA

 EXPOSICIÓN "O CAMIÑO DOCE"

4 DE MARZO

PONTE DE LIMA

       A Camara Municipal de Ponte de Lima vai facer un unha serie de actos culturais para celebrar, o día 4 de marzo o Foro entregado pola  Raiña D. Teresa, en 1125, na que otorga a Ponte de Lima o titulo de Vila, sendo unha das primeiras Vilas nas que nace Portugal.

     O programa das conmemoracion inclue a inauguracion, na Torre da Cadeia Velha, da exposición " O Camiño Doce a Santiago” na que participo con outro artistas de Galicia e Portugal, promovida pola Asociación de Amigas e Amigos do Camiño Portugués a Santiago, de Pontevedra.

Nota:
     Meu agradecemento a Camara Municipal de Ponte de Lima e a Asociación de Amigas e Amigos do Camiño Portugués a Santiago, por contar conmigo para este día. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

lunes, 20 de febrero de 2023

BALNEARIO DE AUGAS FÉRREAS - AUGAS FÉRREAS - A CAÑIZA

BALNEARIO DE AUGAS FÉRREAS

AUGAS FÉRREAS

A CAÑIZA

Balneario de Augas Férreas
       Este antigo balneario, con orixe a finais do S. XIX, sitúase no medio dun bosque, un parque en realidade, con árbores de gran porte. 

     Atopamos plátanos de indias, carballos, castiñeiros, cipreses, etc. que xeran un gran espazo verde no que os xogos da luz do sol e os sons do vento entre as ramas das árbores permítennos descubrir múltiples micropaisaxes.

O entorno
      Parque situado a 1Km do centro urbano, de 15.500 metros cadrados de bosque autóctono, mesas e bancos e un edificio central de utilización pública.

     Aquí, no século XIX había un balneario de augas medicinais e agora recuperouse o manancial "augas de beber".

 Comarca da Paradanta
      A comarca da Paradanta é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra.

     A ela pertencen os concellos de Arbo, A Cañiza (a súa capital), Covelo e Crecente. 


     Limita ao norte coas comarcas de Vigo e do Ribeiro, ao leste con esta última e coa de Terra de Celanova, ao sur con Portugal e ao oeste coa do Condado. 

     Ocupa unha extensión de 339,85 quilómetros cadrados e contaba cunha poboación de 12.060 habitantes no ano 2020. 

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

domingo, 19 de febrero de 2023

CAPELA DE SAN XURXO - RECAREO - FOXADO - CURTIS

 CAPELA DE SAN XURXO

RECAREO

FOXADO

CURTIS

Recareo
     Recareo é un lugar da parroquia de Foxado no concello coruñés de Curtis, na comarca de Betanzos. Segundo o IGE, en 2011 tiña 17 habitantes (8 homes e 9 mulleres).

Foxado
     Santa María de Foxado é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Curtis na comarca de Betanzos.

     Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 499 habitantes (250 homes e 249 mulleres) distribuídos en 31 entidades de poboación en 38,5 km², o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 536 habitantes.

     Eclesiasticamente pertence ao arciprestado de Sobrado, igual cás demais parroquias do concello.

Toponimia
     O topónimo «Foxado» faría referencia ás trampas ou foxos para cazaren os lobos que noutrora habitaban na parroquia.

Xeografía
     A parroquia está bañada polo río Mandeo. Ao seu paso por Curtis recibe as augas do río Portocastro, o Casteirón, o Ramalleira e o Deo, todos eles troiteiros. 

     No último tramo o Mandeo esta represado pola Central Eléctrica da Castellana. Neste pequeno encoro pódense observar varias especies de anátidos, como o lavanco. Desemboca nel o río de Portabenza, que após nacer na parroquia fai de límite co concello de Aranga.

Historia
     Coa reforma parroquial de 1867, levada a cabo persoalmente polo arcebispo de Santiago de Compostela, García Cuesta, a parroquia eclesiástica de Foxado perdeu o lugar de Samel, que pasou a formar parte da nova parroquia de Vilarraso, xunto con outros lugares procedentes de Muniferral, Aranga e Curtis.

     No entanto, a parroquia civil non sofreu perda ningunha e seguiu a ter os mesmos límites xa que, administrativamente, Vilarraso só se formou cos lugares das parroquias pertencentes ao concello de Aranga.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA