viernes, 14 de octubre de 2022

RUINAS DA IGREXA DA VIRXEN DO CAMIÑO - MONTECELO - DIOMONDI - O SAVIÑAO

 RUINAS DA IGREXA

DA

VIRXEN DO CAMIÑO

MONTECELO

DIOMONDI

O SAVIÑAO

Montecelo
     Montecelo é un lugar da parroquia de Diomondi no concello lugués do Saviñao na comarca da Terra de Lemos. 

     Segundo o IGE en 2010 tiña 16 habitantes (8 mulleres e 8 homes), o que supón unha diminución respecto do ano 1999 cando tiña 22 habitantes.


Diomondi
     San Paio de Diomondi é unha parroquia do concello do Saviñao na comarca da Terra de Lemos, provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 161 habitantes, deles 81 eran homes e 80 eran mulleres, o que supón un aumento de 2 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Patrimonio
    Igrexa románica de San Paio de Diomondi.
    Pazo das Cortes, situado fronte á igrexa. Ten planta en U e acaroada unha capela dedicada á Nosa Señora da Asunción. Xunto á portada ten os escudos dos Somoza, do século XVIII.

Lugares de Diomondi
      Belesar, Bexán, A Casanova, As Cortes, A Costa, Diomondi, Galegos, Millarada, Montecelo, Outeiro, Piñeiro, A Portela, Salcedo, Ver

Comarca da Terra de Lemos
     A Terra de Lemos é unha comarca galega situada ó sur da provincia de Lugo cuxa capital é Monforte de Lemos, que tamén é o concello máis poboado da comarca. A maioría da superficie (toda excepto o concello de Bóveda) forma parte da Ribeira Sacra, da que Monforte tamén é a súa capital.

     Pertencen á comarca da Terra de Lemos os seguintes concellos: Bóveda, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, O Saviñao e Sober.

     A comarca linda ó norte coa comarca de Sarria, ó oeste coa comarca de Chantada, ó leste coa comarca de Quiroga e, ó sur coas comarcas ourensás de Ourense e Terra de Caldelas.

Situación
      A Terra de Lemos sitúase xeograficamente no sur da provincia de Lugo. Caracterízase polo gran val situado no centro da mesma, o Val de Lemos. Este val contrasta coas altas montañas sitas ó leste da comarca pertencentes a Serra do Courel e que serven de fronteira coa comarca de Quiroga xunto co río Lor. 

     No sur, o río Sil marca a fronteira coa provincia de Ourense, igual que o río Miño no oeste coa comarca de Chantada.

Orografía
      Os principais sistemas montañosos sitúanse no leste, na Serra do Courel, entre Bóveda e O Saviñao, no suroeste de Pantón e no sur. 

     Cabe destacar as seguintes montañas que superan os 1000m de altitude e están sitas na Serra do Courel, no concello da Pobra do Brollón:
    Alto da Veneira (1.164 m)
    Alto da Serra (1.137 m)
    Chao das Lagas (1.060 m)
    Alto da Chá (1.021 m)

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

 

jueves, 13 de octubre de 2022

IGREXA DE SANTA MARÍA DE ZOS - ZOS - TRASMIRAS

 IGREXA DE SANTA MARÍA DE ZOS

ZOS

TRASMIRAS

 Iglesia de Santa María
A Igrexa de Santa María atópase na localidade de Zos, pertencente ao termo municipal de Trasmiras, provincia de Ourense.

Descrición
     Trátase dunha construción tardorrománica ampliada posteriormente que, fóra da cabeceira, consérvase practicamente íntegra.

     A portada oeste presenta catro arquivoltas moi decoradas, con sogueado, dentes de serra, etc., que descansan sobre columnas cuios capiteis están labrados con motivos xeométricos e vexetais ademais dun ave.

     A portada sur é moito máis sinxela, destacando a súa tímpano, cun complexo armazón xeométrico.

Estado de conservación
     Atópase en bo estado de conservación.

Protección
     E Patrimonio Histórico Español está protexido pola Lei 16/1985, do 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español (B.O.E. núm. 155, do 29 de xuño de 1985).

Zos
     Santa María de Zos é unha parroquia do concello ourensán de Trasmiras.

     Segundo o IGE en 2013 tiña 67 habitantes (39 mulleres e 28 homes), o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 102 habitantes.

Patrimonio
     Nesta parroquia, a carón da estrada N-525 e da autovía A-52, está un dos cinco touros de Osborne existentes en Galicia: valados publicitarios colocados á beira das estradas por toda España na segunda metade do século XX e declarados patrimonio cultural e artístico.

Trasmiras
     Trasmiras é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Limia. Segundo o padrón municipal, en 2014 tiña 1.456 habitantes (1.828 en 2003). 

     O seu xentilicio é trasmirao.

Xeografía
     O concello, de 56,7 km², abrangue 9 parroquias. O   noroeste do concello está regado pola bacía do río Limia. Outras cuncas importantes son as do río Trasmiras e o Faramontaos.  

     A Veiga de Limia é un espazo natural de 1.400 hectáreas, que se estende por este concello e o veciño de Xinzo de Limia. É unha zona húmida que quedou illada trala desecamento da lagoa de Antela.

Historia
     A zona estivo poboada pola tribo dos límicos. Trala romanización de Galicia quedou baixo influencia do Forum Limucorum. Na idade media quedou baixo influencia do condado de Lemos.

Patrimonio
     Destacan varias igrexas de estilo románico: a de Santa María de Zos consérvase completamente neste estilo, cunha fachada con tres arquivoltas. As de San Xoán de Trasmiras e San Salvador de Vilar de Lebres sufriron reformas posteriores. A de San Martiño de Abavides tamén foi modificada, e o seu retablo foi restaurado. A carón da igrexa hai un cruceiro.

     En Santa Mariña de Escornabois hai un peto de ánimas que forma conxunto cun cruceiro.

     En Vila de Rei hai unha ermida sobre un outeiro.

 Parroquias de Trasmiras     
     Abavides (San Martiño), Chamosiños (Santa Baia), Escornabois (Santa María), Lobaces (Santa María), Trasmiras (San Xoán), Vila de Rei (San Salvador), Vilar de Lebres (San Salvador), Vilaseca (San Román), Zos (Santa María)

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA


miércoles, 12 de octubre de 2022

PETO DE VILARELLO DA COTA - VILARELLO DE COTA - VILARDEVÓS

PETO DE VILARELLO DA COTA

VILARELLO DA COTA

VILARDEVÓS

   Peto de ánimas
   Chámanse petos de ánimas a unha das manifestacións materiais do culto aos mortos e son, xeneralmente, sinxelos monumentos de piedade popular asociados á idea do purgatorio.

    En Galicia é frecuente atopalos en camiños, encrucilladas, atrios de igrexas, etc.

     Os historiadores e etnógrafos sitúan a súa aparición a partir da Contrarreforma, datándose os máis antigos no século XVII, aínda que non sería ata o século XVIII cando se constrúan con máis profusión.

     A súa finalidade é a de ofrecer esmolas de todo tipo ás ánimas do Purgatorio, sendo o seu castigo temporal e podendo así alcanzar o Ceo.

    En compensación, unha vez liberadas intercederán por quenes realizaron as ofrendas.

     As esmolas non eran de carácter estrictamente monetarias, tamén podía tratarse de produtos agrícolas.

     Os petos de ánimas adoitan estar construídos en pedra cunha cruz no alto, polo xeral con imaxes das ánimas no lume do purgatorio e unha figura que as vela (santo, rei ou bispo).

     Na parte frontal aparece un peto para depositar a esmola e protexido cunha reixa ou un cristal.

Algúns levan lendas do tipo:
     Un alma tes e non máis, si a pérdes que farás...  

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA


PETO DA PRAZA - ENXAMES - VILARDEVÓS

PETO DA PRAZA
ENXAMES
VILARDEVÓS

  Petos de Ánimas
     Os petos de ánimas son unha das manifestacións materiais do culto aos mortos, da devoción das ánimas; non deixa de falarnos das ideas moi profundas na mentalidade galega sobre a vida e a morte.

     Afirman os historiadores e etnógrafos que o peto de ánimas xorde despois do século XVI, na situación político-relixiosa da Contrarreforma, é entón cando aparece a idea do Purgatorio.

Segundo Castelao:
     "A nova devoción suprímeo a idea de castigo eterno".

      A mediados do século XVII, Galicia xa deixara de pensar no Inferno para que se entregue de cheo a idea do Purgatorio, do que os seus mortos queridos podían salvarse a forza de oracións e boas obras.

    A finalidade destes elementos populares é a de ofrecer ofrendas de todo tipo (flores, cera, patacas, maíz, pan, aceite ...), ás ánimas que non atopan descanso no Purgatorio, para que alcancen a felicidade no Ceo; unha vez liberadas intercederán por quen fixo a ofrenda, e daban diñeiro para que o cura o administre e dixese misas polos defuntos.

     Os retablos das ánimas, os petos en que se pide a esmola durante a misa e as obras de cantería son manifestacións de culto ás ánimas.

     O estilo artístico , de cantería defínese como "popular"; os devotos coñecían perfectamente as formas e cores que querían e non lle pedían ao canteiro artesan outra cousa que facer a obra encargada coa súa mellor habilidade.

   Os petos unen arquitectura e escultura, e a súa estrutura divídese en tres partes:
- Estructura arquitectónica básica.
- Unha cavidade similar a unha capeliña que ocupa o eixe central e superior (buqueira).
- Unha cavidad case sempre na base da capeliña, tapada cunha lámina de ferro e un buraco para meter as ofrendas (Alxibeira). 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA