FERVENZA DA CHOUZA
MUIÑOS DE GOLFARIZ
PARDEMARÍN
A ESTRADA
Pardemarín
Santa Baia de Pardemarín é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada.
Segundo o IGE en 2011 tiña unha poboación de 176 persoas (89 mulleres e 87 homes), distribuída en 7 entidades, o que supón unha diminución respecto de 1986 cando tiña 597 habitantes. En 1842 tiña unha poboación de feito de 218 persoas.
Lugares da parroquia de Pardemarín
A Brea, Castrelo de Abaixo, Castrelo de Arriba, Golfariz, O Mesadoiro, Parada, Piñeiro
Comarca de Tabeirós - Terra de Montes
A comarca de Tabeirós - Terra de Montes é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra. Pertencen a esta comarca os concellos da Estrada e Forcarei. Anteriormente tamén se incluía nesta comarca o concello de Cerdedo até a súa fusión no 2016 co concello de Cotobade, da comarca de Pontevedra.
A comarca está formada por dúas bisbarras diferenciadas: por unha banda, Tabeirós (integrada polo concello da Estrada); e pola outra, unha gran parte da comarca histórica de Terra de Montes.
Situación
Esta comarca de 450,39 km² sitúase entre as Terras do Deza e as da costa e nela distínguense dúas unidades xeográficas distintas: a Terra de Tabeirós ao norte, que forma parte do val do Ulla, e a zona montañosa da Terra de Montes ao sur.
Demografía
En 2020 a poboación era de 23.659 habitantes, dos cales 20.351 vivían no concello da Estrada, o que é indicativo do carácter de núcleo reitor comarcal desta vila.
As cidades máis importantes preto da comarca son Compostela e Pontevedra.
A comarca de Tabeirós - Terra de Montes está a ser unha zona onde a sangría demográfica é constante: entre 1981 e 2016 a comarca perdeu de 13.474 habitantes (un terzo da poboación).
VIDEO
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA