sábado, 14 de mayo de 2022

PONTELLA PONTAO DOS CARROS - ARGA DE BAIXO - SERRA D´ARGA - CAMINHA

 PONTELLA PONTAO DOS CARROS

SERRA D´ARGA

ARGA DE BAIXO

CAMINHA


Arga de Baixo
     Arga de Baixo é unha lugar do concello de Caminha na Rexión Norte de Portugal. Ten unha superficie de 10,95 km² e unha poboación de 74 habitantes (2011).

      Ata o ano 2013 constituíu unha freguesía propia mais unha reforma administrativa nacional, modificou esa situación e coas freguesías de Arga de Cima e Arga de São João pasou a formar unha nova freguesía denominada Unión das Freguesías de Arga (Baixo, Cima e São João) da que é a sede.

     Na localidade está o Centro de Interpretación da Serra de Arga, nunha antiga casa da garda forestal.

Caminha
     Caminha é unha vila portuguesa no Distrito de Viana do Castelo, rexión Norte e subrexión do Minho-Lima, con preto de 2.500 habitantes.

     É sede dun municipio con 129,66 km² de área e 17.069 habitantes (2001), subdividido en 20 freguesias.

     O municipio limita ao nordeste co de Vila Nova de Cerveira, ao oeste co de Ponte de Lima, ao sur co de Viana do Castelo, ao norte con Galiza e ao oeste co océano Atlántico.

Freguesías
     O concello de Caminha está formado por vinte fregresias, agrupadas en dous grandes vales: o Vale do Coura e Minho e o Vale do Âncora.

Vale do Coura e Minho
Formado polas localidades de:
    Arga de Baixo
    Arga de Cima
    Arga de São João
    Argela, Azevedo
    Caminha-Matriz
    Cristelo
    Dem
    Lanhelas
    Moledo do Minho
    Seixas
    Venade
    Vilar de Mouros
    Vilarelho

Vale do Âncora
As súas freguesías son:
    Âncora
    Gondar
    Orbacém
    Riba de Âncora
    Vila Praia de Âncora
    Vil

Serra d'Arga
     Entre os vales dos ríos Miño e Lima, xa preto da costa, podémosnos imaxinar, a imponente Serra da Arga. Dos seus aproximadamente 800 metros de altitude, as vistas son impresionantes: o océano Atlántico ofrece un fondo azul que se acompaña de terreo exuberante; o río Coura conflúe co río Miño ata antes de entrar no mar, fronte á costa de paseos; e o bosque de piñeiros da Camaredo estende a paisaxe ata Moledo do Minho.

     Referencias destacadas son Vilar de Mouros, nas montañas do noroeste e dos pobos "a nosa irmás da Garda e monte de Santa Tecla.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

MUIÑO DA PONTELLA - BARCIA DO SEIXO - A LAMA

 MUIÑO DA PONTELLA

A BARCIA DO SEIXO

A LAMA

 Barcia do Seixo
     Santa Ana da Barcia do Seixo é unha parroquia que se localiza no concello da Lama.


     Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 285 habitantes (153 mulleres e 132 homes), distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 308 habitantes.

Lugares da Barcia do Seixo
     A Barcia, O Borralleiro, Cambeses, Carballeira, Cernedo, O Eido da Tendeira, O Eido do Macho, Gabián, As Raíces, O Reconco, Ricovanca, Taboadelo, Os Tatos

A Lama
     O concello, de 117,76 km², está situado na serra do Suído, no leste da provincia de Pontevedra, a uns 25 km da capital provincial.

     Limita ao norte con Beariz (provincia de Ourense), Forcarei e Cerdedo-Cotobade, ao sur con Fornelos de Montes, ao leste con Avión e con Beariz (ambos os dous na provincia de Ourense) e ao oeste con Ponte Caldelas e con Cerdedo-Cotobade.

Comunicacións
     A principal vía de comunicación é a PO-255 (que comunica con Ponte Caldelas e que permite chegar a Pontevedra e a PO-235 que une o concello con Carballedo, capital do municipio de Cerdedo-Cotobade.

Demografía
     A pirámide poboacional é a dun concello rural galego. É dicir, a poboación é avellentada. Pero recentes campañas municipais para atraer residentes ao termo municipal, conseguiron manter o censo.

     De todas as maneiras, segue sendo inferior ao censo de 1995 (cando vivían 3.517 veciños).

     A poboación do municipio está bastante diseminada nas 10 parroquias do concello. Mais a parroquia capital é con notoriedade, a máis poboada.

Historia
     Consérvanse restos arqueolóxicos das culturas megalíticas, como as mámoas de Portela da Cruz, O Seixo, O Suído, e Antas.

     Da idade de bronce atopouse na Lama unha espada de tipo argárico de hai 3500 anos, e en Verducido e no castro de Gaxate varias hachas de bronce.

     Desta idade son os gravados rupestres en Chan do Campo, Outeiro Seixiño, Val do Gato, e Laxa das Puzas (Verducido).

     Hai tres castros identificados: o monte do Castro en Gaxate, o monte do Castro na Lama, e o castro de Xende.

     Na época medieval a zona norte foi colonizada polos monxes do mosteiro da Armenteira a partir do século XV, e o resto pertencía aos señores de Soutomaior, que contaban cunha fortaleza en Fornelos.

     Nos séculos XVII e XVIII aumentou a poboación e a gandería pola introdución do millo, e a pataca procedentes de América. Coas mudanzas que implicaron na agricultura, comezou a desaparecer a emigración a Castela dos temporeiros para a sega do trigo en verán, e aumenta a construción de camiños, igrexas, pazos e pontes. Desta época son as pontes de Verducido sobre o río Parada, a do antigo camiño de Ribadavia a Pontevedra e o de Liñares.

     A emigración a América dos séculos XIX e XX fixo posible a compra das terras aos nobres e a construción de edificacións educativas e centros de beneficencia.

En 1998 inaugurouse o centro penitenciario da Lama.

Turismo
     A Lama conta coa ruta homologada de sendeirismo PR-G 135 "Roteiro da Escuadra".

     É unha ruta sendeirista lineal de 7 km, entre o Peso (A Escuadra) e a área recreativa de Santa Mariña, na Serra do Cando.

     Na Serra do Suído atópanse os singulares chozos.

 Parroquias de A Lama
      Antas (Santiago), A Barcia do Seixo (Santa Ana), Covelo (San Sebastián), Escuadra (San Lourenzo), Gaxate (San Pedro), A Lama (San Salvador), Seixido (San Bartolomeu), Verducido (San Martiño), Xende (San Paulo), Xesta (San Bartolomeu)

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

CAPELA DE SAN ISIDRO - CORVELLE - BANDE

 CAPELA DE SAN ISIDRO

CORVELLE

BANDE


Corvelle
     A parroquia de Santa María de Corvelle é a segunda máis ampla en extensión dentro do termo municipal de Bande. Componse das poboacións de Pereira e Corvelle. En 2011 tiña 164 habitantes (87 homes e 77 mulleres).

      Pereira atópase a 810 metros de altitude e Corvelle a 930 metros. Pereira acolle como patroa a Santa María Magdalena, que ten unha fermosa capela no centro da aldea.

     Pereira conserva o forno tradicional de cocer pan no centro da aldea, numerosas fontes e ruta de sendeirismo ata Castro Laboreiro, así como a pesca da troita do río Cadós que se estende dende a Ponte Pereira ata o encoro das Conchas.

Xeografía
     O río Cadós nace no monte comunal da aldea de Corvelle, transcorre á beira de propiedades privadas de veciños de Pereira así como por parte de monte comunal (como testemuñan antigos escritos que se atopan en propiedade e poder da pedanía e comunidade de veciños da aldea xa citada); o río Cadós segue o seu transcurso pola ponte Pereira, chamada así a zona onde se sitúa o límite superior do coto de pesca do río Cadós, segue o río por Cadós e Buxán, ata morrer no encoro das Conchas.

Festas
      Pereira celebra as súas festas a primeira semana de agosto ó pé da capela de Santa María Magdalena e da casa do pobo.

     Ademais Pereira ten San Antón e Santa Bárbara como patróns (consérvase a festa de santa Bárbara na ponte da Constitución). Tamén é sede da Festa do pan da Baixa Lima que se celebra no seu forno comunal

      Corvelle celebra as súas festas de Santa María (patroa da parroquia) os días 15 e 16 de agosto así como as de San Isidro (15 de maio) e Santo Antón (primeiros de febreiro).

Lugares de Corvelle
     Corvelle, Pereira

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA


 

PINCHEIRA DA GANDARA - REGO DA GANDARA - ARGA DE CIMA - SERRA D´ARGA - CAMINHA

PINCHEIRA DA GANDARA

ARGA DE CIMA

SERRA D´ARGA

REGO DA GANDARA

CAMINHA

  Arga de Cima
     Arga de Cima e unha fregresia portuguesa do municipio de Caminha, distrito de Viana do Castelo.

Historia
      Foi suprimida o 28 de enero de 2013, en aplicación de unha resolución da Asamblea de la República portuguesa promulgada o 16 de Xaneiro do 2013 o unirse coas fregresias de Arga de Baixo e Arga de São João, formando unha nova fregresia de Arga (Baixo, Cima e São João).​

Caminha
     Caminha é unha vila portuguesa no Distrito de Viana do Castelo, rexión Norte e subrexión do Minho-Lima, con preto de 2.500 habitantes.

     É sede dun municipio con 129,66 km² de área e 17.069 habitantes (2001), subdividido en 20 freguesias.

     O municipio limita ao nordeste co de Vila Nova de Cerveira, ao oeste co de Ponte de Lima, ao sur co de Viana do Castelo, ao norte con Galiza e ao oeste co océano Atlántico.

Freguesías
     O concello de Caminha está formado por vinte fregresias, agrupadas en dous grandes vales: o Vale do Coura e Minho e o Vale do Âncora.

Vale do Coura e Minho
Formado polas localidades de:
    Arga de Baixo
    Arga de Cima
    Arga de São João
    Argela, Azevedo
    Caminha-Matriz
    Cristelo
    Dem
    Lanhelas
    Moledo do Minho
    Seixas
    Venade
    Vilar de Mouros
    Vilarelho

Vale do Âncora
As súas freguesías son:
    Âncora
    Gondar
    Orbacém
    Riba de Âncora
    Vila Praia de Âncora
    Vil

Serra d'Arga
     Entre os vales dos ríos Miño e Lima, xa preto da costa, podémosnos imaxinar, a imponente Serra da Arga. Dos seus aproximadamente 800 metros de altitude, as vistas son impresionantes: o océano Atlántico ofrece un fondo azul que se acompaña de terreo exuberante; o río Coura conflúe co río Miño ata antes de entrar no mar, fronte á costa de paseos; e o bosque de piñeiros da Camaredo estende a paisaxe ata Moledo do Minho.

     Referencias destacadas son Vilar de Mouros, nas montañas do noroeste e dos pobos "a nosa irmás da Garda e monte de Santa Tecla. 

VIDEO

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA