jueves, 3 de marzo de 2022

CRUCEIRO DA IGREXA DE XUVENCOS - XUVENCOS - BOBORÁS

 CRUCEIRO DA IGREXA DE XUVENCOS

XUVENCOS

BOBORÁS

Xuvencos
     Santa María de Xuvencos é unha parroquia do concello ourensán de Boborás, onde se localiza a cabeceira municipal.

     Segundo o IGE en 2011 tiña 366 habitantes (169 homes e 197 mulleres).

Xeografía
     A parroquia está atravesada pola estrada N-541 que une Ourense e Pontevedra. 

     A súa actividade principal é a agricultura, xunto cos servizos derivados da capitalidade, centro de saúde, farmacia, dependencias municipais, bancarias... e unha certa actividade comercial e de hostalería, na que destaca a existencia dunha Casa de Turismo Rural.

Patrimonio
     No lugar da Torre, preto do lugar do Penedo de Xuvencos, existiu un castelo, derrubado en 1467 no marco da Gran Guerra Irmandiña.

     O templo parroquial, de estilo románico, consta dunha soa nave rectangular modificada na espadana e na ábsida no século XIX. Contén un retablo barroco excepcional así como o cruceiro do Bispo que se atopa á entrada do templo.

     Con orixes e testemuñas na Idade Media, conserva como un dos seus grandes tesouros a coñecida Danza de Xuvencos dentro do formato da chamada Festa das Mudaciós.

Lugares de Xuvencos
     A Almuzara, Bergazos, Boborás, Franza, O Igrexario, A Lama, O Penedo de Xuvencos, As Quintás, Rodas, Sande | Xesteira 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

ANTIGUA ESTACIÓN DE TREN DE BOBORÁS - BOBORÁS

 ESTACIÓN ABANDONADA DE BOBORÁS

BOBORÁS

 Estación de Boborás
     Boborás é un apeadoiro de Adif, situado moi preto da vila de Boborás, provincia de Ourense.

     Está situada na liña A Coruña-Madrid e actualmente non presta servizos de pasaxeiros.


Boborás
     Boborás é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Carballiño. Segundo o padrón municipal de habitantes no 2015 a súa poboación era de 2510 persoas (3286 en 2003).

      Recibe o seu nome da aldea de Boborás, na parroquia de Xuvencos, onde está a casa consistorial. O seu xentilicio é boborao ou boborés.

Xeografía
     O concello está situado no noroeste da provincia de Ourense. Ten dúas zonas diferenciadas: no sur abondan as fragas e as vides, e no centro e norte, máis accidentados, predominan os prados.

     Está atravesado polo río Arenteiro polo norte, e polo Cartelle e o Avia polo sur.

     O clima é cálido nos meses de verán e frío e chuvioso nos meses de inverno.

 Historia
     Durante a Idade Media asentáronse na zona diversas ordes relixiosas e militares, coma a Orde do Santo Sepulcro, do Temple ou a Orde de San Xoán de Xerusalén, coñecida tamén como Orde de Malta ou de Rodas. Todas elas deixaron a súa pegada en diferentes construcións civís e relixiosas.

Patrimonio histórico e artístico
     A igrexa de San Xulián de Astureses é un templo románico, edificada polos Templarios no século XII. Ten planta rectangular, cunha ábsida semicircular. A fachada presenta unha ornamentación excelente.
     A igrexa de San Martiño de Cameixa mestura varios estilos, destacando a ábsida románica, o reloxo de Sol e os canzorros situados baixo o beiril.


     A igrexa de Xuvencos, restaurada no século XVI, e a igrexa de San Mamede de Moldes, construída sobre un castro transformado posteriormente nun camposanto, tamén son de orixe románica.
     O pazo de Moldes, situado preto da igrexa de San Mamede, é a casa natal de Antón Losada Diéguez.
     O conxunto histórico-artístico de pazos de Arenteiro agrupa a casa de Arriba, Asa e Granxa do Mato, pazo de Cervela, pazo do Currelo, pazo Feixó, pazo de Laxas e pazo de Tizón.

Parroquias de Boborás     
     Albarellos (San Miguel), Astureses (San Xulián), Brués (San Fiz), Cameixa (San Martiño), Cardelle (San Silvestre), Feás (Santo Antón), Laxas (San Xoán), Moldes (San Mamede), Moreiras (Santa Mariña), Pazos de Arenteiro (San Salvador), O Regueiro (San Pedro), Xendive (San Mamede), Xurenzás (San Pedro), Xuvencos (Santa María)

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

PONTE PARADELA - RÍO TINTO - CALO - TEO

PONTE PARADELA

RÍO TINTO

CALO

TEO


     A coñecida como ponte romana da Paradela, en Francos, sobre o río Tinto na parroquia de San Xoán de Calo atópase no límite do Concello.

       Construída no Medievo esta ponte é coñecida por estar localizada no camiño que levaba de Iria Flavia ata Santiago.

       É de 14 m de longo e 1,70 de ancho, un dos pasos fluviais máis emblemáticos do Camiño Portugués que con xustiza figura no escudo heráldico de Teo.


       A veciñanza do lugar conta que existe a crenza de que a ponte tiña unha chave no medio: a chave da ponte, unha pedriña cadrada que sobresaía das outras e grazas á cal a ponte foi aguantando o paso dos anos, viñeran tronadas ou enchentes que a cubriran.

 Calo
     San Xoán de Calo é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Teo.

     Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 3.961 habitantes (2.021 mulleres e 1.190 homes) distribuídos en 31 entidades de poboación en 15,1 km², o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 3.758 habitantes. 

 Lugares de Calo
     Adrán, Ameneiro, Balcaide. Cabovila, Carballal, O Casal, A Casalonga, Cesar, Cornide, O Faramello, Fixó, Folgueiras, As Galanas, A Igrexa, Mazas, Mouromorto, Osebe, A Pedreira, Riotinto, Rúa de Francos, San Domingo, Socastro, Solláns, Texexe, Vila Verde, O Vilar de Baixo, O Vilar de Calo, O Vilar de Riba, O Vilar do Medio, A Xesta

MAPA

 

Fuente: Concello de Teo

XOAN ARCO DA VELLA


 

miércoles, 2 de marzo de 2022

PONTE VELLA DE ARRIBA - RÍO SAR - VIDÁN - COMPOSTELA

PONTE VELLA DE ARRIBA

RÍO SAR

VIDÁN

SANTIAGO DE COMPOSTELA

Río Sar
     O río Sar é un afluente do río Ulla pola súa banda dereita.

     Nace na parroquia de Bando (Santiago de Compostela), e discorre polas parroquias tamén compostelás de Sar, Conxo, Vidán (onde desemboca nel o seu afluente o Sarela) e Laraño.

     De seguido, no concello de Ames atravesa a parroquia de Bugallido e baixa rapidamente ata os 30 metros sobre o nivel do mar, atravesando a parroquia de Ortoño e internándose no val da Amaía a partir de Bertamiráns, onde recibe a auga do rego dos Pasos. 

     No concello de Brión atravesa as parroquias dos Ánxeles, onde desemboca o seu afluente río Pego, e Bastavales, onde tamén recolle augas doutros pequenos afluentes. 

     Chega ó concello de Rois na parroquia de Ribasar ó tempo que fai límite co concello de Padrón. 

     Preto do lugar de Seira (Rois) recibe as augas do río Rois, no cal existe unha pequena praia fluvial, para xusto despois internarse no concello padronés. 

     Posteriormente, tras pasar por Iria Flavia e a propia vila de Padrón, desemboca no río Ulla augas abaixo de Pontecesures, facendo fronteira entre os concellos de Padrón e Dodro e recibindo xa o influxo da marea da ría de Arousa.

     Neste último tramo, á altura de Padrón, existe un canal de derivación que conduce parte da auga ó Ulla por riba de Pontecesures.

      A súa construción rematouse no ano 1994, co obxecto de evitar os graves asolagamentos que viña sufrindo a vila producidos polas frecuentes crecidas do río.

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA


EXPOSICIÓN CAMINHOS - AS PONTES DO CAMINHO - PONTE DE LIMA

 EXPOSICIÓN CAMINHOS

AS PONTES DO CAMINHO

XOAN ARCO DA VELLA

PONTE DE LIMA

     Promovida por a Asociación de Amigas e amigos do Camiño Portugués a Compostela

     Camara Municipal de Ponte de Lima

     DATAS: 4 de Marzo a 1 de Abril

     LUGAR: Torre da Cadea Velha - Ponte de Lima

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

domingo, 27 de febrero de 2022

EXPOSICIÓN, CAMIÑOS AS PONTES A COMPOSTELA - PONTE DE LIMA

EXPOSICIÓN

CAMIÑOS, AS PONTES A COMPOSTELA

PONTE DE LIMA


      A Camara Municipal de Ponte de Lima vai facer un unha serie de actos culturais para celebrar, o día 4 de marzo o Foro entregado pola  Raiña D. Teresa, en 1125, na que otorga a Ponte de Lima o titulo de Vila, sendo unha das primeiras Vilas nas que nace Portugal.

     O programa das comemoracion inclue a inaguracion, na Torre da Cadeia Velha, da exposición de fotografia “Camiños – As pontes do Caminho Portugués dende Porto a Santiago” de Xoán Arco da Vella, promovida pola Asociación de Amigas e Amigos do Camiño Portugués a Santiago, de Pontevedra.

Nota: 

     Meu agradecemento a Camara Municipal de Ponte de Lima e a Asociación de Amigas e Amigos do Camiño Portugués a Santiago, por contar conmigo para este día.

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA


martes, 22 de febrero de 2022

MUIÑO DO PEGO - RÍO LEREZ - CACHOFES - FOLGOSO - CERDEDO COTOBADE

 MUIÑO DO PEGO

RÍO LEREZ

CACHOFES

FOLGOSO

CERDEDO COTOBADE

 Río Lérez
     O río Lérez pertence á vertente atlántica e na súa desembocadura forma a ría de Pontevedra. Parte do seu curso é unha área protexida galega, o ZEC río Lérez.

Curso    
     Nace na Serra do Candán, no monte de San Bieito, no lugar da Noveliza, na parroquia de Aciveiro (Forcarei).

      Percorre 60 km con abundante caudal, na dirección NL-SO, pasando polos concellos de Forcarei, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade e, finalmente, Pontevedra.

     Os seus principais afluentes son o Salgueiro, Cabaleiros, Grande, O Castro, Quireza, Tenorio e Almofrei.

Folgoso
     Santa María de Folgoso é unha parroquia do concello de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2012 tiña 145 habitantes (77 mulleres e 68 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 194 habitantes.

Patrimonio
       Hai dous grandes penedos na beira do río Lérez que rodaron dende o alto e que teñen inscricións rupestres. Hai un castro de tempos protohistóricos no lugar de Vilariño.

 A igrexa de Santa María de Folgoso levántase sobre un primitivo templo románico fundado por Carboeiro. 

 

      Tamén hai dous cruceiros, un no campo das procesións, tallado polo mestre José Benito de Castro, e outro situado na banda esquerda da estrada xeral de Pontevedra a Ourense coa imaxe de Santo Antón.

      O portón da casa dos Taboada ten unha figura de Santa Bárbara e dous Gardas civís, obra dos Ramos, de Pontevedra.

Lugares de Folgoso
     Cachofés, O Casal, Covas, Outeiro, Quinta, Vilariño 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA