martes, 11 de enero de 2022

PONTE DE VILACOBA - VILACOBA - RÍO SOÑORA - LOUSAME

PONTE DE VILACOBA

VILACOBA

RÍO SOÑORA

LOUSAME

Vilacova
     Santa Eulalia de Vilacova é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de Lousame, na comarca de Noia.

     Segundo o padrón municipal (INE 2020) ten 354 habitantes (179 homes e 175 mulleres) distribuídos en 18 entidades de poboación.

Xeografía
     Está situada ao leste do Concello. Limita ao norte con Toxos Outos, ao sur con Fruíme, ao leste con Rois e ao oeste con Lousame.

      Está situada no curso alto do val do río Vilacova, que nace no monte Murallapreto da aldea de Xestoso.

     Os cumios máis altos están no monte de Siroña, con altitudes entre os 400 e os 537 m. O monte da Afeosa ten tamén máis de 400 m.

     As terras desta parroquia están destinadas a uso forestal e de prado para o gando.

     Hai restos de explotación mineira anterior á época da romanización. Máis recentes son as minas de San Fins, de grande importancia na primeira metade do século XX. A mina recibía enerxía eléctrica da minicentral eléctrica de Pías, no río Vilacova, entre Vilacova e Servia, que aínda está en funcionamento.

Comarca de Noia
      A comarca de Noia é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Noia. 

        Pertencen a esta comarca os concellos de Lousame, Noia, Outes e Porto do Son.

MAPA

XOAN ARCO DA VELLA

MUIÑO DE REBOIRÁN - RÍO XESTA - XESTA - A LAMA

 MUIÑO DE REBOIRÁN

RÍO XESTA

XESTA

A LAMA

A Lama
     A Lama é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra.

     Segundo o IGE en 2016 tiña 2587 habitantes. Padrón municipal de 2003: 2957 habitantes. O seu xentilicio  é lamense.

Xeografía
     O concello, de 117,76 km², está situado na serra do Suído, no leste da provincia de Pontevedra, a uns 25 km da capital provincial. Limita ao norte con Beariz (provincia de Ourense), Forcarei e Cerdedo-Cotobade, ao sur con Fornelos de Montes, ao leste con Avión e con Beariz (ambos os dous na provincia de Ourense) e ao oeste con Ponte Caldelas e con Cerdedo-Cotobade.

Demografía
     A pirámide poboacional é a dun concello rural galego. É dicir, a poboación é avellentada. Pero recentes campañas municipais para atraer residentes ao termo municipal, conseguiron manter o censo.

     De todas as maneiras, segue sendo inferior ao censo de 1995 (cando vivían 3.517 veciños).

     A poboación do municipio está bastante diseminada nas 10 parroquias do concello. Mais a parroquia capital é con notoriedade, a máis poboada.

Historia
     Consérvanse restos arqueolóxicos das culturas megalíticas, como as mámoas de Portela da Cruz, O Seixo, O Suído, e Antas. Da idade de bronce atopouse na Lama unha espada de tipo argárico de hai 3500 anos, e en Verducido e no castro de Gaxate varias hachas de bronce.

     Desta idade son os gravados rupestres en Chan do Campo, Outeiro Seixiño, Val do Gato, e Laxa das Puzas (Verducido). Hai tres castros identificados: o monte do Castro en Gaxate, o monte do Castro na Lama, e o castro de Xende.

    Na época medieval a zona norte foi colonizada polos monxes do mosteiro da Armenteira a partir do século XV, e o resto pertencía aos señores de Soutomaior, que contaban cunha fortaleza en Fornelos.

    Nos séculos XVII e XVIII aumentou a poboación e a gandería pola introdución do millo, e a pataca procedentes de América. Coas mudanzas que implicaron na agricultura, comezou a desaparecer a emigración a Castela dos temporeiros para a sega do trigo en verán, e aumenta a construción de camiños, igrexas, pazos e pontes. Desta época son as pontes de Verducido sobre o río Parada, a do antigo camiño de Ribadavia a Pontevedra e o de Liñares.

     A emigración a América dos séculos XIX e XX fixo posible a compra das terras aos nobres e a construción de edificacións educativas e centros de beneficencia.

Turismo
     A Lama conta coa ruta homologada de sendeirismo PR-G 135 "Roteiro da Escuadra".
     É unha ruta sendeirista lineal de 7 km, entre o Peso (A Escuadra) e a área recreativa de Santa Mariña, na Serra do Cando.
     Na Serra do Suído atópanse os singulares chozos.

 Parroquias da Lama
      Antas (Santiago), A Barcia do Seixo (Santa Ana), Covelo (San Sebastián), Escuadra (San Lourenzo), Gaxate (San Pedro), A Lama (San Salvador), Seixido (San Bartolomeu), Verducido (San Martiño), Xende (San Paulo), Xesta (San Bartolomeu)

MAPA 

XOAN ARCO DA VELLA

PONTE MEDIEVAL DE PREXIGUEIRO - RÍO CERVES - PREXIGUEIRO - FRANCELOS - RIBADAVIA

 PONTE MEDIEVAL DE PREXIGUEIRO

RÍO CERVES

PREXIGUEIRO

FRANCELOS

RIBADAVIA

 Francelos
     Santa María Madanela de Francelos é unha parroquia do concello de Ribadavia, no Ribeiro.

      En 2020 tiña 631 habitantes repartidos en dous núcleos poboacionais.

Situación
     Francelos é a parroquia máis meridional de Ribadavia. A aldea de Francelos dista apenas 2 quilómetros da capital municipal. 

      Está situada na enfesta da veiga de Valparaíso, que se estende pola marxe dereita do río Miño logo da foz do río Avia.

Patrimonio histórico-artístico
     En Francelos sitúase a capela de San Xes de Francelos, resto reedificado dun antigo mosteiro, no que se empregaron diversos elementos decorativos e arquitectónicos da fábrica orixinal prerrománica. 

     Nas inmediacións da aldea de Prexigueiro pódense visitar as termas de Prexigueiro e unha antiga ponte sobre o río Cerves, xusto en fronte da embocadura do río Arnoia no Miño.

Lugares de Francelos
     Francelos, Prexigueiro

Comarca do Ribeiro
     A comarca do Ribeiro é unha comarca galega situada na provincia de Ourense no curso medio do río Miño, que a percorre de nordeste a suroeste. 

     A súa capital é Ribadavia, e a ela pertencen os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. Dálle nome ao viño do Ribeiro.

     Ocupa unha superficie de 406,92 km², nos que viven 15.571 habitantes (2020). Por ela transcorren tamén os ríos Arnoia e Avia. O Miño está represado nos encoros de Castrelo de Miño e da Frieira. Existen varios balnearios que aproveitan as augas. 

     Desde a Serra do Suído e Faro de Avión, ao oeste, onde se chega ao 1.000 m de altitude, o relevo descende até só 97 m en Ribadavia e Arnoia.

Parroquias de Ribadavia    

     Campo Redondo (Santo André), Esposende (Santiago), Francelos (Santa María Madanela), Ribadavia (San Domingos de Fóra), Ribadavia (San Domingos), San Cristovo de Regodeigón (San Cristovo), Sanín (San Pedro), Ventosela (San Paio) 

MAPA 

XOAN ARCO DA VELLA

lunes, 10 de enero de 2022

MUIÑO NO RÍO CERVES - PREXIGUEIRO - FRANCELOS - RIBADAVIA

MUIÑO NO RÍO CERVES

PREXIGUEIRO

FRANCELOS

RIBADAVIA

Francelos
     Santa María Madanela de Francelos é unha parroquia do concello de Ribadavia, no Ribeiro. 

     En 2020 tiña 631 habitantes repartidos en dous núcleos poboacionais.

Situación
     Francelos é a parroquia máis meridional de Ribadavia. A aldea de Francelos dista apenas 2 quilómetros da capital municipal.

      Está situada na enfesta da veiga de Valparaíso, que se estende pola marxe dereita do río Miño logo da foz do río Avia.

Patrimonio histórico-artístico
     En Francelos sitúase a capela de San Xes de Francelos, resto reedificado dun antigo mosteiro, no que se empregaron diversos elementos decorativos e arquitectónicos da fábrica orixinal prerrománica.

     Nas inmediacións da aldea de Prexigueiro pódense visitar as termas de Prexigueiro e unha antiga ponte sobre o río Cerves, xusto en fronte da embocadura do río Arnoia no Miño.

Lugares de Francelos
     Francelos, Prexigueiro

Comarca do Ribeiro
     A comarca do Ribeiro é unha comarca galega situada na provincia de Ourense no curso medio do río Miño, que a percorre de nordeste a suroeste. 

     A súa capital é Ribadavia, e a ela pertencen os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. Dálle nome ao viño do Ribeiro.

     Ocupa unha superficie de 406,92 km², nos que viven 15.571 habitantes (2020).

     Por ela transcorren tamén os ríos Arnoia e Avia. O Miño está represado nos encoros de Castrelo de Miño e da Frieira. 

     Existen varios balnearios que aproveitan as augas. Desde a Serra do Suído e Faro de Avión, ao oeste, onde se chega ao 1.000 m de altitude, o relevo descende até só 97 m en Ribadavia e Arnoia.