lunes, 10 de enero de 2022

MUIÑO NO RÍO CERVES - PREXIGUEIRO - FRANCELOS - RIBADAVIA

MUIÑO NO RÍO CERVES

PREXIGUEIRO

FRANCELOS

RIBADAVIA

Francelos
     Santa María Madanela de Francelos é unha parroquia do concello de Ribadavia, no Ribeiro. 

     En 2020 tiña 631 habitantes repartidos en dous núcleos poboacionais.

Situación
     Francelos é a parroquia máis meridional de Ribadavia. A aldea de Francelos dista apenas 2 quilómetros da capital municipal.

      Está situada na enfesta da veiga de Valparaíso, que se estende pola marxe dereita do río Miño logo da foz do río Avia.

Patrimonio histórico-artístico
     En Francelos sitúase a capela de San Xes de Francelos, resto reedificado dun antigo mosteiro, no que se empregaron diversos elementos decorativos e arquitectónicos da fábrica orixinal prerrománica.

     Nas inmediacións da aldea de Prexigueiro pódense visitar as termas de Prexigueiro e unha antiga ponte sobre o río Cerves, xusto en fronte da embocadura do río Arnoia no Miño.

Lugares de Francelos
     Francelos, Prexigueiro

Comarca do Ribeiro
     A comarca do Ribeiro é unha comarca galega situada na provincia de Ourense no curso medio do río Miño, que a percorre de nordeste a suroeste. 

     A súa capital é Ribadavia, e a ela pertencen os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. Dálle nome ao viño do Ribeiro.

     Ocupa unha superficie de 406,92 km², nos que viven 15.571 habitantes (2020).

     Por ela transcorren tamén os ríos Arnoia e Avia. O Miño está represado nos encoros de Castrelo de Miño e da Frieira. 

     Existen varios balnearios que aproveitan as augas. Desde a Serra do Suído e Faro de Avión, ao oeste, onde se chega ao 1.000 m de altitude, o relevo descende até só 97 m en Ribadavia e Arnoia.

Parroquias de Ribadavia    
     Campo Redondo (Santo André), Esposende (Santiago), Francelos (Santa María Madanela), Ribadavia (San Domingos de Fóra), Ribadavia (San Domingos), San Cristovo de Regodeigón (San Cristovo), Sanín (San Pedro), Ventosela (San Paio) 

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

domingo, 9 de enero de 2022

PONTE DAS CABRAS - A ALDEA - FILGUEIRA - CRECENTE

 PONTE DAS CABRAS

A ALDEA

FILGUEIRA

CRECENTE

Ponte das Cabras

       Ponte de orixe romana construída en granito, forma parte do percorrido do antigo  Camiño Real, tamén coñecido como Vereda Pública, outrora vía principal de comunicación entre os Reinos de Castela e Galicia. Na actualidade forma parte da ruta de sendeirismo "Mirando ao Miño".

 Filgueira
     San Pedro de Filgueira (do latín filicariam plural de filicem, 'fento ou fieito' e sufixo abundancial ariam) é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Crecente na comarca da Paradanta.

      Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 193 habitantes (91 homes e 102 mulleres), distribuídos en 23 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 261 habitantes.

     A parroquia está ás beiras do río Miño e preto do encoro da Frieira. Pódense atopar muíños e tamén unha fermosa capela na honra de San Xosé.

     Tamén hai un miradoiro dende o cal se pode ver toda a parroquia e o río Miño. En Filgueira existe unha das mellores vereas do concello.

Historia e patrimonio
      Durante a romanización de Galicia construíuse unha calzada, e a conexión a través do río Miño facíase posteriormente coa barca de Filgueira.

      A igrexa de San Pedro de Filgueira é do século XVIII con fachada neoclásica, os cruceiros son da mesma época (o do atrio é de influencia portuguesa).

     Consérvanse varias pontes e muíños sobre pequenos ríos que baixan do monte Chan de Moeiras, entre os que destaca a ponte de San Xosé (sobre un regato do mesmo nome) cunha capela vella en fronte da ponte.

     A finais do século XIX chegou o ferrocarril e fórmase o barrio de Filgueira estación, un lugar moi concorrido xa que desde alí se cruzaba o Miño cara a Celanova e o balneario de Cortegada de Baños e se comerciaba, sendo moi importante o tráfico de madeira.

     Durante séculos funcionou como lugar de paso do Miño un posto de barcas entre ambas as dúas beiras e que ocasionou preitos entre o mosteiro de Celanova e unha familia nobre polas ganancias de dita barca, que funcionou dende a idade media ata principios do século XX, cando se construíu a ponte vella de Cortegada-Filgueira. O esmorecemento do lugar continúa coa emigración durante a segunda metade do século XX, cando se construíu o encoro de Frieira.

Lugares de Filgueira
     O Agro, A Aldea, Os Baróns, A Calzada, Cañoto, Os Carballás, A Carreira, Casares, Os Casás, O Ceo, A Choca, O Coiñedo, A Costa, A Devesa, A Ermida, Guillade, Os Martingos, O Outeiro, O Pazo, A Pousa, As Quintas, A Raxeira, O Rego, O Reguengo, O Rial, A Riba, A Rochela, O Romano, O Sifón, O Souto, O Surreiro, As Tabernas, A Ucha, A Viña

Comarca da Paradanta
     A comarca da Paradanta é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra.
A ela pertencen os concellos de Arbo, A Cañiza (a súa capital), Covelo e Crecente.

     Limita ao norte coas comarcas de Vigo e do Ribeiro, ao leste con esta última e coa de Terra de Celanova, ao sur con Portugal e ao oeste coa do Condado.

     Ocupa unha extensión de 339,85 quilómetros cadrados e contaba cunha poboación de 12.060 habitantes no ano 2020. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

MUIÑO DAS DUAS MOS - REGO DO CHEDEIRO - REBORDECHÁN - CRECENTE

 MUIÑO DAS DUAS MOS

REGO DE CHEDEIRO

REBORDECHÁN

CRECENTE

  Rebordechán
      Santa María de Rebordechán é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Crecente na comarca da Paradanta.

     Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 111 habitantes (53 home e 58 mulleres), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 142 habitantes.

      No seu patrimonio destaca o castro de Cotofurado, que se atopa no outeiro situado detrás da capela de San Sebastián, do século XVIII, ao igual que a igrexa de Santa María, templo barroco cunha imaxe na fachada moi curiosa da Virxe cunha candea; a 300 metros arriba atópase un pequeno calvario de cruceiros modernos.

Lugares de Rebordechán
     Aldea de Acá, Aldea de Alá, A Chabola, Cima da Aldea, O Cotado, O Miaxal, Parada, O Pazo, A Pousa, O Reguengo, A Souteleira, O Surreiro, O Tarendo, Tixosa, Veiga de Vila

Comarca da Paradanta
     A comarca da Paradanta é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra.

 A ela pertencen os concellos de Arbo, A Cañiza (a súa capital), Covelo e Crecente.

     Limita ao norte coas comarcas de Vigo e do Ribeiro, ao leste con esta última e coa de Terra de Celanova, ao sur con Portugal e ao oeste coa do Condado.

     Ocupa unha extensión de 339,85 quilómetros cadrados e contaba cunha poboación de 12.060 habitantes no ano 2020.

Parroquias de Crecente
      Albeos (San Xoán), A Ameixeira (San Bernabeu), Angudes (San Xoán), Crecente (San Pedro), Filgueira (San Pedro), O Freixo (San Roque), Quintela (San Caetano), Rebordechán (Santa María), Ribeira (Santa Mariña), Sendelle (Santa Cruz), Vilar (San Xorxe) 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

sábado, 8 de enero de 2022

ESTACIÓN DE TREN DE ARBO - ARBO

 ESTACIÓN DE ARBO

ARBO

 Estación de Arbo
     Arbo é unha estación de tren de Adif situada en Arbo, na provincia de Pontevedra. Ten servizos de media distancia operados por Renfe.

Situación ferroviaria
     A estación atópase no punto quilométrico 108,1 da liña férrea de ancho ibérico que une Monforte de Lemos con Redondela a 43 metros de altitude, entre as estacións da Pousa-Crecente e Sela.

     O tramo é de vía única e está electrificado.

Historia
     A estación foi inaugurada o 18 de xuño de 1881 coa aperta do tramo Ourense-Arbo da liña que pretendía unir Vigo con Monforte de Lemos. 

     A súa explotación inicial quedou a cargo da Compañía do Ferrocarril de Medina a Zamora e de Ourense a Vigo. 

     Dita xestión mantívose ata 1928 cando foi absorbida pola Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste de España, compañía pública creada para xestionar varios trazados, en xeral deficitarios, do oeste do país.

   En 1941, Oeste foi unha das empresas que se integrou na recentemente creada Renfe.

     Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

 


ESTACIÓN DE TREN DE SELA - SELA - ARBO

 ESTACIÓN DE SELA

SELA

ARBO

 Estación de Sela
     Sela é un apeadoiro ferroviario de Adif situado en Sela, no concello de Arbo, provincia de Pontevedra. 

     Ten servizos de media distancia operados por Renfe.

Situación ferroviaria
      A estación atópase no punto quilométrico 114,6 da liña férrea de ancho ibérico que une Monforte de Lemos con Redondela a 50 metros de altitude, entre as estacións de Arbo e As Neves.

     O tramo é de vía única e está electrificado.

Historia
     A estación foi inaugurada o 25 de decembro de 1881 coa aperta do tramo Arbo-As Neves da liña que pretendía unir Vigo con Monforte de Lemos.

      A súa explotación inicial quedou a cargo da Compañía do Ferrocarril de Medina a Zamora e de Ourense a Vigo.

     Dita xestión mantívose ata 1928 cando foi absorbida pola Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste de España, compañía pública creada para xestionar varios trazados, en xeral deficitarios, do oeste do país.

     En 1941, Oeste foi unha das empresas que se integrou na recentemente creada Renfe.

     Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA