lunes, 6 de diciembre de 2021

PETO DO POSTO FISCAL - CEVIDE - MELGAÇO

 PETO DO POSTO FISCAL

CEVIDE

MELGAÇO

 Peto de ánimas
   Chámanse petos de ánimas a unha das manifestacións materiais do culto aos mortos e son, xeneralmente, sinxelos monumentos de piedade popular asociados á idea do purgatorio.

    En Galicia é frecuente atopalos en camiños, encrucilladas, atrios de igrexas, etc.

     Os historiadores e etnógrafos sitúan a súa aparición a partir da Contrarreforma, datándose os máis antigos no século XVII, aínda que non sería ata o século XVIII cando se constrúan con máis profusión.

     A súa finalidade é a de ofrecer esmolas de todo tipo ás ánimas do Purgatorio, sendo o seu castigo temporal e podendo así alcanzar o Ceo.

    En compensación, unha vez liberadas intercederán por quenes realizaron as ofrendas.

     As esmolas non eran de carácter estrictamente monetarias, tamén podía tratarse de produtos agrícolas.

     Os petos de ánimas adoitan estar construídos en pedra cunha cruz no alto, polo xeral con imaxes das ánimas no lume do purgatorio e unha figura que as vela (santo, rei ou bispo).

     Na parte frontal aparece un peto para depositar a esmola e protexido cunha reixa ou un cristal.

Algúns levan lendas do tipo:
     Un alma tes e non máis, si a pérdes que farás... 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

IGREXA DE SANTA MARÍA DE PIDRE - PIDRE - PALAS DE REI

IGREXA DE SANTA MARÍA DE PIDRE

PIDRE

PALAS DE REI

 Pidre
     Santa María de Pidre é unha parroquia do concello de Palas de Rei na comarca da Ulloa, na provincia de Lugo.

     No ano 2008 tiña 99 habitantes, deles 55 eran homes e 44 eran mulleres, o que supón un aumento de 2 habitantes en relación ao ano anterior, 2007.

Patrimonio
     A igrexa de Santa María de Pidre é de estilo románico, a portada con arco de medio punto e dúas arquivoltas.

     Na Ponte Mercé está a capela da Mercede, e unha ponte medieval sobre o río Ulla con dous arcos: un oxival e outro de medio punto.

     No recinto do pazo de Chorexe, a capela de Pardo de Chorexe.

Festas
     Celébrase a festa de San Ramón o 31 de agosto.

Lugares de Pidre
     Chorexe, Frádegas, Laxe, Outeiro, Pidre, A Ponte Mercé


Comarca da Ulloa
     A comarca da Ulloa é unha comarca galega situada na provincia de Lugo cuxa capital é Monterroso.


     A esta comarca pertencen os concellos de Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei.

     No ano 2020 tiña 8.879 habitantes, 4.430 homes e 4.449 mulleres. O seu nome procede do río Ulla, que nace na comarca. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

domingo, 5 de diciembre de 2021

CAPELA DE SAN MIGUEL DE MOAS - MOAS - BRÁNTEGA - AGOLADA

CAPELA DE SAN MIGUEL DE MOAS

MOAS

BRÁTEGA

AGOLADA

 Moas
     Moas é un lugar da parroquia de Brántega, no concello pontevedrés de Agolada, na comarca do Deza.

     Segundo o INE, no 2008 tiña 19 habitantes (10 homes e 9 mulleres), o mesmo número de habitantes que no ano 2000.

     Nesta aldea existe un vello casal con escudo nobiliario que pertenceu ao conde de Pallares.

Lugares de Brántega
     A Carballa, O Casal, Castro, A Eirexe, A Feira Nova, Fondo de Brántega, Moas, Sobrado, As Torres, Vilanova, O Vilar

Brántega
     San Lourenzo de Brántega é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Agolada.

     Segundo o IGE de 2018 tiña 67 habitantes 25 homes e 42 mulleres distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 240 habitantes. 

     Nesta parroquia tivo a súa sede a Banda de música de Brántega

Economía
     A parroquia de Brántega foi cabeza do concello e nela celebrábase unha importante feira no lugar da Feira Nova o día 26 de cada mes, hoxe desaparecida. Ademais é un nó de comunicacións para as freguesías do arredor e mantén unha certa actividade comercial e de servizos. 

     A súa maior riqueza é a forestal e destaca pola súa produción de cortiza, xa que a sobreira medra en abundancia na cunca do río Arnego, afectada polo incendio de Toiriz en maio de 2018.

     A gandería é a principal economía da parroquia e hai plantacións de eucalipto e piñeiro, decote afectadas polos incendios. O resto da economía local é a denominada economía de subsistencia propia das aldeas, entre a que se sitúa a produción apícola, moi afectada polas vespas velutinas.

Patrimonio
     Brántega é un nome de raíz céltica. Existen na parroquia varios túmulos funerarios no Campo da Mámoa e en Moas, así como numerosos cruceiros

     A igrexa parroquial, do século XVIII, garda un retablo barroco. Ademais da igrexa, hai tres capelas nos lugares de Moas, O Casal e A Feira Nova.

     No tocante á arquitectura civil, na aldea de Moas existe un vello casal con escudo nobiliario que pertenceu ao conde de Pallares.

Festas
     O titular de Brántega é San Lourenzo, pero a festa patronal e a de San Bartolomeu o 24 e 25 de agosto.
     Celébrase tamén no lugar da Feira Nova a Festa da Santa Cruz.

Lugares de Brántega
     A Carballa, O Casal, Castro, A Eirexe, A Feira Nova, Fondo de Brántega, Moas, Sobrado, As Torres, Vilanova, O Vilar 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

IGREXA DE SAN PEDRO DE MERLÍN - MERLÍN - AGOLADA

 IGREXA DE SAN PEDRO DE MERLÍN

MERLÍN

AGOLADA

Merlín
     Merlín é un lugar da parroquia de Merlín, no concello pontevedrés de Agolada, na comarca do Deza.

     Segundo o INE, no 2008 tiña 5 habitantes (2 homes e 3 mulleres), o que supón unha diminución de 2 habitantes con respecto ao ano 2000.

Lugares de Merlín
     Friúce, Marcelín, Merlín, A Vila Grande

Agolada
     Agolada é un concello da provincia de Pontevedra pertencente á Comarca do Deza. Segundo o IGE en 2015 tiña 2 585 habitantes (3 875 en 2003).O seu xentilicio  é agoladés ou aqualatense.

Xeografía
     Agolada está situado no centro de Galicia, na punta nordeste da provincia de Pontevedra, entre o río Arnego, a serra do Farelo e o río Ulla. O concello limita cos concellos de Palas de Rei, Antas de Ulla (provincia de Lugo), Santiso (provincia da Coruña), Rodeiro, Lalín e Vila de Cruces.

     O monte Farelo, con 952,6 metros, e situado na serra do Farelo, é o punto máis alto do concello. O río Ulla, que fai de límite norte do concello, é o principal curso fluvial. En Brocos úneselle o río Arnego antes do comezo do encoro de Portodemouros. O seu outro afluente principal é o río Deza.


     Ten clima é oceánico interior, co inverno suave e o verán fresco. As precipitacións anuais son de 1 290 mm.


Historia
     Consérvanse importantes pegadas correspondentes ao Megalitismo pertencentes ao período do 3000 ao 1800 a. C. Estas terras están cubertas de mámoas das cales sobresae o Tesouro de Agolada atopado nunha mámoa do Campo do Xastre, na parroquia de Ferreiroa, e que na actualidade áchase no Museo Provincial de Pontevedra. Este tesouro está formado por dous brazaletes e un torque de ouro; unha louza con gravados en zig-zag, atopada en Coteimil; dúas mazás de pedra puída en Lamas (Trabancas).

     Os campos de túmulos máis salientábeis áchanse en Pereiro en Agra, Monte Luxilde en Artoño, Monte da Carballeira en Berredo, Campo da Mámoa en Brántega, e noutros lugares como Eidián, Esperante, Vidueiros, Ferreiroa, Gurgueiro etc.

    Tamén hai abondosos castros neste concello. Sobresae o Castro Marcelín, situado na parroquia de Merlín, posuidor de mámoas, covas, tesouros e unha lenda sobre a raíña Marcela. A lenda di que nel habitou unha raíña chamada Marcela ou Marcelina, de aí o nome do lugar, e que agochou un tesouro tras dunha porta de pedra e das consabidas trabes de ouro, prata, piche etc. Outros son o Castro do Coto dos Mouros, en Trabancas; o Castro de Vilela, en Borraxeiros; o Castro de Buxel, en Artoño; o Castro de Brocos...

     Neste concello atopouse unha machada con dúas argolas de bronce no Monte Farelo, en Trabancas, pertencente á Idade de Bronce.

    Desde o século VI, Agolada pertenceu ao Condado do Deza e até o século XIV pertenceu aos Condes de Deza, cando pasou aos Suárez de Deza, máis coñecidos como os Churruchaos. Máis tarde, estas terras pasaron a mans do Conde de Lemos, Pedro Enríquez de Castro.

      Constituíuse como concello trala caída do Antigo Réxime. A capital estivo situada na Guillerma (parroquia de Borraxeiros), até que pasou ao lugar de Agolada, na parroquia de Ferreiroa.

Patrimonio
     Atópanse numerosos restos do Megalítico, como o monte das Mámoas, o Tesouro de Agolada, así como machados de pedra. Hai dous castros notorios, o castro de Buxel e o castro de Marcelín.

     No Monte Farelo hai constancia da existencia noutro tempo dunha capela chamada de San Silvestre. Atópanse varias construcións notorias, aínda que en certo estado de ruína, como a fortaleza dos condes de Borraxeiros, do século XVI, a torre dos Vilar de Ferreirós, a casa de Quintela dos Arias Loureiro e a casa dos Traspenas.

   Na vila de Agolada consérvanse os pendellos da feira, que se celebra o día 12 de cada mes.

Algunha das igrexas do concello:
    Igrexa de Ventosa.
    Igrexa de Ferreiroa.
    Igrexa de San Andrés de Órrea.
    Igrexa de Berredo.
    Igrexa de Ramil.
    Igrexa de Vilariño.
    Igrexa de Santa Comba.
    Igrexa de Brántega.
    Igrexa de Santa María de Val de Sangorza.

A comarca de Deza
     A comarca de Deza é unha comarca da provincia de Pontevedra e a súa capital é Lalín. 

     Pertencen a ela os concellos de Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces. A súa poboación é de máis de 40.000 habitantes. 

     O Deza coincide coa antiga comarca de País do Deza, isto é, as xurisdicións de Deza, Camba, Dozón, Trasdeza, Carbia e Valquireza. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA