lunes, 1 de noviembre de 2021

PETO DO CAMIÑO - A VENDA NOVA - SALCEDA DE CASELAS

 PETO DO CAMIÑO

A VENDA NOVA

SALCEDA DE CASELAS


 Peto de ánimas
   Chámanse petos de ánimas a unha das manifestacións materiais do culto aos mortos e son, xeneralmente, sinxelos monumentos de piedade popular asociados á idea do purgatorio.

    En Galicia é frecuente atopalos en camiños, encrucilladas, atrios de igrexas, etc.

     Os historiadores e etnógrafos sitúan a súa aparición a partir da Contrarreforma, datándose os máis antigos no século XVII, aínda que non sería ata o século XVIII cando se constrúan con máis profusión.

     A súa finalidade é a de ofrecer esmolas de todo tipo ás ánimas do Purgatorio, sendo o seu castigo temporal e podendo así alcanzar o Ceo.

    En compensación, unha vez liberadas intercederán por quenes realizaron as ofrendas.

     As esmolas non eran de carácter estrictamente monetarias, tamén podía tratarse de produtos agrícolas.

     Os petos de ánimas adoitan estar construídos en pedra cunha cruz no alto, polo xeral con imaxes das ánimas no lume do purgatorio e unha figura que as vela (santo, rei ou bispo).

     Na parte frontal aparece un peto para depositar a esmola e protexido cunha reixa ou un cristal.

Algúns levan lendas do tipo:
     Un alma tes e non máis, si a pérdes que farás... 

MAPA 

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA


PETO DE A PONTE DA PEDRA - A PONTE DE PEDRA - SALCEDA DE CASELAS

PETO DE A PONTE DE PEDRA

A PONTE DE PEDRA

SALCEDA DE CASELAS

   Peto de ánimas
     Os petos de ánimas atópanse en camiños e encrucilladas de toda Galicia e son unha das manifestacións materiais do culto aos mortos, da devoción polas ánimas. Tódolos construídos con anterioridade a 1901 son bens de interese cultural.

Significado
     O seu significado vén da crenza na continuidade da alma despois da morte e da existencia dun paso intermedio para chegar ao ceo, onde se redimen os pecados e faltas cometidas en vida (o purgatorio), moi arraigada na mentalidade popular galega.

     Dentro das construcións populares, os petos de ánimas son os que evidencian a importancia do purgatorio. A finalidade destes elementos populares é que os vivos poidan ofrecer esmolas para a salvación das almas en pena que non encontran descanso no purgatorio, e así alcancen a felicidade no ceo.Unha vez liberadas, intercederán por quen fixo a ofrenda. Por tanto, trátase de procurar a salvación dos mortos pero tamén de se asegurar a propia.


     Moitos deles foron construídos pola devoción dun fregués ou polos veciños dun lugar. Son moi curiosas as advertencias que se fan no seu nome.


     Por exemplo, no de Famelga de Aguasantas (Cerdedo-Cotobade) lese textualmente: "Un alma tienes y no más, si la pierdes qué harás...". Tamén se invita a recordar os antepasados: "Ave María Purísima. Acordaos de las ánimas de vuestros padres o abuelos o tíos o parientes o amigos". E, noutra parte do oratorio, apréciase esta inscrición: "Rogade por nos, Señor, E socorrenos cos vosos sufraxios que nos pediremos por vos".

Orixe
     As almas do purgatorio que son a meirande devoción galega, despois dos santos, de Cristo e da Nai; e, aínda que o culto teña a súa raizame no cerne mesmo do espírito galego, as mostras que se conservan son serodias.

     A idea do purgatorio, aumentada e revitalizada a partir do Concilio de Trento (século XVI), fixo que se desenvolvese a práctica da construción destes monumentos populares cunha determinada iconografía. Pero segundo parece, en Galicia é no século XVIII cando se fan a maior parte destes monumentos dedicados ás ánimas; e os máis antigos conservados corresponden ao século XVII.

Localización e dimensións
     As encrucilladas aínda inspiran temor aos naturais do país, e a súa causa está en que pervive nas crenzas actuais consideralas como lugar que fora destinado ao enterramento, especialmente dos apartados da comunidade cristiá. De aí a crenza de que polas mesmas vaguen durante a noite as almas dos condenados.

     Tanto a súa dimensión como iconografía son variadas, polo que é difícil establecer unha morfoloxía xeral, aínda que si se pode indicar que o corpo central do peto está composto por unha cavidade na que normalmente se representa ás ánimas no purgatorio, en relevo ou pintura, e un peto ou hucha para botar as esmolas. Estes elementos veñen a maioría das veces acompañados doutros secundarios: cornixas, pilastras, portiña de ferro etc.

O culto aos petos de ánimas
     Tamén é habitual que, ao pasar por diante do peto, se rece unha oración polas benditas ánimas para que poidan saír do purgatorio.

     Tamén se lles agradece algún favor feito, porque acostuman a axudar aos vivos.

     Pídeselles axuda para solucionar algún problema e colócanselles flores no seu recordo. 

     Ás ánimas, sobre todo, ténselles respecto. 

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

sábado, 30 de octubre de 2021

ABRIGO DA CABALEIRA - ALTO DA CABALEIRA - O VISO - REDONDELA

ABRIGO DA CABALEIRA

ALTO DA CABALEIRA

O VISO

REDONDELA

 O Viso
   Santa María do Viso é unha parroquia situada ó norte do concello de Redondela.

     Linda coas parroquias de Cesantes, Ventosela e co Concello de Soutomaior. 

     Está formada por catro núcleos de poboación: Tuimil, A Nogueira, Soutoxuste e Saramagoso. En 2014 tiña 1504 habitantes (735 homes e 769 mulleres).

Xeografía
     Está atravesada polo río Pexegueiro de onde se nutren de auga unha serie de muíños que no seu tempo foron decisivos para a economía da zona.

     A aldea de Soutoxuste posúe unhas tranquilas calas na beira do mar. Na Nogueira pódense visitar algúns petróglifos. En Tuimil atópase o parque do Loureiro.

Patrimonio
     O Viso está atravesada de sur a norte polo camiño portugués a Santiago de Compostela. Con todo, a parroquia destaca pola atalaia do Monte da Peneda, que preside toda esa zona. 

     No seu cumio está a capela da Virxe das Neves, nos terreos onde en 1477 Alonso II de Fonseca mandou construír o Castelo de Castrizán, conquistado e destruído por Pedro Madruga dous anos despois. 

     Nese lugar, de grandes vistas cara a ría de Vigo e cara o val do río Verdugo, onde está o Castelo de Soutomaior, tamén hai restos de poboados castrexos.

     O nome do Viso ten unha clara reminiscencia funcional na súa toponimia. Procede da forma visu, dos verbos latinos video e viso (ver, contemplar), e fai referencia a lugares elevados desde onde se poden contemplar amplas panorámicas. O seu nome procede entón da presenza do antes mencionado miradoiro da Peneda. 

O Padre Sarmiento, na súa viaxe a Galicia en 1745, apunta:
    ... sóbese a un alto desde o que se divisa toda a ría de Vigo, e as illas de Baiona, que semellan pechar toda a barra ... aquí un monte altísimo como pirámide, que chamar A Peneda. No alto hai ruínas dun castelo, e hoxe hai unha nova ermida de Nosa Señora, que chaman de Peneda. Este monte deixa case ó poñente a ría de Vigo, e case ó oriente Souto Maior ...

As festas máis importantes da parroquia son:
    San Brais (3 de febreiro). O carro da burra acompañado duns gaiteiros e dos organizadores da festa recorre as rúas da parroquia repartindo rosquillas e viño, amais de se celebrar a verbena da noite e os actos relixiosos.
    Festa da Virxe das Dores da Teixeira (primeiro domingo de setembro, no barrio de Tuimil)
    Romaría da Virxe da Peneda (luns de Pascua e 5 de agosto).


    Festa de San Antonio, no barrio de Saramagoso (a fin de semana do 13 de xuño)
    Festa da Patroa Santa María (Virxe da Asunción, 15 de agosto). Realízase un encontro dos Santos titulares de cada un dos cinco barrios da parroquia coa patroa na igrexa. Cada imaxe parte do seu barrio acompañada dun grupo de gaitas.
    Festa de Santa Lucía en Alxán (13 de decembro)
    Festa dos fachos.

Lugares do Viso
     A Nogueira, Saramagoso, Soutoxuste, Tuimil

NOTA

     Meu agradecemento a Marco que me acompañou o lugar, sim a sua axuda seria imposible chegar.

MAPA 

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

 XOAN ARCO DA VELLA

MUIÑO DE PINTOS "DOUS" - RÍO DE PINTOS - PINTOS - MARCÓN

MUIÑO DE PINTOS "DOUS"

RÍO PINTOS

PINTOS

MARCÓN


Marcón
     Marcón é unha parroquia rural do municipio de Pontevedra, na provincia de Pontevedra.

Poboación
     Segundo os datos da INE no 2000 había 2169 habitantes nesta parroquia dos cales 1050 eran varóns e 1119 eran mulleres.

     No 2008 esa poboación incrementouse un 1,98%, xa que había unha poboación total de 2212 habitantes, dos cales 1055 eran varóns e 1157 mulleres.


Lugares de interese
     O pé do monte da Fracha (545m), famosas polas fontes de augas medicinales (fonte dos bañitos).

     A parroquia de Marcón, tempo atras pertenceu ao entón concello de Mourente.

       Limita con Canicouva, Tomeza, Bora, e Mourente.

      A igrexa parroquial de Marcón, a casa rectoral e a ponte do Couto son mostras máis destacadas do seu patrimonio monumental.

      Nesta parroquia está situado o polígono industrial do Campiño, lindando co veciño concello de Ponte Caldelas.

Lugares
      Albeiro, A Barcia, A Cardosa, A Ermida, Marcón, Pazos, Peralba, Pintos, Ría de Abaixo, Ría de Arriba, Carracedo, Valadares, Vilafranca

Festas
     Cada primeiro fin de semana de setembro celébranse as festas en honor á Virxe do Rosario e das Dores.

      A parroquia tamén celebra as festas en honor ao seu patrón San Miguel os días 29, 30 de setembro e 1 de outubro.

     Hai unha festa gastronómica que goza cada vez de máis fama, é a Festa dá Fabada que se celebra todos os anos no mes de abril e é organizada polo equipo de fútbol do Marcón Atl.

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA