sábado, 21 de agosto de 2021

MUIÑO DE ABAIXO - RÍO CALVELLE - AGUASANTAS - CERDEDO COTOBADE

 MUIÑO DE ABAIXO

RÍO CALVELLE

AGUASANTAS

CERDEDO COTOBADE


Aguasantas
     Santa María de Aguasantas é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Cerdedo-Cotobade.

     Segundo o IGE no 2010 tiña 326 habitantes (130 homes e 196 mulleres), 26 menos ca en 2007.

     Dos 28 lugares da parroquia, 15 están habitados.

Patrimonio
     A parroquia católica pertence ó arciprestado de Cotobade, da arquidiocese de Santiago de Compostela. A igrexa parroquial é punto de romaría, con culto á Nosa Señora. Posiblemente o primeiro templo fose románico. No século XVI comezouse un novo edificio, rematado no XVII. Antigamente celebrábase unha romaría o 8 de setembro.

     Conta a tradición, recollida polo padre Solla, que na Idade Media a única igrexa da zona era a da parroquia de Caroi. Un domingo unha cega do lugar das Boliñas ía a misa acompañada dun familiar, e ó pasar a carón dunha fonte, ó pé da casa, lavouse. Ó pasar a auga polos ollos recuperou a vista, e tralo milagre, impulsada por un presentimento, atopou unha imaxe da Virxe entre a maleza.

     Logo de correrse a voz, os frades do mosteiro de Tenorio promoveron a construción dun novo templo, comprometéndose a ir dar a misa.

     Nesta parroquia, no lugar da Pena, naceu o escultor Xosé Cerviño García (1843-1922, autor do cruceiro do Hío) e mais o pai franciscano Andrés Solla García.

Lugares de Aguasantas
      Agualta, O Barazal, As Boliñas, Calvelle, O Campo, O Campodanta, A Casa Grande, O Casal, O Castro, Ceraxe, O Coto, A Coutada, A Coviña, O Cristil, Famelga, O Fental, A Godela, O Igrexario, Martín, A Pena, Penelas, Peroselo, A Portela, Portomarín, O Regueiro, Sucastro, Trasdonabal, O Trebello


Parroquias de Cerdedo-Cotobade

     Aguasantas (Santa María), Almofrei (San Lourenzo), Borela (San Martiño), Carballedo (San Miguel), Caroi (Santiago), Castro (Santa Baia), Cerdedo (San Xoán), Corredoira (San Gregorio), Figueiroa (San Martiño), Folgoso (Santa María) | Loureiro (Santiago), Parada (San Pedro), Pedre (Santo Estevo), Quireza (San Tomé), Rebordelo (San Martiño), Sacos (Santa María), San Xurxo de Sacos (San Xurxo), Tenorio (San Pedro), Tomonde (Santa María), Valongo (Santo André), Viascón (Santiago)


Río Calvelle     
     O Río calvelle é un efluente do Río Verdugo e únese a este preto de lugar de Laxoso en Ponte Caldelas

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

 

XOAN ARCO DA VELLA

PASOS DE SAN BREIXO - REGO DE SAN BREIXO - VALES - MACEIRA - COVELO.

 PASOS DE SAN BREIXO

REGO DE SAN BREIXO

VALES

MACEIRA

COVELO

Maceira
     San Salvador de Maceira é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Covelo na comarca da Paradanta.

     Segundo o IGE en 2011 tiña 414 habitantes (204 mulleres e 210 homes), distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 570 habitantes.

Historia
     Os primeiros poboadores de Maceira pertencen á Prehistoria, así o documentan os castros celtas (hoxe catalogados, mais moi deteriorados), petróglifos, dolmens, etc.

     A parroquia atópase a 5 quilómetros da capital do concello. A 558 metros de altitude áchase un xacemento castrexo sen levantar e diversas manifestacións de arte rupestre en forma de petróglifos.

     A 680 metros atópase a capela da Virxe da Guía, situada no monte da Guía de Maceira e onde se pode apreciar unha panorámica do val do Tea.

     É salientábel a praia fluvial de Maceira cunha ocupación moi alta durante todo o verán. Preto áchase un cámping de montaña. Sobresae tamén o serradoiro hidráulico dos Carranos que funciona exclusivamente por forza da auga e é unha manifestación única do patrimonio etnográfico da zona. Este serradoiro está catalogado como un Ben de Interese Cultural de Galicia e atópase completamente restaurado para poder ser visitado.

Lugares de Maceira
     As Barcielas, Carmoniño, Castro, Castrorregueiro, Chicoreiros, Costeiriña, Cotiños, O Couso, Eidos Vellos, Figueiroa, A Igrexa, A Maquián, A Mouta, Outedo, Pancellos, Pedredo, Portagudiño, Portoparada, Riocortiñas, San Breixo, Souto, Trasfontán, Vales, Vilanova, Vixiáns

Comarca da Paradanta
     A comarca da Paradanta é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra. 


     A ela pertencen os concellos de Arbo, A Cañiza (a súa capital), Covelo e Crecente.

     Limita ao norte coas comarcas de Vigo e do Ribeiro, ao leste con esta última e coa de Terra de Celanova, ao sur con Portugal e ao oeste coa do Condado. 

     Ocupa unha extensión de 339,85 quilómetros cadrados e contaba cunha poboación de 12.060 habitantes no ano 2020.

MAPA 

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

viernes, 20 de agosto de 2021

IGREXA DE SANTA MARÍA DE GUILLAR - GUILLAR - RODEIRO

 IGREXA DE SANTA MARÍA DE GUILLAR

GUILLAR

RODEIRO

Guillar
      Guillar é un lugar da parroquia de Guillar, no concello pontevedrés de Rodeiro, na comarca do Deza. 

     Segundo o INE, no 2008 tiña 33 habitantes (14 homes e 19 mulleres), o que supón unha diminución de 15 habitantes con respecto ao ano 2000.

Lugares de Guillar
      Adelán, Arcas, Guillar, O Outeiro, A Torre, Os Vilares


Rodeiro
      Rodeiro é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Deza.

     Segundo o IGE en 2015 tiña 2.700 habitantes.

Xeografía
     Está situado no centro de Galicia, ao nordeste da provincia de Pontevedra, nas terras altas da dorsal galega. Ten 154,2 km², e conta con 146 entidades de poboación repartidas entre 20 parroquias.

     Cara ao leste o concello está orientado á serra do Faro, con cumios de máis de 1.000 m de altitude.

     Cara ao oeste, está o curso alto do río Arnego e o val de Camba, cunha altitude media entre os 600 e os 700 metros.

Historia
     No ano 832 Afonso II cedeu a Salvador de Oviedo o goberno de varias igrexas da zona, aínda que baixo a autoridade do bispo de Lugo, para pagar o censo eclesiástico. Nesa época xa se coñece a zona como Terra de Camba.

     A vila de Rodeiro naceu ao amparo dunha antiga fortaleza medieval, da que apenas quedan restos.

     A Casa - Fortaleza de Camba aparece mencionada no século XIV no testamento de Andrés Sánchez de Gres, a quen lla legara seu tío Afonso Sánchez a condición de formar vínculo con ela.

     En 1345 a fortaleza foi vendida por Alonso Suárez de Deza, "Churruchao", xunto con outras propiedades que a súa esposa, Maior Vázquez de Rodeiro, recibira do seu pai, Vasco de Rodeiro, e que foran concedidas polos reis Sancho IV de Castela e Fernando III. Logo de ser confiscada aos Churruchaos, pasou a ser o baluarte máis importante da mitra compostelá na bisbarra.

Parroquias de Rodeiro   
     Álceme (Santa María), Arnego (Santiago), Camba (San Xoán), Carboentes (Santo Estevo), Fafián (Santiago), Guillar (Santa María), Negrelos (San Cibrao), Pedroso (San Xiao), A Portela (San Cristovo), Río (Santa María), Riobó (San Miguel), Rodeiro (San Vicente), O Salto (Santo Estevo), San Cristovo do Az (San Cristovo), San Martiño de Asperelo (San Martiño), San Paio de Senra (San Paio), San Salvador de Camba (San Salvador), Santa Baia de Camba (Santa Baia), Santa Mariña de Pescoso (Santa Mariña), Vilela (Santa María)


Comarca de Deza
      A comarca de Deza é unha comarca da provincia de Pontevedra e a súa capital é Lalín. 


      Pertencen a ela os concellos de Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces. A súa poboación é de máis de 40.000 habitantes. 


     O Deza coincide coa antiga comarca de País do Deza, isto é, as xurisdicións de Deza, Camba, Dozón, Trasdeza, Carbia e Valquireza. 

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA


IGREXA DE SANTA EUFEMIA - SANTA EUFEMIA DE AMBÍA - BAÑOS DE MOLGAS

 IGREXA DE SANTA EUFEMIA

SANTA EUFEMIA DE AMBÍA

BAÑOS DE MOLGAS

Igrexa de santa Eufemia

Datación:
       Século IX, inicio da alta Idade Media.

       Capela de estilo prerrománico do século IX e con influencia mozárabe.

      Cronoloxicamente está relacionada con outras dúas capelas do mesmo estilo nas terras de Ourense: Santa Comba (concello de Bande) e San Miguel (nos terreos do actual mosteiro de San Rosendo en Celanova), promovidas pola actividade do mosteiro de Celanova nos seus inicios e polo seu principal impulsor, Rosendo Méndez.

       En poucos lugares se pode atopar semellante concentración de patrimonio arquitectónico-relixioso, nos inicios da Idade Media europea, coas peculiaridades do estilo propio peninsular, marcado pola influencia da cultura mozárabe.

       A planta actual componse dunha soa nave con ábsida rectangular na que aínda se conservan dous arcos dobres de ferradura. 

     Conta con tres capelas interiores nas que se ven os arranques dos arcos que formaban parte das tres naves primitivas.

      No seu interior atopamos dúas aras de orixe romana (Baixo Imperio Romano) e un cristo crucificado en talla de madeira de orixe medieval-románica.

      Da época da romanización, figura no contorno de Santa Eufemia a chamada «Fonte das Ninfas», lugar de onde virían as aras que hoxe están no interior da capela de Santa Eufemia.

 
Catalogación:

      Ben de interese cultural (BIC). Declarado Monumento Histórico-Artístico (Decreto 3 de xuño de 1931).

Acceso
     Estrada OU – 0108. MACEDA – ALLARIZ. Dende Baños de Molgas imos cara a Xunqueira de Ambía e Allariz. Molgas – Santa Eufemia de Ambía: 3.7 km. 

     En coche, 6 minutos; andando, 45. Posibilidade de facer o mesmo percorrido por un carreiro á beira do río Arnoia, pendente da súa mellora e sinalización como ruta de sendeirismo. Monumento sinalizado.

Comarca de Allariz
      A comarca de Allariz - Maceda é unha comarca galega situada na provincia de Ourense linda ao leste coa comarca de Ourense, ao oeste coa comarca da Terra de Caldelas, ao sur coa comarca da Limia e ao sueste coa comarca da Terra de Celanova.

     A súa capital é Allariz.

    Pertencen á comarca de Allariz - Maceda os seguintes concellos: Allariz, Baños de Molgas, Maceda, Paderne de Allariz, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de Espadanedo.

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA