domingo, 11 de julio de 2021

IGREXA DE SAN PEDRO - GARABÁS - MASIDE

 IGREXA DE SAN PEDRO DE GARABÁS

GARABÁS

MASIDE

 Garabás
     San Pedro de Garabás é unha parroquia do concello de Maside na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. 


     No ano 2014 tiña 426 habitantes, deles 204 eran homes e 222 mulleres.

Lugares de Garabás
     O Bolo, Bouzas, Canedo, A Carreira, Costanza, A Eirexa, Faquín, Garabás, A Lamasaída, Mundín, A Pena de Abaixo, A Pena de Arriba, Requeixo, Sueirexa

Maside
     Maside é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca do Carballiño. 

      Segundo o IGE en 2014 tiña 2.906 habitantes (3.157 en 2003).


Situación
     O concello de Maside é bastante chao. Atópase entre a Serra do Faro e os Montes do Testeiro no oeste e a bacía do río Miño no suroeste, con alturas entre os 200 m e os 500 m coas alturas do Alto do Bolo (544 m), o Pico Piñeiro (443 m) e Amarante (430 m). 

     É de notar a presenza de mananciais de augas termais do parque da Rañoa. O territorio está cuberto por unha superficie forestal moi ampla e a superficie agrícola é moi fértil.

Historia
     Hai restos castrexos en Piñeiro, Maside e Listanco. Os romanos explotaron a arsenopirita no Puzo do Lago e talvez o ouro (de onde se pensa que se orixinou a lagoa actual).

     Na Idade Media Maside pertenceu ao Conde de Ribadavia e a parroquia de Garabás ostentou o título de "vila".

Patrimonio
     Pódense ver boas mostras do románico rural de carácter austero (século XIII) nas igrexas de Garabás, Santa Comba de Trevoedo, Santa María de Louredo e, especialmente na de San Tomé de Maside Vello, de fins do século XII. 

     Da mesma época é a ponte de San Fiz sobre o río Barbantiño, construído probabelmente sobre un romano anterior.

     Entre as construcións civís destaca o hórreo de Listanco, o pazo de As condomas, do século XIII, e o pazo de Armeses, en Listanco, do século XIX. O reloxo do concello procede do mosteiro de Oseira.

Parroquias de Maside    
     Amarante (Santa María), Armeses (San Miguel), Garabás (San Pedro), O Lago (San Martiño), Louredo (Santa María), Maside (San Tomé), Piñeiro (San Xoán), Rañestres (San Mamede), Santa Comba do Trevoedo (Santa Comba)

Comarca do Carballiño
     A comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense. Toma o nome da súa vila principal. 

     Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín.  

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA


MUIÑO NO POZO PENEDO - PONTE TABOADA - RÍO UMIA - CUNTIS

 MUIÑO NO POZO PENEDO

PONTE TABOADA

RÍO UMIA

CUNTIS


 Pozo do Penedo
      Na Ponte Taboada, no Umia, que fai de linde entre os concellos de Cuntis e Moraña.

COMO CHEGAR:
     Na estrada de Codeseda a Moraña, en Souto cóllese o desvío a Cuntis. Pasada a ponte, á esquerda, atópase un camiño no que deixamos o coche e, río abaixo, buscamos un sitio para baixar ao pozo, un fermoso espazo pechado por unha illa que remata nun cachón de pouca altura

Río Umia
     O río Umia nace na parroquia de Aciveiro (Forcarei), e percorre os concellos da Estrada, Cuntis, Moraña, Caldas de Reis, Portas, Meis, Vilanova de Arousa, Ribadumia e Cambados creando unha bacía de 404 km².

      Finalmente, desemboca na ría de Arousa na Ponte da Barca (Cambados). Estímase unha lonxitude total de 70 km e un caudal medio de 16,3 m3.


Características
     O río nace ao xuntárense os regatos de Raigosa (700 m), Filloi (720 m), Alende (620 m) e Grela.

     Circula por unha chaira a 500 m de altitude até A Goleta, a partir de onde baixa encaixado até Ponte Taboada.


     Alí xúntaselle o río Gallo e segue por outra chaira situada a 200 m. En Cesar, Caldas de Reis, cae en fervenza.

     En Caldas de Reis entra na Depresión Meridiana, até desembocar na ría, entre os concellos de Cambados e Ribadumia creando unhas marismas en que se poden ver, ao longo das estacións, unha gran diversidade de aves migratorias.

      O río Umia ten unha grande importancia cultural, xurdindo na súa contorna diversos contos ou lendas coma a da "ponte dos padriños", en Ponte Arnelas (en Leiro, Ribadumia), no que se practicaba o rito do bautismo anticipado. 

MAPA 

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

MUIÑO DE PORTOCIÑOS - RÍO PONTEPEDRA - GORGULLOS - TORDOIA

MUIÑO DE PORTOCIÑOS

RÍO PONTEPEDRA

GORGULLOS

TORDOIA

Gorgullos
     Santaia de Gorgullos é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Tordoia.

     Segundo o INE en 2018 tiña 439 habitantes (223 mulleres e 216 homes) distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 651 habitantes.

Lugares de Gorgullos
     Arcai de Abaixo, A Buba, Buño, Burgán, Castro, O Croto, A Cruxeira, Guillufe, Pazos, Pintán, As Pontes, Portociños, Raña, Reboredo, Santaia, A Torre, Vilarbó, Vilarterreo

Comarca de Ordes
     A comarca de Ordes é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Ordes.

     A esta comarca pertencen os concellos de Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo.

Xeografía
     A comarca limita ao leste coas comarcas de Betanzos (concellos de Curtis e Vilasantar) e Arzúa (concello de Boimorto), ao sur coa comarca de Arzúa (concello de Arzúa e de O Pino) e Santiago (concello de Santiago de Compostela), ao oeste coa comarca de Santiago (Val do Dubra), Xallas (concello de Santa Comba) e Bergantiños (concello de Coristanco), e ao norte con Bergantiños (concellos de Carballo e A Laracha), coa comarca de A Coruña (concellos de Culleredo, Carral e Abegondo) e coa de Betanzos (concello de Oza-Cesuras). A comarca ten unha superficie de 755,71 km2.

     Practicamente a totalidade da comarca pertence á conca do río Tambre, que conforma o límite meridional da comarca, sendo os ríos Lengüelle, Samo e Maruzo os principais afluentes do Tambre que percorren a comarca de Ordes de norte a sur.

     Ademais, os territorios situados ao oeste da comarca (parroquias occidentais de Tordoia) pertencen ás concas do Xallas e Anllóns, mentres que o norte dos concellos de Cerceda, Ordes e Mesía verten as súas augas aos ríos Barcés e Mero, que forman a ría da Coruña.

     As principais masas de auga da comarca son os encoros de Vilasenín e Vilagudín, que aportaban agua ao sistema de refrixeración da central térmica de Meirama, e o lago artificial de As Encrobas, que se formou ao encher con auga a antiga mina de lignito de Meirama.

     A máxima altura da comarca localízase no monte Cerdeira (595 m), en terras do concello de Cerceda. 

MAPA 

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

CAPELA DE SAN LOURENZO - O CONFURCO - TÁLLARA - LOUSAME

CAPELA DE SAN LOURENZO

O CONFURCO

TÁLLARA

 LOUSAME


Tállara
     San Pedro de Tállara é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Lousame, na comarca de Noia. 

     Segundo o padrón municipal (INE 2020) ten 917 habitantes (449 homes e 468 mulleres).

Xeografía
     Está situada no suroeste do concello. Limita ao norte con Camboño e Noia, ao sur con Boiro, ao oeste con Porto do Son e ao leste con Lousame, situándose neste límite o monte Iroite (685 m) e o afloramento granítico do Confurco. A zona está vertebrada polo val do río Lobo, que desemboca en Noia.

     É a segunda parroquia máis poboada de Lousame. Entre o seu patrimonio destaca a igrexa parroquial e as capelas de san Lourenzo e san Roquiño.

Lugares de Tállara
     Abeixón, Abelendo, A Barreira, Carantoña, Cernande, O Cruceiro, A Eirexa, Figueiroa, Guiende, Marracín de Abaixo, Marracín de Arriba, Meixonfrío, Merelle, Pascual, Ponte de San Francisco, A Portela, Pousada, San Roquiño, Sanguiñal, Vilar

Lousame
     Lousame é un concello galego situado no suroeste da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Noia. 

      Segundo o padrón municipal (INE 2020) ten 3.268 habitantes (1.624 homes e 1.644 mulleres). O seu xentilicio é lousamán.

      É un concello principalmente agrario. Está dividido en 7 parroquias e a el pertencen 75 núcleos de poboación.

Xeografía
     O concello ten unha superficie de 93 km², e abrangue 7 parroquias. Limita ao norte co concello de Brión, ao sur con Boiro e Rianxo, ao leste con Rois e Dodro e ao oeste con Porto do Son. 

     É un territorio cun relevo abrupto, con fortes contrastes entre o fondo dos vales (20 msnm) e cumios de altitude media (monte Iroite, de 685 m, e a Muralla, de 674 m).


Parroquias de Lousame
      Camboño (San Xoán), Fruíme (San Martiño), Lesende (San Martiño), Lousame (San Xoán), Tállara (San Pedro), Toxos Outos (San Xusto), Vilacova (Santa Eulalia)

Comarca de Noia
      A comarca de Noia é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Noia.

     Pertencen a esta comarca os concellos de Lousame, Noia, Outes e Porto do Son.

MAPA 

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA