miércoles, 3 de febrero de 2021

MUIÑO DE GARRIDO - RÍO LOIRA - O CAMPO - MARÍN

MUIÑO DE GARRIDO

RÍO LOIRA

O CAMPO

MARÍN

O Campo
     Santa María do Campo é unha parroquia que se localiza no concello de Marín.

     Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 374 habitantes (199 mulleres e 174 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 373 habitantes.

     Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 344 habitantes, sendo 173 homes e 171 mulleres.

Patrimonio
     A igrexa parroquial é un templo de orixe románica, de finais do século XII e comezos do XIII. Desa época consérvase un arco triunfal no interior, rudo, estreito e apuntado, a través do que se accede ao presbiterio rectangular.

     A nave é do século XVI, mantendo unhas pinturas murais góticas en mal estado de conservación. Pertenceu á Encomenda de San Xoán.

Lugares do Campo

     Ameal, Oubiña, A Rúa Nova, Sobreiras

Comarca do Morrazo
     A comarca do Morrazo é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra.

     A cal pertencen os concellos de Bueu, Cangas, Marín e Moaña.

     Limita ó norte coa ría de Pontevedra, ó leste coa comarca de Pontevedra, ó sur coa ría de Vigo e ó oeste co océano Atlántico.

     É a comarca máis pequena de Galicia (140,7 km², o 0,47% de Galicia).

     Tiña 82 445 habitantes no 2018, e é unha das cinco máis densamente poboadas (585,96 hab/km²).

     É unha das comarcas naturais e sociolóxicas con máis carácter de Galiza polo seu condicionamento xeográfico.

     A actual comarca administrativa correspóndese só cunha parte da comarca xeográfica e histórica, a Península do Morrazo, que abrangue tamén o concello de Vilaboa (agás a parroquia de Bértola e unha parte da de Figueirido, e o barrio de Paredes na parroquia de Vilaboa).

     Tamén forma parte da península as parroquias pontevedresas de Lourizán e a maior parte da de Salcedo. Antigamente mesmo a propia cidade de Pontevedra estaba incluída no arciprestado do Morrazo.

     O concello de Vilaboa, malia pertencer ó partido xudicial de Cangas, foi integrado na comarca de Pontevedra debido a factores de funcionalidade, e as parroquias pontevedresas de Salcedo e Lourizán por pertencer ó propio concello capitalino.

     Nun principio tampouco se incluíu o concello de Marín, pero a petición dos seus habitantes, foi integrada na do Morrazo, á que pertence desde hai uns anos.  

MAPA

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

MUIÑO DA CURUXEIRA - RÍO LOIRA - O CAMPO - MARÍN

 MUIÑO DA CURUXEIRA

martes, 2 de febrero de 2021

CARRIZÁNS - ESCUADRA - A LAMA

 CARRIZÁNS

ESCUADRA

A LAMA

 Escuadra
      San Lourenzo de Escuadra é unha parroquia que se localiza no concello da Lama.

      Segundo o IGE en 2009 tiña 178 habitantes (100 mulleres e 78 homes), un menos ca en 1999.

     Ten once entidades de poboación.

Lugares de Escuadra
     Albáns, Barbeira, Os Cabanelas, Carrizáns, As Chozas, O Peso, Portela das Eiras, Rozadas, San Lourenzo, Sualomba, O Verdugo

A Lama
     A Lama é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra. Segundo o IGE en 2016 tiña 2587 habitantes.  

     Padrón municipal de 2003: 2957 habitantes. O seu xentilicio é lamense.

Xeografía
     O concello, de 117,76 km², está situado na serra do Suído, no leste da provincia de Pontevedra, a uns 25 km da capital provincial.  

     Limita ao norte con Beariz (provincia de Ourense), Forcarei e Cerdedo-Cotobade, ao sur con Fornelos de Montes, ao leste con Avión e con Beariz (ambos os dous na provincia de Ourense) e ao oeste con Ponte Caldelas e con Cerdedo-Cotobade.

     Na súa extensión tópanse os seguintes montes de máis de 1000 metros:
     O Coto da Puza - Xesta     1035 m
     A Portela dos Xarotos - Xesta     1025 m
     A Pedra da Letra - Xesta     1019 m
     O Coto dos Pusallos - Xesta     1007 m
     O Foxo do Lobo - Xesta     1001 m
     O Seixo - A Barcia do Seixo     1000 m
Outras elevacións importantes son Santa Mariña (993 metros) ou o Cando (968 metros).

Turismo
     A Lama conta coa ruta homologada de sendeirismo PR-G 135 "Roteiro da Escuadra".

     É unha ruta sendeirista lineal de 7 km, entre o Peso (A Escuadra) e a área recreativa de Santa Mariña, na Serra do Cando.

     Na Serra do Suído atópanse os singulares chozos.

Historia
     Consérvanse restos arqueolóxicos das culturas megalíticas, como as mámoas de Portela da Cruz, O Seixo, O Suído, e Antas. Da idade de bronce atopouse na Lama unha espada de tipo argárico de hai 3500 anos, e en Verducido e no castro de Gaxate varias hachas de bronce.

     Desta idade son os gravados rupestres en Chan do Campo, Outeiro Seixiño, Val do Gato, e Laxa das Puzas (Verducido). Hai tres castros identificados: o monte do Castro en Gaxate, o monte do Castro na Lama, e o castro de Xende.

      Na época medieval a zona norte foi colonizada polos monxes do mosteiro da Armenteira a partir do século XV, e o resto pertencía aos señores de Soutomaior, que contaban cunha fortaleza en Fornelos.

     Nos séculos XVII e XVIII aumentou a poboación e a gandería pola introdución do millo, e a pataca procedentes de América. Coas mudanzas que implicaron na agricultura, comezou a desaparecer a emigración a Castela dos temporeiros para a sega do trigo en verán, e aumenta a construción de camiños, igrexas, pazos e pontes. 

     Desta época son as pontes de Verducido sobre o río Parada, a do antigo camiño de Ribadavia a Pontevedra e o de Liñares.

     A emigración a América dos séculos XIX e XX fixo posible a compra das terras aos nobres e a construción de edificacións educativas e centros de beneficencia.

Parroquias da Lama  
 
     Antas (Santiago), A Barcia do Seixo (Santa Ana), Covelo (San Sebastián), Escuadra (San Lourenzo), Gaxate (San Pedro), A Lama (San Salvador), Seixido (San Bartolomeu), Verducido (San Martiño), Xende (San Paulo) | Xesta (San Bartolomeu) 

MAPA

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA