viernes, 18 de septiembre de 2020

PONTE DE AS VEIGAS - LIÑARES - XESTA - A LAMA

 PONTE DE AS VEIGAS

LIÑARES

XESTA 

A LAMA

 Xesta
     San Bartolomeu de Xesta é unha parroquia que se localiza no concello da Lama.

   Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 349 habitantes (188 mulleres e 161 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 2004 cando tiña 300 habitantes.

Lugares de Xesta
     O Aredo, As Barreiras, Campelo, A Grifa, Liñares, O Outeiro, Pigarzos, Portomartiño, Xesta

A Lama
     A Lama é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra.

     Segundo o IGE en 2016 tiña 2587 habitantes. Padrón municipal de 2003: 2957 habitantes. O seu xentilicio  é lamense.

Xeografía
     O concello, de 117,76 km², está situado na serra do Suído, no leste da provincia de Pontevedra, a uns 25 km da capital provincial. Limita ao norte con Beariz (provincia de Ourense), Forcarei e Cerdedo-Cotobade, ao sur con Fornelos de Montes, ao leste con Avión e con Beariz (ambos os dous na provincia de Ourense) e ao oeste con Ponte Caldelas e con Cerdedo-Cotobade.


Comunicacións
     A principal vía de comunicación é a PO-255 (que comunica con Ponte Caldelas e que permite chegar a Pontevedra e a PO-235 que une o concello con Carballedo, capital do municipio de Cerdedo-Cotobade.

Demografía
     A pirámide poboacional é a dun concello rural galego. É dicir, a poboación é avellentada. Pero recentes campañas municipais para atraer residentes ao termo municipal, conseguiron manter o censo.

     De todas as maneiras, segue sendo inferior ao censo de 1995 (cando vivían 3.517 veciños).


     A poboación do municipio está bastante diseminada nas 10 parroquias do concello. Mais a parroquia capital é con notoriedade, a máis poboada.

Historia
     Consérvanse restos arqueolóxicos das culturas megalíticas, como as mámoas de Portela da Cruz, O Seixo, O Suído, e Antas. Da idade de bronce atopouse na Lama unha espada de tipo argárico de hai 3500 anos, e en Verducido e no castro de Gaxate varias hachas de bronce.


     Desta idade son os gravados rupestres en Chan do Campo, Outeiro Seixiño, Val do Gato, e Laxa das Puzas (Verducido). Hai tres castros identificados: o monte do Castro en Gaxate, o monte do Castro na Lama, e o castro de Xende.


     Na época medieval a zona norte foi colonizada polos monxes do mosteiro da Armenteira a partir do século XV, e o resto pertencía aos señores de Soutomaior, que contaban cunha fortaleza en Fornelos.

     Nos séculos XVII e XVIII aumentou a poboación e a gandería pola introdución do millo, e a pataca procedentes de América. Coas mudanzas que implicaron na agricultura, comezou a desaparecer a emigración a Castela dos temporeiros para a sega do trigo en verán, e aumenta a construción de camiños, igrexas, pazos e pontes. Desta época son as pontes de Verducido sobre o río Parada, a do antigo camiño de Ribadavia a Pontevedra e o de Liñares.

     A emigración a América dos séculos XIX e XX fixo posible a compra das terras aos nobres e a construción de edificacións educativas e centros de beneficencia.


Turismo
     A Lama conta coa ruta homologada de sendeirismo PR-G 135 "Roteiro da Escuadra".
     É unha ruta sendeirista lineal de 7 km, entre o Peso (A Escuadra) e a área recreativa de Santa Mariña, na Serra do Cando.
     Na Serra do Suído atópanse os singulares chozos.


 Parroquias da Lama
      Antas (Santiago), A Barcia do Seixo (Santa Ana), Covelo (San Sebastián), Escuadra (San Lourenzo), Gaxate (San Pedro), A Lama (San Salvador), Seixido (San Bartolomeu), Verducido (San Martiño), Xende (San Paulo), Xesta (San Bartolomeu)

 

MAPA

 
 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

 

miércoles, 16 de septiembre de 2020

PETRÓGLIFO PEDRA DAS PROCESIÓNS - MONTE GALIÑEIRO - VINCIOS - GONDOMAR

PETRÓGLIFO PEDRA DAS PROCESIÓNS
MONTE GALIÑEIRO
VINCIOS
GONDOMAR

 

Petróglifo Pedra das Procesións
     O panel de Pedra das Procesións está instalado nunha gran laxe duns 3 metros de altura e máis de 15 metros de lonxitude na base, o seu perfil é alombado, en forma de triángulo escaleno. 



     Os motivos gravados son un conxunto de armas pertencentes ó Bronce Inicial. 


     É posible observar uns 12 puñais ou espadas curtas, unha gran espada de 2, 40 metros de longo , unhas 7 alabardas, 9 figuras coñecidas como “escutiformes” e na parte superior unha figura cuadrangular alongada semellante ás estatuas menhir.


Monte Galiñeiro
     O monte Galiñeiro sitúase entre os concellos pontevedreses de Vigo e Gondomar, con cumio na parroquia gondomareña de Vincios a unha altura de 711 metros. Intégrase na serra do Galiñeiro, da cal tamén forma parte o parque natural do Monte Aloia.




     O segundo domingo de xullo acolle o curro do Galiñeiro ou de Vincios, no lugar de Auga da Laxe.


Etimoloxía
     O topónimo "Galiñeiro", habitual na Galiza, podería provir do termo celta *kal(l)- (de onde tamén provén Gallaecia, termo que evolucionou ás actuais Galiza/Galicia), co sentido de "rocha", "con", "penedo".



Xeoloxía
     A orixe do monte remóntase á oroxénese alpina acontecida durante o Cenozoico, no período Terciario. A ladeira norte do monte, correspondente á parroquia viguesa de Zamáns é rica en gneis, formando parte do complexo ofiolítico denominado Complexo de Malpica-Tui. 



     Tamén son numerosas as intercalacións de anfibolitas, verdes e escuras, adoitando aparecer os gneis sulcados de filóns de seixo con abundante magnetita.


     Os lados sur e oeste compoñen o chamado contacto sur do gneis Galiñeiro, formado por rochas compostas por seixo, moscovita e turmalina negra e, na zona máis alta deste contacto, por xistos con mica e turmalina, ademais dunha potente pegmatita explotada antigamente para a extracción do feldespato.


Arqueoloxía
     Gran parte da sona do monte débese ao complexo arqueolóxico dos petróglifos de Auga da Laxe. 



     Trátase dunhas representacións de máis de 25 armas, entre as que atopamos espadas curtas, puñais e alabardas, datadas no Calcolítico (entre o III e o II milenio a. C.). 

MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

Fuente: Web Patrimonio Galego
XOAN ARCO DA VELLA

martes, 15 de septiembre de 2020

PASOS DE O CASTRO - RÍO VILACOBA - O CASTRO - LOUSAME

PASOS DE O CASTRO
O CASTRO
RÍO VILACOBA
LOUSAME


O Castro
     O Castro é un lugar da parroquia de Lousame no concello coruñés de Lousame, na comarca de Noia. 



     Segundo o padrón municipal (INE 2014) ten 20 habitantes (11 homes e 9 mulleres).


Lousame
     San Xoán de Lousame é unha parroquia que se localiza no centro do concello coruñés de Lousame, na comarca de Noia. 



     Segundo o padrón municipal (INE 2017) ten 1.072 habitantes (521 homes e 551 mulleres) distribuídos en 21 entidades de poboación.


Lugares de Lousame
     Aldea Grande de Lousame, Berrimes, As Bouciñas, Brandia, O Castro, Cerquides, Ces, Chave, A Costa, Croído, Filgueira, Gandarela, Maxide, O Outeiro, Pastoriza Portobravo, As Quintáns, Riatelo, Seixido, Seoane, A Silva



Xeografía
     Limita ao norte con Lesende (separados polo río Vilacova), ao noroeste con Noia, ao sur con Boiro, ao sueste con Fruíme, ao oeste con Tállara, e ao leste con Vilacova.



     Ten un relevo variado, con altitudes máximas de entre 300 e 350 m nas beiras do monte comunal de Aldeagrande e no de Seoane. Ocupa boa parte do val do río Pesqueira, formado polo rego do Espiño ou da Mina (que nace en Froxán) e o de Chave.


     Na aldea de Portobravo está a casa consistorial, o centro médico e a casa da cultura. Na Silva está o CPI Diego Antonio Cernadas de Castro, o polideportivo Pilar Barreiro Senra e a piscina municipal. A igrexa municipal está en Seoane.


Parroquias do Concello Lousame
     Camboño (San Xoán), Fruíme (San Martiño), Lesende (San Martiño), Lousame (San Xoán), Tállara (San Pedro), Toxos Outos (San Xusto), Vilacova (Santa Eulalia) 


MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA




lunes, 14 de septiembre de 2020

VÉRTICE XEODÉSICO DO MONTE SEIXO - MONTE SEIXO

VÉRTICE XEODÉSICO DO MONTE SEIXO
MONTE SEIXO


Monte do Seixo
     O Monte Seixo, dacabalo entre A Lama e Cerdedo Cotobade, é particularmente rico en formacións xeolóxicas creadas polo xeo, a auga e vento.



     Nestas rochas a erosión vai creando alvéolos nas zonas periféricas, dando formas redondeadas ou caprichosas as rochas.



     Hai casos como o de O Portalén, preto da Capela de Santa Mariña do Seixo, onde este fenómeno presenta insólitos puntos de apoio entre penedos, e mesmo que as pedras de avalar serve coma lugar de rito.


     A parte este de Cotobade esta ocupada pola Serra do Cando, que se extende entre os rios Vergugo e Lérez ata chegar a Beariz, en Ourense.



     Estes espazos de brañas, carqueixas e breixos, onde se chegan a superar os 900 metros, forman parte da Red Natura como lugar de interés comunitario e dan acubillo a diversas formacións rochosas de formas sorprendentes, que son orixe de lendas e contos.



     En O Portalén, segundo a lenda, os que quixeran falar cós defuntos terían antes que atravesar a “portalén“de norte a sur, e despois gardar silencio, baixo pena de perder voz ou sáude. Só entón podería ter contacto co máis alá.



Vértice xeodésico
     Un vértice xeodésico é un sinal que indica unha posición cartográfica exacta, e que forma parte dunha rede de triángulos xunto a outros vértices xeodésicos. A súa localización adoita situarse en lugares altos e illados, con liña de visión directa cara a outros vértices.



     En España a rede xeodésica está dividida en tres categorías. Todos os vértices dunha rede son á súa vez vértices das máis pequenas. A rede de primeira orde está formada por triángulos de entre 30 e 70 km. Na de segunda orde os lados dos triángulos teñen entre 10 e 25 km. A rede de terceira orde ten lados de 5 a 10 km.



     Son de formigón e están pintados de branco. Están formados por un cilindro branco de 120 cm de altura e 30 de diámetro, sustentado nunha base cúbica. Desde 1975 están protexidos pola Lei sobre sinais xeodésicos e xeofísicos. 


MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA