lunes, 14 de septiembre de 2020

VÉRTICE XEODÉSICO DO MONTE SEIXO - MONTE SEIXO

VÉRTICE XEODÉSICO DO MONTE SEIXO
MONTE SEIXO


Monte do Seixo
     O Monte Seixo, dacabalo entre A Lama e Cerdedo Cotobade, é particularmente rico en formacións xeolóxicas creadas polo xeo, a auga e vento.



     Nestas rochas a erosión vai creando alvéolos nas zonas periféricas, dando formas redondeadas ou caprichosas as rochas.



     Hai casos como o de O Portalén, preto da Capela de Santa Mariña do Seixo, onde este fenómeno presenta insólitos puntos de apoio entre penedos, e mesmo que as pedras de avalar serve coma lugar de rito.


     A parte este de Cotobade esta ocupada pola Serra do Cando, que se extende entre os rios Vergugo e Lérez ata chegar a Beariz, en Ourense.



     Estes espazos de brañas, carqueixas e breixos, onde se chegan a superar os 900 metros, forman parte da Red Natura como lugar de interés comunitario e dan acubillo a diversas formacións rochosas de formas sorprendentes, que son orixe de lendas e contos.



     En O Portalén, segundo a lenda, os que quixeran falar cós defuntos terían antes que atravesar a “portalén“de norte a sur, e despois gardar silencio, baixo pena de perder voz ou sáude. Só entón podería ter contacto co máis alá.



Vértice xeodésico
     Un vértice xeodésico é un sinal que indica unha posición cartográfica exacta, e que forma parte dunha rede de triángulos xunto a outros vértices xeodésicos. A súa localización adoita situarse en lugares altos e illados, con liña de visión directa cara a outros vértices.



     En España a rede xeodésica está dividida en tres categorías. Todos os vértices dunha rede son á súa vez vértices das máis pequenas. A rede de primeira orde está formada por triángulos de entre 30 e 70 km. Na de segunda orde os lados dos triángulos teñen entre 10 e 25 km. A rede de terceira orde ten lados de 5 a 10 km.



     Son de formigón e están pintados de branco. Están formados por un cilindro branco de 120 cm de altura e 30 de diámetro, sustentado nunha base cúbica. Desde 1975 están protexidos pola Lei sobre sinais xeodésicos e xeofísicos. 


MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

CASETA FORESTAL DE MONTE COIREGO - CARBALLEDO - CERDEDO COTOBADE

CASETA FORESTAL DE MONTE COIREGO
MONTE COIREGO
CARBALLEDO
CERDEDO COTOBADE


Carballedo
      San Miguel de Carballedo é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. 




     Segundo o IGE en 2011 tiña 329 habitantes (143 homes e 186 mulleres), o que supón unha diminución respecto do ano 1999 cando tiña 350 habitantes. Dos 14 lugares da parroquia, 11 están habitados.


     O topónimo fai referencia á abundancia de carballos na zona.


Patrimonio
     No Castro da Cruz atopouse un pendente de ouro, e preto do poboado atopáronse restos dunha vila romana. No lugar da Braña está situado o pazo da Braña, do século XVIII. No lugar do Campo da Poza, ao pé do monte Coirego, está o Observatorio astronómico de Cotobade.

 
Cerdedo-Cotobade
     Cerdedo-Cotobade é un concello da provincia de Pontevedra creado o 22 de setembro de 2016 a partir da fusión dos concellos de Cerdedo e Cotobade.



     Ten 5.815 habitantes (suma de datos do IGE 2018) e unha superficie de 214,5 km².



     Limita cos concellos de Pontevedra, Campo Lameiro, A Estrada, Forcarei, A Lama e Ponte Caldelas.



Toponimia
     O topónimo procede da combinación do concello de Cerdedo e do concello de Cotobade trala súa fusión.



Cerdedo
     Cerdedo, como Cerdido, é un fitotopónimo abundancial para un lugar con presenza de cerdeiras.



Cotobade
      En ocasións pensouse que o topónimo Cotobade derivaba de couto do abade, dado que toda a comarca pertencía á antiga xurisdición que exercía o superior do convento de bieitos de Tenorio, e como tamén mal referenciara o Padre Sarmiento.



     O nome aparece referenciado ao logo da historia coma: Castro Cutubade cum tota terra sua (ano 1180); Terra que dicitur Montes in qua est castellum Cutubadi (ano 1182), Terra que dicitur Montes in qua est castellum Cutubadi (ano 1188); castrum quod dicitur Cotobadi cum pertinentiis suis (ano 1199), castrum quod dicitur Cotobade (ano 1225).



     Cotobade débese descompoñer en coto, palabra galaica de orixe prerromana *Cotto (…) e un nome persoal en xenitivo Bade, o cal se repite illado na toponimia galega e parece que non é aférese de abbas -atis, "abade", senón o antropónimo Vatis (Ares 2001:74).



Patrimonio arqueolóxico
    Calzada do monte Pé da Múa.
    Petróglifos de Pedra das Ferraduras, na parroquia de San Xurxo de Sacos e de Portela da Laxe, na parroquia de Viascón.



Patrimonio arquitectónico
    Igrexa de San Martiño de Rebordelo.
    Igrexa de San Xurxo de Sacos.
    Igrexa de Santa María de Sacos.
    Mosteiro de San Pedro de Tenorio.
    Ponte sobre o río Lérez.
    Capela de Santo Antón en San Xoán de Cerdedo.
    Capela de San Bartolomeu en Chamadoira.



Festas e celebracións
    A festa da vincha, celebrada durante o entroido en Cerdedo;
    A festa do xabarín, celebrada en abril en Cerdedo;
    A rapa das bestas, celebrada no mes de agosto en Cuspedriños;
    A festa do requeixo, celebrada en xuño en Corredoira;
    A festa da filloa, celebrada en setembro en Valongo.



Parroquias de Cerdedo-Cotobade

     Aguasantas (Santa María), Almofrei (San Lourenzo), Borela (San Martiño), Carballedo (San Miguel), Caroi (Santiago), Castro (Santa Baia), Cerdedo (San Xoán), Corredoira (San Gregorio), Figueiroa (San Martiño), Folgoso (Santa María), Loureiro (Santiago), Parada (San Pedro) | Pedre (Santo Estevo), Quireza (San Tomé), Rebordelo (San Martiño), Sacos (Santa María) | San Xurxo de Sacos (San Xurxo), Tenorio (San Pedro), Tomonde (Santa María) Valongo (Santo André), Viascón (Santiago)


MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

domingo, 13 de septiembre de 2020

MUIÑO DA CHANS - CHANDEBRITO - NIGRÁN

MUIÑO DE CHANS
CHANDEBRITO
NIGRÁN


Chandebrito
     San Xosé de Chandebrito é unha das sete parroquias do concello pontevedrés de Nigrán. 



     Segundo o IGE, no 2015 tiña 495 habitantes (249 mulleres e 246 homes), distribuídos en catro entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 503 habitantes. 


      É a menos poboada do concello e a segunda menos poboada das vinte e dúas do Val Miñor por detrás de Couso (Gondomar).


     É rural e interior, e limita coas parroquias de Camos, Vincios (Gondomar), Coruxo e Valadares (Vigo).


Patrimonio
     Consérvanse petróglifos no lugar da Cañoteira e na Gabacha. A igrexa parroquial foi reconstruída no século XVIII.



Lugares de Chandebrito
     A Igrexa, As Laxes, As Pereiras, Pracíns, O Rabete, As Rozadas, As Tomadas


 
Nigrán
      Nigrán é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo. Segundo o IGE no ano 2014 tiña 17.715 habitantes (8.684 homes e 9.031 mulleres). O seu xentilicio é nigranés.



Xeografía
     Ten unha superficie de 34,8 km², e abrangue sete parroquias. 

 

     Está situado no Val Miñor, e limita ao norte con Vigo, ao sueste con Gondomar, ao suroeste con Baiona e ao oeste co océano Atlántico. 


     É un concello costeiro, contando con areais como praia América ou praia de Patos e penínsulas como Monteferro.


Patrimonio arquitectónico
    Ponte da Ramallosa (San Pedro da Ramallosa);
    Templo Votivo do Mar (Panxón);
    Arco visigótico de Panxón (Panxón);
    Monumento á mariña universal (Monteferro).



O concello de Nigrán conta con sete pazos:
    Pazo de Cadaval-Urzáiz;
    Pazo de Cea;
    Pazo da Touza;
    Pazo de Brito;
    Pazo de Lamelas;
    Pazo de Ceán;
    pazo de Pías.



Parroquias de Nigrán
     Camos (Santa Baia), Chandebrito (San Xosé), Nigrán (San Fiz), Panxón (San Xoán), Parada (Santiago), Priegue (San Mamede), A Ramallosa (San Pedro)


MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

CRUCEIRO PETO DO ACORDO - MAÑUFE - GONDOMAR

CRUCEIRO PETO DO ACORDO
MAÑUFE
GONDOMAR


    O seu significado vén da crenza na continuidade da alma despois da morte e da existencia dun paso intermedio para chegar ao ceo, onde se redimen os pecados e faltas cometidas en vida (o purgatorio), moi arraigada na mentalidade popular galega.


     Dentro das construcións populares, os petos de ánimas son os que evidencian a importancia do purgatorio.


     A finalidade destes elementos populares é que os vivos poidan ofrecer esmolas para a salvación das almas en pena que non encontran descanso no purgatorio, e así alcancen a felicidade no ceo.


     Unha vez liberadas, intercederán por quen fixo a ofrenda. 



     Por tanto, trátase de procurar a salvación dos mortos pero tamén de se asegurar a propia.


     Moitos deles foron construídos pola devoción dun fregués ou polos veciños dun lugar. Son moi curiosas as advertencias que se fan no seu nome.



     Por exemplo, no de Famelga de Aguasantas (Cotobade) lese textualmente: "Un alma tienes y no más, si la pierdes qué harás...".


     Tamén se invita a recordar os nosos antepasados: "Ave María Purísima. Acordaos de las ánimas de vuestros padres o abuelos o tíos o parientes o amigos".



     E, noutra parte do oratorio, apréciase esta inscrición:
"Rogad por nos, Señor, y socorrednos con vuestros sufragios que nos pidiremos por vos".


MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA