lunes, 17 de febrero de 2020

MUIÑO DA SENRA - A SENRA - RÍO BORELA - CERDEDO COTOBADE

MUIÑO DA SENRA
RÍO BORELA
A SENRA
BORELA
CERDEDO COTOBADE


Borela
     San Martiño de Borela é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Cerdedo-Cotobade.


     Segundo o IGE no 2007 tiña 381 habitantes (190 homes e 191 mulleres), un menos ca en 2006.


     Dos seus 11 lugares, 9 están habitados.


Lugares de Borela
     A Aldea de Abaixo, Borela, A Brea, A Cavada, A Costa, Os Currás, A Graña, Pazos, O Picoto de Abaixo, A Ponte Borela, A Senra


Cerdedo-Cotobade
     Cerdedo-Cotobade é un concello da provincia de Pontevedra creado o 22 de setembro de 2016 a partir da fusión dos concellos de Cerdedo e Cotobade.


     Ten 5.815 habitantes (suma de datos do IGE 2018) e unha superficie de 214,5 km².


     Limita cos concellos de Pontevedra, Campo Lameiro, A Estrada, Forcarei, A Lama e Ponte Caldelas.


Toponimia
     O topónimo procede da combinación do concello de Cerdedo e do concello de Cotobade trala súa fusión.


Cerdedo
     Cerdedo, como Cerdido, é un fitotopónimo abundancial: podería proceder tanto de quercetum, debido á presenza de carballos da zona, como de cer(e)setum, neste caso de cerdeiras.


Cotobade
     En ocasións pensouse que o topónimo Cotobade derivaba de couto do abade, dado que toda a comarca pertencía á antiga xurisdición que exercía o superior do convento de bieitos de Tenorio, e como tamén mal referenciara o Padre Sarmiento.


    O nome aparece referenciado ao logo da historia coma: Castro Cutubade cum tota terra sua (ano 1180); Terra que dicitur Montes in qua est castellum Cutubadi (ano 1182), Terra que dicitur Montes in qua est castellum Cutubadi (ano 1188); castrum quod dicitur Cotobadi cum pertinentiis suis (ano 1199), castrum quod dicitur Cotobade (ano 1225). Cotobade débese descompoñer en coto, palabra galaica de orixe prerromana *Cotto (…) e un nome persoal en xenitivo Bade, o cal se repite illado na toponimia galega e parece que non é aférese de abbas -atis, "abade", senón o antropónimo Vatis (Ares 2001:74)


Patrimonio
Patrimonio arqueolóxico
    Calzada do monte Pé da Múa.
    Petróglifos de Pedra das Ferraduras, na parroquia de San Xurxo de Sacos e de Portela da Laxe, na parroquia de Viascón.


Patrimonio arquitectónico
    Igrexa de San Martiño de Rebordelo.
    Igrexa de San Xurxo de Sacos.
    Igrexa de Santa María de Sacos.
    Mosteiro de San Pedro de Tenorio.
    Ponte sobre o río Lérez.
    Capela de Santo Antón en San Xoán de Cerdedo.
    Capela de San Bartolomeu en Chamadoira.


Festas e celebracións
    A festa da vincha, celebrada durante o entroido en Cerdedo;
    A festa do xabarín, celebrada en abril en Cerdedo;
    A rapa das bestas, celebrada no mes de agosto en Cuspedriños;
    A festa do requeixo, celebrada en xuño en Corredoira;
    A festa da filloa, celebrada en setembro en Valongo.


Parroquias de Cerdedo-Cotobade
     Aguasantas (Santa María), Almofrei (San Lourenzo), Borela (San Martiño), Carballedo (San Miguel), Caroi (Santiago), Castro (Santa Baia), Cerdedo (San Xoán), Corredoira (San Gregorio), Figueiroa (San Martiño), Folgoso (Santa María), Loureiro (Santiago), Parada (San Pedro), Pedre (Santo Estevo), Quireza (San Tomé), Rebordelo (San Martiño), Sacos (Santa María), San Xurxo de Sacos (San Xurxo), Tenorio (San Pedro), Tomonde (Santa María), Valongo (Santo André), Viascón (Santiago)

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

sábado, 15 de febrero de 2020

YAYO DAPORTA E ROBERTO FILGUEIRA DAN UNHA VOLTA A FOLLOA DE LESTEDO - BOQUEIXÓN

YAYO DAPORTA E ROBERTO FILGUEIRA
DAN UNHA VOLTA A FILLOA
LESTEDO
LESTEDO
BOQUEIXÓN
SANTIAGO DE COMPOSTELA


Yayo Daporta e Roberto Filgueira dan unha volta a filloa tradicional cos recheos máis orixinais


Unha filloeira elabora o produto en directo durante todo o día para a súa degustación no mercado de Boanerges


     A Asociación Cultural da Filloa e o mercado Boanerges organizan en colaboración co concello de Boqueixón a xornada A Filloa de Lestedo en Boanerges. Dende as 12:00 ata as 20:00 horas unha filloeira tradicional elaborou en directo este produto típico da gastronomía galega para a súa degustación por parte de todos os visitantes ao Mercado de Boanerges. Se ben, o prato forte estaba reservado para a hora da cea, cando os chefs Yayo Daporta e Roberto Filgueira entraron en acción para elaborar catro exclusivas tapas coa filloa como protagonista.

     Yayo Daporta elaborou un novo concepto de taco de cocido galego cunha filloa, ofrecendo así unha versión moi galega dun produto típico da gastronomía mexicana. Por outra banda, quixo tamén dar presenza aos produtos de mar cunha filloa rechea de xurelo a brasa con pan de millo.

     As propostas de Roberto Filgueira tamén tiveron en conta os produtos do mar e da terra, así unha das súas tapas era unha filloa rechea de grelo e porco celta, e a outra unha filloa rechea de alga codium e polvo.



     Pola súa parte, a filloeira que chegou ás 12:00 horas ao Mercado de Boanerges, dispuxo un total de 50 litros de preparado para elaborar preto de 2.000 filloas ao longo de toda a xornada.

     Ao evento gastronómico asistiron o alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, o presidente da Asociación Cultural da Filloa, José Manuel Canaval, o Delegado Territorial da Xunta para provincia de Coruña, Ovidio Rodeiro Tato e o director do Mercado de Boanerges, Manuel López. O rexedor destacou “a importancia deste tipo de eventos para dar a coñecer o potencial da filloa tradicional de Lestedo” e agradeceu a colaboración ao Mercado compostelán, pois “este tipo de sinerxias son moi beneficiosas para todas as partes”, e salientou “a boa disposición que en todo momento amosaron para desenvolver esta xornada de posta en valor da Filloa de Lestedo”. 



     “A filloa incítame tradición, é un prato tan simple como mesturar fariña e auga pero é un estandarte da tradición gastronómica de Galicia. E por iso dende o Mercado Boanerges sentímonos moi orgullosos de poder acoller a presentación da Filloa de Lestedo”, sinalou Manuel López.



     Esta iniciativa de posta en valor da Filloa de Lestedo está cofinanciada polo GDR Terras de Compostela. O presidente da Asociación Cultural da Filloa, José Manuel Canabal Vázquez, agradeceu o apoio desta entidade para dar a coñecer a valía dos produtos tradicionais do municipio. A acción está encadrada dentro da Medida Leader Galicia 2014-2020-Submedida 19.4 Promoción Territorial, no proxecto Sabores do Territorio. 


MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
 Fuente: Nós Comunicación
XOAN ARCO DA VELLA

EXPOSICIÓN ÁLEX VÁZQUEZ - MUSEO M. TORRES - MARÍN

EXPOSICIÓN ÁLEX VÁZQUEZ
MUSEO M. TORRES
MARÍN


     Ata o domingo 23 de febreiro, as persoas afeccionadas á arte e ás flores teñen a oportunidade de achegarse ata o Museo Manuel Torres de Marín. Neste espazo atópase unha mostra pictórica do artista vigués Álex Vázquez.


     Esta semana inaugurábase esta exposición coa presenza da alcaldesa María Ramallo; da presidente da asociación cultural Amigos do Camiño Portugués a Santiago, Tino Lores; a expresidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo e a directora xerente da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez.


     A mostra nacía como continuidade da III Mostra Camelias e Mar que se realizaba en Marín na que tamén se podían contemplar obras do veterano pintor paisaxista.


ALEX VÁZQUEZ
     Álex Vázquez - Palacios Gómez (Vigo, 1946) nace no seo dunha familia relevante no panorama artístico galego onde, dende moi temprana idade, mostra claras aptitudes cara ao mundo da cultura e a arte.



     O seu pai, Isidro Vázquez Palacios, pioneiro da actividade creativa a nivel publicitario dentro de Galicia, e o seu tío, Antonio Palacios Ramilo, afamado arquitecto porriñés, estimularon en Álex a profunda vocación artística que marcou toda a súa traxectoria profesional.



     En paralelo vai trazando a súa traxectoria pictórica partindo do realismo dos seus comezos e queimando distintas etapas con notable valentía: figura, retrato, mariñas, paisaxe urbana, ata o informalismo das súas actuais creacións.



       Álex Vázquez conta cunha ampla traxectoria. O seu innegable talento abriulle as portas de moi distintas galerías e centros de prestixio en España e Portugal, onde a súa obra vénse expoñendo con regularidad. Cabe destacar tamén as súas importantes achegas ao campo do deseño gráfico e conceptual.



Museo Municipal Manuel Torres
     Dirección: 3, Avenida de Ourense, 36900 Marín, PO

     Teléfono: 986 89 11 86


  SABER MÁIS DE ÁLEX V.  PICA EL ENLACE
SABER MÁIS DE ÁLEX V.

VIDEO
MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

Fuente: Pontevedra Viva
Fotos de la Expo: Pilar Gómez Buhigas

viernes, 14 de febrero de 2020

PONTE DE CONCELIÑAS - RÍO MAO - FORCAS - PARADA DE SIL

PONTE DE CONCELIÑAS
RÍO MAO
FORCAS
PARADA DE SIL


     É esta unha ponte medieval, e de posible orixe romana, xa que se atopa nun camiño de entrada á Ribeira Sacra dende a zona de Caldelas.



      Hai quen sostén que por aí pasaba a Vereda Maiore romana que enlazaba coa Vía XVIII.



      Esta ponte permitíu, xunto con outros elementos xerar unhas sinerxias no terriotorio que explican a aparición de vías totalmente empedradas. Hoxe forma parte da ruta PRG-177.


     A ponte conta cun panel explicativo sobre o método de construcción.


      Dende a ponte poden observarse importantes fenómenos xeolóxicos.



Acceso
      Dende Parada de Sil, debe continuarse o percorrido pola estrada OU-0604, Parada de Sil–Vilariño frío, e a 8,5 kilómetros tomamos unha estrada municipal a esquerda dirección Verengo-Forcas.


     Unha vez chegamos a Forcas, continuamos pola única estrada existente e a 300 metros vemos un camiño que descende a Conceliñas e está sinalizado.



Forcas
     San Mamede de Forcas é unha parroquia do concello ourensán de Parada de Sil na comarca da Terra de Caldelas. No ano 2007 tiña 74 habitantes, deles 35 eran homes e 39 eran mulleres, o que supón unha diminución de 21 habitantes en relación ao ano 2000.


     Nesta parroquia atopouse a espada de Forcas, unha espada da idade de bronce conservada no museo arqueolóxico de Ourense. Sobre o río Mao hai unha ponte románica con marcas de canteiro.


Lugares de Forcas
     As Cerdeiras, Cortiñas, Forcas, A Miranda, O Pombar, A Senra, Vilar

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Fuente: Xunta de Galicia
XOAN ARCO DA VELLA