PETO DE O CAMPO
O CAMPO
VALONGO
CERDEDO COTOBADE
Petos de Ánimas
Os petos de ánimas son unha das manifestacións materiais do culto aos mortos, da devoción das ánimas; non deixa de falarnos das ideas moi profundas na mentalidad galega sobre a vida e a morte.
Afirman os historiadores e etnógrafos que o peto de ánimas xorde despois do século XVI, na situación político-relixiosa da Contrarreforma, é entón cando aparece a idea do Purgatorio.
Segundo Castelao:
"A nova devoción suprímeo a idea de castigo eterno".
A mediados do século XVII, Galicia xa deixara de pensar no Inferno para que se entregue de cheo a idea do Purgatorio, do que os seus mortos queridos podían salvarse a forza de oracións e boas obras.
A finalidade destes elementos populares é a de ofrecer ofrendas de todo tipo (flores, cera, patacas, maíz, pan, aceite ...), ás ánimas que non atopan descanso no Purgatorio, para que alcancen a felicidade no Ceo; unha vez liberadas intercederán por quen fixo a ofrenda, e daban diñeiro para que o cura administráseo e dixese misas polos defuntos.
Os retablos das ánimas, os petos en que se pide a esmola durante a misa e as obras de cantería son manifestacións de culto ás ánimas.
O estilo artístico , de cantería defínese como "popular"; os devotos coñecían perfectamente as formas e cores que querían e non lle pedían ao canteiro artesano outra cousa que facer a obra encargada coa súa mellor habilidade.
Os petos unen arquitectura e escultura, e a súa estrutura divídese en tres partes:
- Infraestructura arquitectónica básica.
- Unha cavidad que similar a unha capillita que ocupa o eixe central e superior (buqueira).
- Unha cavidad case sempre na base da capillita, tapada cunha lámina de ferro e un buraco para meter as ofrendas (Alxibeira).
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
PONTE DO REGUEIRO
REGUEIRO DAS ERMIDAS
XENDE
A LAMA
Xende
San Paulo de Xende é unha parroquia do concello pontevedrés da Lama, no arciprestado de Oitavén e diocese de Tui-Vigo.
Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 95 habitantes (55 mulleres e 40 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 118 habitantes.
Xeografía
Dista 3,5 km da capital municipal, coa que se comunica por unha estrada comarcal. Xende limita ó norte coa parroquia de Antas, ó sur con Gaxate e Verducido, ó leste con Xesta e ó oeste coa Lama e Gaxate.
Os seus principais accidentes xeográficos son o río Xesta, o regato das Fontiñas e os montes Alto das Fontiñas (672 m), Couto do Carro (649 m) e Casavella (725 m).
Lugares de Xende
A Aldea, A Baralla, O Catadoiro, O Eido de Caneiras, A Igrexa, A Paradela, A Veiga do Muíño
A Lama
A Lama é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra.
Segundo o IGE en 2016 tiña 2587 habitantes. Padrón municipal de 2003: 2957 habitantes. O seu xentilicio é lamense.
Xeografía
O concello, de 117,76 km², está situado na serra do Suído, no leste da provincia de Pontevedra, a uns 25 km da capital provincial. Limita ao norte con Beariz (provincia de Ourense), Forcarei e Cerdedo-Cotobade, ao sur con Fornelos de Montes, ao leste con Avión e con Beariz (ambos os dous na provincia de Ourense) e ao oeste con Ponte Caldelas e con Cerdedo-Cotobade.
Comunicacións
A principal vía de comunicación é a PO-255 (que comunica con Ponte Caldelas e que permite chegar a Pontevedra e a PO-235 que une o concello con Carballedo, capital do municipio de Cerdedo-Cotobade.
Demografía
A pirámide poboacional é a dun concello rural galego. É dicir, a poboación é avellentada. Pero recentes campañas municipais para atraer residentes ao termo municipal, conseguiron manter o censo.
De todas as maneiras, segue sendo inferior ao censo de 1995 (cando vivían 3.517 veciños).
A poboación do municipio está bastante diseminada nas 10 parroquias do concello. Mais a parroquia capital é con notoriedade, a máis poboada.
Historia
Consérvanse restos arqueolóxicos das culturas megalíticas, como as mámoas de Portela da Cruz, O Seixo, O Suído, e Antas. Da idade de bronce atopouse na Lama unha espada de tipo argárico de hai 3500 anos, e en Verducido e no castro de Gaxate varias hachas de bronce.
Desta idade son os gravados rupestres en Chan do Campo, Outeiro Seixiño, Val do Gato, e Laxa das Puzas (Verducido). Hai tres castros identificados: o monte do Castro en Gaxate, o monte do Castro na Lama, e o castro de Xende.
Na época medieval a zona norte foi colonizada polos monxes do mosteiro da Armenteira a partir do século XV, e o resto pertencía aos señores de Soutomaior, que contaban cunha fortaleza en Fornelos.
Nos séculos XVII e XVIII aumentou a poboación e a gandería pola introdución do millo, e a pataca procedentes de América. Coas mudanzas que implicaron na agricultura, comezou a desaparecer a emigración a Castela dos temporeiros para a sega do trigo en verán, e aumenta a construción de camiños, igrexas, pazos e pontes. Desta época son as pontes de Verducido sobre o río Parada, a do antigo camiño de Ribadavia a Pontevedra e o de Liñares.
Turismo
A Lama conta coa ruta homologada de sendeirismo PR-G 135 "Roteiro da Escuadra".
É unha ruta sendeirista lineal de 7 km, entre o Peso (A Escuadra) e a área recreativa de Santa Mariña, na Serra do Cando.
Na Serra do Suído atópanse os singulares chozos.
Parroquias da Lama
Antas (Santiago), A Barcia do Seixo (Santa Ana), Covelo (San Sebastián), Escuadra (San Lourenzo), Gaxate (San Pedro), A Lama (San Salvador), Seixido (San Bartolomeu), Verducido (San Martiño), Xende (San Paulo), Xesta (San Bartolomeu)
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
GABIÁN
MOREIRAS
BOBORÁS
Moreiras
Moreiras é un lugar da parroquia de Moreiras no concello ourensán de Boborás na comarca do Carballiño.
Tiña 31 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 14 eran homes e 17 mulleres.
Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2010, cando tiña 34 habitantes (16 homes e 18 mulleres).
Lugares de Moreiras
Fonte Moreiras, Gabián, Moreiras, Vecoña de Abaixo, Vecoña de Arriba
Boborás
Boborás é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Carballiño.
Segundo o Padrón municipal de habitantes no 2015 a súa poboación era de 2510 persoas (3286 en 2003).
Recibe o seu nome da aldea de Boborás, na parroquia de Xuvencos, onde está a casa consistorial.
O seu xentilicio é boborao ou boborés.
Xeografía
O concello está situado no noroeste da provincia de Ourense.
Ten dúas zonas diferenciadas: no sur abondan as fragas e as vides, e no centro e norte, máis accidentados, predominan os prados.
Está atravesado polo río Arenteiro polo norte, e polo Cartelle e o Avia polo sur.
O clima é cálido nos meses de verán e frío e chuvioso nos meses de inverno.
Historia
Durante a Idade Media asentáronse na zona diversas ordes relixiosas e militares, coma a Orde do Santo Sepulcro, do Temple ou a Orde de San Xoán de Xerusalén, coñecida tamén como Orde de Malta ou de Rodas. Todas elas deixaron a súa pegada en diferentes construcións civís e relixiosas.
Patrimonio histórico e artístico
A igrexa de San Xulián de Astureses é un templo románico, edificada polos Templarios no século XII. Ten planta rectangular, cunha ábsida semicircular. A fachada presenta unha ornamentación excelente.
A igrexa de San Martiño de Cameixa mestura varios estilos, destacando a ábsida románica, o reloxo de Sol e os canzorros situados baixo o beiril.
A igrexa de Xuvencos, restaurada no século XVI, e a igrexa de San Mamede de Moldes, construída sobre un castro transformado posteriormente nun camposanto, tamén son de orixe románica.
O pazo de Moldes, situado preto da igrexa de San Mamede, é a casa natal de Antón Losada Diéguez.
O conxunto histórico-artístico de pazos de Arenteiro agrupa a casa de Arriba, Asa e Granxa do Mato, pazo de Cervela, pazo do Currelo, pazo Feixó, pazo de Laxas e pazo de Tizón.
Parroquias de Boborás
Albarellos (San Miguel), Astureses (San Xulián), Brués (San Fiz), Cameixa (San Martiño), Cardelle (San Silvestre), Feás (Santo Antón) , Laxas (San Xoán), Moldes (San Mamede), Moreiras (Santa Mariña), Pazos de Arenteiro (San Salvador), O Regueiro (San Pedro), Xendive (San Mamede), Xurenzás (San Pedro), Xuvencos (Santa María)
A comarca do Carballiño
A comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é O Carballiño.
Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA