domingo, 9 de junio de 2019

SALTO DE PORTASOUTO - RÍO VERDUGO - PORTASOUTO - PONTECALDELAS

SALTO DE PORTASOUTO
RÍO VERDUGO
PORTASOUTO
PASOS DA FRAGA
PONTECALDELAS


     O Verdugo é un río galego da provincia de Pontevedra, cuxa foz se sitúa no fondo da ría de Vigo.


Percorrido
     O Verdugo nace a 760 m de altura no monte do Outeiro Grande, na aldea de Cernadelos (Santa Mariña de Presqueiras, Forcarei).


     No seu primeiro tramo baixa encaixado atravesando os concellos de Beariz, A Lama e Ponte Caldelas, facendo un val máis amplo na súa entrada en Soutomaior.


   No seu último tramo serve de fronteira entre Soutomaior e Pontevedra, desembocando entre Arcade e Ponte Sampaio.


     No concello de Ponte Caldelas atravesa os pasos da Fraga, onde se conservan varios muíños e un peto de ánimas.



     Despois de formar a praia fluvial da Calzada, na vila de Ponte Caldelas hai un paseo fluvial, a carón do antigo balneario, onde hai un monumento ao pescador.


Características
     O seu afluente principal é o río Oitavén, que se lle une pola esquerda, en Ponte da Barca, e que desenvolve un percurso de lonxitude similar á do Verdugo, desde o seu nacemento até a confluencia (32 km).



     De modo que ás veces se fala do sistema Verdugo - Oitavén (o curso común é de 7 km), e máis se se ten en conta que o caudal do Oitavén é superior. 


     Outros dos seus afluentes son o Calvelle e o Barbeira.


     O tamaño total da conca é de 357 km² (177,7 km² corresponden á bacía do Oitavén). O caudal absoluto do Verdugo na desembocadura é de 17 m³/s (o do Oitavén, antes da confluencia, atinxe os 10,5 m³/s).


      O Verdugo e os seus afluentes son ríos de réxime pluvial. As precipitacións medias na súa conca atinxen os 1884 mm anuais.


Aproveitamento
     No Verdugo sitúanse tres encoros: os de Feixa I e Encoro de Feixa II, localizados no concello de Ponte Caldelas e máis o encoro da Ponte do Demo, no de Soutomaior. Son de potencia inferior a 10 Mw.


   O río Verdugo ten sona pola pesca da troita. O último domingo de maio celébrase en Ponte Caldelas a festa da troita e o concurso internacional de pesca de salmónidos.

VIDEO
MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

viernes, 7 de junio de 2019

AS SETE FONTES - AS ERMITAS -ANTAS - A LAMA

AS SETE FONTES
AS ERMITAS
ANTAS 
A LAMA


Romaría da Virxe das Ermidas. Antas
     Celébrase o 4 e 5 de agosto no santuario das Ermidas localizado na parroquia de Antas. 



     Nesta romaría participan numerosos veciños e visitantes devotos da virxe. 


     Na carballeira faise unha gran comida campestre á que concorren centos de emigrantes lameses que procedentes sobre todo de México e Brasil veñen pasar as súas vacacións estivais ao municipio.


     O santuario atópase nun fermoso paraje natural denominado Monte do Ceo, aquí no lugar de Fonte Santa, pódense visitar as sete fontes onde numerosos fieis acoden a lavarse en cada unha delas antes da saída do sol, co desexo de curar os seus males.


     Asociada á capela atopamos o campo de feira, a carballeira, un peto de ánimas e un cruceiro realizado polo mestre Xosé Cerviño García, tambien coñecido como Pepe dá Pena, autor do soado cruceiro de Hío. 

VIDEO
MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

jueves, 6 de junio de 2019

RUINAS DA CAPILLA DE SAN ANTONIO - SOUTORDEI - RIBAS DE SIL

RUINAS DA CAPILLA DE SAN ANTONIO
SOUTORDEI
RIBAS DE SIL
LUGO


Soutordei
     Soutordei, o Santiago de Soutordei, es una parroquia del municipio de Ribas de Sil, en la provincia de Lugo, España.


     Se encuentra en el margen izquierdo del río Sil, con el que limita por el norte.


     Tenía una población de 17 habitantes en 2017, 6 hombres y 11 mujeres,​ agrupados en las entidades de A Aldea, Chenzas, A Fraga, Louxadelas, Moredo, O Outeiro, As Portas y Souto.



Ribas de Sil
    Ribas de Sil é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Quiroga.


     Segundo o INE a súa poboación no 2018 era de 970 habitantes (1.245 no 2006, 1.310 no 2005, 1.335 no 2004, 1.410 no 2003).


      O seu xentilicio é «ribasilense».


Parroquias de Ribas de Sil
     Nogueira (Nosa Señora das Neves), Peites (San Martiño), Piñeira (San Cristovo), Rairos (Santa Lucía), Ribas de Sil (San Clodio), Soutordei (Santiago), Torbeo (Santa María)


Comarca de Quiroga
     A comarca de Quiroga é unha comarca galega situada no sueste da provincia de Lugo, na fronteira coa comunidade de Castela e León.


     A súa capital é Quiroga e pertencen a ela os concellos de Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil.

VIDEO
MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

martes, 4 de junio de 2019

O TOXAL - COVELO - A LAMA

O TOXAL
COVELO
A LAMA


Covelo
     San Sebastián de Covelo é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés da Lama na comarca de Pontevedra.



     Segundo o IGE en 2011 tiña 271 habitantes (150 mulleres e 121 homes), distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón un descenso en relación ao ano 1999 cando tiña 282 habitantes.



Lugares de Covelo
     Barbeira, Covelo,  A Fírveda,  O Forno, A Gateira, Laxedo, O Outeiro, O Pelete, A Perdiz, O Toxal, O Valciño, Ventoselo, A Vincurada



A Lama
     A Lama é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra.



     Segundo o IGE en 2016 tiña 2587 habitantes. Padrón municipal de 2003: 2957 habitantes.



     O seu xentilicio  é lamense.


Xeografía
     O concello, de 117,76 km², está situado na serra do Suído, no leste da provincia de Pontevedra, a uns 25 km da capital provincial. Limita ao norte con Beariz (provincia de Ourense), Forcarei e Cerdedo-Cotobade, ao sur con Fornelos de Montes, ao leste con Avión e con Beariz (ambos os dous na provincia de Ourense) e ao oeste con Ponte Caldelas e con Cerdedo-Cotobade.



Comunicacións
     A principal vía de comunicación é a PO-255 (que comunica con Ponte Caldelas e que permite chegar a Pontevedra e a PO-235 que une o concello con Carballedo, capital do municipio de Cerdedo-Cotobade.



Demografía
     A pirámide poboacional é a dun concello rural galego. É dicir, a poboación é avellentada. Pero recentes campañas municipais para atraer residentes ao termo municipal, conseguiron manter o censo.



     De todas as maneiras, segue sendo inferior ao censo de 1995 (cando vivían 3.517 veciños).



     A poboación do municipio está bastante diseminada nas 10 parroquias do concello. 



     Mais a parroquia capital é con notoriedade, a máis poboada.


Historia
     Consérvanse restos arqueolóxicos das culturas megalíticas, como as mámoas de Portela da Cruz, O Seixo, O Suído, e Antas. Da idade de bronce atopouse na Lama unha espada de tipo argárico de hai 3500 anos, e en Verducido e no castro de Gaxate varias hachas de bronce.



     Desta idade son os gravados rupestres en Chan do Campo, Outeiro Seixiño, Val do Gato, e Laxa das Puzas (Verducido). Hai tres castros identificados: o monte do Castro en Gaxate, o monte do Castro na Lama, e o castro de Xende.



     Na época medieval a zona norte foi colonizada polos monxes do mosteiro da Armenteira a partir do século XV, e o resto pertencía aos señores de Soutomaior, que contaban cunha fortaleza en Fornelos.



     Nos séculos XVII e XVIII aumentou a poboación e a gandería pola introdución do millo, e a pataca procedentes de América. Coas mudanzas que implicaron na agricultura, comezou a desaparecer a emigración a Castela dos temporeiros para a sega do trigo en verán, e aumenta a construción de camiños, igrexas, pazos e pontes. Desta época son as pontes de Verducido sobre o río Parada, a do antigo camiño de Ribadavia a Pontevedra e o de Liñares.



     A emigración a América dos séculos XIX e XX fixo posible a compra das terras aos nobres e a construción de edificacións educativas e centros de beneficencia.



     En 1998 inaugurouse o centro penitenciario da Lama.



Turismo
     A Lama conta coa ruta homologada de sendeirismo PR-G 135 "Roteiro da Escuadra".
     É unha ruta sendeirista lineal de 7 km, entre o Peso (A Escuadra) e a área recreativa de Santa Mariña, na Serra do Cando.
     Na Serra do Suído atópanse os singulares chozos.



 Parroquias da Lama 
      Antas (Santiago), A Barcia do Seixo (Santa Ana), Covelo (San Sebastián), Escuadra (San Lourenzo), Gaxate (San Pedro), A Lama (San Salvador), Seixido (San Bartolomeu), Verducido (San Martiño), Xende (San Paulo), Xesta (San Bartolomeu)


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

lunes, 3 de junio de 2019

SAIDA FOTOGRÁFICA - CULTURAL, A LAMA MÁXICA

SAÍDA FOTOGRÁFICA CULTURAL
A LAMA, MÁXICA
 22 DE XUÑO


     Nesta actividade coñeceremos lugares cunha beleza natural unica e cunha forza magica e tradicional moi importante na cultura da zona.
 

O PUNTO DE ENCONTRO SERA:

     O SANTUARIO DAS ERMITAS
    ANTAS - A LAMA



DÍA: 
     22 DE XUÑO
HORA: 
     9.30

VISITAREMOS:
     AS SETE FONTES
     FERVENZA DE LIÑARES
     FERVENZA DE PORTABELEIRA
     ALDEA ABANDONADA DE AS PARTIDAS
     FERVENZA DE A FIRVEDA
     CAPELA DE A FIRVEDA E O PORTALÉN



     Nesta ocasion acompañáranos e fara de guia a miña querida amiga MERCE ALEGRIA, unha gran coñecedora da cultura popular desta zona.



COMIDA:
      Para a comida llebaremos cada un o que necesite, porque os lugares nos que imos estar non temos ningun sitio preto para poder comer ou comprar.



QUE LEVAR:
- Cámara fotográfica (ou na súa falta cámara do teléfono móbil)
- Outro material fotográfico do que se dispoña (trípode, flash, monopié, parasol, filtros, etc)
- Equipación comoda para unha xornada de campo: atuendo cómodo, botas de montaña ou calzado deportivo, gorra, paraguas (en caso de choiva), etc
- É conveniente levar algo de auga (ou outra bebida) e un pequeno tentempié de avituallamiento.



NECESITAS SABER MAIS CHAMAME
TELF.
     600590901


MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA