lunes, 7 de septiembre de 2015

IGLESIA DE TEMES - CARBALLEDO - LUGO

IGLESIA DE SANTA MARÍA
TEMES
CARBALLEDO
LUGO

     No lugar existío un eremitorio. O edificio actual foi restaurado a finais do século XVIII, con reformas a principios do XX. 


     Planta rectangular con ábsida e muros de perpiaños e cascote de granito, con dúas portas alinteladas. Cuberta a dúas augas. Arco de acceso de medio punto de aresta dobrada. 


     Ao eliminar o cal da paredes apareceu no muro a tapa dun sarcófago paleocristiano, capiteis e epígrafes. 


     Os retablos son do XVIII os dous de laterais, e o da capela maior do XVII. 


     No lugar onde se atopa a igrexa dise que houbo unha fortaleza, asentada sobre as ruinas dun castro. Está aberta en horas de culto. 


Carballedo
     Carballedo e un municipio de la provincia de Lugo. Pertenece a comarca de Chantada. A capital e A Barrela.



     Población en 2008: 2.799 personas según o padrón municipal de habitantes.




Parroquias
    Aguada (Santa Baia)
    Buciños (San Miguel)
    Carballedo (Santa María)
    Cartelos (Santo Estevo)
    Castro (San Cristovo)
    A Cova (San Xoán)
    Erbedeiro (San Pedro)
    Furco (San Gregorio)
    Lobelle (San Cristovo)
    Lousada (Santiago)
    Marzás (Santa María)
    Milleirós (San Xoán)
    Oleiros (San Miguel)
    Pradeda (Santiago)
    San Mamede de Lousada (San Mamede)
    San Romao de Campos (San Romao)
    San Salvador de Búbal (San Salvador)
    Santa Baia de Búbal (Santa Baia)
    Santa Cristina de Asma (Santa Cristina)
    Santa Mariña do Castro (Santa Mariña)
    Temes (Santa María)
    Veascós (Santa Mariña)
    Vilaquinte (Santa María)



Situación Xeográfica
     Entre a serra do Faro e o encoro dos Peares, no suroeste da provincia de Lugo, xa no límite da de Ourense, está situado o Concello de Carballedo. 

 

     O seu territorio predominantemente montañoso, ten 139,6 km2; bañados por dous ríos principais: o Bubal e o Miño, que marcan a liña divisoria co Concello de Pantón.



     Limita ó Norte co Concello de Chantada, ó Este co de Pantón, ó Sur cos municipios de Villamarín e a Peroxa e ó oeste cos de San Cristóbal de Cea e Rodeiro.



     O principal eixo viario é a N-540, de Lugo a Ourense, que atravesa o termo de Norte a Sur (pasando pola súa capitalidade, La Barrela).



     Aínda que está moi preto de Ourense, polas súas características físicas e polos influxos socioeconómicos e administrativos, forma parte da Comarca de Chantada.



 Comarca de Chantada

     A Comarca de Chantada é unha comarca galega situada na provincia de Lugo e a súa capital é Chantada. Pertencen a ela os concellos de Carballedo, Chantada e Taboada.

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

IGLESIA DE ALPERIZ - LALÍN

IGLESIA DE ALPERIZ
ALPERIZ
PARADA
LALÍN


 Iglesia de  Alperiz
     Alperiz conserva a capela-igrexa edificada no século XIII, da que se mantén a portada, varios canzorros e algúns elementos no interior.



 
Alperiz
     Alperiz é un lugar da parroquia de Parada, no concello pontevedrés de Lalín, na comarca do Deza.


     Segundo o INE, no 2008 contaba con 50 habitantes (23 homes e 27 mulleres) o que supón unha diminución de 7 habitantes con respecto ao ano 2000.


     Na parroquia atópanse numerosos restos arqueolóxicos, entre os que destaca o Altar do Sol, unha das mámoas que se poden visitar así como algúns petroglifos. 



     A antiga fonte de riqueza que supoñía o gando cabalar deixou paso nos últimos anos a unha economía baseada no vacuno e derivados lácteos.


Historia
     Alperiz foi parroquia ata o plan de arranxo da diocese lucense de 1890, cando foi suprimida e integrada na de Santa María de Parada.



 

Patrimonio
O Altar do Sol é unha mámoa que se pode visitar. A capela-igrexa, edificada no século XIII, conserva a portada, varios canzorros e algúns elementos no interior.


Santa María de Parada
     Santa María de Parada é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2013 tiña 76 habitantes (38 mulleres e 38 homes), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 105 habitantes.



Patrimonio
     Consérvase o recinto do castro, acollido á defensa natural do río Arnego. O chamado “regueiro do ferro” segue o curso dun río que levaba a antigas explotacións mineiras. A Ponte dos Cabalos sobre o río Arnego é unha ponte romana.



     A antiga igrexa da parroquia (xa desaparecida), mencionada como Parada de Felis, foi unha doazón feita a Carboeiro no ano 928 e estaba construída na cima do castro. No 1750 foi construída a actual igrexa.



 Lalín
     A vila de Lalín, capital do municipio e cabeceira da Comarca de Deza, constitúe un punto de referencia dentro do mapa de comunicacións de Galicia. Precisamente, esta situación privilexiada no centro da comunidade autónoma contribuíu nos últimos anos ó seu despegue como centro comercial e de servizos dunha ampla zona gandeira. 


     Así, a pesares de que en 1960 a vila non era máis que un pequeno núcleo de poboación, formado por varias reas de edificacións ó longo das estradas Ourense-Santiago e Lugo-Pontevedra, na actualidade xa acolle a 8.338 veciños. Unhas das sinais de identidade da vila de Lalín é a igrexa parroquial, que comezou a ser construída no ano 1888 sendo alcalde Benito Calviño e que quedou rematada en 1915. 


     Nas súas inmediacións atópase o monumento erixido polo pobo lalinense ó célebre astrónomo e matemático Ramón María Aller. A obra, do escultor Asorey, loce na súa base a lenda "ciencia, humildad y virtud", que resume a vida deste fillo ilustre de Lalín. 


     Tamén de Asorey é o monumento ó aviador Joaquín Loriga, situado no Parque de Loriga, que foi inaugurado no ano 1933 e que representa un avión chantado na terra a modo de cruz latina, xunto coa figura do aviador e dúas mans estreitadas, simbolizando a unión entre os pobos de España e Filipinas -perpetuando así a xesta do ilustre lalinense-. 


     Por outra banda, a vila de Lalín ofrécelle ós seus veciños na actualidade tódolos servizos que se poden atopar nunha grande cidade, tanto no eido sanitario, como no educativo, deportivo, lúdico ou cultural. 


     Esta ampla oferta amosa que a pequena vila de Lalín está inmersa nunha profunda metamorfose que está a convertela xa na gran capitalidade do interior de Galicia.

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Fuente: Concello de Lalín
XOAN ARCO DA VELLA


CAPILLA DE A GRIXOÁ - CARBALLEDO

 CAPILLA DE A GRIXOÁ
A GRIXOÁ
CHOUZÁN
CARBALLEDO
LUGO


  A Grixoá
     É mostra da arquitectura tradicional da zona, con casas de muros de cachotaría e cubertas de lousa, que están deshabitadas na súa maioría. 



     Pertenece a parroquia de Santo Estevo de Chouzán.



     Está rodeada de arboredos de castiñeiros, carballos e piñeiros. 



Carballedo
     Carballedo es un municipio de la provincia de Lugo en Galicia. Pertenece a la comarca de Chantada. Su capital es A Barrela.



     Población en 2008: 2.799 personas según el padrón municipal de habitantes.



Parroquias
    Aguada (Santa Baia)
    Buciños (San Miguel)
    Carballedo (Santa María)
    Cartelos (Santo Estevo)
    Castro (San Cristovo)
    A Cova (San Xoán)
    Erbedeiro (San Pedro)
    Furco (San Gregorio)
    Lobelle (San Cristovo)
    Lousada (Santiago)
    Marzás (Santa María)
    Milleirós (San Xoán)
    Oleiros (San Miguel)
    Pradeda (Santiago)
    San Mamede de Lousada (San Mamede)
    San Romao de Campos (San Romao)
    San Salvador de Búbal (San Salvador)
    Santa Baia de Búbal (Santa Baia)
    Santa Cristina de Asma (Santa Cristina)
    Santa Mariña do Castro (Santa Mariña)
    Temes (Santa María)
    Veascós (Santa Mariña)
    Vilaquinte (Santa María)



Situación Xeográfica
     Entre a serra do Faro e o encoro dos Peares, no suroeste da provincia de Lugo, xa no límite da de Ourense, está situado o Concello de Carballedo.



     O seu territorio predominantemente montañoso, ten 139,6 km2; bañados por dous ríos principais: o Bubal e o Miño, que marcan a liña divisoria co Concello de Pantón.



     Limita ó Norte co Concello de Chantada, ó Este co de Pantón, ó Sur cos municipios de Villamarín e a Peroxa e ó oeste cos de San Cristóbal de Cea e Rodeiro.



     O principal eixo viario é a N-540, de Lugo a Ourense, que atravesa o termo de Norte a Sur (pasando pola súa capitalidade, La Barrela).



     Aínda que está moi preto de Ourense, polas súas características físicas e polos influxos socioeconómicos e administrativos, forma parte da Comarca de Chantada.


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

IGLESIA DE GONZAR - PORTOMARÍN

 IGLESIA DE GONZAR
GONZAR
PORTOMARIN
LUGO


Gonzar
Lugares: 

     Ferreira, Gonzar y Toxibo. 
     Esta parroquia perteneceu a  Encomienda de Portomarín. 
Habitantes:  
     44 



Portomarín
     Portomarín (do latín "portumarini", 'porto ou paso fluvial de pouca profundidade') é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Lugo e á Ribeira Sacra.
 

     Segundo o padrón municipal (INE 2014) conta con 1.624 habitantes. O seu xentilicio é portomarinense.


Parroquias de Portomarín    
     Bagude (San Bartolomeu), Caborrecelle (San Xulián), O Castro de Soengas (San Martiño), Castromaior (Santa María), Cortapezas (Santa María), Fiz de Rozas (San Lourenzo), Gonzar (Santa María), León (San Martiño), Narón (Santa María), Nespereira (San Cibrao), Portomarín (San Nicolao), Portomarín (San Pedro) | Recelle (San Pedro), Sabadelle (San Salvador), San Mamede de Belaz (San Mamede), San Mamede do Río (San Mamede), Soengas (Santiago), Vedro (San Martiño), Vilarbasín (San Pedro), Vilaxuste (San Pedro)



Historia
Prehistoria
     Hai restos de poboados no concello de Portomarín, como medorras e castros, como o castro de Catromaior, o castro da Vires, o castro de Bedro, Castrolobrixe, castro de Vila ou o castro de Soengas.



Época romana
     A primeira ponte sobre o río Miño nesta zona foi construída polos romanos no século II. A vila xa aparece citada como Portumarini no ano 792. A orixe da vila parece estar ligada ó conde Don Gutierre e á condesa Dona Ilduara (Aldara de Celanova), pais de San Rosendo, bispo de Mondoñedo e fundador do mosteiro de Celanova no século X. No Códice Calixtino aparece Portomarín denominado coma Pons Minea (ponte do Miño).



Idade Media
     Na idade media foi camiño de paso dos peregrinos cara Santiago de Compostela, sendo unha das maiores vilas tralo paso do Cebreiro. 



     Posiblemente tivo grande importancia neste período, ó contar con tres ordes de cabalería. Na marxe esquerda estaban os Cabaleiros da Orde de Santiago, nada no mosteiro de Loio, e a Orde do Temple. Na marxe dereita estaba a Orde dos monxes-cabaleiros da Orde de San Xoán de Xerusalén. O carácter guerreiro destes monxes explica o aspecto de fortaleza da igrexa de san Nicolao.


     En 1112 a ponte foi destruída por Dona Urraca, raíña de Castela, para frear o paso das tropas do seu marido, Afonso o Batallador. Porén, 8 anos máis tarde a propia raíña ordenou reconstruír a ponte a un tal Pedro o Peregrino.



     Posteriormente o arcebispo Pedro Arias entregou o burgo de Portomarín á recentemente creada Orde de Santiago. Baixo o reinado de Afonso IX a vila pasou a depender da orde de San Xoán de Xerusalén.



     En 1126 Pedro o Peregrino construíu un hospital, que contiña na súa fachada a inscrición Domus Dei. O Hospital, adicado á atención dos peregrinos, foi confiado á Orde de Santiago e logo á Encomenda de San Xoán, á que tamén correspondía o burgo de Portomarín e o coidado da ponte e do Camiño de Santiago. O Hospital foi derrubado en 1944.



     A antiga vila estaba constituída por dous barrios, divididos polo río Miño. Na marxe esquerda o de San Pedro, e o de San Xoán na marxe dereita.




Idade Contemporánea
     O 8 de febreiro de 1946 a vila de Portomarín foi declarada Conxunto Histórico-Artístico. Ó construírse en 1962 o encoro de Belesar, a vila trasladouse ó veciño Monte do Cristo. 



     Alí se reconstruíron algúns dos edificios máis importantes tanto civís como relixiosos.


     O patrimonio monumental foi trasladado pedra a pedra ata ou seu actual emprazamento. Trasladáronse as igrexas de San Nicolao (as súas pedras foron numeradas e ensambladas de novo no seu actual emprazamento), San Pedro e algúns pazos, como o do Conde da Maza do século XVI e o Pazo dos Pimentales ou de Berbeteros, do século XVII. Nas tempadas en que baixa o nivel do encoro aínda son visibles os restos das antigas edificacións, o peirao e a primitiva ponte.



     A igrexa de San Xoán, hoxe denominada de San Nicolao, construída nos séculos XII e XIII, é un dos monumentos románicos máis senlleiros do Camiño de Santiago. A igrexa de San Pedro data do século X e forma parte dun conxunto integrado polo Pazo de Berbetoros e o Pazo do Marqués de Paredes.


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA