sábado, 7 de febrero de 2015

SAN FIZ DE CANGAS - PANTÓN

 IGREXA DE SAN FIZ DE CANGAS
SAN FIZ
PANTÓN
LUGO


IGREXA DE SAN FIZ DE CANGAS
     Esta igrexa de sinxela beleza foi construída entre os séculos XI e XIII, como templo dun convento de monxas beneditinas. 




     

     Nos séculos XVII realizáronse algunhas reformas, como o derribo da ábsida lateral esquerda.


     No seu lugar, engadiuse a capela de Torrenovais, que acolle o sepulcro de don Rodrigo López de Quiroga. Pero desde moitos séculos antes, na época visigoda, este punto xa acollía un mosteiro.



     San Fiz de Cangas conta cunha soa nave disposta en planta rectangular.



     Na súa fachada principal destacan un arco apuntado e o tímpano situado por debaixo.



     A decoración deste último elemento consta dunha cruz grega, grafismos que simbolizan o sol e a lúa, uns rectángulos concéntricos e unha estrela inscrita nun cadrado.



     No interior consérvanse retablos dos séculos XVIII e XIX, ademais da figura orante de don Rodrigo López de Quiroga.



SAN FIZ DE CANGAS
     San Fiz de Cangas é unha parroquia do concello de Pantón na comarca da Terra de Lemos, na provincia de Lugo.



     No ano 2007 contaba con 103 habitantes, deles 46 eran homes e 57 eran mulleres, o que supón unha diminución de 9 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.



PANTÓN
     O concello de Pantón está situado no Sur da provincia de Lugo, na denominada Ribeira Sacra Lucense. 




     Os seus límites veñen marcados  polos ríos Miño, Cabe e Sil que a convirten na  "Mesopotamia" galega.



     A súa extensión territorial e de 146 quilómetros cadrados, ocupados polas vinteseis parroquias, que suman un total de douscentos vinte núcleos de poboación na que se asentan uns 3000 habitantes.



     A capitalidade da zona está centrada na vila de O Castro  de Ferreira, que conta cuns 700 habitantes, agrupados en torno á N-120,  a arteria de comunicación da zona, e na Praza do Concello, lugar onde se desenvolve a vida pública e municipal. 




NATUREZA
     Os ríos que forman os límites do Municipio de Pantón, configuran nas súas beiras, agrestes e empinadas, unha riqueza paisaxística inigualable que se mestura coa riqueza artística. 




     Desde o lugar máis alto do municipio (Pena Pombeira, 710 metros) Pantón  deleitanos coas súas fermosas panorámicas, mesturando as beiras máis escarpadas cos vales máis apracibles. 




     Unhas paisaxes naturais de grande variedade e atractivo, con boas condicións para practicar a pesca. 




     

     Polos ríos Miño e Sil pódense realizar percorridos en catamarán , que permiten a contemplación das insólitas paraxes da Ribeira Sacra, cos seus característicos viñedos dispostos en terrazas, tamén chamadas socalcos. 

MAPA

XOAN ARCO DA VELLA

viernes, 6 de febrero de 2015

CAPELA DE HOY-VAS - PILOÑO

CAPELA DE HOY-VAS
OIBÁS
PILOÑO
VILA DE CRUCES
 

VILA DE CRUCES
     Vila de Cruces é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Deza.


     Limita cos concellos de Boqueixón, Touro, Arzúa e Santiso (da provincia da Coruña), e Silleda, Agolada e Lalín (provincia de Pontevedra).



Historia
     O concello denominouse Carbia ata 1944, por estar nesta parroquia a capitalidade. O 19 de setembro de 1944 o concello inaugurou a súa nova sede en Vila de Cruces, tomando esta denominación oficialmente.



Poboación
     Segundo o Padrón municipal de habitantes a poboación en 2012 era de 6.085 persoas. O seu xentilicio é cruceño.



Festas e celebracións
     A Patroa da vila é a Nosa Señora da Piedade e celébrase a súa festa o fin de semana seguinte ó 4 de agosto (excepto se é sábado que pasaría a ser o seguinte).



Entroido
     Varias parroquias celebran o entroido cos altos dos xenerais.



Gastronomía
     Tamén celebra festas gastronómicas como a da Castaña en novembro, a do Chourizo en febreiro e a do Galo de Curral en maio, todas elas con degustación gratuíta de produtos da zona.



Feiras
     Os días de feira na Vila son 4 e o 17 de cada mes.


CAPELA DE HOY - VAS "OIBÁS
     É unha capela pequena pero en cada cita relixiosa convértese nun lugar de gran devoción, xa que nela teñen misado numerosos bispos de practicamente todas as dioceses galegas. O templo de Hoy - Vas construíuse en 1696. 


     A festividade da Ascensión é unha das xornadas festivas escritas con maiúscula en Santiago de Compostela, pero tamén en localidades máis pequenas, como a parroquia cruceña de Piloño. Dende tempo inmemorial, os seus fieis renden culto á Virxe da capela de Hoy-Vas con gran fervor.



PILOÑO
     Santa María de Piloño é unha parroquia que se localiza no concello de Vila de Cruces. Segundo o IGE en 2011 tiña 334 habitantes (168 mulleres e 166 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 446 habitantes. Nesta parroquia fundouse a Banda de música de Piloño.



Patrimonio
    Igrexa de Santa María de Piloño. Construída cara 1700, sobre un antigo templo erixido por Diego Xelmírez. Ten planta de cruz grega e torre de dous corpos.


    Pazo de Raíndo. Moi reformado, conserva cheminea e lareira, hórreo, pombal e unha capela con retablo barroco.
    Capela do Oibás.
 
MAPA

XOAN ARCO DA VELLA

MONASTERIO DE CAMANZO - VILA DE CRUCES

 MONASTERIO DE SAN SALVADOR
CAMANZO
VILA DE CRUCES


VILA DE CRUCES
     Vila de Cruces é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Deza.



     Limita cos concellos de Boqueixón, Touro, Arzúa e Santiso (da provincia da Coruña), e Silleda, Agolada e Lalín (provincia de Pontevedra).



Historia
     O concello denominouse Carbia ata 1944, por estar nesta parroquia a capitalidade. O 19 de setembro de 1944 o concello inaugurou a súa nova sede en Vila de Cruces, tomando esta denominación oficialmente.



Poboación
     Segundo o Padrón municipal de habitantes a poboación en 2012 era de 6.085 persoas. O seu xentilicio é cruceño.



Festas e celebracións
     A Patroa da vila é a Nosa Señora da Piedade e celébrase a súa festa o fin de semana seguinte ó 4 de agosto (excepto se é sábado que pasaría a ser o seguinte).



Entroido
     Varias parroquias celebran o entroido cos altos dos xenerais.



Gastronomía
     Tamén celebra festas gastronómicas como a da Castaña en novembro, a do Chourizo en febreiro e a do Galo de Curral en maio, todas elas con degustación gratuíta de produtos da zona.



Feiras
     Os días de feira na Vila son 4 e o 17 de cada mes.



MONASTERIO DE CAMANZO
     Igrexa románica construída no ano 1166.



     Conserva restos prerománicos no trazado das súas ábsidas. Ten planta de cruz grega. Conserva os dous últimos tramos das naves laterais, e na principal, os dous primeiros arcos fan de muro. Os piares son rectangulares, con semicolumnas de perfil tórico pegadas, de tipo románico.



     As ábsidas son semicirculares por fóra, e a ferradura por dentro; están cubertos por bóveda de casca. A porta principal é de arquivoltas semicirculares, presentando catro anxos cos brazos abertos e unha figura bendicindo. No tímpano está esculpida a figura dun Salvador que bendice (escola compostelana). 
 

     A igrexa intégrase no conxunto do que fora mosteiro benedictino, fundado no século X polos Condes de Deza, D. Gonzalo e Dª Teresa.



     Do estado de conservación pode dar idea o feito de que se estea a utilizar un sarcófago antropoide, como bebedoiro de galiñas, e que a única lápida que existía no interior do templo, despois de ser arrancada do seu sitio está arrimada a unha parede, con riscos de romper ou caer enriba de alguén.



     No patio, tamén podemos admirar restos de retablos e figuras decorativas. Destaca o "arranxo" efectuado na parede do que agora se utiliza como "oficina", e o montón de pedras labradas que locen no exterior cerca da entrada principal.



     Non ten servizo de guía pero unha muller irmanda do cura párroco, facilita a visita ao patio do cenobio e á igrexa, pero non a ilustra con ningún tipo de datos. 
 

     Non existe tarifa de visitas, pero agradecen as esmolas para a igrexa.



     Non existe un horario de visita establecido nin regular, a excepción dos de celebración relixiosas. 


MAPA


XOAN ARCO DA VELLA