viernes, 3 de abril de 2026

BALDAQUINO DA ÚLTIMA CEA - IGREXA DE ESCUADRO - ESCUADRO - SILLEDA

BALDAQUINO DA ÚLTIMA CEA 

IGREXA DE ESCUADRO

ESCUADRO

SILLEDA

 Lugares:     

     Balántiga, Barreiro, Bustelo, Cascaxide, Cimadevila, Cumbraos, Escuadro, Férveda, Outeiro, Paredes, A Penadauga, Portovello, Rañadoiro, Sar, Senra, Sestelo, Soldecasa, A Somoza, Torrón.

Información turistica:     
      É unha das parroquias máis extensas e a terceira máis poboada do municipio, que destaca polo seu volume de produción láctea e pola súa mecanización agraria. 

     Historicamente, xa no S. XVIII, no lugar de Penadauga celebraba unha feira mensual onde o que destacaba era a venda de gando.

      No aspecto artístico hai que subliñar: a igrexa, que conserva a súa primitiva fábrica románica da porta e tímpano (S. XII). Está integrada na Ruta do Románico. 

      Santuario de Sta. Sabela con famosas romerías onde se curan as verrugas e outras doenzas, lugar de culto prehistórico, visita obrigada do ofrecido.  

      O Pazo de Cascaxide, preto dun castro do mesmo nome, que foi casa dos Espinosa (S. XVII) e que forma un fermoso conxunto con torre, capela e cruceiro dos máis chamativos do Concello. 

     Como patrimonio paixasístico paga a pena visitar o Salto de Férveda situado no lugar do mesmo nome e o Bosque de Cascaxide, declarado espazo protexido.

Festividades:     
     Patrón: San Salvador. 6 e 7 de Agosto.
     San Marcos. 25 de Abril
     Santa Sabela. 2 de Xullo e domingo seguinte. 

MAPA

 

 Fuente: Turismo de Silleda Concello de Silleda

XOAN ARCO DA VELLA 

IGREXA DE SAN MAMEDE DO CASTRO - LÁZARA - O CASTRO - SILLEDA

 IGREXA DE SAN MAMEDO DO CASTRO

LÁZARA

O CASTRO

SILLEDA

O Castro
     San Mamede do Castro é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. 

     Segundo o padrón municipal de 2011 tiña 105 habitantes (49 homes e 56 mulleres), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 118 habitantes.

     Nesta parroquia atópase o asentamento castrexo da Copa do Castro, ao pé do cal está a igrexa de San Mamede, así como a Estación de Silleda.

Toponimia
     A orixe do topónimo é o latín castrum, que fai referencia a unha fortaleza ou poboado fortificado.

Lugares do Castro
 
    O Agriño, O Coto, Lázara, O Outeriño, O Regueiro, O Tellado, Vilavella

Comarca de Deza
     A comarca de Deza é unha comarca da provincia de Pontevedra e a súa capital é Lalín. 

     Pertencen a ela os concellos de Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces. 

      A súa poboación é de máis de 40.000 habitantes. 

      O Deza coincide coa antiga comarca de País do Deza, isto é, as xurisdicións de Deza, Camba, Dozón, Trasdeza, Carbia e Valquireza.

Situación
       A comarca de Deza vén coincidir co centro xeográfico de Galicia. 

      Limita ao norte coas comarcas coruñesas de Santiago, Arzúa e Terra de Melide, ao sur coa do Carballiño (Ourense), ao leste coas de Ulloa e Chantada (Lugo) e ao oeste coa de Tabeirós-Terra de Montes. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

MUIÑO DE VENTO DE AGRA - CAMPO DE CORTES - MIRAFLORES - MUROS

 MUIÑO DE VENTO DE AGRA

CAMPO DE CORTES

MIRAFLORES

MUROS

       Situado na zona denominada “Agra do Alcalde” érguense os restos dun muíño de vento edificado a finais do século XIX e que traballou até as primeiras décadas do século XX. 

      Debido a boa aceptación dos cultivos de millo na zona, os muíños de río quédanse insuficientes e varios particulares edifican outros tipos de muíños como sería o deste caso.

      A torre cilíndrica, de pedra, érguese sen ningún tipo de plataforma a unha altura de 3,5 metros. O diámetro interior mide 3,3 m. é os muros teñen unha anchura de 0,75 m. Unha única porta orientada ao SL e unha xanela na planta superior. 

       Tamén presenta como curiosidade un zócalo de 60 cm. de altura cunha forma achafranada. As velas serían de lona, fixadas nunha cuberta xiratoria.

      Este exemplo, xunto co do Casuco ou da Punta Sampedreño, na parroquia de Tal, son os dous que aínda sobreviven (só a estrutura), mais existe constancia e restos de polo menos sete muíños de vento no Concello.

       Para chegar a el saímos dende a ermida do Espírito Santo no Campo das Cortes collendo a pista forestal que conduce a Taxes. 

       Unha vez pasadas as Cortes do Gando collemos o primeiro desvío a man dereita que leva a Miraflores, a escasos 300 m. do cruce, nun montículo a man dereita vense os restos deste muíño.

MAPA

 

Fuente: Web Patrimonio Galego

Texto: XOKAS

XOAN ARCO DA VELLA 

jueves, 2 de abril de 2026

FONTE DE SAN FRANCISCO - CONVENTO DE SAN FRANCISCO - LOURO - MUROS

 FONTE DE SAN FRANCISCO

CONVENTO DE SAN FRANCISCO

LOURO

MUROS 

Fonte de San Francisco
     Situada no adro do Convento dos Pais Franciscanos, a fonte está presidida pola imaxe de San Francisco dentro dunha fornela policromada. 

     Ten un torno cortado a rentes da pedra e un pulsador, que é o único que funciona. 

     As pedras do muro do fondo teñen unha inscrición en latín que di “BENEDICITE FONTES DOMINO” (FONTES, ABEONZADE O SEÑOR) xunto co ano de construción: 1889. 

     O conxunto, de cantaría, enmárcase por un arco de medio punto sostido por dúas columnas con capiteis vexetais, e remátase cunha cruz latina.

MAPA

 

Fuente: Web Patrimonio Galego

Texto: XOKAS

XOAN ARCO DA VELLA 

 

CAPELA DE SANTA ANA - BOUZA - PEXEIROS - VIANA DO BOLO

CAPELA DE SANTA ANA

BOUZA

PEXEIROS 

VIANA DO BOLO  

Bouza
      Bouza é un lugar da parroquia de Pexeiros do concello ourensán de Viana do Bolo, na comarca de Viana. 

     Segundo o IGE, en 2023 tiña 48 habitantes (26 homes e 22 mulleres).

Lugares de Pexeiros
      Bouza, O Castro, Pexeiros

Pexeiros
      Santa María de Pexeiros é unha parroquia do concello de Viana do Bolo na comarca de Viana, na provincia de Ourense. 

      No ano 2007 tiña 142 habitantes, deles 73 eran homes e 69 eran mulleres.

Comarca de Viana
      A comarca de Viana é unha comarca galega situada na provincia de Ourense, á cal pertencen os concellos da Gudiña, A Mezquita, Viana do Bolo e Vilariño de Conso. 

     Os dous primeiros forman parte da comarca natural das Frieiras e os dous últimos da Terra do Bolo.

A comarca está atravesada polo río Bibei no seu curso alto. 

      A principal vía de comunicación é a estrada OU-533, que vai de Freixido (Petín) á Gudiña. 

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA 

miércoles, 1 de abril de 2026

PETO DO CEMITERIO - CEMITERIO DE SAN SALVADOR - POIO

 PETO DO CEMITERIO

CEMITERIO DE SAN SALVADOR

POIO

     Os petos de ánimas, os cruceiros e os hórreos son os tres referentes do que poderiamos chamar os monumentos de arte menor da arquitectura rural de Galicia.

     Para a arte maior deixamos as igrexas, muiños, pazos e outras construcións de carácter civil ou militar como torreóns, murallas, etc.

     Polos montes e vales do sur de Galicia e do norte de Portugal, topámosnos/topámonos con frecuencia con estas encantadoras expresións da arte rural.

     Hoxe adicámoslle a nosa atención aos petos de ánimas e pequenos monumentos piadosos que ao longo dos séculos, sobre todo a partir do XVII han ir xurdindo en pobos e aldeas.

     Os petos de ánimas son esas pequenas capeliñas que se atopan polo xeral nos camiños e encrucilladas para honrar ás ánimas que esperan a súa liberación no purgatorio en cuxa hucha ou peto depositan os fieis as súas esmolas para financiar as misas que axuden a levalos ao ceo onde, xa na gloria, intercederán polos seus benefactores.

     Estes sinxelos monumentos obra dos canteiros locais, adoitan estar decorados cunha representación das pobres ánimas mergulladas en linguas de lume e en actitude suplicante, cara o seu intercesor que adoita ser un santo, San Antonio, por exemplo, un bispo ou a Virxe do Carmen, entre outros.

     Tamén se atopan, sobre todo en Portugal, construcións deste tipo, pero non adicadas ás ánimas do purgatorio senón a unha devoción en particular, sendo bastantes frecuentes as relacionadas con Cristo cruficado.

     En Fornelos, que significa hornacina en galego, teñen unha dedicada a San Lorenzo.

 MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA