viernes, 13 de marzo de 2026

CRUCEIRO DO CEMITERIO DE TOUTÓN - TOUTÓN - MONDARIZ

CRUCEIRO DO CEMITERIO

TOUTÓN

MONDARIZ

Toutón
      San Mateo de Toutón é unha parroquia que se localiza no concello de Mondariz.  

       Segundo o INE en 2013 tiña 304 habitantes (166 mulleres e 138 homes) -179 menos que en 1999, distribuídos en 5 entidades de poboación.

Patrimonio
      Detalle do cruceiro de fóra do adro de Toutón (Virxe das Angustias co Cristo morto no colo).

      A igrexa de San Mateo de Toutón data de 1711 (na inscrición da fachada figura a data 1713), está situada no barrio de Casco, onde tamén hai unha capela. De planta rectangular e tellado a dúas augas, a fábrica é de cantaría de granito con contrafortes nos muros laterais e corpo posterior diferenciado a xeito de ciborio rústico tipo torre, ameado e con desaugadoiros pétreos. A fachada principal ten no lateral esquerdo a torre campanario de planta cadrada e dous corpos (o superior quizais posterior). Na fronte da fachada atópanse dúas pilastras laterais. A porta é alintelada e flanqueada por dúas pilastras caixadas con chapiteis xónicos que aturan un friso con detalles vexetais e por riba un frontón triangular partido, cunha fornela coa imaxe de San Ramón cunha cartela con inscrición. Enriba un ocelo. Na cumieira áchase a imaxe do patrón da parroquia: San Mateo. A sancristía áchase no muro sur.

       É de salientar o cruceiro do adro considerado Ben de Interese Cultural galego, cunha plataforma de tres chanzos cuadrangulares (o máis baixo soterrado polo asfalto). O pedestal ten as arestas rebaixadas e fiugura a data na que foi ergueito: 1711, practicamente á vez que igrexa. Salienta o fuste cilíndrico e o chapitel corintio con volutas nos cantos, fileira dupla de follas e flor central en cadansúa face. A cruz é de sección cadrada coas arestas achafranadas. Nunha das caras a imaxe de Xesús Cristo crucificado coa cartela de INRI, e na outra a Virxe das Angustias co fillo morto no colo.

Festas
      Toutón celebra unha festividade na honra de Santa Marta o 29 de xullo e o 24 de xuño na honra de San Xoán do Xisto.

       Desta parroquia é o grupo Pandeireteiras de Toutón.

Lugares de Toutón
      Aboal, Casco, Festín, Lordelo, Portacurbo  

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

 

CRUCEIRO DO CEMITERIO - SANTO ANDRÉ DE VEA - A ESTRADA

 CRUCEIRO DO CEMITERIO

SANTO ANDRÉ DE VEA

A ESTRADA

Santo André de Vea
     Santo André de Vea é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada. 

     Segundo o IGE en 2011 tiña 384 habitantes (215 mulleres e 169 homes), distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 449 habitantes.

Patrimonio
    Igrexa de Santo André de Vea, conserva do románico dous canzorros e un gran contraforte.
    No cemiterio hai un antigo cruceiro, datado en 1625.

Comarca de Tabeirós - Terra de Montes
     A comarca de Tabeirós - Terra de Montes é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra. 

     Pertencen a esta comarca os concellos da Estrada e Forcarei.  

     A comarca está formada por dúas bisbarras diferenciadas: por unha banda, Tabeirós (integrada polo concello da Estrada); e pola outra, unha gran parte da comarca histórica de Terra de Montes.

Situación
     Esta comarca de 450,39 km² sitúase entre as Terras do Deza e as da costa e nela distínguense dúas unidades xeográficas distintas: a Terra de Tabeirós ao norte, que forma parte do val do Ulla, e a zona montañosa da Terra de Montes ao sur. 

 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

LENDA DA PEDRA DA SERPE - TIRÁN - MOAÑA

 LENDA DA PEDRA DA SERPE

TIRÁN

MOAÑA

     O Monte dos Remedios, probablemente un castro, está en San Xoán de Tirán, Moaña (Pontevedra), hai unha pedra co debuxo dunha serpe. 

     Na noite de San Xoán, despois de apagarse as fogueiras aparecía alí unha muller vella cunha caiada na man, sentada na pedra que hai diante da capela de Virxe do Castro. 

     Se alguén se achega, a muller desaparece. Quen quixo saber dela e foi ver ó día seguinte atopou unha serpe dando voltas arredor da ermida. Disque foi esta muller a que matou a serpe que se ve na pedra.

     Tamén se di que a serpe se convirte en bruxa, e que desaparece cando se achega alguén, e que a noite de San Xoán son bruxas, ¿ou mouras?, as que andan arredor da ermida pero ó amencer xa non están.

VIDEO

MAPA

 

 Fuente: Web Galicia encantada

XOAN ARCO DA VELLA 

COTO DE SOUTOLOBRE - OS CASTROS - O EIDO VELLO - SOUTOLOBRE - SALVATERRA DE MIÑO

COTO DE SOUTOLOBRE

OS CASTROS - O EIDO VELLO

SOUTOLOBRE

SALVATERRA DO MIÑO

     Neste lugar atópase unha fortificación duns 40.000 m2 cun foxo perimetral. 

      O lugar, oculto pola maleza na súa maior parte, foi obxecto dunha escavación arqueolóxica no pasado ano 2023 baixo a dirección do arqueólogo Francisco Herves. 

      Nesa área saíu á luz unha cabana de planta circular no que apareceu un gran batolito granítico cun gravado que o arqueólogo interpreta cunha estela da Idade de Bronce.

       Arredor da cabana apareceron tamén un número significativo de crisois de fundición datados na Idade do Ferro. 

Comarca do Condado
        A comarca do Condado é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Ponteareas. 

       Pertencen a ela os concellos de Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, Ponteareas e Salvaterra de Miño.  

VIDEO

MAPA

 

 

 Fuente: Web Patrimonio Galego

Texto: Oscar Franco 

XOAN ARCO DA VELLA 

jueves, 12 de marzo de 2026

ERMITA DA VIRXE DOS REMEDIOS - A CARRASQUEIRA - VILELA - TIRÁN - MOAÑA

 ERMITA DA VIRXE DOS REMEDIOS

A CARRASQUEIRA - VILELA 

TIRÁN

MOAÑA 

      Edificación do século XVI posiblemente feita sobre outra anterior, construída a base de perpiaño granítico irregular, de planta rectangular e unha soa nave, coa sancristía adosada a nun dos seus muros laterais. 

     Posúe teitume a dúas augas.

     Na súa fachada, sobria e case sen decoración, podemos ver a porta de acceso alintelada e unha espadana dun só oco con arco de medio punto e remate en cruz pétrea e pináculos nos extremos.

     Esta ermida atópase na croa do Castro dos Remedios 

     Ao carón da porta de acceso podemos ver un petróglifo serpentiforme.

Comarca do Morrazo
     A comarca do Morrazo ou Morrazo é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra. 

     Pertencen a ela os concellos de Bueu, Cangas, Marín e Moaña. 

     Limita ó norte coa ría de Pontevedra, ó leste coa comarca de Pontevedra, ó sur coa ría de Vigo e ó oeste co océano Atlántico.

VIDEO

MAPA

 

 

Fuente: Web Patrimonio Galego

Texto: Oscar Franco 

XOAN ARCO DA VELLA 

miércoles, 11 de marzo de 2026

LENDA DA FONTE DA VIRXE DE GUNDIÁN - PONTE ULLA - VEDRA

 LENDA DA FONTE DE GUNDIÁN

GUNDIÁN

PONTE ULLA

VEDRA

       A Fonte da Virxe de Gundián, en Ponte Ulla (Vedra), está envolta en lendas que mesturan a fe cristiá con antigos cultos á auga. Aquí tes o máis destacado da súa tradición.

A lenda da auga milagreira
      A crenza popular máis forte di que a auga desta fonte nace directamente debaixo do altar maior da capela do santuario. Isto outórgalle un carácter sagrado e curativo.

    Curación de "crianzas": Antigamente, moitos pais levaban alí aos nenos que estaban frouxos, enfermos ou que tardaban en falar. O ritual consistía en lavalos coa auga da fonte para que a Virxe lles dese forza e saúde.

    O 8 de setembro: Durante a romaría de Gundián, a fonte convértese no centro de peregrinación, onde os devotos beben e mollan os panos para pedir protección.

O contexto do Paso da Cova
       A fonte non se entende sen a sua contorna, o Paso da Cova, un lugar onde o río Ulla se estreita entre paredes de cuarzo. 

As lendas din que:

    Paso estratéxico: Dise que este era un lugar de paso de camiños antigos (mesmo se fala de influencia templaria) onde a Virxe protexía aos viaxeiros que cruzaban o río.
 
  O Pico Sacro: Existe unha conexión espiritual co Pico Sacro, que se ve dende alí. Ambas zonas comparten historias sobre o traslado dos restos do Apóstolo Santiago e o amansamento dos bois bravos.

      Hoxe en día, a imaxe da Virxe de pedra sobre a propia fonte segue a ser o símbolo desta unión entre a natureza (a auga) e a relixión no corazón do Val do Ulla. 

VIDEO

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

CRUCEIRO DE OLEIROS - OLEIROS - RIBEIRA

 CRUCEIRO DE OLEIROS

OLEIROS

RIBEIRA

Oleiros
      San Martiño de Oleiros (á espera da oficialización da forma San Martiño de Oleiros é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Ribeira. 

      Segundo o IGE en 2018 tiña 967 habitantes (512 mulleres e 455 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.141 habitantes.

Patrimonio
      A igrexa parroquial é de estilo neoclásico, construída en 1769 e ampliada a mediados do século XIX. Conta cun valioso cáliz do século XVIII.

      Ten planta de cruz latina coa sancristía na cabeceira. Está dividida en catro tramos por arcos faixóns de medio punto apoiados en pilastras, que sosteñen unha bóveda de canón. 

      No segundo tramo atópanse dúas capelas laterais xemelgas, construídas na década de 1940 e cubertas con bóveda de aresta, ao igual que o prebisterio e a sancristía. Na fornela principal atópase unha imaxe de Martiño de Dumio.

      Do templo primitivo, posiblemente de orixe románica, só queda unha estatua da Mater Dolorosa, situada nun dos muros do adro tallada en granito.

      Nesta parroquia está situado o dolmen de Axeitos. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA