domingo, 5 de octubre de 2025

IGREXA DE SAN MARTIÑO DE AGUÍS - AGUÍS - OS BLANCOS

 IGREXA DE SAN MARTIÑO DE AGUÍS

AGUÍS

OS BLANCOS

      A igrexa, dunha soa nave e con cuberta de madeira construíuse a finais do século XVI. 

      No seu interior destacan varias esculturas documentadas ou atribuídas a destacados mestres da arte ourensá, como por exemplo o talle do patrón, San Martiño. 

      A Virxe do Rosario é dun dos máis afamados escultores manieristas que traballaban en Ourense a finais do século XVI e principios do XVII, Alonso Martínez, mestre de Francisco de Moure. 

      É un elegante talle representado de pé, sostendo o Neno nos seus brazos. 

Aguís
      San Martiño de Aguís é unha parroquia do concello ourensán dos Blancos na comarca da Limia. 

     No ano 2007 tiña 234 habitantes (121 homes e 113 mulleres), 58 menos ca en 2000. 

      Ten cinco entidades de poboación.

Lugares de Aguís
      Aguís, A Aspra, Fonte Arcada, Loureses, O Mosteiro 

Comarca da Limia
      A comarca da Limia é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Xinzo de Limia. 

      A ela pertencen os concellos de Baltar, Os Blancos, Calvos de Randín, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Vilar de Barrio, Vilar de Santos e Xinzo de Limia.  

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

IGREXA DE SAN CIBRAO- SAN CIBRAO - ESPERANTE - AGOLADA

 IGREXA DE SAN CIBRAO

SAN CIBRAO

ESPERANTE

AGOLADA

 San Cibrao
     San Cibrao é un lugar da parroquia de Esperante, no concello pontevedrés de Agolada, na comarca do Deza. 

     Segundo o INE, no 2008 tiña 17 habitantes (8 homes e 9 mulleres), doce menos ca en 2000.     

Toponimia
     O topónimo San Cibrao é un haxiotopónimo referido a Cibrán de Cartago, e débese á presenza no lugar da igrexa de San Cibrao de Esperante.

Lugares de Esperante
     Esperante, A Penela, San Cibrao  

     San Cibrao de Esperante é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Agolada.  

     Segundo IGE en 2013 tiña 68 habitantes (37 homes e 31 mulleres) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 128 habitantes. 

Comarca de Deza
     A comarca de Deza é unha comarca da provincia de Pontevedra e a súa capital é Lalín. 

     Pertencen a ela os concellos de Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces. 

      A súa poboación é de máis de 40.000 habitantes. 

     O Deza coincide coa antiga comarca de País do Deza, isto é, as xurisdicións de Deza, Camba, Dozón, Trasdeza, Carbia e Valquireza. 

MAPA 

  

XOAN ARCO DA VELLA 

IGREXA DE SANTIADO DE FONTAO - FONTAO - VILA DE CRUCES

 IGREXA DE SANTIAGO DE FONTAO

FONTAO

VILA DE CRUCES

 Fontao
      Santiago de Fontao é unha parroquia que se localiza no concello de Vila de Cruces. 

     Segundo o padrón municipal de 2009 tiña 218 habitantes (105 mulleres e 113 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 172 habitantes.

Patrimonio
     Na parroquia localízase o antigo poboado mineiro de Fontao, onde residían os mineiros que explotaban a mina próxima de volframio que estivo aberta de 1934 a 1963 e de 1968 a 1973. 

     No período de máximo esplendor, entre 1939 e 1945, o poboado tiña 3.000 habitantes (máis 800 reclusos políticos que durmían na cadea), unha clínica hospitalaria, tres cines, 33 bares e un café-teatro. 

      Entre os reclusos que traballaron nas minas para redimir penas estivo o anarcosindicalista pontevedrés Desiderio Comesaña Prado.

      O poboado proxectárono os arquitectos César Cort e Basilio Blas en 1954. 

     Na actualidade todas as antigas vivendas dos traballadores da mina están reconstruídas. 

     O proxecto de reconstrución foi obra do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Lugares de Fontao
       Aguiar, Os Baños, A Brea, O Cruceiro, O Novo Poboado, Os Salgueiros, Vilar 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

IGREXA DE SAN CRISTOVO DE COUSO - COUSO - CAMPO LAMEIRO

 IGREXA DE SAN CRISTOVO

COUSO

CAMPO LAMEIRO

     Iglesia do século XVIII, e que formando parte da conxunto conta con cruceiro e o antigo cemiterio no atrio da mesma.

      Destacan no interior da sancristía os restos dun baldaquino, moi semellantes aos da igrexa de San Isidro de Montes, polo que poderían datar tamén do século XVI, que hoxe en día se atopan encaixados na parede. 

     Representan a adoración dos Reis Magos, o Pecado Orixinal e o martirio de San Sebastián.

      Formando parte do lousado aparece tamén unha ara romana reutilizada, pero indícanos que pode existir un xacemento arqueolóxico nas proximidades.

O Couso
     San Cristovo do Couso é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Campo Lameiro. 

     Segundo o IGE en 2009 tiña 256 habitantes (138 mulleres e 118 homes) 71 menos que en 1999. 

      Ten sete entidades de poboación.

Festas
    Festas patronais de San Cristovo do Couso o 27, 28 e 29 de xullo.
    Festa do Santísimo Sacramento o 22 de xuño.

Lugares do Couso
     O Castriño, Castro, Cimadevila, O Couso, Fafiz, Liñares, Padín, Rozas  

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

IGREXA DE SAN PEDRO DE FERREIROA - FERREIROA - AGOLADA

 IGREXA DE SAN PEDRO DE FERREIROA

FERREIROA

AGOLADA

 Ferreiroa
     San Pedro de Ferreiroa é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Agolada. 

     Segundo o IGE en 2013 tiña 591 habitantes (275 homes e 286 mulleres) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 684 habitantes. 

     Na parroquia está situada a vila de Agolada, capital do concello e sede da Banda Municipal de Agolada.

Patrimonio
    A igrexa de San Pedro de Ferreiroa data do ano 1030, foi modificada posteriormente, a fachada e canzorros son do século XIII, e o campanario do XVI. Nela destaca a súa virxe sedente.
    Pendellos da feira de Agolada.

Agolada
      Agolada é un concello da provincia de Pontevedra pertencente á comarca do Deza. 

     Segundo o IGE en 2015 tiña 2 585 habitantes (3 875 en 2003).O seu xentilicio é agoladés ou aqualatense.

Xeografía
     Agolada está situado no centro de Galicia, na punta nordeste da provincia de Pontevedra, entre o río Arnego, a serra do Farelo e o río Ulla. 

     O concello limita cos concellos de Palas de Rei, Antas de Ulla (provincia de Lugo), Santiso (provincia da Coruña), Rodeiro, Lalín e Vila de Cruces.

     O monte Farelo, con 952,6 metros, e situado na serra do Farelo, é o punto máis alto do concello. 

     O río Ulla, que fai de límite norte do concello, é o principal curso fluvial. En Brocos úneselle o río Arnego antes do comezo do encoro de Portodemouros. O seu outro afluente principal é o río Deza.

     Ten clima é oceánico interior, co inverno suave e o verán fresco. As precipitacións anuais son de 1 290 mm. 

Comarca de Deza
      A comarca de Deza é unha comarca da provincia de Pontevedra e a súa capital é Lalín. 

     Pertencen a ela os concellos de Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces. 

     A súa poboación é de máis de 40.000 habitantes. 

     O Deza coincide coa antiga comarca de País do Deza, isto é, as xurisdicións de Deza, Camba, Dozón, Trasdeza, Carbia e Valquireza.

Situación
     A comarca de Deza vén coincidir co centro xeográfico de Galicia. 

     Limita ao norte coas comarcas coruñesas de Santiago, Arzúa e Terra de Melide, ao sur coa do Carballiño (Ourense), ao leste coas de Ulloa e Chantada (Lugo) e ao oeste coa de Tabeirós-Terra de Montes. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA