viernes, 3 de octubre de 2025

CAPELA DA VIRXE DA FECHA - REQUIÁS - MUIÑOS

 CAPELA DA VIRXE DA FECHA

REQUIÁS

MUIÑOS

 Requiás
      Santiago de Requiás é unha parroquia do concello de Muíños, na comarca da Baixa Limia, provincia de Ourense. 

      No ano 2020 tiña 185 habitantes, dos cales 85 eran homes e 100 mulleres.

Lugares de Requiás
     Guntumil, Requiás 

Muíños
     Muíños é un concello do sur da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Baixa Limia. 

      Limita ao norte con Lobeira, Bande e Porqueira, ao leste con Calvos de Randín, ao sur con Portugal e ao oeste con Lobios.  

     Segundo o padrón municipal, en 2014 tiña 1.622 habitantes.

Xeografía
       O concello, de 109 km², abrangue 12 parroquias. Está a uns 680 metros de altitude, sobre os vales do río Limia (encoro das Conchas) e do río Salas, á beira da fronteira portuguesa. Comparte con este país veciño o Parque Natural Baixa-Limia, na Serra do Xurés.

      O nome do concello de Muíños, procede da parroquia de Muíños. A primeira que se relaciona na lista dos novos concellos que se publica no BOPOR, do 14 de xuño de 1836.

      Desde 1997, a capitalidade municipal está situada no lugar de Mugueimes, na parroquia de Muíños. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 


jueves, 2 de octubre de 2025

CAPELA DE CASTRO DE ORTO - CASTRO DE ORTO - COUSO - CAMPO LAMEIRO

 CAPELA DE CASTRO DE ORTO

CASTRO DE ORTO

COUSO

CAMPO LAMEIRO

 Capela de Castro de Orto
      Capela de pequenas dimensións situada preto da aldea de Castro de Orto, e do castro no mesmo nome. 

       Como curiosidade atópase parcialmente construída sobre un outeiro granítico.

O Couso
       San Cristovo do Couso é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Campo Lameiro. 
 

       Segundo o IGE en 2009 tiña 256 habitantes (138 mulleres e 118 homes) 71 menos que en 1999. Ten sete entidades de poboación.

Festas
    Festas patronais de San Cristovo do Couso o 27, 28 e 29 de xullo.
    Festa do Santísimo Sacramento o 22 de xuño.

Lugares do Couso
      O Castriño, Castro, Cimadevila, O Couso, Fafiz, Liñares, Padín, Rozas 

Comarca de Pontevedra
      A comarca de Pontevedra é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Pontevedra.

     Pertencen a esta comarca os concellos de Barro, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, A Lama, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vilaboa. No 2020 tiña 125.280 habitantes.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA  

miércoles, 1 de octubre de 2025

CAPELA DA NOSA SEÑORA DA BLANCA - LA ATALAYA - VALDÉS - LUARCA

 CAPELA DA SRA. DA BLANCA

LA ATALAYA

VALDÉS 

LUARCA

 Capela da Nosa Señora da Blanca
       Sitúase no promontorio de La Atalaya sobre cantís, e as súas orixes remóntanse ao s. XIII. 

      Está consagrada á Virxe da Branca que, segundo conta a lenda, aparecéuselles nunha cova que se acha baixo este cerro a uns pescadores que faenaban pola zona; e ao Bo Jesús Nazareno, polo que os habitantes do concello senten gran devoción. 

      Ao redor deste pequeno templo naceu a popular Semana Santa luarquesa, que se remonta a finais do s. XVII. 

       Nesta época moraba nos arredores da capela un ermitán chamado Juan da Cruz, que fundou en 1695 a “Real Confraría do Nazareno”.

Luarca
      Luarca, oficialmente en asturiano Ḷḷuarca, é unha parroquia e vila do concello de Valdés, no Principado de Asturias. 

     Ten unha poboación de 5.406 habitantes repartidos en 5,84 km² e case integramente na vila homónima, excepto 892 habitantes que poboan o resto de barrios da parroquia.

     Nesta parroquia atópase a vila de Luarca, capital do concello de Valdés. Está situada a 90 km de Oviedo, capital do Principado. O seu templo parroquial está adicado a Santa Olaia.

      É unha localidade de paso do Camiño de Santiago pola Costa e conta cun albergue de peregrinos, situado en Almuña, a uns dous quilómetros da vila de Luarca.

Poboacións
    Almuña
    Fontouria
    Luarca
    Portizuelu
    Barceḷḷina

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

CRUCEIRO DE RANDÍN - SAN XOÁN DE RANDÍN - CALVOS DE RANDÍN

 CRUCEIRO DE RANDÍN

SAN XOÁN DE RANDÍN

CALVOS DE RANDÍN

 Randín
     San Xoán de Randín é unha parroquia do concello ourensán de Calvos de Randín na comarca da Limia. 

      No ano 2007 tiña 254 habitantes (128 homes e 126 mulleres) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 28 habitantes en relación ao ano 2000.

     No seu termo áchase o Castelo da Picoña.

Historia
      Na parroquia tivo lugar o 22 de febreiro de 1944 o accidente de Monteagudo, no que un avión británico bateu contra un monte e sufriu un incendio, morrendo os seus seis ocupantes.

Lugares de Randín
 
    Paradela, Randín, Vilar, Vilariño 

Comarca da Limia
     A comarca da Limia é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Xinzo de Limia. 

      A ela pertencen os concellos de Baltar, Os Blancos, Calvos de Randín, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Vilar de Barrio, Vilar de Santos e Xinzo de Limia. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

MUIÑO DA PICOTA - REGO DE CASTAÑOSA - A PICOTA - AMIL - MORAÑA

 MUIÑO DA PICOTA

REGO DE CASTAÑOSA

A PICOTA

AMIL

MORAÑA

Amil
      San Mamede de Amil é unha parroquia que se localiza no concello de Moraña. 

     Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 472 habitantes (253 mulleres e 219 homes), distribuídos en 16 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 522 habitantes. 

     Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 414 habitantes, sendo 197 homes e 217 mulleres.

Patrimonio histórico-artístico
      A igrexa parroquial foi construída en 1781.

      En 1892 rematouse de construír o Santuario da Virxe dos Milagres, onde se celebra o primeiro domingo despois do 8 de setembro a Romaría dos Milagres de Amil, á que asisten milleiros de peregrinos de toda Galicia.

      A tradición popular conta que todo naceu dun milagre acontecido no século XVIII. Había un labrego chamado Sebastián, que debía percorrer un longo camiño ata unha fonte afastada para conseguir a auga necesaria para regar a súa horta e a dar de beber ó seu gando, polo que rezaba con devoción á Virxe. Un día, despois de rezar pedindo axuda, púxose a cavar na terra e milagrosamente comezou a brotar un manancial. A auga era tan abondosa que mesmo lle permitiu construír un muíño que movía a auga deste manancial.

Festas
      Nesta parroquia celébrase desde 1970 a festa gastronómica do porquiño á brasa.

Lugares de Amil
      O Apedrado, Barro, Cartamil, O Castriño, A Chan, O Outeiro, A Picota, Piñeiro, Pumardatán, A Rozavella, Ruibal, Torre de Abaixo, Torre de Arriba, Vilacova 

Comarca de Caldas
      A comarca de Caldas é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Caldas de Reis. 

      Pertencen a ela os concellos de Caldas de Reis, Catoira, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Portas e Valga.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

COLEXIO INDIANO DE SANTA XUSTA - SANTA XUSTA - MORAÑA

 COLEXIO INDIANO DE SANTA XUSTA

SANTA XUSTA

MORAÑA

 Santa Xusta de Moraña
      Santa Xusta de Moraña é unha parroquia que se localiza no concello de Moraña. 

      Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 525 habitantes (286 mulleres e 239 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 573 habitantes. 

      Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 477 habitantes, sendo 220 homes e 257 mulleres.

Lugares de Santa Xusta de Moraña
      Alende, A Bouza, As Casiñas, A Igrexa, O Lameiro, A Laxe, Longás, As Pontellas, Rial, As Teixugueiras 

Comarca de Caldas
     A comarca de Caldas é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Caldas de Reis. 

      Pertencen a ela os concellos de Caldas de Reis, Catoira, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Portas e Valga.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA