viernes, 5 de septiembre de 2025

IGREXA DE SAN XOÁN DE CUTIÁN - CUTIÁN - ANTAS DE ULLA

 IGREXA DE SAN XOÁN

CUTIÁN

ANTAS DE ULLA

 Cutián
      San Xoán de Cutián é unha parroquia que se localiza no concello de Antas de Ulla.  

     Segundo o IGE en 2014 tiña 26 habitantes (doce homes e catorce mulleres), cinco menos ca en 2004 (dezaoito mulleres e trece homes) e dezaoito menos ca en 1999. Ten tres entidades de poboación.

Lugares de Cutián
      O Cruceiro, Cutián, Fonfría, Martín, Penela 

Antas de Ulla
     Antas de Ulla é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Ulloa. 

     Segundo o IGE, en 2014 tiña 2 152 habitantes. 

     O xentilicio é seoanés, ullán ou ullao.

Xeografía
       O concello limita ao norte con Palas de Rei, ao sur con Taboada, ao oeste con Agolada e Rodeiro e ao leste con Monterroso. 

     A capital municipal, do mesmo nome, dista 45 km da capital provincial, Lugo.

       Do seu relevo, tendente á horizontalidade, destaca o monte Farelo, con 951 m de altura, e da súa hidrografía o río Ulla, que nace na parroquia de Olveda e conta con afluentes coma o Estanco, o Fadal, o Peizal, o Medeiros, o Peibás ou o Pequeno. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 


jueves, 4 de septiembre de 2025

IGREXA DE SAN VICENTE - TILVE - CERPONZÓNS - PONTEVEDRA

 IGREXA DE SAN VICENTE

TILVE

CERPONZÓNS

PONTEVEDRA

      A igrexa actual de Cerponzóns asentase sobre as bases dunha anterior datada no século XIII da que inda queda algún restos na edificación barroca.  

       É un edifico sinxelo dunha soa nave e teitume a dúas augas. 

      O da cabeceira está máis baixo que o resto da nave e cuberta con bóveda de canón. 

     Na fachada, muro liso con tres ocos aliñados no seu eixo central: un para a porta alintelada, un oco para a figura de San Vicente Mártir e unha fiestra rectangular. Na beira esquerda, disponse a torre campanario. 

     O teitume remata en pináculos nos seus extremos e nunha cruz na cima.

      Pola beira norte ten unha capela con arcosolio no interior e unha ampliación para as dependencias da sancristía, datada en 1689. 

      Amosa un escudos heráldico polo exterior no muro norte e outro no muro da cabeceira no este.

      No interior e a cada beira do arco de medio punto que da a entrada a cabeceira, dispóñense dous arcosolios flanqueados por pilastras e presidios por escudos heráldicos policromados. No muro norte, sitúase unha capela con arcosolio nunha beira.

      No exterior está a antiga pila bautismal e no interior destaca o retablo maior neoclásico. No arcosolio norte, disponse outro retablo, de época barroca, dourado e rematado nun escudo heráldico policromado e presidido pola imaxe da Inmaculada Concepción. 

MAPA

 

 Fuente: Web Patrimonio Galega

XOAN ARCO DA VELLA 

PETO DE SORREGO - IGREXA DE SAN LOURENZO - MORAÑA

PETO DE SORREGO

IGREXA DE SAN LOURENZO

MORAÑA

 San Lourenzo de Moraña
      San Lourenzo de Moraña é unha parroquia que se localiza no concello de Moraña. 

     Segundo o IGE en 2014 tiña 289 habitantes (137 homes e 152 mulleres), 70 menos ca en 2004 tiña 359 habitantes (187 mulleres e 172 homes segundo o padrón municipal) e 33 máis ca en 1999. 

     Ten catro entidades de poboación.

Lugares de San Lourenzo de Moraña
     As Cerdeiras, Portopereiro, Soar, Sorrego 

Comarca de Caldas
     A comarca de Caldas é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Caldas de Reis. 

     Pertencen a ela os concellos de Caldas de Reis, Catoira, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Portas e Valga. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

CRUCEIRO DE SAN LOURENZO - IGREXA DE SAN LOURENZO - MORAÑA

 CRUCEIRO DE SAN LOURENZO

IGREXA DE SAN LOURENZO

MORAÑA

 San Lourenzo de Moraña
      San Lourenzo de Moraña é unha parroquia que se localiza no concello de Moraña. 

     Segundo o IGE en 2014 tiña 289 habitantes (137 homes e 152 mulleres), 70 menos ca en 2004 tiña 359 habitantes (187 mulleres e 172 homes segundo o padrón municipal) e 33 máis ca en 1999. 

     Ten catro entidades de poboación.

Lugares de San Lourenzo de Moraña
     As Cerdeiras, Portopereiro, Soar, Sorrego 

Comarca de Caldas
     A comarca de Caldas é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Caldas de Reis. 

     Pertencen a ela os concellos de Caldas de Reis, Catoira, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Portas e Valga. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

miércoles, 3 de septiembre de 2025

POZO DE COUSO - COUSO - AVIÓN

 POZO DE COUSO

COUSO

AVIÓN 

     Couso
Santa María de Couso é unha parroquia do concello de Avión, na provincia de Ourense.

Poboación
      Segundo o INE, no 2000 eran 244 os veciños de Couso. No 2010 eran 163 (97 mulleres e 66 homes). 

      A perda de xente foi máis acusada nesta parroquia ca noutras. Como en todo o concello, o envellecemento da poboación e a alta esperanza de vida feminina provocan unha alta porcentaxe de mulleres fronte aos homes.

Lugares de Couso   
      Couso, A Hedreira, Penedo, Taboazas, Vilariño  

Avión
       Avión é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro. Segundo o IGE a súa poboación no ano 2016 era de 1910 habitantes (1962 en 2015, 2730 no 2006, 2780 no 2005, 2804 no 2004, 2881 no 2003). O xentilicio é avionés.

Xeografía
    Sitúase no noroeste da comarca do Ribeiro. Limita ao norte con Beariz, ao sur con Carballeda de Avia, ao leste con Boborás e Leiro, e ao oeste cos concellos da Lama, Fornelos de Montes e Covelo.

     É un concello montañoso e de relevo accidentado. As serras do Suído e Faro de Avión limitan o concello polo oeste superando os 1.000 metros de altitude. Desde os cumios o relevo descende abruptamente, dando lugar a vales encaixados que dificultan as comunicacións.

     A rede fluvial está formada polo río Avia e os seus afluentes. O Avia nace en Fonte Avia, parroquia de Nieva, e recibe en Avión tres afluentes de importancia: o Couso, o Valderías e o río Cardelle, que forma o límite cos concellos de Boborás e Beariz.

     O clima de Avión vén condicionado polas diferenzas de altitude entre as distintas terras do concello. Nas serras do Suído e Faro de Avión o clima é de montaña, frío en inverno e con intensas precipitacións mentres que nas zonas máis baixas as temperaturas son máis cálidas aproximándose ao tipo de clima mediterráneo da comarca do Ribeiro. 

        Na zona intermedia entre a montaña e os vales pode dicirse que aparece un tipo de clima continental. O observatorio de Amiudal, a 553 m de altitude, rexistra unhas medias aproximadas de 5,5 °C en xaneiro e 19 °C en xullo.  

VIDEO 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

martes, 2 de septiembre de 2025

CRUCEIRO DE REBÓN - IGREXA DE SAN PEDRO DE REBÓN - MORAÑA

 CRUCEIRO DE REBÓN

IGREXA DE SAN PEDRO DE REBÓN 

MORAÑA

 Rebón
       San Pedro de Rebón é unha parroquia que se localiza no concello de Moraña.  

      Segundo o IGE en 2009 tiña 412 habitantes (215 mulleres e 197 homes), distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 422 habitantes.

Patrimonio
      A igrexa de San Pedro de Rebón é do século XII, pero só se conserva a parte da ábsida, o resto foi modificado nunha reforma do século XIX. 

      Tamén posúe dous baldaquinos no seu interior.

Lugares de Rebón
      O Batán, A Bouza, O Calvo, Castro, A Fontaíña, As Laxes, A Pallota, A Pasada, O Pazo, Rebón de Abaixo, Rebón de Arriba, Redondonio, San Pedro, O Vexildo 

Comarca de Caldas
      A Comarca de Caldas é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Caldas de Reis.

     Pertencen a ela os concellos de Caldas de Reis, Catoira, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Portas e Valga.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA