domingo, 15 de junio de 2025

CRUCEIRO DA CAPELA DE SAN PEDRO - SAN PEDRO - MONDARIZ BALNEARIO

 CRUCEIRO DA CAPELA DE SAN PEDRO

SAN PEDRO

MONDARIZ BALNEARIO

 San Pedro
     San Pedro é un lugar da parroquia de Mondariz-Balneario, no concello pontevedrés de Mondariz-Balneario na comarca do Condado.  

      Fronte a fachada da capela de San Pedro podemos ver esta pequena cruz, posiblemente de época Románica, que nace sobre un pequeno chanzo de sección circular. 

      Unha base cadrada coas arestas moi rebaixadas da paso a unha cruz de sección cadrada na que aparece unha imaxe algo tosca e erosionadada de Cristo crucificado.

MAPA 

 

 Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA 

 

CAPELA DE SAN PEDRO - SAN PEDRO - MONDARIZ BALNEARIO

 CAPELA DE SAN PEDRO

SAN PEDRO

MONDARIZ BALNEARIO

San Pedro
     San Pedro é un lugar da parroquia de Mondariz-Balneario, no concello pontevedrés de Mondariz-Balneario na comarca do Condado.  

Mondariz-Balneario
       No termo municipal hai restos dun poboado castrexo no Coto de Cividade. Da época da romanización consérvanse os restos dunha calzada sobre o río Tea.

      O concello está situado preto do castelo de Sobroso, polo que a fonte de Gándara adoitaba recibir a visita da nobreza. Segundo a tradición, en 1282 casaron na capela de San Pedro o rei Dinis de Portugal e a infanta Sabela de Portugal.

       Durante o Antigo Réxime esta zona pertencía á provincia de Tui, unha das sete do Reino de Galiza. 

       Trala reforma administrativa, o 30 de novembro de 1833 a xurisdición de Sobroso pasou a ser dependente da provincia de Pontevedra. 

      O lugar pertencía aínda á parroquia de Mondariz, até que en 1904 se creou a parroquia de Troncoso.

       A comezos do século XX o empresario Enrique Peinador promoveu a recuperación da fonte de Gándara e a creación do balneario, que axiña se converteu nun centro de hospedaxe frecuentado pola burguesía.

Após se constituír como entidade local menor, o 30 de novembro de 1924, co nome da Nosa Señora de Lourdes, a parroquia pasou a formar un concello independente, facendo referencia o seu nome ao balneario de augas medicinais. 

        O 17 de abril de 1925 o rei Afonso XIII concedeulle á vila o título de "Moi Hospitalaria". 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

CAPELA DA VIRXE DAS NEVES - LOBACES - TRIÓS - ESGOS.

 CAPELA DA VIRXE DAS NEVES

LOBACES

TRIÓS

ESGOS

 Lobaces
     Lobaces é un lugar da parroquia de Triós no concello ourensán de Esgos na comarca de Ourense. 

     Tiña 55 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 25 eran homes e 30 mulleres. 

Triós
     San Pedro de Triós é unha parroquia do concello ourensán de Esgos na comarca de Ourense.  

      No ano 2007 tiña 60 habitantes (30 homes e 30 mulleres), seis menos ca en 2000.     

     Ten unha soa entidade de poboación. Esta parroquia é homónima coa limítrofe Triós (O Pereiro de Aguiar).

Lugares de Triós
 
     Lobaces 

Comarca de Ourense
     A comarca de Ourense é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Ourense. 

     Pertencen a esta comarca os concellos de Amoeiro, Barbadás, Coles, Esgos, Nogueira de Ramuín, Ourense, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, San Cibrao das Viñas, Taboadela, Toén e Vilamarín.

       Limita ao norte coa comarca de Chantada (Lugo), ao nordeste coa comarca de Terra de Lemos (Lugo) e comarca da Terra de Caldelas, ao leste e sueste coa de Allariz-Maceda, ao sur coa de Celanova e ao oeste coas do Ribeiro e Carballiño. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

IGREXA DE SAN PEDRO DE TRIÓS - TRIÓS - PEREIRO DE AGUIAR

 IGREXA DE SAN PEDRO DE TRIÓS

TRIÓS

PEREIRO DE AGUIAR

 Igrexa de San Pedro de Triós
     Igrexa dedicada a San Pedro de estilo neoclásico, datada no século XIX.

A súa planta é dunha soa nave. No exterior, a fachada está moi reformada e presenta portada alintelada e óculo acristalado enriba dela.

     A espadana conta con dous arcos de medio punto onde están as campás e remata en perfil ondulado con pináculos e cruz latina.

Triós
     San Pedro de Triós é unha parroquia do concello do Pereiro de Aguiar na comarca de Ourense, na provincia de Ourense. 

     Segundo o IGE, en 2023 tiña 161 habitantes (85 homes e 76 mulleres). Esta parroquia é homónima coa limítrofe Triós (Esgos).

Lugares de Triós
     Cachamaría, Malobrigo, Outeiro, O Pazo, Penedo, Sobrado, Triós, Vilar 

Comarca de Ourense
      A comarca de Ourense é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Ourense. 

      Pertencen a esta comarca os concellos de Amoeiro, Barbadás, Coles, Esgos, Nogueira de Ramuín, Ourense, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, San Cibrao das Viñas, Taboadela, Toén e Vilamarín.

      Limita ao norte coa comarca de Chantada (Lugo), ao nordeste coa comarca de Terra de Lemos (Lugo) e comarca da Terra de Caldelas, ao leste e sueste coa de Allariz-Maceda, ao sur coa de Celanova e ao oeste coas do Ribeiro e Carballiño. 

MAPA

  

 Fuente: Concello de Pereiro de Aguiar

XOAN ARCO DA VELLA 

sábado, 14 de junio de 2025

SANTUARIO DOS GOZOS - OS GOZOS - PEREIRO DE AGUIAR

SANTUARIO DOS GOZOS

OS GOZOS

SANTA MARTA DE MOREIRAS

PEREIRO DE AGUIAR

     Esta Capela-Santuario dos Gozos, cuxo estilo é barroco, foi construída no século XVII. 

     É un edificio de planta rectangular, dividida en tres seccións por dous arcos. 

     A sancristía está situada na cabeza e comunica coa nave a través de dúas portas abertas nos lados do altar maior.

       A primeira sección é o maior, respondendo a súa condición de capela maior.  

     A importancia desta sección, obsérvase no exterior pola súa altura e o ensanchamento da súa planta. 

       O tellado é a dúas augas na nave, tres na sancristía e catro na capela maior. O exterior é moi sobrio, a lisura das paredes feitas de sillería regular, só interrompido polas fiestras cadradas que dan paso á luz. 

     A fachada acaba nun campanario arrogante composto por dous corpos rectangulares, o primeiro con dous arcos de medio punto, e o segundo cun só, sendo separadas por molduras de diferentes tamaños, todo coroado por tres pináculos. 

       Enriba da porta adintelada cunha sinxela moldura crebada nas esquinas, asoma un corredor que resgarda un altar franqueado por unha fiestra do lado da epístola e no do evanxeo por unha porta que leva a tribuna. 

     Este conxunto é enmarcado por pilastras lisas e resaltadas da fachada con basas e capiteis moldurados por enriba deles un encablamento rematando con pináculos. 

MAPA

 

 Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA 

viernes, 13 de junio de 2025

CASA RECTORAL DE AMIL - SAN MAMEDE DE AMIL - MORAÑA

CASA RECTORAL DE AMIL

SAN MAMEDE DE AMIL

MORAÑA

 Amil
      San Mamede de Amil é unha parroquia que se localiza no concello de Moraña.

     Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 472 habitantes (253 mulleres e 219 homes), distribuídos en 16 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 522 habitantes. 

      Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 414 habitantes, sendo 197 homes e 217 mulleres.

Patrimonio histórico-artístico
     A igrexa parroquial foi construída en 1781.

     En 1892 rematouse de construír o Santuario da Virxe dos Milagres, onde se celebra o primeiro domingo despois do 8 de setembro a Romaría dos Milagres de Amil, á que asisten milleiros de peregrinos de toda Galicia.

       A tradición popular conta que todo naceu dun milagre acontecido no século XVIII. Había un labrego chamado Sebastián, que debía percorrer un longo camiño ata unha fonte afastada para conseguir a auga necesaria para regar a súa horta e a dar de beber ó seu gando, polo que rezaba con devoción á Virxe. 

      Un día, despois de rezar pedindo axuda, púxose a cavar na terra e milagrosamente comezou a brotar un manancial. A auga era tan abondosa que mesmo lle permitiu construír un muíño que movía a auga deste manancial.

MAPA

  

XOAN ARCO DA VELLA