viernes, 6 de junio de 2025

PETO DE PONTE CASTELÁNS - CASTELÁNS - COVELO

 PETO DE PONTE CASTELÁNS

CASTELÁNS

COVELO

Casteláns
       Esta parroquia a sitúa no límite do Concello de Covelo co de Mondariz , ten unha extensión de 7,5 Km 2 e 416 habitantes. 

      É unha das parroquias cos máis fermosos vales do municipio. 

       Nela consérvanse restos dunha igrexa románica de finais do século XII, que foi mosteiro, probablemente de monxas benitas . O único que queda desta construcción é a súa ábsida, de cuarto de esfera sobre nervios procedentes de pequenas columnas. Nos vans da ábsida, aprécianse pequenas ventás de arquivolta semi circular apoiada en columnas por dentro e por fóra. Tamén posúe canecillos e os arcos interiores dalgunha ventá son de ferradura de influencia mozárabe. 

      Estes restos poden ser visitados en Mondariz Balneario , onde foron trasladados a principios do século pasado. 

     Casteláns probablemente foi na antigüidade un lugar onde residiron persoas de leis e escribáns. 

      Consérvanse aínda escudos heráldicos en varias "casas grandes" da parroquia que teñen un notable interese.

    As súas terras son fértiles debido a unha menor altitude e recollen un viño afrutado e saboroso. tamén o año e o cocido son dous manxares propios do lugar.

      No barrio de Lourido manan unhas augas sulfurosas de fama en todo o Concello e que sandan numerosas enfermidades.

Os seus barrios e lugares son: 
      A Arroteña , Ás Barreiriñas , Campelo , A Cancela Grande, A Carrexa , Ás Casanianas , Casteláns , O Ceo , A Costa, O Couto, A Doadiña , A Fonte , Lourido , A Pena, Ás Pereiras , O Pío, A Sequeira , Sobreira   

MAPA

 

Fuente: Concello de Covelo

XOAN ARCO DA VELLA 

jueves, 5 de junio de 2025

PONTE FORCADELA - A PONTE - FORCADELA - RÍO CEREIXO DA BRIÑA - TOMIÑO

 PONTE FORCADELA

A PONTE

FORCADELA

RÍO CEREIXO DA BRIÑA

TOMIÑO

Ponte de Forcadela
      Ponte que salva o tramo final do río Cereixo da Briña no antigo camiño de Tui á Gurda. 

      Construída nos séculos XV, XVI, está toda ela realizada en sillería irregular agás o intradous do arco e a súa dovelaxe. 

     Presenta un arco de medio punto e pretil a base de perpiaños.

Comarca do Baixo Miño
     A comarca do Baixo Miño é unha comarca galega situada no suroeste da provincia de Pontevedra e a súa capital é Tui. 

       Pertencen a ela os concellos da Guarda, Oia, O Rosal, Tomiño e Tui.

Xeografía
     A comarca do Baixo Miño localízase co océano Atlántico ao oeste e o río Miño ao sueste que lle serve de fronteira natural con Portugal, até a súa desembocadura na Guarda, onde forma un amplo esteiro de importancia ornitolóxica. 

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA 

MUIÑO DA PONTE - A PONTE - FORCADELA - TOMIÑO

 MUIÑO DA PONTE

A PONTE

FORCADELA

TOMIÑO

Muíño da Ponte
      Edificación feita a base de cachotería irregular granítica, de planta rectangular e cuberta a dúas augas.

     Posúe dous infernos.

     Este muíño atópase no antigo camiño de Tui á Guarda, ao carón da ponte de Forcadela

Ponte de Forcadela
     Ponte que salva o tramo final do río Cereixo da Briña no antigo camiño de Tui á Gurda. 

      Construída nos séculos XV, XVI, está toda ela realizada en sillería irregular agás o intradous do arco e a súa dovelaxe. 

     Presenta un arco de medio punto e pretil a base de perpiaños. 

 Comarca do Baixo Miño
       A comarca do Baixo Miño é unha comarca galega situada no suroeste da provincia de Pontevedra e a súa capital é Tui. 

     Pertencen a ela os concellos da Guarda, Oia, O Rosal, Tomiño e Tui.

Xeografía

      A comarca do Baixo Miño localízase co océano Atlántico ao oeste e o río Miño ao sueste que lle serve de fronteira natural con Portugal, até a súa desembocadura na Guarda, onde forma un amplo esteiro de importancia ornitolóxica.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

miércoles, 4 de junio de 2025

PETO DE MACENDO - IGREXA DE SANTA MARÍA DE MACENDO - CASTRELO DO MIÑO

 PETO DE MACENDO

IGREXA DE SANTA MARÍA DE MACENDO

CASTRELO DE MIÑO

Macendo
      Santa María de Macendo é unha parroquia do concello de Castrelo de Miño, na provincia de Ourense. 

     No ano 2007 tiña 531 habitantes, deles 259 eran homes e 272 eran mulleres.

Lugares de Macendo
    
 Albín, A Bouza, As Bouzas, Casardeita, Covelas, A Ermida, Fondo de Vila, Meizo, Pousada, Ramiras, San Pedro, Señorín, Souto, Tallón, Vilela 

Comarca do Ribeiro
      A comarca do Ribeiro é unha comarca galega situada na provincia de Ourense no curso medio do río Miño, que a percorre de nordeste a suroeste. 

       A súa capital é Ribadavia, e a ela pertencen os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. Dálle nome ao viño do Ribeiro.

      Ocupa unha superficie de 406,92 km², nos que viven 15.571 habitantes (2020). Por ela transcorren tamén os ríos Arnoia e Avia. O Miño está represado nos encoros de Castrelo de Miño e da Frieira. 

      Existen varios balnearios que aproveitan as augas. Desde a Serra do Suído e Faro de Avión, ao oeste, onde se chega ao 1.000 m de altitude, o relevo descende até só 97 m en Ribadavia e Arnoia.  

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

CRUCEIRO DE SOCASTRO - SOCASTRO - HERBOGO - ROIS

 CRUCEIRO DE SOCASTRO

SOCASTRO

HERBOGO

ROIS

 Socastro
    Socastro é un lugar da parroquia de Herbogo no concello coruñés de Rois, na comarca do Sar. 

     Situado ao pé do castro. Ten 19 habitantes (12 mulleres e 7 homes). 

Cruceiro de Socastro
      Sitúase nunha encrucillada no medio da aldea. De pedestal fanlle tres chanzos e a base, cúbica. 

      O varal é corrente, primeiro de sección cuadrangular e logo octogonal. 

       Segue o capitel, de catro lados, cunha cara de anxo no medio de cada un, moi tosca.

      Tamén a cruz é normal, de sección cuadrangular, agás nos extremos. Cristo ten a cabeza caída cara a un lado. 

       Por detrás está a Virxe das Angustias co fillo morto no colo, que non é máis que un meniño se o comparamos coa Nai. Apoia os pés sobre unha pequena piaña que semella unha nube.

       Ten unha inscrición initelixible que, ademais, non ten data. Pode ser obra do século XIX. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

 

lunes, 2 de junio de 2025

CRUZ DO CASTELIÑO - MONTE DO CEO - ALÉN - XIRAZGA - BEARIZ

 CRUZ DO CASTELIÑO

MONTE DO CEO

 ALÉN

XIRAZGA

BEARIZ

 O CASTELIÑO en Xirazga
       Unha cruz sobre unha pena, que leva mais de douscentos anos resistíndo o paso do tempo, e o abandono.

         Contannos os avós de hoxe, o que "seus avós" decían deste lugar, que non saben moi certo, se é que ía dar a volta alí unha procesión, ou daban a volta cos difuntos que viñan de outro lugar. 

      Atópase no Camiño vello, hoxe, de difícil acceso, está dibuxado no Roteiro de Xirazga, pero mal señalizado.

      Moi agradecido a Mariluz Rodriguez, por a axuda para facer este traballo. GRACIAS.

 Alén
     Alén é un lugar da parroquia de Xirazga, no concello de Beariz, na provincia de Ourense. 

       No ano 2008 tiña 27 habitantes, 8 homes e 19 mulleres; o que supón unha diminución no número de efectivos.

Xirazga
       San Salvador de Xirazga é unha parroquia do concello de Beariz na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. 

      Segundo o IGE, en 2016 tiña 180 habitantes, dos cales 72 eran homes e 108 mulleres. Isto supón unha diminución de habitantes con respecto ao ano 2006 cando tiña 254. 

MAPA

 

 Fuente e fotos: Mariluz Rodriguez

XOAN ARCO DA VELLA