lunes, 2 de junio de 2025

CALVARIO DE SAN XULIÁN DE BASTAVALES - A IGREXA - BASTAVALES - BRIÓN

 IGREXA DE SAN XULIÁN DE BASTAVALES

A IGREXA

BASTAVALES

BRIÓN

      Esta no campo da festa e ten a particularidade que ser o único calvario do Concello.

     Está composto de tres cruces e un pousadoiro no centro.

      As cruces laterais son moi sobrias en cando a súa composición.

      Carecen de figuración, teñen extremos potenzados e van sobre plataforma de tres chanzos e varal de arestas rebaixadas.

      O pousadoiro vai sobre unha tarima de pedra de forma circular, soportada por unha columna adelgazada na parte central, a modo de escocia, e remates cúbicos nos extremos.

       O cruceiro principal ten plataforma de tres chanzos e o pedestal está traballado con moldura na parte superior.

      O capitel ten a orixinalidade de ser de forma oval.

     Segue a cruz, de feitura cilíndrica con nós ben marcados.

     Na fronte está Xesucristo e por detrás a Virxe das Dores coas mans xuntas apoiadas no peito. 

MAPA

 

 Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA

VIACRUCES E CALVARIO DE SORRIBAS - SORRIBAS - ROIS

 CALVARIO E VIACRUCIS DE SORRIBAS

SORRIBAS

ROIS

 Sorribas
      Sorribas é un lugar da parroquia de Sorribas no concello coruñés de Rois, na comarca do Sar.

       Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 50 habitantes (23 homes e 27 mulleres).

Vía Crucis de Sorribas
     Trátase dun via crucis que, no ano 1698, un emigrante mandou levantar.

     Esta obra, que abarca 200 metros, conta cun total de 12 estacións e un calvario formado por tres cruceiros.

      O via crucis é unha das prácticas de oración máis estendidas entre os cristiáns.

      Refírese ás diferentes partes vividas por Xesús dende o momento no que foi preso ata a crucifixión e sepultura.

Camiño sacramental
     Antigamente había un camiño no cal levaban unha caixa dous ou máis homes co defunto dentro; este camiño comeza dende a porta da Igrexa ata o final do via crucis.

Festas
       San Tomé 21 de decembro.
      Nosa Señora das Dolores 1º domingo septembro.
Festa Sacramento en xuño.

Lugares de Sorribas
 
     A Meana, Reibó, Seaxe, Sorribas, Tourís, Vilar de Abade

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

CALVARIO DAS TRES CRUCES - AS TRES CRUCES - SAN PEDRO - MONDARIZ BALNEARIO

 CALVARIO DAS TRES CRUCES

AS TRES CRUCES

SAN PEDRO

MONDARIZ BALNEARIO

       Na área recreativa coñecida como O Bosque, situada nas inmediacións do río Xabriña e preto da capela románica do século XIII posta baixo a advocación de San Pedro, atópase unha grande peneda granítica apoiada en dous chanzos do mesmo material que a simple vista semella a representación dun enorme dolme, en cuxa cima hai tres cruces sen imaxes, tamén de granito, que representan o Calvario.

       Xunto as cruces hai unha pía cadrada escavada na rocha e, en distintas partes da pena, obsérvanse dúas cruces e ao menos dúas pequenas cazoletas.

Comarca do Condado
     A comarca do Condado é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Ponteareas.

      Pertencen a ela os concellos de Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, Ponteareas e Salvaterra de Miño. 

MAPA

 

Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA

domingo, 1 de junio de 2025

PETO CALVARIO DO CASTRO - O CASTRO - COVELO

 PETO CALVARIO DO CASTRO

O CASTRO

COVELO

 O Castro
     O Castro é un lugar da parroquia de Santiago de Covelo, no concello pontevedrés de Covelo, na comarca da Paradanta.

Lugares de Santiago de Covelo
    Carballeda, O Carrizó, O Castro, O Costal, Coveliño, A Ermida, Fontán, O Mangón, Pedregal Os Piñeiros, Santiago de Covelo

Santiago de Covelo
      Santiago de Covelo é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Covelo na comarca da Paradanta.

     Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 599 habitantes (309 mulleres e 290 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 565 habitantes.

     Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 494 habitantes, sendo 255 homes e 239 mulleres.

      O seu monte veciñal foi recoñecido pola ONU en 2017 como exemplo de conservación e de xestión participada.

Comarca da Paradanta
     A comarca da Paradanta é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra. A ela pertencen os concellos de Arbo, A Cañiza (a súa capital), Covelo e Crecente. 

      Limita ao norte coas comarcas de Vigo e do Ribeiro, ao leste con esta última e coa de Terra de Celanova, ao sur con Portugal e ao oeste coa do Condado. 

      Ocupa unha extensión de 339,85 quilómetros cadrados e contaba cunha poboación de 12.060 habitantes no ano 2020.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

domingo, 18 de mayo de 2025

PENEDO DE SANTA XUSTA - SANTA XUSTA - CARBALLEIRA - NOGUEIRA DE RAMUÍN

 PENEDO DE SANTA XUSTA

SANTA XUSTA

CARBALLEIRA

NOGUEIRA DE RAMUÍN

 Santa Xusta
       Santa Xusta é un lugar da parroquia da Carballeira, no concello ourensán de Nogueira de Ramuín, na comarca de Ourense.

       Segundo o IGE, en 2022 tiña 6 habitantes (3 homes e 3 mulleres).

Lugares da Carballeira
        Almorfe, A Barxela, A Buzaxe, A Carballeira, Casdecid, Casdosteo, Casuxeto, Celeiros, Covelas, Nespereira, A Pena, Pousada, San Vicente, Santa Xusta, A Seara do Río, Souto do Chao, O Val, Vilanova, Zumento

A Carballeira
         San Xosé da Carballeira é unha parroquia do concello ourensán de Nogueira de Ramuín na comarca de Ourense. 

      No ano 2007 tiña 142 habitantes (67 homes e 75 mulleres) distribuídos en 19 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 11 habitantes en relación ao ano 2000.

Patrimonio
       No lugar de Celeiros están o pazo de Celeiros, cunha capela do outro lado da estrada. Na parroquia está tamén o pazo da Seara.

Comarca de Ourense
          A comarca de Ourense é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Ourense. 

     Pertencen a esta comarca os concellos de Amoeiro, Barbadás, Coles, Esgos, Nogueira de Ramuín, Ourense, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, San Cibrao das Viñas, Taboadela, Toén e Vilamarín.

         Limita ao norte coa comarca de Chantada (Lugo), ao nordeste coa comarca de Terra de Lemos (Lugo) e comarca da Terra de Caldelas, ao leste e sueste coa de Allariz-Maceda, ao sur coa de Celanova e ao oeste coas do Ribeiro e Carballiño. 

VIDEO


MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA



sábado, 17 de mayo de 2025

SARTEGO DE LOBACES - LOBACES - TRIÓS - ESGOS

 SARTEGO DE LOBACES

LOBACES

TRIÓS

ESGOS

       Lobaces é unha pequena poboación situada na  parroquia de Triós, municipio  de Esgos. Ourense.

        No centro deste pequeno núcleo atopamos a igrexa de nave rectangular, que ten na súa porta un pequeno atrio empedrado ao que se accede desde os dous lados norte e sur a través dunhas puertecillas de reixas e uns chanzos.

       Xunto á porta ao lado sur, ao exterior e ao pé dos tres gradues, é onde atoparemos a tumba, está escavada sobre un afloramento granítico.

      Sepultura de adulto, antropomorfa, pódeselle apreciar reborde en todo o seu perímetro. 

      Este orientada suroeste-nordés esta orientación  vénlle dada pola propia da roca sobre a que se asenta.

        Seguramente aquí existiría antigamente un lugar de culto ao cal debería de pertencer a sepultura e non seria de estrañar que baixo o atrio puidese haber máis sepulturas hoxe soterradas.

MAPA 

 

Fuente: blog enricvillanueva.wordpress.com

XOAN ARCO DA VELLA