jueves, 13 de octubre de 2022

IGREXA DE SANTA MARÍA DE ZOS - ZOS - TRASMIRAS

 IGREXA DE SANTA MARÍA DE ZOS

ZOS

TRASMIRAS

 Iglesia de Santa María
A Igrexa de Santa María atópase na localidade de Zos, pertencente ao termo municipal de Trasmiras, provincia de Ourense.

Descrición
     Trátase dunha construción tardorrománica ampliada posteriormente que, fóra da cabeceira, consérvase practicamente íntegra.

     A portada oeste presenta catro arquivoltas moi decoradas, con sogueado, dentes de serra, etc., que descansan sobre columnas cuios capiteis están labrados con motivos xeométricos e vexetais ademais dun ave.

     A portada sur é moito máis sinxela, destacando a súa tímpano, cun complexo armazón xeométrico.

Estado de conservación
     Atópase en bo estado de conservación.

Protección
     E Patrimonio Histórico Español está protexido pola Lei 16/1985, do 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español (B.O.E. núm. 155, do 29 de xuño de 1985).

Zos
     Santa María de Zos é unha parroquia do concello ourensán de Trasmiras.

     Segundo o IGE en 2013 tiña 67 habitantes (39 mulleres e 28 homes), o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 102 habitantes.

Patrimonio
     Nesta parroquia, a carón da estrada N-525 e da autovía A-52, está un dos cinco touros de Osborne existentes en Galicia: valados publicitarios colocados á beira das estradas por toda España na segunda metade do século XX e declarados patrimonio cultural e artístico.

Trasmiras
     Trasmiras é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Limia. Segundo o padrón municipal, en 2014 tiña 1.456 habitantes (1.828 en 2003). 

     O seu xentilicio é trasmirao.

Xeografía
     O concello, de 56,7 km², abrangue 9 parroquias. O   noroeste do concello está regado pola bacía do río Limia. Outras cuncas importantes son as do río Trasmiras e o Faramontaos.  

     A Veiga de Limia é un espazo natural de 1.400 hectáreas, que se estende por este concello e o veciño de Xinzo de Limia. É unha zona húmida que quedou illada trala desecamento da lagoa de Antela.

Historia
     A zona estivo poboada pola tribo dos límicos. Trala romanización de Galicia quedou baixo influencia do Forum Limucorum. Na idade media quedou baixo influencia do condado de Lemos.

Patrimonio
     Destacan varias igrexas de estilo románico: a de Santa María de Zos consérvase completamente neste estilo, cunha fachada con tres arquivoltas. As de San Xoán de Trasmiras e San Salvador de Vilar de Lebres sufriron reformas posteriores. A de San Martiño de Abavides tamén foi modificada, e o seu retablo foi restaurado. A carón da igrexa hai un cruceiro.

     En Santa Mariña de Escornabois hai un peto de ánimas que forma conxunto cun cruceiro.

     En Vila de Rei hai unha ermida sobre un outeiro.

 Parroquias de Trasmiras     
     Abavides (San Martiño), Chamosiños (Santa Baia), Escornabois (Santa María), Lobaces (Santa María), Trasmiras (San Xoán), Vila de Rei (San Salvador), Vilar de Lebres (San Salvador), Vilaseca (San Román), Zos (Santa María)

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA


miércoles, 12 de octubre de 2022

PETO DE VILARELLO DA COTA - VILARELLO DE COTA - VILARDEVÓS

PETO DE VILARELLO DA COTA

VILARELLO DA COTA

VILARDEVÓS

   Peto de ánimas
   Chámanse petos de ánimas a unha das manifestacións materiais do culto aos mortos e son, xeneralmente, sinxelos monumentos de piedade popular asociados á idea do purgatorio.

    En Galicia é frecuente atopalos en camiños, encrucilladas, atrios de igrexas, etc.

     Os historiadores e etnógrafos sitúan a súa aparición a partir da Contrarreforma, datándose os máis antigos no século XVII, aínda que non sería ata o século XVIII cando se constrúan con máis profusión.

     A súa finalidade é a de ofrecer esmolas de todo tipo ás ánimas do Purgatorio, sendo o seu castigo temporal e podendo así alcanzar o Ceo.

    En compensación, unha vez liberadas intercederán por quenes realizaron as ofrendas.

     As esmolas non eran de carácter estrictamente monetarias, tamén podía tratarse de produtos agrícolas.

     Os petos de ánimas adoitan estar construídos en pedra cunha cruz no alto, polo xeral con imaxes das ánimas no lume do purgatorio e unha figura que as vela (santo, rei ou bispo).

     Na parte frontal aparece un peto para depositar a esmola e protexido cunha reixa ou un cristal.

Algúns levan lendas do tipo:
     Un alma tes e non máis, si a pérdes que farás...  

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA


PETO DA PRAZA - ENXAMES - VILARDEVÓS

PETO DA PRAZA
ENXAMES
VILARDEVÓS

  Petos de Ánimas
     Os petos de ánimas son unha das manifestacións materiais do culto aos mortos, da devoción das ánimas; non deixa de falarnos das ideas moi profundas na mentalidade galega sobre a vida e a morte.

     Afirman os historiadores e etnógrafos que o peto de ánimas xorde despois do século XVI, na situación político-relixiosa da Contrarreforma, é entón cando aparece a idea do Purgatorio.

Segundo Castelao:
     "A nova devoción suprímeo a idea de castigo eterno".

      A mediados do século XVII, Galicia xa deixara de pensar no Inferno para que se entregue de cheo a idea do Purgatorio, do que os seus mortos queridos podían salvarse a forza de oracións e boas obras.

    A finalidade destes elementos populares é a de ofrecer ofrendas de todo tipo (flores, cera, patacas, maíz, pan, aceite ...), ás ánimas que non atopan descanso no Purgatorio, para que alcancen a felicidade no Ceo; unha vez liberadas intercederán por quen fixo a ofrenda, e daban diñeiro para que o cura o administre e dixese misas polos defuntos.

     Os retablos das ánimas, os petos en que se pide a esmola durante a misa e as obras de cantería son manifestacións de culto ás ánimas.

     O estilo artístico , de cantería defínese como "popular"; os devotos coñecían perfectamente as formas e cores que querían e non lle pedían ao canteiro artesan outra cousa que facer a obra encargada coa súa mellor habilidade.

   Os petos unen arquitectura e escultura, e a súa estrutura divídese en tres partes:
- Estructura arquitectónica básica.
- Unha cavidade similar a unha capeliña que ocupa o eixe central e superior (buqueira).
- Unha cavidad case sempre na base da capeliña, tapada cunha lámina de ferro e un buraco para meter as ofrendas (Alxibeira). 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

lunes, 10 de octubre de 2022

RUINAS DA CAPELA DE DOÑA ELVIRA - TRASEIREXA - VILARDEVÓS

RUINAS DA CAPELA DE DOÑA ELVIRA

DOÑA ELVIRA

TRASEIREXA

VILARDEVÓS

Dona Elvira
     Dona Elvira é un lugar da parroquia de Santa María de Traseirexa, no concello ourensán de Vilardevós. 

     Segundo o IGE do 2009 tiña 32 habitantes dos que 17 eran homes e 15 eran mulleres, o que supón unha perda de habitantes con respecto a 2008.

Santa María de Traseirexa
     Santa María de Traseirexa é unha parroquia do concello de Vilardevós na comarca de Verín, na provincia de Ourense. 

     No ano 2007 tiña 237 habitantes, deles 114 eran homes e 123 eran mulleres, o que supón unha diminución de 2 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Lugares de Santa María de Traseirexa
     Bustelo, Dona Elvira, A Fraira, A Moimenta, Santa María, Traseirexa

Comarca de Verín
     A comarca de Verín é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Verín.

      Pertencen á comarca os concellos de Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín e Vilardevós.

Demografía
     Tiña en 2020 unha poboación de 24.999 habitantes, deles 12.455 son homes e 12.544 son mulleres.

     Con 13.647 habitantes (INE 2020) o concello de Verín é a capital da comarca, tendo así, máis do 50% da poboación total da bisbarra (54,59%). 

     O núcleo máis poboado é a cabeceira municipal do anterior concello, que con 10.025 habitantes (2020) ten o 40,10% da poboación comarcal, actuando coma un verdadeira vila macrocefálica en relación ao conxunto comarcal.

     A poboación estranxeira da comarca ascendía en 2020 a 2.004 habitantes. A idade media era de 52,68 anos.

Particularidades
     Dentro da idiosincrasia da bisbarra, unha das manifestacións culturais máis relevantes a nivel rexional e incluso nacional é o entroido. Sendo Laza e Verín os máximos referentes comarcais, completarían o triángulo máximo do Entroido ourensán coa capital da Limia, Xinzo.

      Outra característica común é a dominancia da Casa dos Zúñiga (unha das máis importantes liñaxes de Galicia) do Condado de Monterrei, presenza que queda patente nos escudos dos concellos da comarca. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA