domingo, 6 de junio de 2021

MIRADOR DA CARITAINA - O RAÑADOIRO - PONTE SAMPAIO

 MIRADOR DA CARITAINA

O RAÑADOIRO

PONTE SAMPAIO

 Ponte Sampaio
     Santa María de Ponte Sampaio é unha parroquia que se localiza no concello de Pontevedra. 

     Segundo IGE en 2019 tiña 1031 habitantes (556 mulleres e 475 homes), 80 menos ca en 2008 e 213 menos ca en 1999. 

     Ten catro entidades de poboación segundo o Nomenclátor de Galicia.


     Toma o seu nome da ponte sobre o río Verdugo que a une coa parroquia de Arcade (Soutomaior).

     Por ela pasa a vía portuguesa do camiño de Santiago, e nela foi librada a Batalla de Ponte Sampaio, decisiva na guerra da Independencia española contra os franceses o 7 e 8 de xuño de 1809.

     Desde 1833 até abril de 1960 foi concello de seu xunto coa parroquia da Canicouva.

Xeografía e comunicacións
     A parroquia sitúase no extremo sur do termo municipal de Pontevedra, na beira norte do río Verdugo, que a separa do veciño concello de Soutomaior, e que verte as súas augas á ría de Vigo neste punto. 

     Percorren esta parroquia, ademais do citado Verdugo, o río Ulló (que desemboca na ría nesta parroquia), así como regos de menor entidade como son o río da Ponte Nova, o rego de Cacheiro (ambos vertentes no Ulló), ou o rego dos Muíños, entre varios outros. 

     Como xa se mencionou, a parroquia ten uns centos de metros de costa na súa zona suroeste, bañada polas augas da ría de Vigo. 

     Nesta parroquia están a illa da Insuíña e o illote do Castelo, na desembocadura do río Verdugo.

     Linda ao oeste coas parroquias de Vilaboa (Vilaboa), A Canicouva (Pontevedra), polo norte coa parroquia de Xustáns (Ponte Caldelas), e polo leste con Taboadelo (Ponte Caldelas) e Soutomaior (Soutomaior). Polo sur, limita coa parroquia de Arcade (Soutomaior).

     Dista uns 11 quilómetros da capital do concello. 

     Outros núcleos próximos son Arcade, a menos dun quilómetro, ou O Toural (Vilaboa), a 4 km.

     As principais comunicacións por estrada son a N-550, que percorre brevemente a parroquia, a PO-264 e a EP-0001, esta última conexión coa veciña parroquia da Canicouva.

     Ponte Sampaio carece de apeadoiro algún, pero é atravesado polo Eixe atlántico de alta velocidade. As estacións máis próximas son Arcade e Pontevedra.

     A parroquia é atravesada polo Camiño Portugués.


Demografía
     A parroquia conta con 9 núcleos de poboación rexistrados polo Instituto Galego de Estatística, a maioría dos cales se concentran nun continuo rururbán na parte sur da parroquia, onde outrora se situaba a sede do antigo concello de Ponte Sampaio, e onde aínda hoxe se sitúan o groso dos servizos da parroquia. 

     Os lugares de Acevedo, O Rañadoiro e O Vilar completan o nomenclátor da parroquia. En 2019, Ponte Sampaio contaba con 1.031 habitantes, cifra que amosa un descenso respecto a rexistros de anos anteriores.

     Arredor dun 60% vive na área máis urbanizada da parroquia, mentres que o restante 40% reside nos outros tres lugares xa citados.


Patrimonio
     A ponte, de orixe romana, se ben a actual construción é medieval. Consta de dez arcos semicirculares. 

     A igrexa parroquial de Santa María é románica, e data do século XIII. 

     No lugar de Canos da Laxe hai outra ponte medieval sobre o rio Ulló e dez muíños de auga en mal estado de conservación, que se viron afectados pola crecida das augas no inverno de 2007.

     Consérvanse petróglifos no monte de Chan da Cruz, restos dun poboado castrexo e tramos dunha calzada romana. Amais, na parroquia atopouse un machado da Idade de Bronce.

    No Rañadoiro está o acueduto do Paredón, destinado a regadío. 

     O cruceiro da Bica, no mesmo lugar, é de pedra policromada e na Semana Santa é decorado cun dosel vermello. A antiga escola unitaria para a rapazada de Rañadoiro, Vilar e Acevedo acolle actualmente un centro cultural. No lugar celébranse festas adicadas á Nosa Señora do Rosario.


     En Acevedo hai un cruceiro (A Cruz) construído sobre un antigo petróglifo. No lugar está tamén a capela de San Xosé da Landreira, as ruínas dun pazo, vivendas de comezos do século XVII, unha fonte, e cinco muíños no río dos Muíños, destacando o Muíño de Riba, cunha característica cuba cilíndrica á que chega a auga a través dun acueduto. Segundo a tradición, a Pedra dos Ladróns servía de acubillo a perseguidos en varias guerras.

     Nesta parroquia, a carón da N-550, está un dos cinco touros de Osborne existentes en Galicia: valados publicitarios colocados á beira das estradas por toda España na segunda metade do século XX e declarados patrimonio cultural e artístico.

Lugares de Ponte Sampaio
Acevedo, A Ponte, O Rañadoiro, O Vilar

VIDEO

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA



PETO DE SANTO ANTÓN - SAN SALVADOR DE MACEIRA - COVELO

 PETO DE SANTO ANTÓN

SAN SALVADOR DE MACEIRA

COVELO


 Peto de ánimas
   Chámanse petos de ánimas a unha das manifestacións materiais do culto aos mortos e son, xeneralmente, sinxelos monumentos de piedade popular asociados á idea do purgatorio.


    En Galicia é frecuente atopalos en camiños, encrucilladas, atrios de igrexas, etc.

     Os historiadores e etnógrafos sitúan a súa aparición a partir da Contrarreforma, datándose os máis antigos no século XVII, aínda que non sería ata o século XVIII cando se constrúan con máis profusión.


     A súa finalidade é a de ofrecer esmolas de todo tipo ás ánimas do Purgatorio, sendo o seu castigo temporal e podendo así alcanzar o Ceo.


     En compensación, unha vez liberadas intercederán por quenes realizaron as ofrendas.

     As esmolas non eran de carácter estrictamente monetarias, tamén podía tratarse de produtos agrícolas.

     Os petos de ánimas adoitan estar construídos en pedra cunha cruz no alto, polo xeral con imaxes das ánimas no lume do purgatorio e unha figura que as vela (santo, rei ou bispo).

     Na parte frontal aparece un peto para depositar a esmola e protexido cunha reixa ou un cristal.

Algúns levan lendas do tipo:
     Un alma tes e non máis, si a pérdes que farás... 

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA


MUIÑO DE MUÑIN - RÍO VIÑAO - PONTE NOVA - BOBORÁS

 MUIÑO DE MUÑIN

RÍO VIÑAO

PONTE NOVA

BOBORÁS

 Boborás
     Boborás é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Carballiño. 

     Segundo o Padrón municipal de habitantes no 2015 a súa poboación era de 2510 persoas (3286 en 2003).

     Recibe o seu nome da aldea de Boborás, na parroquia de Xuvencos, onde está a casa consistorial.O seu xentilicio é boborao ou boborés.


Xeografía
     O concello está situado no noroeste da provincia de Ourense. Ten dúas zonas diferenciadas: no sur abondan as fragas e as vides, e no centro e norte, máis accidentados, predominan os prados. 

     Está atravesado polo río Arenteiro polo norte, e polo Cartelle e o Avia polo sur.

     O clima é cálido nos meses de verán e frío e chuvioso nos meses de inverno.


Historia

     Durante a Idade Media asentáronse na zona diversas ordes relixiosas e militares, coma a Orde do Santo Sepulcro, do Temple ou a Orde de San Xoán de Xerusalén, coñecida tamén como Orde de Malta ou de Rodas. 

     Todas elas deixaron a súa pegada en diferentes construcións civís e relixiosas.

Patrimonio histórico e artístico
     A igrexa de San Xulián de Astureses é un templo románico, edificada polos Templarios no século XII. Ten planta rectangular, cunha ábsida semicircular. A fachada presenta unha ornamentación excelente.

     A igrexa de San Martiño de Cameixa mestura varios estilos, destacando a ábsida románica, o reloxo de Sol e os canzorros situados baixo o beiril.

     A igrexa de Xuvencos, restaurada no século XVI, e a igrexa de San Mamede de Moldes, construída sobre un castro transformado posteriormente nun camposanto, tamén son de orixe románica.

     O pazo de Moldes, situado preto da igrexa de San Mamede, é a casa natal de Antón Losada Diéguez.

     O conxunto histórico-artístico de pazos de Arenteiro agrupa a casa de Arriba, Asa e Granxa do Mato, pazo de Cervela, pazo do Currelo, pazo Feixó, pazo de Laxas e pazo de Tizón.


Parroquias de Boborás     
     Albarellos (San Miguel), Astureses (San Xulián), Brués (San Fiz), Cameixa (San Martiño), Cardelle (San Silvestre), Feás (Santo Antón), Laxas (San Xoán), Moldes (San Mamede), Moreiras (Santa Mariña), Pazos de Arenteiro (San Salvador), O Regueiro (San Pedro), Xendive (San Mamede), Xurenzás (San Pedro), Xuvencos (Santa María)


Comarca do Carballiño
     A comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense.

     Toma o nome da súa vila principal. Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín.


Poboación
     No ano 2020 tiña 26.443 habitantes, deles 13.896 eran mulleres e 12.547 homes.

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA