miércoles, 2 de junio de 2021

PETROGLIFO DE ABELAIRES - CANGAS - COMARCA DO MORRAZO

 PETROGLIFO DE ABELAIRES

CANGAS

COMARCA DO MORRAZO

Petróglifos
     Un petróglifo é unha representación gráfica gravada nas rochas ou pedras. 

     Son o antecedente dos símbolos previos á escritura e o seu uso na comunicación data de hai uns 12.000 anos e chega aos tempos modernos, dependendo da cultura e o lugar, dándose sobre todo a partir do Neolítico.

     A palabra provén dos termos gregos petros (pedra) e glyphein (tallar) e foi na súa orixe acuñada en francés como pétroglyphe.

     Este termo non debe confundirse con pictografía, que é unha imaxe debuxada ou pintada na rocha, aínda que ambos os dous pertencen á categoría xeral e máis ampla da arte rupestre. As petroformas ou modelos e figuras feitas en grandes rochas no chan, tampouco son moi parecidas.

Historia
     Os petróglifos máis antigos datan do Paleolítico Superior pero aumentan o seu número extraordinariamente no Neolítico, aproximadamente hai 10.000 ou 12.000 anos. 

     Máis adiante, fai ao redor de 7000 ou 9000 anos comezaron a aparecer outros sistemas de escritura como a pictografía e os ideogramas. 

      Os petróglifos seguiron sendo moi comúns e algunhas sociedades menos avanzadas continuaron utilizándoos durante milenios, ata o momento de entrar en contacto coa cultura occidental no século XX. Atopáronse en todos os continentes, exceptuando a Antártida, aínda que se concentran especialmente en partes de África, Escandinavia, Siberia, o suroeste de Norteamérica e Australia.

Interpretación
     Estas imaxes talladas na rocha probabelmente tiñan un sentido cultural e relixioso moi profundo para as sociedades que as crearon, sentido que en moitas ocasións perdeuse. Crese que moitos petróglifos representaban algún tipo de linguaxe ritual ou simbólico aínda non desvelado. Os glifos máis tardíos da Idade de Bronce Nórdica en Escandinavia parece que fan referencia a algún tipo de fronteira territorial entre tribos, ademais dos significados relixiosos que tiveren.

      Tamén semella que existían dialectos locais ou rexionais entre pobos da mesma familia ou entre veciños. As inscricións en Siberia teñen formas que poderían ser o antecedente das runas, aínda que de momento non se atopou ningunha relación entrámbolos dous e nin sequera se chegou a comprender o seu significado.

     Algúns investigadores decatáronse da semellanza existente entre diferentes estilos de petróglifos atopados en todos os continentes. Con todo, non debe ser difícil explicar estilos semellantes xa que todos os seres humanos inspiráronse no que lles rodeaba.

    Pode deberse a unha sinxela coincidencia, ou ben pode deberse ás migracións que levaron a cabo os diferentes grupos a partir dunha localización común, ou ben pode deberse a unha orixe igual para todos eles.


     Existen outras teorías que sosteñen que os petróglifos foron realizados polos chamáns nun estado alterado de conciencia, quizais inducido polo uso de alucinóxenos naturais.


Petroglifos en Galicia
     As gravuras existentes en Galiza conforman o chamado Grupo Galaico de Arte Rupestre. Todas elas se realizaron sobre granito, aínda que non se sabe se esta foi unha escolla intencional ou se é que se trata simplemente do material máis duradeiro, e por ese motivo chegaron ata os nosos días.

     A maior parte dos petróglifos descubertos e chegados á actualidade dan como resultado que é no sur de Galiza, na provincia de Pontevedra e concretamente no val do río Lérez, onde se conservan a maior parte dos gravados. Canto máis lonxe deste lugar cara ao norte ou ás provincias de interior diminúe o número, estando case sempre relacionados cos vales dos ríos. 

MAPA 

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA


martes, 1 de junio de 2021

IGREXA DE SANTA MARÍA DE AMOEIRO - AMOEIRO

IGREXA DE SANTA MARÍA DE AMOEIRO

AMOEIRO

Igrexa de Santa María de Amoeiro

     Trátase dunha igrexa de estilo románico do S. XII que sufriu importantes reformas nos séculos XVIII e XIX. Consta de tres corpos ben diferenciados, sendo o primeiro deles o correspondente á igrexa primitiva, de planta rectangular e dividida en tres tramos por  contrafortes ao exterior. 

     No S. XVIII ou XIX a esta nave engadíuselle o espazo correspondente ao presbiterio, un corpo de grande volume e planta cadrada. Asemade foille incorporada unha pequena sancristía polo lado setentrional, a carón do presbiterio.

      A súa fachada foi completamente reformada, mantendo tan só algunhas pezas orixinais da primitiva fachada.

     Á esquerda da portada, integrada no seu muro, consérvase unha inscrición orixinaria da construción desta nave perfectamente lexible cuxa transcrición e tradución son as seguintes:“Era M CC predic K(a)l(endas) f(ebruarii) J(o)h(an)nes presbiter fecit dedicacione(m) eccl...(¿ecclclesiac hujus?).”Era milésima quocentésima (ano 1162 da era hispánica), o día antes das kalendas de febreiro (o sexa, el 31 de xaneiro); Xoán presbítero, fixo a dedicación desta igrexa.”


 Amoeiro
     Amoeiro é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Ourense.

     Segundo o IGE en 2016 tiña 2.264 habitantes (2.274 en 2014, 2.371 no 2006, 2.356 no 2005, 2.322 no 2004, 2.276 no 2003).O seu xentilicio é «amoeirés».


Xeografía
     O municipio ten 39,7 km². Está situado na meseta dos Chaos, ao noroeste do val do río Miño. Limita ao norte con Vilamarín e San Cristovo de Cea, ao sur con Ourense e Punxín, ao leste con Coles, e ao oeste con Maside.

     Ten un terreo chan e fértil, con fragas de piñeiros e eucaliptos. Conta cun couto cinexético e cunha zona de pesca no río Barbantiño, no que está a fervenza do Cachón.

     Polo concello discorre a Vía da Prata do Camiño de Santiago.


Historia
     No lugar da Ferradura (Trasalba), consérvanse restos de petróglifos da Idade de Ferro no conxunto do Chan da Feradura. No castro de Zarra tamén hai restos de petróglifos, así como no Raposo. No Coto de Castro e en Marmán atopouse abundante cerámica e estruturas arquitectónicas.

     No lugar do Formigueiro hai restos dun castelo medieval, asentado sobre un castro, do que quedan vestixios en diversas casas e na igrexa do lugar. O castelo do Formigueiro, documentado xa no século XI, era coñecido primitivamente co nome de Alba de Búbal, de onde procede o topónimo Trasalba.

     Consérvanse varios templos relixiosos de arquitectura románica, como as igrexas de San Martiño de Cornoces (levantada sobre penas e un antigo castro) , Santa María de Amoeiro, Santiago de Parada e Santa Mariña de Fontefría (no adro da cal se descubriu un sarcófago de granito anterior ao século XI). Consérvanse restos do mosteiro de Bóveda (o primeiro construído en Galiza da orde do Císter, na segunda metade do século XII), o mosteiro de Cornoces e o mosteiro de San Damián.

     As terras do concello pertenceron ao señorío da Casa de Vilamarín, e estivo incluído entre as enormes posesións do mosteiro de Oseira, da orde cisterciense. Tivo gran produción de gran e pan de trigo, que abastecía ao mercado de Ribadavia, de onde se traía o viño.

     En 1809, durante a guerra da Independencia española, os habitantes dos Chaos salvaron o gando dos ataques das tropas napoleónicas escondéndoo nos habitáculos abovedados soterrados do castelo.

     Na construción da capela de Sanxiao foron utilizadas dúas pedras decoradas procedentes dun poboado castrexo próximo (este tipo de restos atópanse tamén noutras construcións da aldea) e na mesma atopamos unha das únicas aras romanas da provincia reutilizadas como pila bautismal.


     Do patrimonio civil consérvanse pazos e casas grandes coma a dos Mirandas (Parada), Coto Martín (Bóveda), Reinoso (Cornoces), San Damián (Abruciños), Gaión (Amoeiro) e a casa de Cima de Vila en Trasalba, casa natal de Ramón Otero Pedrayo. Pola ponte de San Fiz, sobre o río Barbantiño, no límite co concello de Maside, pasaba o camiño real de Ourense cara a Pontevedra. O forno comunal de Sabariz ten gran valor etnográfico.

Parroquias de Amoeiro    
     Abruciños (San Xoán), Amoeiro (Santa María), Bóveda de Amoeiro (San Paio), Cornoces (San Martiño), Fontefría (Santa Mariña), Parada de Amoeiro (Santiago,| Rouzós (San Cibrao). Trasalba (San Pedro)

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

 

 

IGREXA DE SAN XOÁN - SOBREIRA - VILAMARÍN

 IGREXA DE SAN XOÁN DE SOBREIRA

SOBREIRA

VILAMARÍN

 Sobreira
     San Xoán de Sobreira é unha parroquia do concello de Vilamarín, na comarca de Ourense, provincia de Ourense.

     No ano 2007 tiña 228 habitantes, dos cales 105 eran homes e 123 mulleres.


     O que supón unha perda de habitantes en relación ao ano 2006.

Patrimonio
     No lugar do Rego está o Pazo de Sobreira ou do Rego, do século XVIII, que ocupa illado o centro dunha grande extensión.

     O escudo presenta os brasóns de Enríquez, Mosquera e outros. A capela estivo dedicada a San Xosé.

Lugares de Sobreira
     Arbor, Oxén, O Rego, Sobreira


Vilamarín
     Vilamarín é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Ourense.


     Segundo o padrón municipal en 2014 tiña 2056 habitantes (2236 en 2003).


     O seu xentilicio é vilamarinés.

Xeografía
     Situado ao norte da provincia e a 17 km da súa capital, o concello de Vilamarín ocupa unha superficie de 56 km².

     Limita ao norte co concello de Carballedo (provincia de Lugo) ao sur con Amoeiro, ao leste coa Peroxa e ao oeste con San Cristovo de Cea.


Parroquias de Vilamarín     
     Boimorto (Santa Baia), León (Santa Baia), Orbán (Santa María), Reádegos (San Vicente), O Río (San Salvador), Sobreira (San Xoán), Tamallancos (Santa María), Vilamarín (Santiago), Viña (San Román)


Comarca de Ourense
     A comarca de Ourense é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Ourense. 

      Pertencen a esta comarca os concellos de Amoeiro, Barbadás, Coles, Esgos, Nogueira de Ramuín, Ourense, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, San Cibrao das Viñas, Taboadela, Toén e Vilamarín.

     Limita ao norte coa comarca de Chantada (Lugo), ao nordeste coa comarca da Terra de Lemos (Lugo) e comarca da Terra de Caldelas, ao leste e sueste coa de Allariz-Maceda, ao sur coa de Celanova e ao oeste coas do Ribeiro e Carballiño.

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA




viernes, 28 de mayo de 2021

PETROGLIFO PENA DAS CAZOLAS - SANTE - LARO - SILLEDA

 PETROGLIFO PENA DAS CAZOLAS

SANTE

LARO

SILLEDA

Petroglifos en Silleda
     Outras mostras da cultura prehistórica a salientar son: a Rocha de Penadauga en Escuadro, cargada de ritos e tradicións, os petroglifos da Pena das Cazolas en Laro, do Chao de Petos en Oleiros, a Peneda do Encanto en Siador, os gravados de Primadorno en Breixa e o conxunto de Pena Longa en Cortegada.

      Tamén as rochas gravadas da Mámoa da Braña, de Refoxos e as Brazaletas de ouro de 24 kilates atopadas en Barravaite, en Lamela, hoxe no Museo de Pontevedra, forman parte do rico patrimonio histórico do concello. 



Petróglifo Pena das Cazolas    

     Situación: Sante, Laro
     Época: Idade do Bronce
     Cronoloxía: 2000-1500 a.C.


     Os petróglifos localízanse maioritariamente nunha laxe lixeiramente inclinada cara ao SSW, a carón doutra peneda que a cabalga e que foi desprazada do seu lugar orixinal e que tamén posúe algúns gravados na súa cara vertical.

     A laxe principal contén unha barroca composición a base de motivos escaleiriformes e dunha vintena de combinacións circulares, asociadas a aqueles. 

     Tamén se observan motivos cadrangulares, cazoletas e unha serie de liñas curvas que se unen aos anteriores.

     Estes petroglifos mostran un gran paralelismo cos de Chao de Petos, pola reiterada asociación de círculos e escaleiras.


Laro
Lugares:
     Forcas, Freixeiro, Galán, Laro, A Pereira, O Pereiro, Riobó, San Marrtiño, Sante, O Souto, A Calvela, A Gandarela, Pelures. 

Información turistica:    
     É a cuarta parroquia máis poboada de Silleda. Conforma un núcleo rural de certa importancia en servizos dentro da xeografía do concello que atende ás parroquias colindantes.

     Algunhas empresas relacionadas co metal, a producción láctea e os servizos, incluíndo panaderías e fábrica de gaseosas (máis antiga da comarca),  garantizan a estabilidade da poboación, feito este que se ve fortalecido coas importantes estradas que a cruzan e que van de Silleda ao Carballiño e de Lalín a Pontevedra, coma noutro tempo o facían os Camiños de Arrieiros que levaban ao Ribeiro e á Ulla.


     No aspecto histórico, sobresaen o Cruceiro do Camiño (1171), a igrexa parroquial do S.XIX  preto do Castro, a capela do Pereiro, e os gravados rupestres da Pena das Cazolas da idade do bronce.

     No apartado gastronómico, como non podía ser menos, as carnes, de fama ben gañada, pódense comer na "Parrillada  Milenio" situada en Freixeiro. 

     Mais, se algo lograron os veciños de Laro, foi elevar un produto sinxelo á categoria de prato excelso, a Festa da Tortilla, que ensalza ás amas da casa e visitantes e ás autoridades  que se convidan para dar o pregón.

Festividades:    
     San Salvador que se honra a 1ª fin de semana de Agosto.
     Festa da Tortilla. 

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

Fuente: Turismo de Silleda

XOAN ARCO DA VELLA