miércoles, 18 de noviembre de 2020

MUIÑO DA PALOMA - RÍO OITAVÉN - SOUTOMAIOR

 MUIÑO DA PALOMA

RÍO OITAVÉN

SOUTOMAIOR

Río Oitavén
     O Oitavén é un pequeno río galego da provincia de Pontevedra que, tras confluír co río Verdugo, contribúe á ría de Vigo.

Percorrido
      O Oitavén nace na serra do Suído, dentro do concello da Lama, a preto de 800 m. de altura, desenvolvendo un percorrido moi encaixado, de vales en V, de 32 km. até a súa desembocadura na beira dereita do Verdugo, en Ponte da Barca, no concello de Soutomaior


     Atravesa os concellos da Lama, Ponte Caldelas, Fornelos de Montes, delimita en parte estes dous últimos municipios, e finalmente no de Soutomaior.


     A importancia hídrica do Oitavén estriba no seu superior caudal de 10,5 m³/s (o Verdugo subministra na foz 17 m³/s), de xeito que, ás veces, se fala do sistema Verdugo - Oitavén (o curso común de ambos, en tal caso, atinxe 7 km.).

Afluentes e conca
     A conca do Oitavén é disimétrica, por ter próxima, á súa man dereita, a do Verdugo, de xeito que os seus afluentes principais recíbeos pola beira esquerda: o río da Xesta, o Ventín e o Barragán.

   

      O tamaño total da conca do Oitavén é de 177,7 km² (o do sistema conxunto co Verdugo é de 357 km²).


Aproveitamento

     No tramo medio-alto, nas lindes entre os concellos de Ponte Caldelas e Fornelos de Montes, sitúase o encoro de Eiras.


Réxime hidrográfico

     O Oitavén é un río de réxime pluvial. As precipitacións medias na conca alcanza os 1.884 mm anuais de media, aínda que no tramo superior sitúanse entre 2.000 e 2.500 mm.


Soutomaior
     Soutomaior é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo. Segundo o INE, no ano 2014 tiña 7.356 habitantes. O seu xentilicio é «soutomaiorense».


     Soutomaior localízase entre a serra do Suído e a ría de Vigo, atravesado polo río Oitavén. Este entra no concello encaixado até unirse co río Verdugo en Ponte da Barca, no Salto do Inferno, e logo os dous xuntos desembocan na enseada de San Simón.

     O clima é oceánico, húmido na costa e de montaña no interior. Chove bastante (1.500 mm.), se ben non venta demasiado, co que a temperatura media no verán non supera os 20 °C e a do inverno non baixa dos 10 °C.


Historia

     A historia do territorio durante a Idade Media xira en volta do castelo de Soutomaior e da familia que o fundou, especialmente Pedro Álvarez de Soutomaior (Pedro Madruga), que se enfrontou aos irmandiños e loitou na guerra dinástica que precedeu o reinado dos Reis Católicos.


Patrimonio
    O castelo de Soutomaior, no monte Viso, foi construído no século XII e transformouse no XV nunha fortaleza medieval parcialmente destruída durante a revolta irmandiña.

    No monte da Peneda houbo un castro, do que se conservan restos de tres vivendas e a muralla. Na idade media construíuse alí a fortaleza de Castrizán, derrubada en 1478 durante a Gran Guerra Irmandiña. Posteriormente construíuse o santuario da Virxe das Neves, tamén chamada capela da Peneda. Nela celébranse dúas romarías anuais: o luns de pascua e o 5 de agosto.


      En Aranza atópase o santuario da Virxe da Pena de Francia, construído en 1788.

      A igrexa de Santiago de Arcade é románica e conserva unha interesante portada e capiteis. Na parroquia de Arcade hai 8 cruceiros (adro parroquial, O Calvario, rúa Leiras, rúa Valmonte, Negueirós, rúa do Calacual, capela da Peneda e Cimadevila) e 2 petos de ánimas (A Cacharela e A Devesa).

     Na parroquia de Soutomaior hai 6 cruceiros (adro, cemiterio, As Laxes, Moreira, santuario da Virxe da Pena de Francia e Cortellas), 7 cruces, un peto de ánimas e un esmoleiro.

Parroquias
     Arcade (Santiago), Soutomaior (San Salvador)

 Agradecemento:

     A Luis de Silvoso por acompañarme a moitos recunchos no entorno de este lugar. 

VIDEO

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA


MUIÑO DA CEÑA - CONDESA - MOURENTE - RÍO LEREZ

MUIÑO DA CEÑA

CONDESA

MOURENTE

RÍO LEREZ

Río Lérez
     O río Lérez pertence á vertente atlántica e na súa desembocadura forma a ría de Pontevedra. Parte do seu curso é unha área protexida galega, o ZEC río Lérez.

Curso
     Nace na Serra do Candán, no monte de San Bieito, no lugar da Noveliza, na parroquia de Aciveiro (Forcarei). Percorre 60 km con abundante caudal, na dirección NL-SO, pasando polos concellos de Forcarei, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade e, finalmente, Pontevedra.

     Os seus principais afluentes son o Salgueiro, Cabaleiros, Grande, O Castro, Quireza, Tenorio e Almofrei.


Mourente
     Santa María de Mourente é unha parroquia que se localiza no concello de Pontevedra. 

     Segundo o INE no 2018 tiña 2016 habitantes (1066 mulleres e 950 homes), 89 menos ca en 2008. Ten 27 entidades de poboación.

Historia
     Mourente constituíu concello de seu entre 1841 e 1867, abranguendo as freguesías de Bora, Marcón e Tomeza. O núcleo urbano de Monte Porreiro viviu un espectacular crecemento demográfico desde mediados do século XX.

      Na segunda netade do século XX Mourente tornouse unha parroquia periurbana. Ao estremar polo oeste coa cidade de Pontevedra, a parroquia viuse profundamente afectada polo desenvolvemento urbano desta última.

     É a parroquia do concello de Pontevedra que máis poboación perdeu polo éxodo urbano, cunha diminución de máis dun 30% entre 1981 e 2012. 

     Así e todo, a viciñanza con Pontevedra tamén implicou a creación en Mourente de infraestruturas clave. De feito, na parroquia encóntrase un centro adscrito á Universidade Nacional de Educación a Distancia, así como a Cidade Infantil Príncipe Felipe, dependente da Deputación de Pontevedra e o hospital de Montecelo, que forma parte do Complexo Hospitalario de Pontevedra.


Patrimonio
     A igrexa parroquial está dedicada a Santa María, padroeira da parroquia na súa advocación da asunción. O remate da construción do templo e do seu adro data de 1769. Ten unha planta de cruz latina dunha soa nave e é de estilo barroco con influencia do neoclásico, sobre todo na súa fachada. Para a súa construción empregáronse materiais da antiga igrexa medieval. 

     No interior da igrexa encóntrase o famoso Mouro de Mourente, un atalante de gran tamaño esculpido en granito e que sostén o púlpito. O Mouro de Mourente é obxecto dunha lenda difundida por Antonio Blanco Freijeiro no álbum Pontevedra, boa vila (1947) do debuxante Agustín Portela Paz.

Ademais da igrexa parroquial hai tres capelas na parroquia:
        A capela de san Mamede (de estilo románico, dos séculos X e XI) situada en Moldes, foi trasladada no século XX para o interior do cemiterio municipal de San Amaro tras ser adquirida polo concello. É de estilo románico, con planta dunha soa nave e ábsida rectangular dividida en dous corpos, reforzados por contrafortes e bóveda de canón apuntada.


    A capela de Santa Margarida, de estilo románico, acolle no seu adro un carballo centenario de sona que está incluído no Catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galicia.
    A capela de San Amaro está a carón do camposanto municipal do mesmo nome.

Festas
     O 15 de agosto celébrase a festa patronal. Tamén se conmemora o día da Virxe do Carme (domingo anterior ao 16 de xullo) e santa Margarida (primeiro domingo de agosto). 

     En marzo celébrase a festa gastronómica do caldo galego.

Lugares de Mourente
    Areás, A Bouza, Os Campos, Carabelos, Casas Novas, Condesa, Cons, Eirós, Freixeiro, A Laxe, Moldes, Monte Porreiro, O Monte, Mourente, O Outeiro, O Pazo, A Raxeira, San Amaro, Santa Margarida, Vilaverde 

MAPA 

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA


martes, 17 de noviembre de 2020

MUIÑO DE CASA VELLA - RÍA DE ARRIBA - RÍO PINTOS - MARCÓN

MUIÑO DE CASA VELLA

RÍO PINTOS

RÍA DE ARRIBA 

MARCÓN

Marcón
     Marcón é unha parroquia rural do municipio de Pontevedra, na provincia de Pontevedra.

Poboación
     Segundo os datos da INE no 2000 había 2169 habitantes nesta parroquia dos cales 1050 eran varóns e 1119 eran mulleres.


     No 2008 esa poboación incrementouse un 1,98%, xa que había unha poboación total de 2212 habitantes, dos cales 1055 eran varóns e 1157 mulleres.


Lugares de interese

     O pé do monte da Fracha (545m), famosas polas fontes de augas medicinales (fonte dos bañitos).

     A parroquia de Marcón, tempo atras pertenceu ao entón concello de Mourente.


       Limita con Canicouva, Tomeza, Bora, e Mourente.

      A igrexa parroquial de Marcón, a casa rectoral e a ponte do Couto son mostras máis destacadas do seu patrimonio monumental.


      Nesta parroquia está situado o polígono industrial do Campiño, lindando co veciño concello de Ponte Caldelas.

Lugares
      Albeiro, A Barcia, A Cardosa, A Ermida, Marcón, Pazos, Peralba, Pintos, Ría de Abaixo, Ría de Arriba, Carracedo, Valadares, Vilafranca


Festas
     Cada primeiro fin de semana de setembro celébranse as festas en honor á Virxe do Rosario e das Dores.


      A parroquia tamén celebra as festas en honor ao seu patrón San Miguel os días 29, 30 de setembro e 1 de outubro.

     Hai unha festa gastronómica que goza cada vez de máis fama, é a Festa dá Fabada que se celebra todos os anos no mes de abril e é organizada polo equipo de fútbol do Marcón Atl. 

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA


LAGOA DA CANTEIRA DA FRACHA - MONTE DA FRACHA - TABOADELO - PONTE CALDELAS

 CANTEIRA LAGOA DA FRACHA

MONTE DA FRACHA

TABOADELO

PONTE CALDELAS


      No Monte da Fracha nunha pista que vai da Cruz do Brasil en Taboadelo cara a Marcón atopamos os restos de unha canteira que agora inundada formou unha lagoa.

Taboadelo
     Santiago de Taboadelo é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Ponte Caldelas.


      Segundo o IGE no 2017 tiña 204 habitantes (110 homes e 94 mulleres), distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución respecto ós padróns anteriores.

Historia
     No libro Manuel Murguía, de Vicente Risco, menciona que en Taboadelo aínda se celebraba "A xunta dos homes".


     Trátase dunha asemblea rural con cargos vitalicios (repúblicos, todos os homes casados da parroquia) e electos cada ano (mordomo, elixido cada 1 de xaneiro).


Festas
     Desde o ano 2004 celébrase na parroquia a Festa do Muíño, á beira do río Verdugo. 

     Desde a restauración do muíño de Abaixo, por parte da Asociación de Veciños O Carballo, a penúltima fin de semana de xuño prográmanse degustacións gastronómicas e actos lúdicos e musicais, con zona de acampada.


Lugares de Taboadelo
     Taboadelo, Verdugo

Nota:
     Meu agradecemento a Fernando Orge un traballador incansable por dar a coñecer a sua parroquia Taboadelo....GRAZAS.

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

 

XOAN ARCO DA VELLA