viernes, 4 de septiembre de 2020

PETO DE SANTA BAIA - SANTA BAIA DE ANTEFOZ - CARTELLE

PETO DE SANTA BAIA
SANTA BAIA DE ANTEFOZ
CARTELLE


Petos de Ánimas
     Os petos de ánimas son unha das manifestacións materiais do culto aos mortos, da devoción das ánimas; non deixa de falarnos das ideas moi profundas na mentalidade galega sobre a vida e a morte.



     Afirman os historiadores e etnógrafos que o peto de ánimas xorde despois do século XVI, na situación político-relixiosa da Contrarreforma, é entón cando aparece a idea do Purgatorio.



Segundo Castelao:
     "A nova devoción suprímeo a idea de castigo eterno".


     A mediados do século XVII, Galicia xa deixara de pensar no Inferno para que se entregue de cheo a idea do Purgatorio, do que os seus mortos queridos podían salvarse a forza de oracións e boas obras.


     A finalidade destes elementos populares é a de ofrecer ofrendas de todo tipo (flores, cera, patacas, maíz, pan, aceite ...), ás ánimas que non atopan descanso no Purgatorio, para que alcancen a felicidade no Ceo; unha vez liberadas intercederán por quen fixo a ofrenda, e daban diñeiro para que o cura o administre e dixese misas polos defuntos.


     Os retablos das ánimas, os petos en que se pide a esmola durante a misa e as obras de cantería son manifestacións de culto ás ánimas.



     O estilo artístico , de cantería defínese como "popular"; os devotos coñecían perfectamente as formas e cores que querían e non lle pedían ao canteiro artesan outra cousa que facer a obra encargada coa súa mellor habilidade.


 
     Os petos unen arquitectura e escultura, e a súa estrutura divídese en tres partes:



- Estructura arquitectónica básica.
- Unha cavidade similar a unha capeliña que ocupa o eixe central e superior (buqueira).
- Unha cavidad case sempre na base da capeliña, tapada cunha lámina de ferro e un buraco para meter as ofrendas (Alxibeira).


MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

jueves, 3 de septiembre de 2020

PETO DE TEIXUGUEIRAS - XINZO DE TEIXUGUEIRAS - CARTELLE

 PETO DE TEIXUGUEIRAS
XINZO DE TEIXUGUEIRAS
CARTELLE


Petos de ánimas
   Chámanse petos de ánimas a unha das manifestacións materiais do culto aos mortos e son, xeneralmente, sinxelos monumentos de piedade popular asociados á idea do purgatorio.



    En Galicia é frecuente atopalos en camiños, encrucilladas, atrios de igrexas, etc.



     Os historiadores e etnógrafos sitúan a súa aparición a partir da Contrarreforma, datándose os máis antigos no século XVII, aínda que non sería ata o século XVIII cando se constrúan con máis profusión.



     A súa finalidade é a de ofrecer esmolas de todo tipo ás ánimas do Purgatorio, sendo o seu castigo temporal e podendo así alcanzar o Ceo.



     En compensación, unha vez liberadas intercederán por quenes realizaron as ofrendas.



     As esmolas non eran de carácter estrictamente monetarias, tamén podía tratarse de produtos agrícolas.



     Os petos de ánimas adoitan estar construídos en pedra cunha cruz no alto, polo xeral con imaxes das ánimas no lume do purgatorio e unha figura que as vela (santo, rei ou bispo).


     Na parte frontal aparece un peto para depositar a esmola e protexido cunha reixa ou un cristal.



Algúns levan lendas do tipo:
     Un alma tes e non máis, si a pérdes que farás...


MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

miércoles, 2 de septiembre de 2020

PETO DE LAMAS DE OUTEIRO - CARTELLE

 PETO DE LAMAS DE OUTEIRO
LAMAS DE OUTEIRO
CARTELLE


Petos de Ánimas
     Os petos de ánimas son unha das manifestacións materiais do culto aos mortos, da devoción das ánimas; non deixa de falarnos das ideas moi profundas na mentalidade galega sobre a vida e a morte.



     Afirman os historiadores e etnógrafos que o peto de ánimas xorde despois do século XVI, na situación político-relixiosa da Contrarreforma, é entón cando aparece a idea do Purgatorio.



Segundo Castelao:
     "A nova devoción suprímeo a idea de castigo eterno".



     A mediados do século XVII, Galicia xa deixara de pensar no Inferno para que se entregue de cheo a idea do Purgatorio, do que os seus mortos queridos podían salvarse a forza de oracións e boas obras.



     A finalidade destes elementos populares é a de ofrecer ofrendas de todo tipo (flores, cera, patacas, maíz, pan, aceite ...), ás ánimas que non atopan descanso no Purgatorio, para que alcancen a felicidade no Ceo; unha vez liberadas intercederán por quen fixo a ofrenda, e daban diñeiro para que o cura o administre e dixese misas polos defuntos.



     Os retablos das ánimas, os petos en que se pide a esmola durante a misa e as obras de cantería son manifestacións de culto ás ánimas.



     O estilo artístico , de cantería defínese como "popular"; os devotos coñecían perfectamente as formas e cores que querían e non lle pedían ao canteiro artesan outra cousa que facer a obra encargada coa súa mellor habilidade.



     Os petos unen arquitectura e escultura, e a súa estrutura divídese en tres partes:



- Estructura arquitectónica básica.
- Unha cavidade similar a unha capeliña que ocupa o eixe central e superior (buqueira).
- Unha cavidad case sempre na base da capeliña, tapada cunha lámina de ferro e un buraco para meter as ofrendas (Alxibeira).


MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

martes, 1 de septiembre de 2020

PETO DOS PASOS DE VILAR - A BOUZA - MONDARIZ

PETO DOS PASOS DE VILAR
A BOUZA
MONDARIZ


    Os petos de ánimas, os cruceiros e os hórreos son os tres referentes do que poderiamos chamar os monumentos de arte menor da arquitectura rural de Galicia.


     Para a arte maior deixamos as igrexas, muiños, pazos e outras construcións de carácter civil ou militar como torreóns, murallas, etc.



     Polos montes e vales do sur de Galicia e do norte de Portugal, topámosnos/topámonos con frecuencia con estas encantadoras expresións da arte rural.



     Hoxe adicámoslle a nosa atención aos petos de ánimas e pequenos monumentos piadosos que ao longo dos séculos, sobre todo a partir do XVII han ir xurdindo en pobos e aldeas.


 
     Os petos de ánimas son esas pequenas capeliñas que se atopan polo xeral nos camiños e encrucilladas para honrar ás ánimas que esperan a súa liberación no purgatorio en cuxa hucha ou peto depositan os fieis as súas esmolas para financiar as misas que axuden a levalos ao ceo onde, xa na gloria, intercederán polos seus benefactores.



     Estes sinxelos monumentos obra dos canteiros locais, adoitan estar decorados cunha representación das pobres ánimas mergulladas en linguas de lume e en actitude suplicante, cara o seu intercesor que adoita ser un santo, San Antonio, por exemplo, un bispo ou a Virxe do Carmen, entre outros.



     Tamén se atopan, sobre todo en Portugal, construcións deste tipo, pero non adicadas ás ánimas do purgatorio senón a unha devoción en particular, sendo bastantes frecuentes as relacionadas con Cristo cruficado.



     En Fornelos, que significa hornacina en galego, teñen unha dedicada a San Lourenzo


MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

lunes, 31 de agosto de 2020

INAGURACIÓN DA AMPLIACIÓN DO ALBERGUE DE PEREGRINOS DE PONTEVEDRA


INAGURACIÓN DA AMPLIACIÓN 
DO ALBERGUE DE PEREGRINOS
PONTEVEDRA


     Logo de múltiples problemas.... xa temos a nosa tan ansiada ampliación do albergue, moito traballo e quebradeiros de cabeza pero tamén moitos apoios e ganas, levounos a inauguralo este 28 de Agosto do 2020. 



     Cun reducido grupo polo covid, contamos con autoridades, amigos e colaboradores.




     Bendicido polo Dean da Catedral de Santiago unha emotiva e pequena celebración pola mañá. 



 
     Pola tarde fíxose unha homenaxe ao Manton de Manila e un desfile cos mesmos, tamén cun reducido grupo de asistentes. 


     Un día feliz e de satisfacción para os Amigos do Camiño Portugués a Santiago




 Algo de historia   
     No Ano 93 nace a Asociación dos Amigos do Camiño Portugués a Santiago.




     Os Amigos do Camiño Portugués inician o seu estudo, recuperación e señalización (1993) e presentan ao Xacobeo a súa proposta de incluílo dentro dos Camiños de Santiago



 
     A Asociación realiza diversas peregrinacions e actividades, entre as que se atopa a visita ao Parlamento Europeo en 1997, recibidos por Enrique López Veiga para que sexa considerado como Itinerario Cultural Europeo, a resposta posterior é que a denominación de Itinerario Cultural é xenérica para todos os Camiños.




     No Ano 1998, a peregrinación do actual Presidente español Mariano Rajoy, daquela ministro de Administracións Públicas polo Camiño Portugués, con gran difusión mediática , supuxo un gran lanzamento do Camiño Portugués



 
     No ano 1999, constrúense os primeiros albergues, Padrón, Pontevedra, Redondela, Tui e o Camiño pasa a ter 12.000 peregrinos os que o converte no Camiño revelación.




     Dende ese momento o Camiño segue medrando ata este ano en que alcanzaremos previsiblemente 32.000 peregrinos case a mesma cifra que no Ano Santo de 2010 (34.147), pero coa circunstancia de que no Ano Santo son moitos os peregrinos galegos que aproveitan para gañar as grazas xubilares, (grupos de igrexa, colexios, etc), mentres que este ano (2013) son peregrinos de todas as partes do mundo.


VIDEO
MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Texto: Pilar Amaro
XOAN ARCO DA VELLA

miércoles, 26 de agosto de 2020

CRUZ DE "CRUZ FUENTES" - PÉ DA MÚA - MONTE DA CASTRELADA - PONTE CALDELAS

CRUZ DE "CRUZ FUENTES"
PÉ DA MÚA
MONTE DA CASTRELADA
PONTE CALDELAS


     Os que coñecedes Galicia habredes visto miles de cruceiros, petos de ánimas, ou as veces simplemente cruces situadas á beira dos camiños.

     Unhas veces a súa misión era de protección, outras para salvar a alma e moitas recordan tráxicos sucesos.



     Esta que publicámos hoxe egrazas á vos, porque sodes increibles, e impagable a vosa axuda de moitos que me enviastes mensaxes,  en especial a Lola Muiños Garcia, Ana Iglesia Perez e tamen Luis de Laxoso.



     Moitas Gracias a todos sin vos seia imposible, gracias



     Esta cruz está adicada e recorda a morte no lugar de Cruz Fuentes veciña de Tourón de 28 anos que traballaba nunha repoblacion forestal na zona


     Cruz Fuentes morreu como consecuencia do corremento de pedras nas que se abrigaba da choiva e parece fallou o terreno e estas cairon enrriba de ela.


     O lugar onde atopamos esta cruz e no camiño forestal que vai de Pé da Múa a Laxoso no Monte da Castrelada.


MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA