miércoles, 6 de mayo de 2020

BALNEARIO DE FONTENOVA - VERÍN - OURENSE

BALNEARIO DE FONTENOVA
VERÍN
OURENSE


Antigo Balneario de Fontenova
     O antigo balneario de Fontenova foi inaugurado en 1902, xa coñecido anteriormente como fonte de Espido e cuxas augas embotelladas alcanzarían gran fama na España de posguerra e no estranxeiro.


     Declaradas de utilidade pública en 1904, algúns estudos afirman que xa na época romana eran coñecidas as súas calidades excepcionais.


     As súas augas manan a unha temperatura semellante aos outros manantiales, tamén ten efectos nos cálculos úricos, as dores de ijada, reumatismo, pinga, afecciones hepáticas, dispepsia gástrica e os padecementos de estómago e vexiga.


Verín
     Verín atópase no corazón do fértil val de Monterrei, á beira do río Támega, no extremo máis meridional do oriente galego.


     A vila, que xurdiu ao pé dunha importante fortaleza medieval, é paso obrigado cara a Portugal e Castela e tradicional lugar de descanso pola calidade das súas augas medicinais.


     É, ademais, zona de paso para os peregrinos que acoden a Compostela, xa que polas súas rúas transcorre a transitada Vía da Prata.

MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube


XOAN ARCO DA VELLA

martes, 5 de mayo de 2020

BALNEARIO DE SOUSAS - VERÍN

 BALNEARIO DE SOUSAS
VERÍN
OURENSE


Balneario de Sousas (Verín)
Tipos de augas
     Dispón de augas bicarbonatadas-sódicas, litínicas e fluoradas, que emanan a unha temperatura de 19 °C.


Indicacións terapéuticas
    problemas de ril
    hiperclorhidria
    gastralxia
    úlcera gástrica
    enterite crónica
    ictericia hepatóxina
    catarro vexical crónico
    cálculos incipientes
    prostatite crónica



Programas
    bebida (o servizo de toma de auga é gratuíto)



Historia
     Declarada de utilidade pública en 1859. 



     Hoxe en día, se se quere desfrutar de estas augas con propiedades mineiro medicinais, hai que desprazarse ao antigo quiosco que se conserva, en cuxo interior está a fonte á que se acode para realizar curas de auga, en tomas progresivas, durante quince días.



     Na actualidade as  augas que se comercializan como auga de bebida envasada, fano coa clasificación de Auga Mineral Natural.


Verín
     Verín atópase no corazón do fértil val de Monterrei, á beira do río Támega, no extremo máis meridional do oriente galego.



     A vila, que xurdiu ao pé dunha importante fortaleza medieval, é paso obrigado cara a Portugal e Castela e tradicional lugar de descanso pola calidade das súas augas medicinais.



     É, ademais, zona de paso para os peregrinos que acoden a Compostela, xa que polas súas rúas transcorre a transitada Vía da Prata.


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

lunes, 4 de mayo de 2020

NAO VICTORIA - PORTO DE SANXENXO

 NAO VICTORIA
PORTO DE SANXENXO



Nao Victoria
   A Victoria foi unha nao ou carraca construída no século XVI pola monarquía hispana para a navegación oceánica.


     A Victoria foi a primeira nave en circunnavegar a terra. 


     Foi construída para a chamada «Armada da especiería» ou «Armada de Magallanes» sendo o único navío que deu a volta ao mundo (1519-1522) ao mando de Juan Sebastián Elcano.


Descrición    
     A nao Victoria armouse nos estaleiros de Zarautz (País Vasco).


     Non queda documentación do estaleiro nin da súa construción ou planos.


     O nome vén da igrexa de Santa María da Victoria de Triana (Sevilla).


     Alí foi onde Fernão de Magalhães xurou servizo ao rey Carlos I.


     Tiña unha capacidade de carga de 85 toneis viscaínos (102 toneladas).


     Tivo un custo de 300 000 marabedís, incluíndo o bote e o aparello.​


No inicio da expedición contaba cunha tripulación de 45 homes
     9 oficiais, 11 mariños, 3 artilleiros, 10 grumetes, 2 paxes e outros 10 homes máis entre criados do capitán e outros viaxeiros. 

MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube


XOAN ARCO DA VELLA

PADERNE - MEIRAOS - FOLGOSO DO COUREL

 PADERNE 
MEIRAOS
FOLGOSO DO COUREL


Paderne
     Paderne é un lugar da parroquia de Meiraos, no concello lucense de Folgoso do Courel na comarca de Quiroga. 


     Tiña 37 habitantes no ano 2016 segundo datos do INE, dos cales 17 eran homes e 20 eran mulleres.


Meiraos
     Santa María de Meiraos é unha parroquia do concello de Folgoso do Courel na comarca de Quiroga, na provincia de Lugo. 
 

     Segundo o IGE en 2016 tiña 123 habitantes, deles 62 eran mulleres e 61 eran homes, o que supón unha diminución con respecto ao ano 1999 cando tiña 188 habitantes.


Lugares de Meiraos
     O Mazo, Meiraos, Miraz de Abaixo, Miraz de Arriba, Paderne, Pedrafita do Courel, Vilasibil



Folgoso do Courel
     Folgoso do Courel é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Quiroga.
 

     O seu xentilicio é «courelao».


Poboación
     Censo total     1.089 (2015)


Xeografía
     A serra do Courel é unha cordilleira montañosa situada no sueste da provincia de Lugo, que se estende tamén polos concellos de Quiroga e Pedrafita do Cebreiro. 


     Ten uns 212 km², con fortes variacións de altitude, desde os 400 m no val do río Lor aos 1.600 m en picos como Montouto, Formigueiros (1.643 m) ou Pía Páxaro (1.610 m). 


     O río Lor e varios afluentes seus forman ricos vales con diversos ecosistemas, que fan desta serra a reserva botánica máis importante de Galiza.


Patrimonio natural
     Folgoso do Courel ten unhas paraxes naturais de alto valor no eido da espeleoloxía.


     A sima de Aradelas está na localidade de Campelo (a 9 km de Seoane), e con 128 metros é a cova máis profunda de Galicia. A cova de Tralacosta ten salas subterráneas con estalactitas e estalagmitas. A cova da Ceza encóntrase en Noceda (a 8 km de Seoane) e ten uns 680 metros de lonxitude, con grandes salas comunicadas por pasos estreitos a través dos que flúe un rego procedente dunha lagoa de 25 metros de profundidade localizada ao final. A Buracada das Choias está en Visuña (a 15 km de Soeane), e ten un percorrido de 30 metros por unha única galería. A cova do Oso está en Moreda, aos pés duns resaltes rochosos. Ten interese arqueolóxico, pois nela atopáronse restos de cerámica. A cova de Teixeira, de gran profundidade, está no lugar da Poza.


Patrimonio arqueolóxico
     No concello hai diversos restos de poboados castrexos. No castro de Vilar destacan as súas murallas defensivas. Nel atopáronse restos de cerámica. O castro da Torre está próximo á localidade de Sobredo. O castro de Miraz ten unhas murallas de grande altura e no seu interior foron atopadas numerosas sepulturas. O castro de Torexe está en Visuña. No catastro de Ensenada dise que era onde se reunía a xustiza ordinaria da comarca.


     Da época da romanización de Galicia consérvase a Tabula Hospitalis, unha peza de bronce atopada no Carbedo cun texto en latín consistente nun pacto entre o seurro Tilego, fillo de Ambato, e os lougeis do castellum Toletensis con autorización das autoridades romanas.


 Parroquias de Folgoso do Courel   
     Esperante (San Pedro), Folgoso do Courel (Santa María), Hórreos (San Pedro), Meiraos (Santa María), Noceda (San Pedro), Seceda (San Silvestre), Seoane do Courel (San Xoán), Vilamor (San Vicente), Visuña (Santa Eufemia)


Comarca de Quiroga
     A Comarca de Quiroga é unha comarca galega situada no sueste da provincia de Lugo, na fronteira coa comunidade de Castela e León. 
 

     A súa capital é Quiroga e pertencen a ela os concellos de Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil.

VIDEO
MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA