lunes, 16 de septiembre de 2019

MUIÑO DO MEDICO - CARRIZANS - RÍO VERDUGO - A LAMA

MUIÑO DO MEDICO
RÍO VERDUGO
CARRIZANS 
A LAMA


Río Verdugo
     O Verdugo é un río galego da provincia de Pontevedra, cuxa foz se sitúa no fondo da ría de Vigo.


Percorrido
     O Verdugo nace a 760 m de altura no monte do Outeiro Grande, na aldea de Cernadelos (Santa Mariña de Presqueiras, Forcarei). 



     No seu primeiro tramo baixa encaixado atravesando os concellos de Beariz, A Lama e Ponte Caldelas, facendo un val máis amplo na súa entrada en Soutomaior.


     No seu último tramo serve de fronteira entre Soutomaior e Pontevedra, desembocando entre Arcade e Ponte Sampaio.



     No concello de Ponte Caldelas atravesa os pasos da Fraga, onde se conservan varios muíños e un peto de ánimas. 



     Despois de formar a praia fluvial da Calzada, na vila de Ponte Caldelas hai un paseo fluvial, a carón do antigo balneario, onde hai un monumento ao pescador.


Características
     O seu afluente principal é o río Oitavén, que se lle une pola esquerda, en Ponte da Barca, e que desenvolve un percurso de lonxitude similar á do Verdugo, desde o seu nacemento até a confluencia (32 km).



     De modo que ás veces se fala do sistema Verdugo - Oitavén (o curso común é de 7 km), e máis se se ten en conta que o caudal do Oitavén é superior. Outros dos seus afluentes son o Calvelle e o Barbeira.



     O tamaño total da conca é de 357 km² (177,7 km² corresponden á bacía do Oitavén). 



     O caudal absoluto do Verdugo na desembocadura é de 17 m³/s (o do Oitavén, antes da confluencia, atinxe os 10,5 m³/s).


     O Verdugo e os seus afluentes son ríos de réxime pluvial. As precipitacións medias na súa conca atinxen os 1884 mm anuais.



Aproveitamento

     No Verdugo sitúanse tres encoros: os de Feixa I e Encoro de Feixa II, localizados no concello de Ponte Caldelas e máis o encoro da Ponte do Demo, no de Soutomaior. Son de potencia inferior a 10 Mw.



     O río Verdugo ten sona pola pesca da troita. O último domingo de maio celébrase en Ponte Caldelas a festa da troita e o concurso internacional de pesca de salmónidos.


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

sábado, 14 de septiembre de 2019

ACUEDUCTO DE O PAREDÓN - ACEVEDO - PONTE SAMPAIO

 ACUEDUCTO DO PAREDÓN
MONTE DO REÑADOIRO
ACEVEDO
PONTE SAMPAIO


Acueducto do Paredón
     Preto da aldea de Acevedo en Ponte Sampaio podemos ver esta condución de auga procedente do lugar de Portavedro, nas imediaciones da Serra de A Fracha.


     Trátase dun acueducto popular, de perfil, chan e planta curva, levantado en cantería alcanzando uns 100 metros de longo aproximadamente.


     Esta canalización salva un desnivel orográfico de máis de 2 metros de altura, servindo á vez de muro de pechadura perimetral dunha das leiras que linda co camiño.


     O acueducto que sufriu un grave derrubamento fai anos no lugar no que alcanza a maior altura, por mor das filtraciones do auga que canaliza.



     Forma parte do Catálogo de Elementos a Conservar do Concello de Pontevedra desde 1997. Foron os veciños os que realizaron a contrucción deste elmento con pedra do país procedente das canteiras da zona.



     Cada ano reuníanse 2 sábados antes de San Benito e o domingo seguinte para realizar o mantemento do Paredón. Levábanse cestos con terrones, que se repoñían todos os anos entre as xuntas para que a auga non se coase.



     Tamén se repoñían os terrons das canles que saían do murallón. Esta tarefa era desempeñada principalmente polas mulleres. 


     As augas do Rego dúas Pereiros que é como se coñece o río Ulló no seu nacemento, unha vez interceptadas, empozan no Pozo de Portovedro, e desde aquí mediante unha presa chegan ata os Pozos de Corneda, lugar do que igualmente parte outra presa principal.



     Esta presa convértese no acueducto para salvar o desnivel orográfico da zona de Costa Sobreira.

VIDEO
MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Fuente: Blog trotamundy
XOAN ARCO DA VELLA

viernes, 13 de septiembre de 2019

NOCEDO - QUIROGA - LUGO

NOCEDO
QUIROGA
LUGO

Nocedo
     San Lourenzo de Nocedo é unha parroquia do concello de Quiroga na comarca de Quiroga, na provincia de Lugo.


     Segundo o IGE en 2013 tiña 90 habitantes, deles 43 eran homes e 47 eran mulleres, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 148 habitantes.


Lugares de Nocedo  
     A Barca de Mancebico, Espandariz, Nocedo, Parteme, O Pendón, Ponte do Sil, O Pontido, A Trampa


Quiroga
     Quiroga é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Quiroga e á Ribeira Sacra.


     Segundo o padrón municipal, en 2018 tiña 3.257 habitantes.


Xeografía
     Quiroga está situada ó sueste da provincia de Lugo nas beiras do río Sil.


     Limita co concello de Folgoso do Courel ao norte, coa provincia de Ourense ó sur, Ribas de Sil e A Pobra do Brollón ó oeste e Vilamartín de Valdeorras e provincia de León polo leste.


     Dista 84 km da capital provincial, Lugo e ten unha superficie de 319 km².


Patrimonio
     Na igrexa de Santa María da Ermida, do século XII, atopouse un relevo paleocristián en mármore, do século V, coñecido como Crismón de Quiroga. En 1925 trasladouse ó Museo da Catedral de Lugo, onde se expón actualmente.


     Na parroquia de Sequelos consérvanse os restos do Castelo dos Novais e da Torre de Sequeiros.


     Quiroga conta coa ruta homologada de sendeirismo PR-G 141 Ruta do Ouro e do Camiño Real, unha ruta sendeirista circular de 16 km con principio e fin na aldea de Margaride.


Parroquias de Quiroga
     Augas Mestas (Santiago), Bendilló (Santa María), Bendollo (Santa Baia), Bustelo de Fisteus (Santa Bárbara), Cereixido (Santa María), A Enciñeira (Santa Isabel), A Ermida (Santa María), Fisteus (San Mamede), O Hospital (San Salvador), Montefurado (San Miguel), Nocedo (San Lourenzo), Outeiro (Santa María), Pacios da Serra (San Salvador), Paradaseca (San Marcos), Quintá de Lor (Santa María), Quiroga (San Martiño), A Seara (Santa María Madanela) | Sequeiros (Santa Mariña), Vilanuíde (Santo Antonio), Vilar de Lor (San Xosé), Vilarmel (San Lourenzo), Vilaster (Santa María)


Comarca de Quiroga
     A comarca de Quiroga é unha comarca galega situada no sueste da provincia de Lugo, na fronteira coa comunidade de Castela e León.


     A súa capital é Quiroga e pertencen a ela os concellos de Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil.

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube




XOAN ARCO DA VELLA



PAZO DA FRAGA - ALBEOS - CRECENTE

 PAZO DA FRAGA
ALBEOS
CRECENTE


Albeos
     San Xoán de Albeos é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Crecente na comarca da Paradanta. 



     Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 476 habitantes (238 homes e 238 mulleres), distribuídos en 25 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 676 habitantes.


Historia
     É a parroquia natal de San Paio, sobriño do bispo de Tui Hermixio, que foi raptado por Abderramán III no ano 920. Na súa memoria erixiuse o mosteiro románico de San Paio, do que se conservan algunhas ruínas.



     Aquí naceu tamén o bispo católico Gilberto Gómez.



Lugares de Albeos

     A Beira do Río, A Boavista, Camán, A Capela, A Carballosa, A Carreira, O Cazapal, O Cerraque, As Chans, O Coto de San Mariño, O Forno Telleiro, A Lama, As Laranxeiras, O Morgado, O Mosteiro, Os Muíños, O Outeiro, Paradela, O Pazo, O Perdigón, A Portela, As Redondas, A Regalada, O Rodo, Santa Marta, O Seixal, A Terranova, A Uceira, Vilameán, Vilapide



Crecente
     Crecente é un concello da provincia de Pontevedra, pertence á comarca da Paradanta. Segundo o IGE, en 2014 tiña 2.261 habitantes. O seu xentilicio é «crecentense».



Xeografía
     Limita cos concellos de Arbo e A Cañiza (provincia de Pontevedra); Melón, Arnoia, Cortegada, Pontedeva e Padrenda (provincia de Ourense) e fai fronteira con Portugal, separado polo río Miño. Ten 57,1 km².



     Cara ao norte está formado por unha zona montañosa, e cara ao sur está formado por un grupo de vales profundos, dirixidos cara ao río Miño, que o separa de Ourense e Portugal.



 

Historia
     No límite co concello de Arbo atópanse uns petróglifos no monte, e nos lindeiros coa provincia de Ourense un túmulo megalítico.


     Durante a idade de ferro, coa cultura castrexa construíronse varios castros: castro da Cidá ou castro de Sabanle, na parroquia de Quintela, onde se atoparon un tríscele (conservado no Museo de Pontevedra) e un torso de guerreiro castrexo (no Museo Quiñones de León de Vigo). 



     Os castros do Cerco (na aldea de Bouza de Padrosos), o de Coutofurado ou de San Sebastián, en Parada de Rebordechán e o do lugar de Castro no propio Crecente están todos eles romanizados. Durante a dominación romana construíuse unha calzada bordeando o río Miño, e unha torre (orixe da de Fornelos).


     Na idade media a zona formou parte do condado de Turonia, fronteira durante o Reino de Asturias e logo demarcación entre os condados de Galicia e Portugal, pertencendo parte dese concello á raíña Tareixa (nai do futuro rei de Portugal Henriques). 



     Ó ser lugar de fronteira sufriu diversas escaramuzas e de aí proveñen as fortificacións de Fornelos e Sendelle, sendo as diversas parroquias posesións de diversos señores feudais, entre os que destacan os templarios (que fundaron o mosteiro de San Pedro de Crecente) o mosteiro de Melón, e a liñaxe dos Soutomaior. Esta familia obtivo numerosos bens e os seus conflitos foron moi soados.



     O rei Fernando IV de España outorgou a Fernando Yáñez o señorío de Crecente. Durante a idade moderna, xa en 1642, o rei Filipe IV de España concedeu o título de conde de Crecente a Baltasar de Soutomaior por intercesión dun familiar seu na corte de Madrid. Durante a Guerra de Restauración Portuguesa Crecente volveu ó ambiente militar, coa refortificación de Fornelos e varios outeiros para impedir ataques e lanzar ofensivas ó país veciño, aínda que estivo lonxe dos grandes conflitos bélicos desta guerra, que sucedían en Salvaterra de Miño.



Natureza
     O contorno natural de Crecente está demarcado polos diversos vales, destacando á vista o encoro do río Frieira. Desde o monte de Chan de Moeiras, en Filgueira, hai unhas boas vistas panorámicas dos meandros do Miño, desde Meréns ata Cortegada.



Patrimonio
     O pazo da Fraga, en Albeos, e o pazo de Barreiro, en Vilar, son de orixe medieval.



     O románico tivo implantación na zona, como se ve no mosteiro de San Paio de Albeos, adicado a San Paio, santo orixinario deste concello. A igrexa de Crecente, antiga colexiata, foi construída sobre as ruínas do mosteiro templario de San Pedro, construído no século XIV.



     O castelo de Fornelos ten a súa orixe nunha torre romana que vixiaba a calzada romana de Crecente e logo ficou en ruínas ata a súa reconstrución durante as guerras de creación de Portugal, entre Afonso VII e Afonso Henriques. Na actualidade consérvase a torre da homenaxe (nela o nobre Pedro Madruga mantivo encarcerado ao bispo de Tui Diego de Murosno século XV) aínda que tiña tamén muralla e varias dependencias anexas, tivo uso ata a Guerra de Restauración ou Guerra de Independencia de Portugal do dominio español.



     A capela da Virxe do Camiño, de estilo románico tardío, sitúase nunha antiga ruta do camiño de Santiago, e conta cun cruceiro ornamental. Na capela de Fátima, no Couto da Cruz, venérase a primeira imaxe existente en España vinculada á Virxe de Fátima, traída a ombreiros dende Portugal.


 Parroquias de Crecente   
     Albeos (San Xoán), A Ameixeira (San Bernabeu), Angudes (San Xoán), Crecente (San Pedro), Filgueira (San Pedro), O Freixo (San Roque), Quintela (San Caetano), Rebordechán (Santa María), Ribeira (Santa Mariña), Sendelle (Santa Cruz), Vilar (San Xorxe) 


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA