domingo, 28 de julio de 2019

GABIÁN - MOREIRAS - BOBORÁS

GABIÁN
MOREIRAS
BOBORÁS


Moreiras
      Moreiras é un lugar da parroquia de Moreiras no concello ourensán de Boborás na comarca do Carballiño. 



     Tiña 31 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 14 eran homes e 17 mulleres. 


     Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2010, cando tiña 34 habitantes (16 homes e 18 mulleres).


Lugares de Moreiras
     Fonte Moreiras, Gabián, Moreiras, Vecoña de Abaixo, Vecoña de Arriba 

 

Boborás
     Boborás é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Carballiño.



     Segundo o Padrón municipal de habitantes no 2015 a súa poboación era de 2510 persoas (3286 en 2003).



     Recibe o seu nome da aldea de Boborás, na parroquia de Xuvencos, onde está a casa consistorial. 



     O seu xentilicio é boborao ou boborés.


Xeografía
     O concello está situado no noroeste da provincia de Ourense.



     Ten dúas zonas diferenciadas: no sur abondan as fragas e as vides, e no centro e norte, máis accidentados, predominan os prados.



     Está atravesado polo río Arenteiro polo norte, e polo Cartelle e o Avia polo sur.



     O clima é cálido nos meses de verán e frío e chuvioso nos meses de inverno.



Historia
     Durante a Idade Media asentáronse na zona diversas ordes relixiosas e militares, coma a Orde do Santo Sepulcro, do Temple ou a Orde de San Xoán de Xerusalén, coñecida tamén como Orde de Malta ou de Rodas. Todas elas deixaron a súa pegada en diferentes construcións civís e relixiosas.



Patrimonio histórico e artístico
     A igrexa de San Xulián de Astureses é un templo románico, edificada polos Templarios no século XII. Ten planta rectangular, cunha ábsida semicircular. A fachada presenta unha ornamentación excelente.



     A igrexa de San Martiño de Cameixa mestura varios estilos, destacando a ábsida románica, o reloxo de Sol e os canzorros situados baixo o beiril.



      A igrexa de Xuvencos, restaurada no século XVI, e a igrexa de San Mamede de Moldes, construída sobre un castro transformado posteriormente nun camposanto, tamén son de orixe románica.



     O pazo de Moldes, situado preto da igrexa de San Mamede, é a casa natal de Antón Losada Diéguez.



      O conxunto histórico-artístico de pazos de Arenteiro agrupa a casa de Arriba, Asa e Granxa do Mato, pazo de Cervela, pazo do Currelo, pazo Feixó, pazo de Laxas e pazo de Tizón.



Parroquias de Boborás   
     Albarellos (San Miguel), Astureses (San Xulián), Brués (San Fiz), Cameixa (San Martiño), Cardelle (San Silvestre), Feás (Santo Antón) , Laxas (San Xoán), Moldes (San Mamede), Moreiras (Santa Mariña), Pazos de Arenteiro (San Salvador), O Regueiro (San Pedro), Xendive (San Mamede), Xurenzás (San Pedro), Xuvencos (Santa María)



A comarca do Carballiño
     A comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é O Carballiño.



     Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín.


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

HORREOS EN SOÑELLE - O REGUEIRO - BOBORÁS

HORREOS EN SONELLE
SONELLE
O REGUEIRO
BOBORÁS


Sonelle
     Sonelle é un lugar da parroquia do Regueiro no concello ourensán de Boborás na comarca do Carballiño. 



     Tiña 33 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 18 eran homes e 15 mulleres.


     Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2010, cando tiña 34 habitantes (18 homes e 16 mulleres).



Lugares do Regueiro
     As Antas, O Regueiro de Abaixo, O Regueiro de Arriba, Sonelle



O Regueiro
     San Pedro do Regueiro é unha parroquia do concello de Boborás na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. 

 

     No ano 2007 tiña 181 habitantes, deles 87 eran homes e 94 eran mulleres, o que supón unha diminución de 1 habitante en relación ao ano anterior, 2006. É limítrofe con O Regueiro, O Irixo.


Boborás
     Boborás é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Carballiño.



     Segundo o Padrón municipal de habitantes no 2015 a súa poboación era de 2510 persoas (3286 en 2003).



     Recibe o seu nome da aldea de Boborás, na parroquia de Xuvencos, onde está a casa consistorial. O seu xentilicio é boborao ou boborés.



Xeografía
     O concello está situado no noroeste da provincia de Ourense.



     Ten dúas zonas diferenciadas: no sur abondan as fragas e as vides, e no centro e norte, máis accidentados, predominan os prados. 



     Está atravesado polo río Arenteiro polo norte, e polo Cartelle e o Avia polo sur.


Historia
     Durante a Idade Media asentáronse na zona diversas ordes relixiosas e militares, coma a Orde do Santo Sepulcro, do Temple ou a Orde de San Xoán de Xerusalén, coñecida tamén como Orde de Malta ou de Rodas. Todas elas deixaron a súa pegada en diferentes construcións civís e relixiosas.



Patrimonio histórico e artístico
     A igrexa de San Xulián de Astureses é un templo románico, edificada polos Templarios no século XII. Ten planta rectangular, cunha ábsida semicircular. A fachada presenta unha ornamentación excelente.



     A igrexa de San Martiño de Cameixa mestura varios estilos, destacando a ábsida románica, o reloxo de Sol e os canzorros situados baixo o beiril.



      A igrexa de Xuvencos, restaurada no século XVI, e a igrexa de San Mamede de Moldes, construída sobre un castro transformado posteriormente nun camposanto, tamén son de orixe románica.



     O pazo de Moldes, situado preto da igrexa de San Mamede, é a casa natal de Antón Losada Diéguez.



      O conxunto histórico-artístico de pazos de Arenteiro agrupa a casa de Arriba, Asa e Granxa do Mato, pazo de Cervela, pazo do Currelo, pazo Feixó, pazo de Laxas e pazo de Tizón.




Parroquias de Boborás   
     Albarellos (San Miguel), Astureses (San Xulián), Brués (San Fiz), Cameixa (San Martiño), Cardelle (San Silvestre), Feás (Santo Antón) , Laxas (San Xoán), Moldes (San Mamede), Moreiras (Santa Mariña), Pazos de Arenteiro (San Salvador), O Regueiro (San Pedro), Xendive (San Mamede), Xurenzás (San Pedro), Xuvencos (Santa María)



A comarca do Carballiño
     A comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é O Carballiño.



     Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín.


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

sábado, 27 de julio de 2019

CAPELA DO SENHOR DÁ PEDRA - ARCOZELO - VILA NOVA DE GAIA

CAPELA DO SENHOR DA PEDRA
ARCOZELO
VILA NOVA DE GAIA


Capela do Senhor dá Pedra
     A Capela do Senhor dá Pedra é un templo bastante peculiar, non pola súa construción en si, máis ben polo lugar no que se atopa levantado, unhas rocas en contacto directo co mar. 



     Un montículo que coa marea alta queda illado de terra firme, observando impasible como o oleaje rompe na súa base de pedra.


     Para atopar esta capela debemos desprazarnos ata Arcozelo, unha freguesia portuguesa do concelho de Vila Nova de Gaia. 


     É xustamente aquí, nunha bonita praia, onde a Capela do Senhor dá Pedra atrae aos turistas para gozar da paisaxe.


     Segundo conta a memoria local, o lugar originalmente era utilizado polas culturas paganas para realizar rituais. 


     Unha xigantesca pedra que se usaba para realizar o culto aos seus deuses. No entanto, co paso do tempo, alá polo século XVII, se cristianizaría o montículo construíndo nel unha capela.


     Podemos acceder á mesma por unhas escaleiras de pedra que conducen ata a cima. Arriba atoparemos un templo de planta hexagonal cun altar menor e dous altares laterales que seguen unha estética rococó.


     As súas imaxes son diversas, destacando así a do Cristo crucificado.


     Esta capela conta cunha festividad bastante importante no concelho. Trátase dunha peregrinación ao señor de pedra que se realiza durante tres días de festas desde o domingo da Santísima Trinidad. A festa termina cunha procesión encabezada por dúas mulleres totalmente cubertas.


     Aínda que a capela, así como as festas derivadas da súa construción, son importantes para Vila Nova de Gaia. 
 

     O certo é que os turistas seguen chegando atraídos pola curiosa ubicación do templo, que como dicimos, queda completamente anegado de auga unha vez sobe a marea, unha instantánea que poucos perden a oportunidade de inmortalizar.

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

Fuente: sobreportugal.com
XOAN ARCO DA VELLA

viernes, 26 de julio de 2019

PETO DA PONTE - REGUEIRO DAS ERMIDAS - XENDE - A LAMA

PETO DA PONTE
REGUEIRO DAS ERMIDAS
XENDE
A LAMA


     Chámase petos de ánimas a unha das manifestacións materiais do culto aos mortos e son, generalmente, sinxelos monumentos de piedade popular asociados á idea do purgatorio.


     En Galicia é frecuente atopalos en camiños, encrucilladas, atrios de igrexas, etc.



     Os historiadores e etnógrafos sitúan a súa aparición a partir da Contrarreforma, datándose os máis antigos no século XVII, aínda que non sería ata o século XVIII cando se constrúan con máis profusión.



     A súa finalidade é a de ofrecer esmolas de todo tipo ás ánimas do Purgatorio, sendo o seu castigo temporal e podendo así alcanzar o Ceo.



     En compensación, unha vez liberadas intercederán por quen realizaron as ofrendas.



     As esmolas non eran de carácter estrictamente monetario, tamén podía tratarse de produtos agrícolas.



     Os petos de ánimas adoitan estar construídos en pedra cunha cruz no alto, polo xeral con imaxes das ánimas no lume do purgatorio e unha figura que as vela (santo, rei ou bispo).



     Na parte frontal aparece un peto ou hucha para depositar a esmola e protexido cunha reja ou un cristal.



Algúns levan lendas do tipo:

     Un alma tes e non máis, si pérdela que farás...    


VIDEO
MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA