sábado, 11 de mayo de 2013

PETO DE SAN BARTOLOMEU - CERDEDO

PETO DE SAN BARTOLOMEU
CHAMADOIRA
CERDEDO



     Peto de ánimas de tipo pechado coroado por unha cruz de pequenas dimensións. Áchase nun muro. Componse de reixa de ferro protectora e caixón de esmolas. No interior do retablo aparece unha imaxe de San Bartolomeu. A súa data de realización é recente. 




     O seu significado vén da crenza na continuidade da alma despois da morte e da existencia dun paso intermedio para chegar ao ceo, onde se redimen os pecados e faltas cometidas en vida (o purgatorio), moi arraigada na mentalidade popular galega.






     Dentro das construcións populares, os petos de ánimas son os que evidencian a importancia do purgatorio. A finalidade destes elementos populares é que os vivos poidan ofrecer esmolas para a salvación das almas en pena que non encontran descanso no purgatorio, e así alcancen a felicidade no ceo.





     Unha vez liberadas, intercederán por quen fixo a ofrenda. Por tanto, trátase de procurar a salvación dos mortos pero tamén de se asegurar a propia.




     Moitos deles foron construídos pola devoción dun fregués ou polos veciños dun lugar. Son moi curiosas as advertencias que se fan no seu nome. Por exemplo, no de Famelga de Aguasantas (Cotobade) lese textualmente: "Un alma tienes y no más, si la pierdes qué harás...".



     Tamén se invita a recordar os nosos antepasados: "Ave María Purísima. Acordaos de las ánimas de vuestros padres o abuelos o tíos o parientes o amigos". E, noutra parte do oratorio, apréciase esta inscrición: "Rogad por nos, Señor, y socorrednos con vuestros sufragios que nos pidiremos por vos".


MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

viernes, 10 de mayo de 2013

CAPILLA DE SAN BARTOLOMEU - CERDEDO

CAPILLA DE SAN BARTOLOMEU
CHAMADOIRA
CERDEDO
PONTEVEDRA






     Cerdedo é un concello situado na zona centro de Galicia  e perfectamente comunicado coas Rías Baixas (28 km) , con Santiago de Compostela( 45 km) e Ourense (50 km). Cunha extensión duns 80 quilómetros cadrados e unha poboación de 4000 habitantes é un refuxio ideal para os amantes da natureza, os deportes ó aire libre e a boa mesa.  Limita ó norte cos concellos da Estrada e Forcarei, ó sur con Cotobade e Forcarei, ó este con Forcarei, e ó oeste con Campo Lameiro e Cotobade.





     Cerdedo está atravesado pola estrada N-541 (Ourense – Pontevedra), que forma o seu eixo principal de comunicación. Xeograficamente, o Término Municipal de Cerdedo localízase na porción meridional da dorsal galega, na súa vertente occidental, de tal xeito que o conxunto montañoso disponse en anfiteatro. As súas maiores elevacións atopámolas no Outeiro do Couto do Monte do Seixo (1024 m) e no Outeiro de Couso. 


     
     O río Lérez constitúe o principal cauce fluvial, atravesando o término municipal en  dirección este - oeste. A existencia dunha numerosa, aínda que de pequena escala, rede de afluentes do Lérez fai que as terras sexan productivas e axeitadas para a agricultura e a gandeiría. 

 

     As condicións climáticas de Cerdedo están condicionadas pola súa situación nas serras prelitorais, e a súa orografía montañosa actúa como pantalla pluviométrica, polo que as súas precipitacións son elevadas. 

 

     En canto ás temperaturas, o máis destacable son os seus baixos valores sobre todo os invernais, sendo xaneiro o mes máis frío. 

 



     Os núcleos de poboación máis importantes son Cerdedo(capital) , Pedre, Figueroa, Fondós,Covas, Tomonde e Os Castros.




     O nome de Cerdedo procede según Millán González Pardo de "Ceratesum", que significa  "lugar de cereixas", o que fai supoñer que foi un lugar de producción abundante desta froita.




     Toda a comarca de Terra de Montes é de indudable atractivo histórico-artístico. En Cerdedo predominan os cruceiros, igrexas de gran valor arquitectónico, pontes de diversos estilos e calzadas romanas. Pódense ver tamén  importantes mostras de arte prehistórica e restos arqueolóxicos.


     
     Non podemos esquecer tampouco os eirados de Pedre, Filgueira e Cerdedo, conxuntos de canastros en bo estado de conservación que constitúen conxuntos arquitectónicos casi únicos en Galicia e de especial beleza. 



MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

jueves, 9 de mayo de 2013

SETE MUIÑOS - RIO FORXA - GUITIRIZ

SETE MUIÑOS
RÍO FORXA
GUITIRIZ



     Un dos lugares máis emblemáticos de Guitiriz son “Os sete muíños”, chamado así porque  conta con 7 muíños  situados a beira do río Forxa, no que destaca a vexetación autóctona  da ribeira e carballos de gran riqueza.



      Nesta area recreativa está situada  a piscina natural que leva o mesmo nome, que foi feita aproveitando o curso do río. 


 
      O pe da piscina, río arriba pódese observar un dos muíños de auga, dende onde baixa a auga en cascada.



      Seguindo río abaixo atopámonos con outro dos muíños. Aínda que hoxe están  en desuso conservan vestixios do que foron no pasado.


      Están construídos  con mampostería  de granito  local e cubertos a dúas augas con pizarra.



      Este é un lugar para disfrutar todo o mundo, tanto pequenos coma grandes.



      Os máis pequenos ademáis darse un “chapuzón” na piscina tamén poden pasar un rato divertido xogando no parque infantil situado nesta zona.

 

      Nos sete muíños tamén está situada a Piscina Municipal climatizada con paneis solares, así pódese escoller entre darse un baño nas augas fresquiñas da piscina natural,ou nas máis quentiñas da municipal.


MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

FOXO DO LOBO - PARAÑOS - CARBALLEDO - CERDEDO COTOBADE

FOXO DO LOBO
PARAÑOS
CARBALLEDO
  CERDEDO COTOBADE


     Un couso, lobeira ou foxo de lobo (do latín fossum, escavado é unha construción tradicional empregada no medio rural para a caza do lobo ou de calquera outro animal considerado daniño e perigoso.



     Un foxo de lobos consta dunha serie de elementos empregados para conduciren o lobo ata un lugar onde se lle poida dar caza. Habitualmente os seus elementos constitutivos son un par de muros ou valados e un pozo ou foxo propiamente dito. 




     Os valados teñen altura suficiente para impediren o paso dos lobos, e forman no terreo os dous lados dun triángulo. No seu vértice hai unha rede entre eles ou un furado escavado no chan, o foxo, no que os lobos eran capturados ou mortos. 


     Os muros podían ser de pedra ou madeira, ás veces de cachotería e outras de chantos. Adoitaban ter unha lonxitude total de varios centos e metros.



     Outra variedade consiste nun recinto murado pechado situado en terreo elevado nun lugar de paso obrigado. Nel é doado entrar pero imposible saír. Tamén fai posible capturar ao animal con vida.




     As cacerías organízanse de xeito comunitario. En Galicia a participación nas cacerías estaba tradicionalmente regulada polos concellos das parroquias. As épocas preferidas para a caza eran a primavera e máis o verán. 



     Os cazadores saían bater ao monte provistos de todo tipo de obxectos que facían ruído e encamiñábanse na súa fuxida cara ao espazo entre os valados.



     O uso das lobeiras está espallado por todo o noroeste da Península Ibérica, especialmente nas zonas máis montañosas ou nas menos humanizadas. A pouquidade crecente de lobos e osos fai que o seu uso estea diminuíndo.



     Con frecuencia a toponimia indícanos a existencia de foxos ou dispositivos semellantes , que recibían o nome de calello, caneyo, calecho, xorco, jorco ou caón en Asturias; chorco en León. A variedade de recinto pechado era chamada couso en Asturias, corral en León e cortello en Zamora.

MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

lunes, 6 de mayo de 2013

CAPILLA DE SAN PEDRO - PUNXIN

CAPILLA DE SAN PEDRO
SAN FIZ
PUNXÍN
OURENSE


     Punxín, término municipal de la provincia de Ourense, estira su territorio por las laderas y bocarribeiras del valle del río Barbantiño y ofrece la riqueza de sus paisajes, de sus recursos naturales y de las huellas de su historia a quién quiere disfrutar de la naturaleza a muy poca distancia de la capital de la Provincia, de la que apenas dista dieciséis kilómetros, con unas comunicaciones fluidas favorecidas por el hecho de cruzar el término la carretera nacional N-541, de Ourense a Pontevedra. Por la parte sur del término municipal transcurre la carretera N-120 Ourense - Vigo, y atraviesa, también una línea de ferrocarril.


      Pero, más que atravesarlo camino de las playas, conviene reparar en Puxín y disfrutar de paisajes primorosos cuya cumplida aproximación realizó, con la evocación del tiempo y los matices de la naturaleza humanizada el patriarca de las letras gallegas.




     Barbantes, Freás, Ourantes, Punxín, Vilela e Vilamoure son las parroquias que, dentro do arciprestado de Maside, pertenecen a este ayuntamiento; siendo lo más salientable el sarcófago de San Wintila en Punxín, Pre-románico. Algunas de las iglesias parroquiales conservan parte de sus fábricas del estilo Románico, interesantes ejemplos son los de Punxín y Ourantes, cuando no tienen obras del Barroco del siglo XVIII.



  En San Xoan de Ourantes y Vilela hay dos iglesias románicas. La primera es, sin duda, la iglesia más interesante del ayuntamiento.


      De estilo románico en su mayoría, con obras también del barroco, caso de la torre. De una sola nave, su ábside es rectangular. Detrás de ella hay un buen cruceiro con "peto de ánimas" en el pedestal, rodeado por un enrejado de hierro, que tiene los instrumentos de la Pasión en la base recta de la columna. Sobre el capitel, de estilo jónico, el Crucificado y la Virgen que se apoya sobre ángeles.




      La iglesia parroquial de Punxín, situada cerca de la carretera de Carballiño, obra típica de nuestro siglo que engloba restos de gótico, constando también otra reforma del siglo XVII. 



      En su interior se encuentra el sarcófago de San Wintila, prerrománico del siglo IX según inscripción de la cubierta. Conserva una magnífica cruz del XVII, obra de Pescouber, siendo la custodia del siglo XVIII. En la parte de abajo del atrio se encuentra un crucero de estilo modernista

MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA