lunes, 22 de agosto de 2022

MUIÑO DE VENTO DA CRUZADA - SANTA CATALINA - A GUARDA

 MUIÑO DE VENTO DA CRUZADA

SANTA CATALINA

A GUARDA

     Muíño de torre fixa e cuberta xiratoria duns 4’25 metros de altura, de sección cilíndrica e construída a base de cachotería granítica irregular.

     Posuía dúas plantas e funcionaba con velas de lenzo.

     Posúe porta de acceso na cara Sur oeste, e tres fiestras, unha sobre a porta na planta alta e as outras nas caras noroeste e sueste


     No interior se conservase unha lareira e unha despensa. 

MAPA 

 

Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA

martes, 16 de agosto de 2022

MUIÑO DO PORTIÑO - O MUIÑO - A GUARDA

 MUIÑO DO PORTIÑO

O MUIÑO

A GUARDA


     Muíño de torre fixa de sección cilíndrica, feita a base de cachotería granítica irregular encintada.

     Cunha altura aproximada de 4’8 metros, o muíño posúe tellado cónico e fixo, aínda que na súa orixe tiña cuberta xiratoria pois os muros rematan en pedras de cantería levando unha canella central por onde xiraba a cuberta con velas de lenzo.

      Posúe unha porta de acceso e catro pequenas fiestras unha dela por riba da porta.

     Por fontes orais sabemos que o muíño era de dúas plantas, a superior era utilizada como vivenda do muiñeiro, mentres que a planta de abaixo era ocupada polos elementos mecánicos e a pedra de moer.


     Polas mesmas fontes sabemos que aínda era usado a principios do século XX.

MAPA

 

 Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA

PAZO DOS CONDES DE BARCELOS - MUSEO ARQUEOLÓXICO - BARCELOS

PAZO DOS CONDES DE BARCELOS

MUSEO ARQUEOLÓXICO

BARCELOS

 
Pazo dos Condes de Barcelos

    O Pazo dos Condes de Barcelos, também coñecido como Pazo dos Duques de Bragança, localizase na fregresia de Barcelos, cidade e município do mesmo nome, distrito de Braga, en Portugal.

História
      Foi construido na primeira metade do século XV por iniciativa de Afonso I, Duque de Bragança, construindo un castelo palaciego.

      Naquel momento en convertese na contrución de Barcelos mais importante e destacable.

     A decadência deste Pazo iniciouse a finais do século XVIII.

     Nas ruínas hoxe, xa non existe a primitiva torre de homenaxe, nin o resto das torres do Pazo.

     A torre de homenaxe foi bastante danificada cando o terremoto de 1755, sendo derruida  definitivamente en 1801.

     En 1872, ante o estado ruinoso do edifício, o município de Barcelos, determinou demoler o que restaba.

     Esta demolicón xamais chegou a realizarse na totalidade, devido a diversos protestas populares.

     Hoxe pouco queda de ela salvo algunhas paredes ainda asi conseguen darnos idea da sua grandeza orixinal

     No início do século XX, as suas ruínas pasaron a albergar o Museu Arqueolóxico de Barcelos.

Características
     Erguido en estilo gótico, presentaba planta retangular con dimensions de cerca de 32 metros por 16 metros. Na que destacan cuatro chamineas de gran altura.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

lunes, 15 de agosto de 2022

EIRA DE A TORRE - A TORRE - ZAPARÍN - CORTEGADA

EIRA DE A TORRE

A TORRE

ZAPARÍN

CORTEGADA

A Torre 

     A Torre é un lugar da parroquia de Zaparín no concello ourensán de Cortegada na comarca do Ribeiro.

      Tiña 13 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 1 eran home e 12 mulleres.

Zaparín
      San Martiño de Zaparín é unha parroquia do concello de Cortegada, comarca do Ribeiro, provincia de Ourense.

     No ano 2007 tiña 31 habitantes, dos cales 9 eran homes e 22 eran mulleres.

Xeografía
      Zaparín atópase nun pequeno socalco sobre o canón do río Arnoia estando situada no punto xeográfico máis alto do concello de Cortegada dominando todo o val do concello da Arnoia e parte dos de Gomesende e Cartelle.

     Limita ao norte con Cartelle, ao sur con Piñón e A Raíña, ao leste con Carballeda(abandonada dende os 80 ) e oeste con Louredo.

Historia e patrimonio
     No lugar de Zaparín hai unha ara romana adicada aos deuses Ceceaigis. A igrexa parroquial é do século XVII con engadidos posteriores, como a espadana de 1911.

     No lugar da Torre hai un peto de ánimas só decorado por un atrio cuberto por falsa bóveda.

       En 1218, Pedro Fernandi "milite de Zaparín" foi nomeado polo rei Fernando III de Castela casteleiro das fortalezas de Sande (Cartelle) e santa Cruz (Quintela de Leirado), que máis adiante tería un preito posto polo abade do mosteiro de Celanova por mor da titularidade da torre de Sande. Xa durante o Antigo Réxime o lugar pertenceu ao couto do priorado de Refoxos.

     A parroquia foi creada no ano 1893, segregándose os seus lugares da de Refoxos.

      Ata mediados da década de 1990 tivo tenda de ultramarinos e foi lugar de paso cara ao Santuario do Val.

Lugares de Zaparín
      Cerdeiral, Fondevila, Piñón, A Raíña, A Torre, Zaparín 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

domingo, 14 de agosto de 2022

EIRA DE PIÑÓN - PIÑÓN - ZAPARÍN - CORTEGADA

 EIRA DE PIÑÓN

PIÑÓN

ZAPARÍN

CORTEGADA

Piñón
     Piñón é un lugar da parroquia de Zaparín no concello ourensán de Cortegada na comarca do Ribeiro.

     Tiña 11 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 4 eran homes e 7 mulleres.

     San Martiño de Zaparín é unha parroquia do concello de Cortegada, comarca do Ribeiro, provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 31 habitantes, dos cales 9 eran homes e 22 eran mulleres.

Xeografía
     Zaparín atópase nun pequeno socalco sobre o canón do río Arnoia estando situada no punto xeográfico máis alto do concello de Cortegada dominando todo o val do concello da Arnoia e parte dos de Gomesende e Cartelle.

     Limita ao norte con Cartelle, ao sur con Piñón e A Raíña, ao leste con Carballeda(abandonada dende os 80 ) e oeste con Louredo.

Historia e patrimonio
No lugar de Zaparín hai unha ara romana adicada aos deuses Ceceaigis. A igrexa parroquial é do século XVII con engadidos posteriores, como a espadana de 1911.

     No lugar da Torre hai un peto de ánimas só decorado por un atrio cuberto por falsa bóveda.

     En 1218, Pedro Fernandi "milite de Zaparín" foi nomeado polo rei Fernando III de Castela casteleiro das fortalezas de Sande (Cartelle) e santa Cruz (Quintela de Leirado), que máis adiante tería un preito posto polo abade do mosteiro de Celanova por mor da titularidade da torre de Sande. Xa durante o Antigo Réxime o lugar pertenceu ao couto do priorado de Refoxos.

     A parroquia foi creada no ano 1893, segregándose os seus lugares da de Refoxos.

      Ata mediados da década de 1990 tivo tenda de ultramarinos e foi lugar de paso cara ao Santuario do Val.

Lugares de Zaparín
     Cerdeiral, Fondevila, Piñón, A Raíña, A Torre, Zaparín


Comarca do Ribeiro
     A comarca do Ribeiro é unha comarca galega situada na provincia de Ourense no curso medio do río Miño, que a percorre de nordeste a suroeste.

     A súa capital é Ribadavia, e a ela pertencen os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. Dálle nome ao viño do Ribeiro.

     Ocupa unha superficie de 406,92 km², nos que viven 15.571 habitantes (2020). 


     Por ela transcorren tamén os ríos Arnoia e Avia. O Miño está represado nos encoros de Castrelo de Miño e da Frieira.

     Existen varios balnearios que aproveitan as augas. Desde a Serra do Suído e Faro de Avión, ao oeste, onde se chega ao 1.000 m de altitude, o relevo descende até só 97 m en Ribadavia e Arnoia. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA