IGREXA DE SANTIAGO
FONTEIRA
CHAVIN
O CORGO
Fonteita
Santiago de Fonteita é unha parroquia do concello do Corgo, na comarca de Lugo.
A parroquia ten 7,5 quilómetros cadrados; limita ao norte ca parroquia de Queizán, ao sur coa de Castrillón, ao leste coa de San Martiño de Folgosa e ao oeste coa de Campelo e pertence ao arciprestado de Maestrescolia.
Os seus 217 habitantes (112 homes e 105 mulleres) repártense entre os lugares do Barrio, Chavín, Rubial, San Lorenzo, Sotolubián, Vilaboa e Vilamarín.
Historia
Os primeiros datos históricos sobre a parroquia aparecen nun documento de 1027, no que dona Elvira, viúva do conde Bermudo Velaz, concédelle á catedral de Lugo a vila de Gomeán. A presentación do curato, que era de beneficio laical, correspondía ao herdeiro de Andres de la Reguera y Quiroga. A igrexa parroquial é de estrutura románica.
Lugares de Fonteita
Baldomiro, O Barrio, Calistro, Chavín, A Costa de Pandos, O Mesón dos Ramos, O Noviño, Rubial, San Lourenzo, Soutolubián, Trasmeilán, Vilaboa, Vilamarín
O Corgo
O Corgo é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Lugo. Segundo o IGE en 2014 tiña 3.695 habitantes (4.192 no 2006, 4.236 no 2005, 4.264 no 2004, 4.183 no 2003).
Xeografía
O concello do Corgo, de 157,3 km², está situado ao leste de Galicia, na comarca de Lugo. Administrativamente forma parte da provincia de Lugo. Limita ao norte cos concellos de Lugo e Castroverde, ao sur con Láncara e O Páramo, ao leste con Castroverde, Baralla e Láncara, e ao oeste con Guntín e Lugo.
A capital do concello está a unha altitude de 441 metros, se ben o concello carece dun núcleo urbano.
Orografía e hidrografía
O curso principal é o río Miño, e outros secundarios son o Chamoso, Tordea, Neira, Maceira, Mazandan, Romeán, Amoa e Outeiro. Os cumios máis destacados son Pena de Cruz (783 m), Pena Aguda (722 m), Castro de Croa (651 m), Canteira de Vidueiro (624 m), Pena de Ladrón (502 m), Agra do Outeiro (451 m) e Penas de Canón (431 m), amais das serras de Coedo e de Ferveda.
O espazo natural Miño-Neira forma parte da Rede Mundial de Reservas da Biosfera ao estar incluído no espazo Terras do Miño.
Comarca de Lugo
A comarca de Lugo é unha comarca galega situada na provincia de Lugo cuxa capital é Lugo. A esta comarca pertencen os concellos de Castroverde, O Corgo, Friol, Guntín, Lugo, Outeiro de Rei, Portomarín e Rábade.
Parroquias do Corgo
Abragán, (San Bartolomeu), Adai (Santiago), O Alto (Santalla), Anseán (Santa Catarina), Arxemil (San Pedro, Bergazo (San Fiz, Cabreiros (Santa Mariña), Campelo (San Xulián), Camposo (Santiago), Castrillón (San Salvador), Cela (San Xoán), Cerceda (San Pedro), Chamoso (San Cristovo), O Corgo (San Xoán), Escoureda (Santa María), Farnadeiros (San Pedro), Folgosa (San Martiño), Fonteita (Santiago), Franqueán (Santa María), Gomeán (Santiago), Lapío (San Miguel), Laxosa (Santiago), Maceda (San Pedro), Marei (Santa María), Paradela (San Fiz), Pedrafita (San Miguel), Piñeiro (Santa María), Queizán (Santa María), Quinte (Santalla), Sabarei (Santa María Madanela), San Bartolomeu de Chamoso (San Bartolomeu), San Cosme de Manán (San Cosme), Santa Mría de Manán (Santa María Madanela), Santo André de Chamoso (Santo André), Santo Estevo de Farnadeiros (Santo Estevo), Santo Estevo de Folgosa (Santo Estevo), Segovia (San Xoán), Vilachá (San Xiao)
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA