Los dos fotógrafos de naturaleza que nos acompañarán en este día dedicado a la fotografía y a la naturaleza! Inscripciones limitadas a 20 participantes!!!
Información Un tour con el mundo de la fotografía en el Parque Transfronterizo Gerês-Xurés integrado en la Pégada Zéro (Jornadas de Turismo de Naturaleza). Por la mañana, exploraremos rincones desconocidos en Castro Laboreiro. Durante todo el día los participantes serán invitados a retratar el Parque Nacional Peneda-Gerês (naturaleza, aves y reptiles) en compañía del fotógrafo de naturaleza Carlos Rio (Birdwatching) y Rui Lemos (Reptiles y anfibios). Aprovechamos el entorno natural para un almuerzo campestre en la playa fluvial de Pacin con productos regionales (incluye varios aperitivos, pan regional, bebidas y postre).
El lado español del parque formará parte también de nuestro itinerario con lugares fantásticos para fotografiar. Nivel: Fácil Fecha: 8 de junio, 09h45 Punto de encuentro: Oficina de turismo de Castro Laboreiro Duración: 10h00 - 17h00 Costo: 30 € por persona (incluye acompañamiento por guía y fotógrafos con explicaciones prácticas, almuerzo campestre, seguro de actividad) Los participantes deberán llevar su propio material fotográfico, calzado cómodo, sombrero y agua. Los desplazamientos entre espacios quedan a cargo de cada participante. Más información: +351 967 200 344 Número de plazas limitado a 20 participantes. ¡Garantiza ya tu inscripción!
Chozos no Suído A serra do Suído conserva diseminadas polas súas cumes moitas mostras de arquitectura popular adicadas ao pastoreo. Estas construccións tan sigulares, pódense remontar á idade media.
A falta de vías de comunicación e a distancia que estes pastores percorrían facíanlles pasar longas tempadas lonxe de seus fogares.
Por este motivo, e para protexerse das neves, treboadas e choivas que asolan estas terras, organizáronse para a construcción dunhas estructuras nas que resgardarse, e de toda unha serie de instalaciós secundarias, como lavadeiros, fontes ou lareiras formando un grupo humano de varios habitantes con una gran actividade, onde pasar longas tempadas.
Construíanse nos lugares máis protexidos da serra, aproveitando as ladeiras da vertente sur para protexerse dos fríos e húmidos ventos do norte.
Airoa A Airoa é un lugar da parroquia da Laxe, no concello pontevedrés de Fornelos de Montes, na comarca de Pontevedra. Segundo o IGE, en 2017 tiña 39 habitantes (20 homes e 19 mulleres).
A Laxe San Xosé da Laxe é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Fornelos de Montes. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 116 habitantes (63 mulleres e 53 homes), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 137 habitantes.
Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 86 habitantes, sendo 42 homes e 44 mulleres.
Lugares da parroquia da Laxe A Airoa, O Casal, O Couso, Entrerríos
Fornelos de Montes Fornelos de Montes é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo. Segundo o IGE, no ano 2018 a súa poboación era de 1.640 persoas. O seu xentilicio é "fornelán/fornelá" ou "fornelense".
Xeografía O concello sitúase no centro-leste da provincia de Pontevedra. Está formado por sete parroquias con 24 núcleos de poboación. Limita ao norte coa Lama e Ponte Caldelas, ao oeste con Soutomaior e Pazos de Borbén, ao sur con Mondariz e Covelo e ao leste con Covelo e Avión (provincia de Ourense).
A zona montañosa da franxa leste pertence á serra do Suído. Nela están os cumios de Couto Minuto (1.059 m) e Outeiro Vello (1.007 m). Cara ao oeste as altitudes van diminuíndo, pasando a un territorio caracterizado polos vales fluviais.
Os río máis importante é o río Oitavén, no que se sitúa o encoro de Eiras, que abastece a Vigo e parte da súa comarca. O río Parada, que nace na serra do Suído, aflúe na marxe esquerda do Oitavén.
O río Barragán, tamén afluente do Oitavén pola marxe esquerda, ten no tramo final, antes do encoro de Eirás, un estreito val cun bosque de ribeira ben conservado.
Climaticamente caracterízase polas fortes choivas, sendo un dos concellos galegos con maiores precipitacións (até 2.862 mm anuais). Isto causa frecuentes correntes de auga, que co paso do tempo conformaron pequenos fervenzas de curso inestable. As temperaturas adoitan ser suaves nos meses de maior calor (17 °C en xullo) e frías en inverno (5 °C en febreiro).
Patrimonio A fortaleza de Alemparte foi asolada polos irmandiños na Gran Guerra Irmandiña (1467). En 1482 foi cercada polo bispo de Tui e os seus cabaleiros, apoderándose dela posteriormente Pedro Madruga. Os restos que quedaban da fortaleza foron desfeitos definitivamente en 1893.
O poboado castrexo da Cidadela do monte da Cidade conserva restos das pequenas edificacións, feitas en granito. A maioría delas conservan erguida parte da súa estrutura externa, consistente nunha parede de pedra de granito, podendo adiviñarse algúns elementos como as portas de entrada ou detalles do interior das vivendas. As edificacións atópanse, en liñas xerais, agrupadas nun único núcleo agás no comezo da Cidadela onde as primeiras casas aparecen diseminadas respecto ás do resto. Bordeando a Cidadela hai un camiño cuberto con pedras de formas irregulares e que unha vez deixadas atrás as vivendas nos conduce cara a un acueduto do último terzo do século XVIII, en perfecto estado de conservación malia estar cuberto por vexetación autóctona. A edificación está realizada en pedra e na súa parte central presenta un arco de tipo oxival, a través do que cruza o sendeiro, que ben puido servir antigamente como entrada á cidade.
Debido á grande presenza de cursos fluviais, hai numerosos muíños de auga por todo o territorio, destacando a parroquia de Fornelos de Montes con nove e a de Traspielas con seis. As parroquias de Laxe e Ventín son as que presentan un menor número de muíños con dous e un respectivamente. Así mesmo, co fin de salvar o paso dos ríos existentes, destaca tamén a presenza de pontes de pedra, destacando as pontes de Laxe, de Verducido, a Ponte Grande, a de Portorrío ou a do Barbado. Non todas elas están ben conservadas debido ao abandono. Existen máis de 30 fontes de auga e 15 lavadoiros repartidos por todo o concello.
Hai dúas casas grandes: a de Marrán, en Vilán, e a dos Alemparte. A primeira, ben conservada, ten planta con forma de L, destacando a balconada corrida no interior e unha notable cheminea. A casa dos Alemparte, do século XV, presenta un estado bastante malo de conservación, destacando no seu conxunto a gran balconada sobre pilastras rústicas orientada cara a solaina, que é o que se atopa mellor conservado de toda a edificación, así como a robusta escaleira e un arco nunha porta con forma semicircular e que contén un escudo de armas.
Ademais das igrexas parroquiais hai tres capelas, a de San Caetano en Estacas, a de San Amaro en Traspielas e a de Santa Cruz en Fornelos de Montes. Tamén conta con diversos cruceiros, destacando o de San Xosé de Laxe, e 5 petos de ánimas: dous en Ventín e un en Fornelos, Estacas e Laxe.
Outro tipo de patrimonio etnográfico son as construcións vinculadas ao uso do monte, como os chozos (construción menor de pedra que daba acubillo aos pastores da serra ao longo do ano), parideiras (construcións en pedra en forma de cercado e para gardar o gando, e foxos de lobos, recintos moi elementais e primitivos destinados á caza do lobo. Todas elas están na parroquia de Laxe, ao pé da serra do Suído.
Parroquias de Fornelos de Montes Calvos (Santo Adrián), As Estacas (Santa María), Fornelos de Montes (San Lourenzo), A Laxe (San Xosé), Oitavén (San Vicente), Traspielas (Santa María), Ventín (San Miguel)
Soutordei Soutordei, o Santiago de Soutordei, es una parroquia del municipio de Ribas de Sil, en la provincia de Lugo, España.
Se encuentra en el margen izquierdo del río Sil, con el que limita por el norte.
Tenía una población de 17 habitantes en 2017, 6 hombres y 11 mujeres,1 agrupados en las entidades de A Aldea, Chenzas, A Fraga, Louxadelas, Moredo, O Outeiro, As Portas y Souto.
Ribas de Sil Ribas de Sil é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Quiroga.
Segundo o INE a súa poboación no 2018 era de 970 habitantes (1.245 no 2006, 1.310 no 2005, 1.335 no 2004, 1.410 no 2003).
O seu xentilicio é «ribasilense».
Parroquias de Ribas de Sil Nogueira (Nosa Señora das Neves), Peites (San Martiño), Piñeira (San Cristovo), Rairos (Santa Lucía), Ribas de Sil (San Clodio), Soutordei (Santiago), Torbeo (Santa María)
Comarca de Quiroga A comarca de Quiroga é unha comarca galega situada no sueste da provincia de Lugo, na fronteira coa comunidade de Castela e León.
A súa capital é Quiroga e pertencen a ela os concellos de Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil.
Nocedo San Lourenzo de Nocedo é unha parroquia do concello de Quiroga na comarca de Quiroga, na provincia de Lugo.
Segundo o IGE en 2013 tiña 90 habitantes, deles 43 eran homes e 47 eran mulleres, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 148 habitantes.
Lugares de Nocedo A Barca de Mancebico, Espandariz, Nocedo, Parteme, O Pendón, Ponte do Sil, O Pontido, A Trampa
Quiroga Quiroga é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Quiroga e á Ribeira Sacra.
Segundo o padrón municipal, en 2018 tiña 3.257 habitantes.
Xeografía Quiroga está situada ó sueste da provincia de Lugo nas beiras do río Sil. Limita co concello de Folgoso do Courel ao norte, coa provincia de Ourense ó sur, Ribas de Sil e A Pobra do Brollón ó oeste e Vilamartín de Valdeorras e provincia de León polo leste.
Dista 84 km da capital provincial, Lugo e ten unha superficie de 319 km².
Patrimonio Na igrexa de Santa María da Ermida, do século XII, atopouse un relevo paleocristián en mármore, do século V, coñecido como Crismón de Quiroga. En 1925 trasladouse ó Museo da Catedral de Lugo, onde se expón actualmente.
Na parroquia de Sequelos consérvanse os restos do Castelo dos Novais e da Torre de Sequeiros. Quiroga conta coa ruta homologada de sendeirismo PR-G 141 Ruta do Ouro e do Camiño Real, unha ruta sendeirista circular de 16 km con principio e fin na aldea de Margaride.
Parroquias de Quiroga Augas Mestas (Santiago), Bendilló (Santa María), Bendollo (Santa Baia), Bustelo de Fisteus (Santa Bárbara), Cereixido (Santa María), A Enciñeira (Santa Isabel), A Ermida (Santa María), Fisteus (San Mamede), O Hospital (San Salvador), Montefurado (San Miguel), Nocedo (San Lourenzo), Outeiro (Santa María), Pacios da Serra (San Salvador), Paradaseca (San Marcos), Quintá de Lor (Santa María), Quiroga (San Martiño), A Seara (Santa María Madanela) | Sequeiros (Santa Mariña), Vilanuíde (Santo Antonio), Vilar de Lor (San Xosé), Vilarmel (San Lourenzo), Vilaster (Santa María)