PEDRA LONGA
LENDA
Dis que en certa ocasión viñeron deica alí uns mouros. Unha moura traía a rocha na cabeza, ó tempo que fiaba pouco a pouco nunha roca. Alí deixou a roca sobre a Pedra Longa en sinal de que alí estiveran, pero dos mouros non se soubo máis.
A pedra está encantada e dis que debaixo dela hai ouro que está gardado por unha cobra de sete cabezas. Para desencantala e poder coller o ouro, ten que ir un cura e sete cans. Ó chegar o can número sete, desaparecerá e entón poderase entrar por debaixo e coller o ouro que hai agochado.
Tamén din que ten dous irmáns: Santa Lucía e San Xulián e que se miran uns a outros.
Á beira desta pedra hai sinais de que alí estiveron os mouros. Hai covas e tamén un forniño, onde os mouros cocían o pan. Tamén está a Eira da Morrosa, onde desde lonxe se miraba roupa estendida, pero ó ir alí non se atopaba cousa algunha: era a roupa dos mouros.Os mouros estaban sen batizar; por iso dise dun rapaz que non está batizado que é un mouro.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA