lunes, 27 de mayo de 2019

CAPELA DA VIRXEN DA SAÚDE - NOCEDO - QUIROGA

 CAPELA DA VIRXEN DA SAÚDE
NOCEDO
QUIROGA


Nocedo
     San Lourenzo de Nocedo é unha parroquia do concello de Quiroga na comarca de Quiroga, na provincia de Lugo. 



     Segundo o IGE en 2013 tiña 90 habitantes, deles 43 eran homes e 47 eran mulleres, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 148 habitantes.

Lugares de Nocedo   
     A Barca de Mancebico, Espandariz, Nocedo, Parteme, O Pendón, Ponte do Sil, O Pontido, A Trampa



Quiroga
     Quiroga é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Quiroga e á Ribeira Sacra.



     Segundo o padrón municipal, en 2018 tiña 3.257 habitantes.


Xeografía
     Quiroga está situada ó sueste da provincia de Lugo nas beiras do río Sil. Limita co concello de Folgoso do Courel ao norte, coa provincia de Ourense ó sur, Ribas de Sil e A Pobra do Brollón ó oeste e Vilamartín de Valdeorras e provincia de León polo leste.



     Dista 84 km da capital provincial, Lugo e ten unha superficie de 319 km².


Patrimonio
     Na igrexa de Santa María da Ermida, do século XII, atopouse un relevo paleocristián en mármore, do século V, coñecido como Crismón de Quiroga. En 1925 trasladouse ó Museo da Catedral de Lugo, onde se expón actualmente.



     Na parroquia de Sequelos consérvanse os restos do Castelo dos Novais e da Torre de Sequeiros. Quiroga conta coa ruta homologada de sendeirismo PR-G 141 Ruta do Ouro e do Camiño Real, unha ruta sendeirista circular de 16 km con principio e fin na aldea de Margaride.


Parroquias de Quiroga
     Augas Mestas (Santiago), Bendilló (Santa María), Bendollo (Santa Baia), Bustelo de Fisteus (Santa Bárbara), Cereixido (Santa María), A Enciñeira (Santa Isabel), A Ermida (Santa María), Fisteus (San Mamede), O Hospital (San Salvador), Montefurado (San Miguel), Nocedo (San Lourenzo), Outeiro (Santa María), Pacios da Serra (San Salvador), Paradaseca (San Marcos), Quintá de Lor (Santa María), Quiroga (San Martiño), A Seara (Santa María Madanela) | Sequeiros (Santa Mariña), Vilanuíde (Santo Antonio), Vilar de Lor (San Xosé), Vilarmel (San Lourenzo), Vilaster (Santa María)


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

CASAS DOS FRADES- A BARCIA DO SEIXO - A LAMA

CASA DOS FRADES
A BARCIA DO SEIXO
A LAMA


A Barcia do Seixo
     Santa Ana da Barcia do Seixo é unha parroquia que se localiza no concello da Lama.



      Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 285 habitantes (153 mulleres e 132 homes), distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 308 habitantes.


Lugares da Barcia do Seixo
      A Barcia, O Borralleiro, Cambeses, Carballeira, Cernedo, O Eido da Tendeira, O Eido do Macho, Gabián, As Raíces, O Reconco, Ricovanca, Taboadelo, Os Tatos



A Lama
     A Lama é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra.



     Segundo o IGE en 2016 tiña 2587 habitantes. Padrón municipal de 2003: 2957 habitantes. O seu xentilicio  é lamense.



Xeografía
     O concello, de 117,76 km², está situado na serra do Suído, no leste da provincia de Pontevedra, a uns 25 km da capital provincial. Limita ao norte con Beariz (provincia de Ourense), Forcarei e Cerdedo-Cotobade, ao sur con Fornelos de Montes, ao leste con Avión e con Beariz (ambos os dous na provincia de Ourense) e ao oeste con Ponte Caldelas e con Cerdedo-Cotobade.



Comunicacións
     A principal vía de comunicación é a PO-255 (que comunica con Ponte Caldelas e que permite chegar a Pontevedra e a PO-235 que une o concello con Carballedo, capital do municipio de Cerdedo-Cotobade.



Demografía
     A pirámide poboacional é a dun concello rural galego. É dicir, a poboación é avellentada. Pero recentes campañas municipais para atraer residentes ao termo municipal, conseguiron manter o censo.



     De todas as maneiras, segue sendo inferior ao censo de 1995 (cando vivían 3.517 veciños).



     A poboación do municipio está bastante diseminada nas 10 parroquias do concello. Mais a parroquia capital é con notoriedade, a máis poboada.



Historia
     Consérvanse restos arqueolóxicos das culturas megalíticas, como as mámoas de Portela da Cruz, O Seixo, O Suído, e Antas. Da idade de bronce atopouse na Lama unha espada de tipo argárico de hai 3500 anos, e en Verducido e no castro de Gaxate varias hachas de bronce.



     Desta idade son os gravados rupestres en Chan do Campo, Outeiro Seixiño, Val do Gato, e Laxa das Puzas (Verducido). Hai tres castros identificados: o monte do Castro en Gaxate, o monte do Castro na Lama, e o castro de Xende.



     Na época medieval a zona norte foi colonizada polos monxes do mosteiro da Armenteira a partir do século XV, e o resto pertencía aos señores de Soutomaior, que contaban cunha fortaleza en Fornelos.



     Nos séculos XVII e XVIII aumentou a poboación e a gandería pola introdución do millo, e a pataca procedentes de América. Coas mudanzas que implicaron na agricultura, comezou a desaparecer a emigración a Castela dos temporeiros para a sega do trigo en verán, e aumenta a construción de camiños, igrexas, pazos e pontes. Desta época son as pontes de Verducido sobre o río Parada, a do antigo camiño de Ribadavia a Pontevedra e o de Liñares.



     A emigración a América dos séculos XIX e XX fixo posible a compra das terras aos nobres e a construción de edificacións educativas e centros de beneficencia.



     En 1998 inaugurouse o centro penitenciario da Lama.
 


Turismo
     A Lama conta coa ruta homologada de sendeirismo PR-G 135 "Roteiro da Escuadra".
     É unha ruta sendeirista lineal de 7 km, entre o Peso (A Escuadra) e a área recreativa de Santa Mariña, na Serra do Cando.
     Na Serra do Suído atópanse os singulares chozos.



 Parroquias da Lama  
      Antas (Santiago), A Barcia do Seixo (Santa Ana), Covelo (San Sebastián), Escuadra (San Lourenzo), Gaxate (San Pedro), A Lama (San Salvador), Seixido (San Bartolomeu), Verducido (San Martiño), Xende (San Paulo), Xesta (San Bartolomeu)


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

IGREXA DE SAN MARTIÑO DE PEITES - RIBAS DE SIL

IGREXA DE SAN MARTIÑO
PEITES
RIBAS DE SIL
LUGO


Igrexa de San Martiño de Peites
     A igrexa, do século XVII, sufríu importantes modificacións ao longo da súa historia, e actualmente ten o seu enclave entre varias edificacións da vila. 



     Consta de nave de planta rectangular con cuberta a dúas augas de lousa, e muros exteriores de mampostería. Aos pés, espadaina de dous corpos con dous vans na parte inferior e un na superior.


     Na parte superior da porta existe un altorrelevo en pedra policromada que representa a San Martiño repartindo a capa cun pobre.


     Na súa fachada destaca un peculiar reloxo de madeira.


Peites
     San Martiño de Peites é unha parroquia do concello lugués de Ribas de Sil na comarca de Quiroga. 



     No ano 2007 tiña 21 habitantes (7 homes e 14 mulleres) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 18 habitantes en relación ao ano 2000.



Lugares de Peites
     Os Casares, Peites



Ribas de Sil
    Ribas de Sil é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Quiroga.



     Segundo o INE a súa poboación no 2018 era de 970 habitantes (1.245 no 2006, 1.310 no 2005, 1.335 no 2004, 1.410 no 2003). O seu xentilicio é «ribasilense».


Parroquias de Ribas de Sil
     Nogueira (Nosa Señora das Neves), Peites (San Martiño), Piñeira (San Cristovo), Rairos (Santa Lucía), Ribas de Sil (San Clodio), Soutordei (Santiago), Torbeo (Santa María)



Comarca de Quiroga
     A comarca de Quiroga é unha comarca galega situada no sueste da provincia de Lugo, na fronteira coa comunidade de Castela e León.



     A súa capital é Quiroga e pertencen a ela os concellos de Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil. 


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Fuente: Web Patrimonio Galego
XOAN ARCO DA VELLA

domingo, 26 de mayo de 2019

RITUALES NA VIRXEN DA XESTOSA - PRADO - COVELO

 RITUALES NA VIRXEN DA XESTOSA
PRADO
SERRA DO FARO
COVELO


     O Santuario da Virxe da Xestosa e un curioso rito nunha tumba antropomorfa.


     En territorio pontevedrés, preto da Sierra do Faro de Avión que divide esta provincia da ourensá, atópase o Santuario da Virxe da Xestosa.


     Neste lugar, existe unha tumba antropomorfa que sempre está chea de auga, cousa normal nun territorio de abundancia en precipitacións, e na que aínda se práctica un ritual de natureza inconfundiblemente pagana.


     Natureza que está documentada polo rexeitamento que a devandito costume fixo públicamente San Martín de Domio, acusando a este ritual colectivo como práctica demoniaca: "¡velaquí que clase de promesa e de profesión de fe tendes/tedes con Deus! e como volven enseguida aos cultos do diaño algúns de entre vós que renunciaron ao diaño, aos seus anxos, aos seus cultos e ás súas malas obras?".



     Pese a dito reproche e como se dixo, aínda hoxe en día séguese practicando e non consiste noutra cousa que botar pan en devandita tumba chea de auga, para despois frotarse con el buscando fins máxico-terapéuticos, e curar males sobre todo da pel.


     A propia denuncia de San Martín de Domio a devandito ritual constitúe, por si soa, proba dese pasado precristiano.

VIDEO
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

Fuente: La Iberia Magica
XOAN ARCO DA VELLA

COVA DA FRANQUEIRA - COTO DA VELLA - A CAÑIZA

 COVA DA FRANQUEIRA
COTO DA VELLA
A FRANQUEIRA
A CAÑIZA


Cova da Franqueira
     Pequena cova situada a uns 924 m.s.n.m no lugar chamado “Coto da Vella”, con partes naturais e outras feitas polo home na que podemos ver unha imaxe pétrea da Virxe da Franqueira, duns 1,40 m. de altura de talla gótica, acompañada do Neno.


     Esta imaxe é unha réplica exacta da que podemos ver no Santuario da Franqueira, e foi situada neste lugar no ano 1968. Tamén recibe o nome de Virxe da Fonte.


     Ao carón da imaxe da Virxe podemos ver unha estrutura metálica con forma de hórreo para gardar as candeas.


     Ao carón da cova tamén podemos ver dúas mesas feitas en pedra a modo de altar, unha delas derruída.


Tradición oral:
     Conta a lenda que unha anciá, cando ía recoller o seu pequeno rabaño, no lugar que dende entón se denomina “Coto da Vella”, observou un resplandor que iluminou a parte máis escabrosa do monte e que alí, entre os penedos, viu unha imaxe da Virxe María.


     O lugar da aparición estaría xusto no límite entre Luneda e A Franqueira, parroquias que se disputaban o dereito a construírlle unha ermida nos seu terreos, dado que o escabroso do punto en que aparecera facía imposible calquera construción.


     Engade a lenda que para dirimir a cuestión acordaron colocar á imaxe nun carro tirado por varias xuntas de bois, cos ollos pechados e sen guía, para que marchasen ó chou ata que parasen no lugar onde se había de levantar a ermida.


     Ese lugar sería o que hoxe ocupa o cemiterio da Franqueira.


VIDEO

MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube


Fuente: Web Patrimonio Galego
XOAN ARCO DA VELLA