Mostrando entradas con la etiqueta ARTE RELIGIOSO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ARTE RELIGIOSO. Mostrar todas las entradas

viernes, 12 de abril de 2024

IGREXA DE SAN SALVADOR DE PIÑEIRO - O BOUZÓN - PIÑEIRO - TOMIÑO

 IGREXA DE SANTIAGO DE PIÑEIRO

O BOUZÓN

TOMIÑO

 O Bouzón
     O Bouzón é un lugar da parroquia de Piñeiro, no concello pontevedrés de Tomiño, na comarca do Baixo Miño. 

       Segundo o IGE, en 2022 tiña 142 habitantes (71 homes e 71 mulleres).

     Neste lugar atópanse o centro cultural, a igrexa e a carballeira na que se celebran as festas, na cal hai árbores senlleiras.

Economía
     Nesta mesma carballeira antigamente celebrábase unha feira de gando todos os domingos, pero ao entrar en decadencia pasou a celebrarse o día dez de cada mes e finalmente só o día que se celebra a festa de San Lourenzo (o 10 de agosto), pola mañá faise esa feira de gando.

     No monte do Bouzón hai unha plantación de kiwi que é a máis grande de toda a comarca. Aquí está situado o cemiterio e o campo de fútbol, xa que Piñeiro ten equipo de fútbol propio.

Festas
     As festas son no mes de agosto, a de San Lourenzo o día 10 e a do Santo Cristo da Saúde a cuarta fin de semana de citado mes. A festa de San Lourenzo organízana os mozos solteiros do lugar e a do Santo Cristo da Saúde os casados.

     No Centro Cultural a A. C. e D. Raíces celebra o Nadal Cultural cun tradicional festival no que se poden ver obras de teatro, bailes... e participan nenos de 4 a 17 anos aproximadamente. En reis os nenos reciben un agasallo dos Reis Magos de Oriente no centro cultural á saída da misa.

Piñeiro
     San Salvador de Piñeiro é unha parroquia do concello de Tomiño na provincia de Pontevedra. 

       Segundo o IGE, en 2022 tiña 326 habitantes (158 homes e 168 mulleres). Eclesiasticamente, pertence ó arciprestado da Guarda-Tebra, na diocese de Tui-Vigo.

Patrimonio
     No lugar de Tabordela está situado o edificio do centro Unión del Porvenir, fundado en Nova York polos emigrantes das parroquias de Piñeiro e Taborda o 24 de decembro de 1918. Nel exerceu como mestre Antón Alonso Ríos cando funcionaba como colexio.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

PETO NO POULO - O POULO - COUTO - A CAÑIZA

 PETO NO POULO

O POULO

COUTO

A CAÑIZA

     Os petos de ánimas, os cruceiros e os hórreos son os tres referentes do que poderiamos chamar os monumentos de arte menor da arquitectura rural de Galicia.

     Para a arte maior deixamos as igrexas, muiños, pazos e outras construcións de carácter civil ou militar como torreóns, murallas, etc.

     Polos montes e vales do sur de Galicia e do norte de Portugal, topámosnos/topámonos con frecuencia con estas encantadoras expresións da arte rural.

     Hoxe adicámoslle a nosa atención aos petos de ánimas e pequenos monumentos piadosos que ao longo dos séculos, sobre todo a partir do XVII han ir xurdindo en pobos e aldeas.

     Os petos de ánimas son esas pequenas capillitas que se atopan polo xeral nos camiños e encrucilladas para honrar ás ánimas que esperan a súa liberación no purgatorio en cuxa hucha ou peto depositan os fieis as súas esmolas para financiar as misas que axuden a levalos ao ceo onde, xa na gloria, intercederán polos seus benefactores.

     Estes sinxelos monumentos obra dos canteiros locais, adoitan estar decorados cunha representación das pobre ánimas mergulladas en linguas de lume e en actitude suplicante, cara seu intercesor que adoita ser un santo, San Antonio, por exemplo, un bispo ou a Virxe do Carmen, entre outros.

    Tamén se atopan, sobre todo en Portugal, construcións deste tipo, pero non adicadas ás ánimas do purgatorio senón a unha devoción en particular, sendo bastantes frecuentes as relacionadas con Cristo cruficado.

     En Fornelos, que significa hornacina en galego, teñen unha dedicada a San Lorenzo.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

jueves, 11 de abril de 2024

PETO FORNELA EN SOBRADO - SOBRADO - POULO - GOMESENDE

 PETO - FORNELA EN SOBRADO

SOBRADO

POULO 

GOMESENDE

Sobrado
     Sobrado é un lugar da parroquia do Poulo no concello ourensán de Gomesende na comarca da Terra de Celanova. 

        Segundo o INE e o IGE en 2011 tiña 56 habitantes (20 homes e 36 mulleres).

Neste lugar está a capital do concello.

Poulo
      San Pedro de Poulo é unha parroquia do concello de Gomesende, na comarca da Terra de Celanova, provincia de Ourense. 

       No ano 2007 tiña 256 habitantes (127 homes e 129 mulleres), máis ca en 2006.

Lugares de Poulo
       As Carballeiras, O Casal, Cerdal, Os Chaos, O Dorno, Paredes, Sobrado, Tixosa

Comarca da Terra de Celanova
       A comarca da Terra de Celanova é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Celanova.

     A ela pertencen os concellos da Bola, Cartelle, Celanova, Gomesende, A Merca, Padrenda, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás e Verea.  

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

miércoles, 10 de abril de 2024

CAPELA DE SAN XOÁN DE PENOSIÑOS - FONTE BRANCA - PENOSIÑOS - RAMIRÁS

 CAPELA DE SAN XOÁN DE PENOSIÑOS

PENOSIÑOS

FONTE BRANCA

RAMIRÁS

 Fonte Branca
     Fonte Branca é un lugar da parroquia de Penosiños, no concello ourensán de Ramirás, na comarca da Terra de Celanova.

      Segundo o IGE, en 2023 tiña 7 habitantes (4 homes e 3 mulleres). Forma un único núcleo xunto con Fontebranca (Penosiños, Gomesende).

Penosiños
        San Salvador de Penosiños é unha parroquia do concello ourensán de Ramirás na comarca da Terra de Celanova.

       Segundo o IGE en 2015 tiña 241 habitantes (105 homes e 136 mulleres) distribuídos en 13 entidades de poboación.

       Desde o punto de vista eclesiástico, xunto co lugar de Fontebranca (en Penosiños, Gomesende), forma a parroquia eclesiástica de Penosiños.

Lugares de Penosiños
     Calvos, Carraguedo, Fonte Branca, Marnotos, A Moreira, Proente, Pumar Vello, As Regas, O Reguengo, Silvaescura, O Tellado, A Veiga, Vilanova

Comarca da Terra de Celanova
      A comarca da Terra de Celanova é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Celanova. 

      A ela pertencen os concellos da Bola, Cartelle, Celanova, Gomesende, A Merca, Padrenda, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás e Verea.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA


 

CAPELA DE SANTIAGO DE VIÑAL - VIÑAL - O PAO - GOMESENDE

 CAPELA DE SANTIAGO

VIÑAL

O PAO 

GOMESENDE

Viñal
     Viñal é un lugar da parroquia do Pao no concello ourensán de Gomesende na comarca da Terra de Celanova. 

       Tiña 21 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 8 eran homes e 13 mulleres.

O Pao
      Santa María do Pao é unha parroquia do concello de Gomesende, na comarca da Terra de Celanova, provincia de Ourense.

      No ano 2007 tiña 384 habitantes (174 homes e 210 mulleres), menos ca en 2006.

Lugares do Pao
       Abellás, Balteiro, Buíñas, Os Cachopos, Cimadevila, Cortiñal, Couto, Feardos, Gomesende, Guielas, Lamaboa, Louredo, Mariz, Matamá, Moreiras, O Noval, O Pao, Paredes do Pao, Penamá, A Pombiña, Souto do Bispo, Val de Feardos, Viñal

Comarca da Terra de Celanova
      A comarca da Terra de Celanova é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Celanova. 

       A ela pertencen os concellos da Bola, Cartelle, Celanova, Gomesende, A Merca, Padrenda, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás e Verea.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

martes, 9 de abril de 2024

CALVARIO EN A CRUZ - A CRUZ - ANLLO - SAN AMARO

 CALVARIO EN A CRUZ

A CRUZ

ANLLO

SAN AMARO

 
A Cruz

     A Cruz é un lugar da parroquia de Anllo no concello ourensán de San Amaro, na comarca do Carballiño. 

       Segundo o IGE, en 2023 tiña 28 habitantes (12 homes e 16 mulleres).

Anllo
     Santiago de Anllo é unha parroquia do concello de San Amaro na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. 

      Segundo o IGE, en 2023 tiña 128 habitantes (61 homes e 67 mulleres).

Lugares de Anllo
     Anllo, A Casanova, A Caseta, A Cruz, O Hospicio, Outeirás, Pazos, Quinteiro, San Sebastián, Vilar 

Comarca do Carballiño
     A comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense. Toma o nome da súa vila principal. 

       Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA