Mostrando entradas con la etiqueta ARQUEOLOGIA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ARQUEOLOGIA. Mostrar todas las entradas

martes, 17 de octubre de 2023

PETROGLIFO DE PENA DE CHAOS - SAN FIZ - SAN FIZ DE AMARANTE - ANTAS DE ULLA

 PETROGLIFO DE PENA DE CHAOS

SAN FIZ

SAN FIZ DE AMARANTE

ANTAS DE ULLA

San Fiz
        San Fiz é un lugar da parroquia de San Fiz de Amarante no concello lugués de Antas de Ulla na comarca da Ulloa.

       Segundo o IGE, en 2011 tiña 30 habitantes (14 homes e 16 mulleres).

San Fiz de Amarante
       San Fiz de Amarante é unha parroquia que se localiza no concello de Antas de Ulla.

      Segundo o IGE en 2014 tiña 87 habitantes (40 homes e 47 mulleres), o que supón unha diminución con respecto ao ano 1999 cando tiña 142 habitantes.

Lugares de San Fiz de Amarante 
      Bellós, Chorente, Ermide, Nugallás, San Fiz, O Seixo, Vilasión

Antas de Ulla
      Antas de Ulla é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Ulloa. Segundo o IGE, en 2014 tiña 2 152 habitantes. O seu xentilicio é seoanés, ullán ou ullao.

Xeografía
     O concello limita ao norte con Palas de Rei, ao sur con Taboada, ao oeste con Agolada e Rodeiro e ao leste con Monterroso. A capital municipal, do mesmo nome, dista 45 km da capital provincial, Lugo.

       Do seu relevo, tendente á horizontalidade, destaca o monte Farelo, con 951 m de altura, e da súa hidrografía o río Ulla, que nace na parroquia de Olveda e conta con afluentes coma o Estanco, o Fadal, o Peizal, o Medeiros, o Peibás ou o Pequeno.

Comarca da Ulloa
        A comarca da Ulloa é unha comarca galega situada na provincia de Lugo cuxa capital é Monterroso.

       A esta comarca pertencen os concellos de Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei. No ano 2020 tiña 8.879 habitantes, 4.430 homes e 4.449 mulleres.

        O seu nome procede do río Ulla, que nace na comarca.

Parroquias de Antas de Ulla    
      Agüela (San Mamede), Alvidrón (Santa María), Amoexa (Santiago), Antas de Ulla (San Xoán), Árbol (Santalla), Arcos (Santa María), Areas (Santa Cristina), Barreiro (San Cibrao), Casa de Naia (Santa María), A Cervela (San Miguel), Cibreiro (San Miguel), Cutián (San Xoán), Dorra (Santiago), Facha (San Xiao), Olveda (Santa María), Peibás (San Lourenzo), Queixeiro (San Pedro), Reboredo (Santiago), O Rial (Santo André), San Fiz de Amarante (San Fiz), San Martiño de Amarante (San Martiño), Santa Mariña do Castro de Amarante (Santa Mariña), Santiso (Santalla), Santo Estevo do Castro de Amarante (Santo Estevo), Senande (San Miguel), Terra Chá (San Xurxo), Vilanuñe (San Salvador), Vilapoupre (San Martiño) 

VIDEO

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

domingo, 15 de octubre de 2023

PETRÓGLIGO DE LAXE FERRADA - AREAS - A SOMOZA - ANTAS DE ULLA

 PETRÓGLIFO DE LAXE FERRADA

AREAS

A SOMOZA

ANTAS DE ULLA

Petróglifo de Laxe Ferrada
       Laxe granítica duns 20 metros de longo por 10 de ancho.

      Presenta un gran número de combinacións de círculos concéntricos, coviñas, así como gravados.

       Estes últimos son probablemente de cronoloxía máis recente consistentes en representacións de aves, ferraduras e antropomorfos. Os sucos son, en ocasións, de grande profundidade.

A Somoza
        A Somoza é un lugar da parroquia de Areas no concello lugués de Antas de Ulla na comarca da Ulloa.

        Segundo o IGE, en 2011 tiña 27 habitantes (13 homes e 14 mulleres).

Areas
           Santa Cristina de Areas é unha parroquia que se localiza no concello de Antas de Ulla.

          Segundo o IGE en 2009 tiña 82 habitantes (49 mulleres e 33 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 119 habitantes.

Xeografía
        Areas está situada no sueste do concello. 

        A aldea da Somoza é o punto máis elevado do concello (720 m), no seu territorio está o monte Farelo.

Patrimonio

       A igrexa de Santa Cristina de Areas é da primeira metade do século XIX.

Festas
      Celebra as súas festas patronais na honra de San Lucas.

Lugares de Areas
     Castro, O Outeiro, Río, Santa Cristina, A Somoza

Comarca da Ulloa

        A comarca da Ulloa é unha comarca galega situada na provincia de Lugo cuxa capital é Monterroso. 

       A esta comarca pertencen os concellos de Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei. No ano 2020 tiña 8.879 habitantes, 4.430 homes e 4.449 mulleres.

        O seu nome procede do río Ulla, que nace na comarca.

VIDEO

MAPA

 

 Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA

viernes, 13 de octubre de 2023

TUMBAS MEDIEVAIS DO CASTRO DE SAN LOURENZO - CEREIXA - A POBRA DE BROLLÓN

 TUMBAS MEDIEVAIS 

DO

CASTRO DE SAN LOURENZO

SAN PEDRO DE CEREIXA

A POBRA DO BROLLÓN

 Castro de San Lourenzo
       O castro de San Lourenzo presenta un perímetro total de preto de 8.800m2. O asentamento presenta un primeiro recinto circular cinguido por unha potente muralla aterraplenada.

     Nalgúns tramos aínda se enxerga o muro de cachotería da cara externa da muralla, ergueita a base de coios de cuarcita.

       O acceso á croa probablemente se ubica na estrema NE onde se empraza a cota máis alta do castro e quizais se ubique un torreón defensivo vencellado á porta.

      Como singularidade cómpre remarcar a presenza dunha sorte de muradella discontinua en dirección N-S que divide a croa en dúas partes, e que non se corresponde cun valado de linde xa que non ten nada que ver co parcelario tradicional da zona.

      Castro d’Alende ou San Lourenzo é un sitio arqueolóxico que se atopa na parroquia de San Pedro de Cereixa (Pobra de Brollón, Lugo) sobre a marxe dereita do río Sáa na pequena dorsal que serve de transición entre a penichaira de A Chá de Castro e o val fluvial.

       O castro, é un poboado fortificado ergueito trala conquista romana para albergar os traballadores nas explotacións auríferas da bisbarra entre os séculos I-II da nosa era. 

      Probablemente estivo vencellado tamén á metalurxia do ferro, polo que se trataría dun poboado especializado dentro da rede de castros que controlaban a minería nas bacías sedimentarias dos ríos Lor, Sáa e Cabe.

     En época medieval a poboación labrega de Cereixa construíu unha ermida na honra de San Lourenzo, que foi rehabilitada en 1876 para caer despois no abandono. A fins dos anos 60 e comezos dos anos 70 a ladeira suroeste do castro viuse afectada por unha explotación de grava e area. Actualmente a superficie do castro está ocupada por vexetación autóctona (nomeadamente carballos) e monte baixo.

      A este primeiro recinto xúnguese pola cara E unha segunda muralla que acouta un espazo de reducidas dimensións, nada semellante ás terrazas que adoitan formar parte dos poboados fortificados da Idade do Ferro.

           No extremo S, case sobre o parapeto, sitúase a bocamina coñecida como O Burato dos Mouros. Este é un elemento que consideramos diagnóstico para defender a cronoloxía romana do xacemento.

        Nas coroas mineiras do NW adoitan documentarse prolongacións de foxos e murallas para abranguer dentro dos recintos recursos hídricos e mineiros importantes. Sos os chamados brachia, liñas de defensa que aseguraban a conexión da estrutura fortificada principal con outras estruturas de fortificación secundarias e/ou determinados puntos estratéxicos.

      Este sistema de brachium (liñas de fortificación saíntes do recinto fortificado cun propósito defensivo prático) documéntase mesmo en establecementos militares romanos do NW.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA


jueves, 5 de octubre de 2023

LAGAR RUPESTRE DE PAZOS DE ERMOS - PAZOS DE ERMOS - A PENA - CENLLE

 LAGAR RUPESTRE

DE

PAZOS DE ERMOS

A PENA

CENLLE

A Pena
       San Lourenzo da Pena é unha parroquia do concello de Cenlle, provincia de Ourense. 

        Segundo o IGE en 2013 tiña 119 habitantes (64 mulleres e 55 homes), 73 menos ca en 1999.

        Limita coas parroquias de Esposende ao sur, a de Cenlle ao leste, as de Osmo e San Clodio ao norte e a de Bieite ao oeste. A igrexa de San Lourenzo está situada a medio camiño entre as aldeas da parroquia con estradas cara a Lentille, onde está a Casa Grande de Lentille, Roucos e Cuñas, onde está situado o santuario na honra de San Bieito. O curado é de entrada e ten por anexo o de Esposende.

Patrimonio
      Houbo nesta freguesía un castelo do Conde de Ribadavia.
      A Casa Grande de Lentille é un pazo situado no lugar de Lentille.

       Hai tres cruceiros na parroquia: un xusto ao lado da parroquia, outro na estrada de Lentille e outro en Cuñas.
       O Santuario de San Bieito de Cuñas.
      A casa reitoral de San Lorenzo, tamén de fábrica románica, atópase en ruínas.

Lugares da Pena

   Cacabelos, O Coedo, Cuñas, Lentille, Pazos Ermos, Roucos, San Lourenzo

Comarca do Ribeiro

        A comarca do Ribeiro é unha comarca galega situada na provincia de Ourense no curso medio do río Miño, que a percorre de nordeste a suroeste. 


       A súa capital é Ribadavia, e a ela pertencen os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. Dálle nome ao viño do Ribeiro.

      Ocupa unha superficie de 406,92 km², nos que viven 15.571 habitantes (2020). Por ela transcorren tamén os ríos Arnoia e Avia. O Miño está represado nos encoros de Castrelo de Miño e da Frieira. 

      Existen varios balnearios que aproveitan as augas. Desde a Serra do Suído e Faro de Avión, ao oeste, onde se chega ao 1.000 m de altitude, o relevo descende até só 97 m en Ribadavia e Arnoia.  

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA