martes, 10 de septiembre de 2024

CRUCEIRO DA IGREXA DE REMESAR - REMESAR - A ESTRADA

 CRUCEIRO DA IGREXA

REMESAR

A ESTRADA

 Remesar
       San Cristovo de Remesar é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada.

      Segundo o IGE en 2011 tiña unha poboación de 135 persoas (72 mulleres e 63 homes), distribuída en 10 entidades, o que supón unha diminución respecto de 1986 cando tiña 246 habitantes. En 1842 tiña unha poboación de feito de 212 persoas.

Xeografía
      Está situada na aba do monte Sisalto, no val do río Ulla. Limita coas parroquias de Orazo, Agar, Loimil, San Tomé de Ancorados, Riobó e Oca.

Patrimonio
     O castro de Remesar está situado a carón da igrexa. Nel foron atopados restos de muíños de man.

       A igrexa parroquial, de estilo románico, está datada entre os séculos XII e XIII. Dela destaca a súa fachada románica con arco apuntado sobre dúas columnas de capitel. No adro da igrexa hai un cruceiro con pedestal cúbico, unha columna octogonal lisa, capitel con volutas e follas de acanto e cruz latina de brazos redondos co cristo crucificado no anverso.

Festas
       A festa patronal celébrase o día 10 de xullo. Tamén se celebra o San Ramón o primeiro sábado de setembro.

Lugares de Remesar
     A Aldea Grande, Cibreiros, A Devesa, A Fonte, Soutelo, O Outeiro, Peizás, A Rabeta, O Rego, Vilanova,  A Vilasusán

Comarca de Tabeirós - Terra de Montes
      A comarca de Tabeirós - Terra de Montes é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra.

       Pertencen a esta comarca os concellos da Estrada e Forcarei.

      Tamén se inclúe nesta comarca o concello de Cerdedo malia a súa fusión no 2016 co concello de Cotobade, da comarca de Pontevedra.

      A comarca está formada por dúas bisbarras diferenciadas: por unha banda, Tabeirós (integrada polo concello da Estrada); e pola outra, unha gran parte da comarca histórica de Terra de Montes.

Xeografía
      Esta comarca de 450,39 km² sitúase entre as Terras do Deza e as da costa e nela distínguense dúas unidades xeográficas distintas: a Terra de Tabeirós ao norte, que forma parte do val do Ulla, e a zona montañosa da Terra de Montes ao sur.

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901