ERMIDA DE SAN PEDRO DE VILAS
OUTEIRO
ASADOS
RIANXO
Ermida de San Pedro de Vilas
A licenza para edificar a ermida foi dada polo Arcebispo Andrés Girón, en novembro de 1670, rematándose en 1671.
Trátase dunha ermida de planta rectangular e nave única, realizada en cantaría de granito e cuberta a dúas augas de fibrocemento sobre estrutura de madeira. A capela está situada nun alto ao que se accede mediante unha escalinata de pedra.
Con apenas 10 metros de lonxitude, consta de dous corpos para nave e altar comunicados por arco de medio punto moi deformado. Fachada sinxela con porta alintelada entre dous pequenos ocos abocinados.
As fachadas curtas están coroadas cunhas cruces de granito. Decoración con motivos xeométricos tanto na porta principal como na cornixa perimetral.
No interior, corpo anterior con tribuna e outro posterior que contén o altar divididos por un arco de medio punto e presenta tribuna tamén de madeira.
Rodeada de piñeiros, nunha contorna natural na que anualmente se celebra a Romaría do San Pedro de Vilas.
Sobre a porta destacan o escudo dos Torrado, unha cartela e por baixo desta, unha venera cruzada por un xis. Outros elementos destacados da fachada son un par de cabezas de pedra e que están a ambos lados da porta principal.
No muro norte, facendo parte da cornixa, hai outra cabeza, mellor conservada e até quizais mellor tallada en orixe.
MAPA
Fuente: Web obaixoulla.gal
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901